Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CON-TESTA NA IGUALDADE - ANPA Nantes

retnovaconsulting

Created on October 6, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Quiz

Smart Quiz

Practical Quiz

Akihabara Quiz

Pixel Challenge

Math Calculations

Piñata Challenge

Transcript

CON-TESTA NA IGUALDADE

COMEZAR!

Acción subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Benvidas e benvidos a CON-TESTA NA IGUALDADE! Un xogo virtual impulsado pola ANPA do CEIP Plurilingüe de Nantes e dirixido ás familias do alumnado deste centro educativo. O seu obxectivo é formar e concienciar en materia de igualdade de trato e de recoñecemento entre mulleres e homes e previr as violencias de xénero. Incidirase nos estereotipos de xénero, na visibilización das mulleres ao longo da historia e nos mitos asociados á violencia de xénero. CON-TESTA NA IGUALDADE:
  • Consta dun total de 20 preguntas.
  • Permite elixir unha única opción de resposta en cada pregunta e avanzar á seguinte.
  • Indica cando a resposta é correcta ou incorrecta e explícase o porqué.
Preparadas e preparados?

ADIANTE!

1/20

As mulleres coidan mellor das súas fillas e fillos porque xa saben facelo dende que nacen, xa que as nenas e os nenos nacen da súa barriga.

FALSO

VERDADEIRO

2/20

O bebé que sae nesta imaxe, é un neno ou unha nena?

a) Un neno porque vai vestido de azul.

b) Non podo saber se é un neno ou unha nena.

c) Parece unha nena por como vai vestida.

3/20

Que cres que lle quere dicir un adestrador ou unha adestradora dun equipo de tenis a un rapaz con esta frase: “xogas como unha rapaza”?

a) Que xoga lento e sen forza.

b) Que xoga con moito estilo.

c) Que xoga con elegancia.

4/20

Cal destas actividades se lles dá mellor aos rapaces?

a) Só o debuxo e a música.

b) Pódenselles dar igual de ben calquera das actividades.

c) Facer operacións con números.

5/20

As mulleres e os homes dedícanlles o mesmo tempo a limpar, recoller e ordenar a casa?

a) Non, as mulleres dedícanlles máis tempo.

b) Antes dedicábanlles máis tempo as mulleres, agora por igual.

c) Non, os homes dedícanlles máis tempo.

6/20

Que significa a igualdade de xénero?

a) Significa que homes e mulleres somos iguais.

b) Significa que aínda sendo diferentes as mulleres e os homes, debemos ter as mesmas oportunidades e dereitos e recibir o mesmo trato.

c) Significa que temos que recibir un trato diferente porque tamén somos diferentes.

7/20

Esta muller é Emilia Pardo Bazán, veraneante ilustre de Sanxenxo, que destacou por:

c) Producir unha grande obra literaria e loitar polos dereitos das mulleres, especialmente o dereito á educación.

a) Publicar libros tan importantes como Cantares Gallegos ou En las orillas del Sar.

b) Loitar polo dereito ao voto feminino e conseguir un posto destacado na política galega.

8/20

A desigualdade entre mulleres e homes é algo que só existe nos países máis pobres.

VERDADEIRO

FALSO

9/20

Identifica a quen se está a referir esta frase “os nenos da escola bailaron e xogaron toda a mañá”.

a) Só aos nenos da escola.

b) Tanto aos nenos como ás nenas da escola.

c) A un grupo onde hai máis nenos ca nenas.

10/20

A corresponsabilidade significa facer unha repartición por igual das tarefas da casa entre todas as persoas que viven nela (limpar, ordenar, facer as camas, coidar das avoas e avós, levar as fillas e fillos ao cole...).

VERDADEIRO

FALSO

11/20

Sabes como conseguiu estudar a primeira muller de España que se matriculou na universidade?

a) Por unha autorización do rei.

b) Sacando a nota máis alta.

c) Co permiso da súa nai, que traballaba na universidade.

12/20

Que cres que significa esta frase: “chorar non te fai menos rapaz... faite persoa”?

c) Que todas as persoas, mulleres e homes, deberiamos falar dos sentimentos, expresar as emocións e chorar, de ser o caso.

a) Que os rapaces non deben amosar as emocións en público.

b) Que os rapaces teñen que aprender a gardar as emocións e non expresalas diante doutras persoas.

13/20

Calquera muller pode ser vítima de violencia, independentemente da súa situación económica, raza etc.

VERDADEIRO

FALSO

14/20

Sabes quen foi Elisa Patiño?

a) A primeira muller galega en estudar na Universidade de Santiago de Compostela.

b) A primeira muller galega en pilotar un avión.

c) A primeira muller galega que traballou como médica.

15/20

Se as mulleres que sofren violencia non deixan a relación, será que non é para tanto.

VERDADEIRO

FALSO

16/20

Esta muller é Cristina García. Estivo durante moitos anos vinculada aos clubs deportivos de Sanxenxo e é campioa do mundo en:

a) Salto de altura.

b) Atletismo.

c) Salvamento e socorrismo.

17/20

Di se esta afirmación é verdadeira ou falsa “As persoas que pelexan entre elas é porque se queren ou se desexan”.

VERDADEIRO

FALSO

18/20

María Josefa Wonenburger, aínda que as veces é considerada unha muller esquecida, foi unha galega moi importante no mundo da ciencia porque:

c) Descubriu un novo elemento químico, o wonenburger.

a) Foi unha importante matemática e a primeira muller española en recibir unha bolsa de investigación nos Estados Unidos.

b) Foi a descubridora da penicilina, un antibiótico utilizado para as infeccións.

19/20

Os homes e rapaces que exercen violencia contra as súas parellas están tolos e/ou teñen problemas de consumo de drogas.

