Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

GUÍA DE USUARIOS

Biblioteca VIRXE DO

Created on October 4, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME

GUÍA DE USUARIOS

COMEZAR

ÍNDICE

SERVIZOS

NORMAS XERAIS

LIBROS INFANTIL

PRÉSTAMO

PLANO

CDU

KOHA

NORMAS XERAIS DA BIBLIOTECA

Non se pode comer nin beber na biblioteca.

FALA EN BAIXO para non molestar ás persoas que están estudando ou lendo.

Mantén ORDENADA a biblioteca: non deixes papeis enriba da mesa nin tirados e coloca ben a cadeira.

COIDA OS LIBROS PRESTADOS: evita dobralos, manchalos… TI ES RESPONSABLE DO LIBRO QUE LEVAS!!

Se utilizaches materiais do RECUNCHO DE ARGALLAR ou XOGOS DIDÁCTICOS, é importante que as pezas vaian na caixa ou recipiente correspondente.

Cando te vaias da biblioteca, deixa TODO RECOLLIDO E NO SEU LUGAR.

Se atopas algo estragado (un libro, un xogo...) déixao na caixa de reparación.

SERVIZOS DA BIBLIOTECA

ORDENADORES E IMPRESORA

Emprégaos para facer os teus traballos ou para consultar a web do cole ou o blogue da biblioteca pero non podes acceder a redes sociais nin outras páxinas non adecuadas. Podedes estar dúas persoas por ordenador. Se queres imprimir ou escanear un documento dillo ao profesor de garda.

Podes consultar ou ler libros na propia biblioteca pero déixaos no seu lugar. Tes a túa disposición material escolar e xogos didácticos así como quebracabezas pero recorda recollelos cando te vaias.

NA BIBLIOTECA

CAIXA DE SUXESTIÓNS

A biblioteca é de todos... Fainos chegar as túas ideas a través da caixa de suxestións.

PRÉSTAMO BIBLIOTECARIO

- Para levar un libro para casa, @ mestr@ ou biblioaxudante ten que rexistrar o préstamo así que achégate con el á zona de préstamo. - Podes ter emprestados como máximo 3 libros, DVD’s ou CD´s. - O tempo máximo de préstamo é de 15 días aínda que é posible facer unha renovación por 15 días máis se o necesitas. - Recorda que a data máxima de devolución é a que está anotada na tarxeta de préstamo do libro.

LIBROS EDUCACIÓN INFANTIL

CDU (Clasificación Decimal Universal)

Os libros están organizados segundo a CDU. Enriba de cada estante encontrarás un cartel que indica a sección da CDU que lle corresponde

7 Arte. Música. Xogos. Deportes 74 Debuxo. Deseño. Artesanía 78 Música 79 Xogos 8. Lingüística. Lingua. Literatura. 81-I Literatura en inglés 82 P-C Poesía en castelán 82 P-G Poesía en galego 82 N-C Narrativa en castelán 82 N-G Narrativa en galego 82 C-C Cómic en castelán 82 C-G Cómic en galego 82 T-C Teatro en castelán 82 T-G Teatro en galego

0 Xeneralidades. Enciclopedias. Dicionarios 1 Filosofía 2 Relixión 3 Ciencias Sociais 5 Matemáticas. Ciencias Naturais 6 Ciencias aplicadas

9 Xeografía. Biografía. Historia. 91 Xeografía 92 Biografía 93 Historia

ETIQUETAS DOS LIBROS

No lombo de todos os libros encontrarás unha etiqueta que che axudará a localizar cada libro na biblioteca.

Esta etiqueta (tejuelo) recolle os seguintes datos:

Os libros colócanse nos andeis da seguinte maneira: 1) Busca o andel correspondente a CDU 2) Ordena alfabéticamente polo apelido do autor (2ª liña da etiqueta). Para facelo ben guíate polas letras separadoras .

Ademais, debaixo destas etiquetas encontrarás un adhesivo que indica a idade para a que está recomendada ese libro:

PLANO DA BIBLIOTECA