Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Célula vexetal: as partes (En galego)

Jaime Abeledo Tenori

Created on October 5, 2022

Adaptación ao galego do Genially orixinal do Equipo Genially (https://view.genial.ly/618a670b78d3c70dd9f441b4/interactive-content-partes-de-la-celula-vegetal)

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Célula Vexetal

As células vexetais son células eucariotas (células con núcleo verdadeiro) e vanse dividindo e diferenciando ao longo do desenvolvemento das plantas. No seu interior ocorre un proceso fundamental para elas: a fotosíntese.A forma que ten unha célula vexetal de recibir nutrientes é autótrofa.

Comezar

núcleo

Función

  • Nel atópase contida a información xenética ou ADN (Acedo desoxirribonucleico) responsable de procesos como o metabolismo e o crecemento e diferenciación celular.

Constitución

  • É orgánulo que se atopa rodeado dunha estrutura dobre chamada envoltura nuclear.

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO LISO

Función

  • Encárgase principalmente da produción de lípidos.

Vacuola

Función

  • Encárgase de manter a forma e tamaño da célula, así como de almacenar substancias.

Constitución

  • Son vesículas moi grandes que poden chegar a ocupar o 90% do volume celular, desprazando todos os orgánulos alén da célula.

Característica

  • Atópase rodeada dunha membrana vacuolar.

Cloroplastos

Función

  • Son os orgánulos encargados da produción de enerxía na célula. Responsables de producir clorofila, a cual se encarga de absorber a luz para a realización da fotosíntese.

Aparato de golgi

Función

  • Nel prodúcese a síntese e secreción de polisacáridos complexos e ten un papel moi importante na formación da parede celular.

mitocondrias

Función

  • Encárganse de obter a enerxía que necesita a célula por medio da respiración celular.

Constitución

  • Son orgánulos grandes, envoltos por unha dobre membrana: unha membrana interior e outra exterior. a membrana interna ten unha estrutura de dobras ou invxginacións chamadas crestas e a membrana externa é lisa.

Lisosomas

Función

  • Contieen enzimas dixestivas coas que realizan a dixestión celular.

parede celular

Función

  • É unha estrutura ríxida que protexe ás células e lles da forma.

Constitución

  • É a cuberta externa e ríxida que está formada fundamentalmente por celulosa.

Caracterísiticas

  • Sitúase na parte externa da membrana plasmática.