VERDADEIRO

FALSO

20/20

A túa parella debe ser alguén con quen compartir, a quen admirar e en quen apoiarse.

VERDADEIRO

FALSO

É verdade que as nenas e os nenos nacen das nais, pero non por isto elas coidan mellor das fillas e dos fillos. Os pais tamén poden facelo igual de ben, porque é algo que se aprende.

Seguinte

Por esta foto non se pode saber se é un neno ou unha nena. En ocasións, nos anuncios da tele, nos contos, nos xoguetes, na roupa... aos nenos póñenlles a cor azul e ás nenas a cor rosa. Pero estas cores non nos identifican como nenos ou nenas, senón que son para todas e de todos.

Seguinte

Existe a idea de que facer un deporte ou correr como unha rapaza é facelo con menos forza, intensidade ou facelo peor, pero esta frase non ten sentido nin é certa porque nenas e nenos poden xogar ao tenis e poden facelo igual de ben se o practican.

Seguinte

Non hai tarefas nas que os rapaces sexan máis bos por ser rapaces. O mesmo pasa coas rapazas. Depende do que máis nos guste e do que mellor se nos dea facer a cada unha e cada un de nós.

Seguinte

Na nosa sociedade as mulleres seguen dedicándolle máis tempo ca os homes a realizar estas tarefas, ademais de que moitas delas teñen un traballo fóra da casa.

Seguinte

A igualdade de xénero refírese a que homes e mulleres, rapaces e rapazas temos dereito ás mesmas oportunidades e a recibir o mesmo trato. Implica a aceptación e valoración por igual das diferenzas entre mulleres e homes e que todas e todos podemos participar e temos igual poder e consideración para tomar decisións. Engloba a igualdade de dereitos, de responsabilidades e de oportunidades de mulleres e de homes, de nenas e de nenos.

Seguinte

Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, periodista, editora e profesora defensora dos dereitos das mulleres e precursora do movemento feminista. Tanto nos seus escritos como na súa vida defendía o dereito á educación para as mulleres e denunciaba o sexismo na sociedade.

Seguinte

A igualdade de xénero é unha cuestión importante en todas as sociedades e en todos os lugares, xa que a desigualdade entre mulleres e homes é un problema que afecta a todo o mundo.

Seguinte

Aínda que habitualmente se utiliza “nenos” para referirse a un grupo onde hai nenas e nenos mesturados ou onde só hai nenos, ao usar esta palabra cando hai nenos e nenas, ademais de non deixar claro a quen nos estamos a referir, non se ten en conta as nenas, coma se estas non existisen.

Seguinte

A corresponsabilidade implica compartir de xeito equitativo as tarefas da casa entre todas as persoas dunha familia. Isto permite que ninguén teña que deixar de facer outras actividades por dedicarlles máis tempo que o resto a limpar, a ordenar, a facer as camas etc.

Seguinte

A primeira muller que foi á universidade chamábase Elena Maseras, e matriculouse en 1872 na universidade para ser médica cun permiso especial do rei, porque as mulleres non podían estudar.

Seguinte

Ás veces, nos contos ou películas ensínannos que os rapaces teñen que amosar forza, valentía e seguridade e non poden chorar nin expresar as súas emocións, mentres que as rapazas si que poden facelo porque se espera delas maior sensibilidade. O certo é que todas as persoas podemos expresar as nosas emocións e iso é ser fortes e valentes, tanto os rapaces como as rapazas.

Seguinte

As mulleres que sofren violencia de xénero poden ser de calquera idade, nivel educativo, situación económica ou posición social, non pertencen a ningún perfil. Pensar o contrario crea un perfil falso de vítima e impide que moitas mulleres e rapazas identifiquen posibles situacións de maltrato.

Seguinte

Esta pontevedresa foi a primeira muller galega que pilotou un avión, feito que conseguiu o 12 de outubro de 1913 despegando na Praia de Baltar, en Sanxenxo.

Seguinte

Ás mulleres vítimas de violencia de xénero resúltalles difícil dar o paso de denunciar ou rematar a relación polo medo, pola falta de apoio ou pola desconfianza nas institucións. Este mito responsabiliza a vítima sen comprender os efectos da violencia.

Seguinte

Cristina García, que formou parte do equipo do Club Salvamento Sanxenxo e traballou durante moitos anos nas súas praias, é unha deportista moi recoñecida no mundo do salvamento e o socorrismo.

Seguinte

As persoas que se queren trátanse ben e con respecto, se non hai un bo trato entón non se queren de verdade.

Seguinte

María Josefa Wonenburger tivo un papel fundamental nun novo tipo de álxebras que xogarían un papel central nas matemáticas e na física dende os anos setenta. Viaxou aos Estados Unidos e ao Canadá cunha bolsa para doutorarse e durante moitos anos foi a única muller que ocupou un posto de profesora de matemáticas na Universidade de Toronto.

Seguinte

As enfermidades mentais e adicións non serven de escusa ou son a causa da violencia de xénero. A causa é a interiorización da superioridade masculina e o desexo de control da parella.

Seguinte

As parellas felices e igualitarias escóitanse, téñense en conta e poñen atención nos intereses e necesidades de ambas as partes. Poden amosarse libremente e de maneira auténtica, á vez que son unha figura importante de apoio para a parella.

As enfermidades mentais e adicións non serven de escusa ou son a causa da violencia de xénero. A causa é a interiorización da superioridade masculina e o desexo de control da parella

Seguinte

As parellas felices e igualitarias escóitanse, téñense en conta e poñen atención nos intereses e necesidades de ambas as partes. Poden amosarse libremente e de maneira auténtica, á vez que son unha figura importante de apoio para a parella.

Seguinte

Parabéns, xogo completado!

Volver a comezar