Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Aparato circulatorio, respiratorio y excretor

Andrea Patiño Vázque

Created on September 25, 2022

aparato respiratorio y circulatorio, cuerpo humano

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

O corpo humano

ud5 (TEMA 4): o transporte e a excreción de nutrientes

Andrea Patiño Vázquez - beX 3ºESO

ud2 (tEMA 4): os aparellos circulatorio, respiratorio e excretor

1. O aparello circulatorio e o sistema linfático

2. o sangue

3. o corazón

Índice

4.principais enfermidades e hábitos saudables

5. o aparello respiratorio

6.funcionamento do aparello respiratorio

7.principais enfermidades e hábitos saudables

8. O APARELLO EXCRETOR

10.principais enfermidades e hábitos saudables

1. O sistema circulatorio e o sistema linfático

O medio interno é o conxunto de líquidos que rodea as céulas do corpo; está formado polo líquido intersticial, o sangue e a linfa. Nel atópanse todas as substancias que se precisan, e a el se verten os produtos de refugo. O mantemento destas condicións denomínase homeostase, e diso encárganse os diferentes aparellos e sistemas do organismo.

O sistema circulatorio sanguíneo

Encargado de transportar os nutrientes e o osíxeno por todo o organismo, así como de recoller os refugos do metabolismo celular.

Aparello circulatorio

O sistema circulatorio linfático

Encargado de recoller o exceso de líquido que rodea as células para devolvelo ao sangue. Tamén transporta as graxas que se absorben no intestino e é parte do sistema de defensa. Por el circula a linfa: está composto por capilares, vasos e ganglios linfáticos. Estes últimos son nódulos (masas esponxosas) en cuxo interior hai moitas células defensivas que localizan, recoñecen e combaten aos microorganismos que poden infectarnos.

2. O sangue

É un tipo de tecido conectivo, en forma de líquido viscoso de cor vermella, que circula polo interior do sistema sanguíneo. Está formado por:

Plasma 55%

Células 45%

Glóbulos brancos (800/mm3) e plaquetas (250.000/mm3)

Glóbulos vermellos (5.000.000/mm3)

Plasma

Líquido de cor amarelenta composto por auga e unha gran variedade de substancias disoltas en distintas cantidades; sobre todo proteínas.

Células sanguíneas

Fórmanse na médula ósea vermella, un tecido situado no interior dalgúns ósos como o fémur. Existen tres tipos de células sanguíneas:

Leucocitos ou glóbulos blancos

Eritrocitos

Plaquetas ou trombocitos

Son fragmentos celulares. Interveñen no proceso de coagulación do sangue, formando un tapón que pecha as roturas.

As máis numerosas, conteñen unha proteína chamada hemoglobina, responsable da súa cor vermella. Encárganse de transportar osíxeno desde os pulmóns ata cada célula e o dióxido de carbono á inversa.

As máis grandes e participan en funcións defensivas contra as infeccións.

Vea

Capilar

Arteria

2. O sangue (II)

Ademais do sangue, o noso sistema circulatorio sanguíneo está formado polos vasos sanguíneos e o corazón.

Vasos sanguíneos

Son condutos polos que circula o sangue que chega a todos os órganos, tecidos e células do noso corpo. Poden ser de tres tipos: arterias, veas e capilares.

Arterias

Conducen o sangue dende o corazón ata os diferentes órganos do corpo. A medida que se afastan del fanse máis finas e dentro dos tecidos ramifícanse en arteríolas. As paredes son grosas, resistentes e elásticas, pois soportan unha gran presión.

Veas

Conducen o sangue dende os órganos ata o corazón. As máis finas chámanse vénulas. A medida que se achegan a el, aumentan o seu diámetro de forma progresiva. As súas paredes son máis finas e menos elásticas, pois soportan menos presión. Ademais, teñen válvulas que facilitan o ascenso do sangue ao aproveitar as contraccións musculares.

Capilares

Son os vasos máis finos, unen artíolas e vénulas.

Tecido conectivo

Músculo liso

Endotelio: tecido especial que separa o sangue dos tecidos (os capilares só están formados por este tecido)

Os grupos sanguíneos: o sistema ABO

Os grupos sanguíneos son clasificacións do sangue de acordo coas substancias presentes na superficie dos glóbulos vermellos (antíxenos) e no plasma sanguíneo (anticorpos). As dúas clasificacións principais de grupos sanguíneos son o sistema AB0 e o factor Rh.

No sistema AB0 cada persoa pode pertencer a algún dos seguintes grupos sanguíneos: A, B, AB ou 0, e isto depende do tipo de antíxeno (A ou B) presentes no seu sangue, como se mostra no cadro. Lembra que os antíxenos son substancias presentes na superficie das células que inducen, noutro individuo, a fabricación de anticorpos e a resposta inmunitaria para neutralizar estes antíxenos. En canto ao sistema Rh, o factor Rh é unha proteína que se atopa na membrana dos glóbulos vermellos; as persoas que a posúen son Rh+ e as que non a posúen son Rh–.

No sangue dunha persoa, un antíxeno non pode coincidir co seu correspondente anticorpo. Se durante unha transfusión se poñen en contacto os glóbulos vermellos dunha persoa do grupo A (posúe antíxeno A) cos anticorpos do plasma dunha persoa do grupo B (posúe anticorpos anti-A), producirase a coagulación do sangue, o que pode ocasionar a súa morte. Por este motivo as transfusións de sangue ocasionaban moitas mortes antes do descubrimento do sistema AB0 en 1901.

  • Ser maior de 18 e menor de 65 anos.
  • Pesar máis de 50 kg.
  • Informarse sobre a SIDA e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco.
  • Non padecer hepatite ou convivir con pacientes que o padecesen no últimos seis meses.
  • Non padecer enfermidades infecciosas con febre e/o tratada con antibióticos no últimos quince días.
  • Non residir no últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.
  • Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses.

3. O corazón (I)

O corazón é un órgano muscular, do tamaño dun puño, lixeiramente cónico, situado entre os dous pulmóns e desprazado cara ao lado esquerdo. As súas paredes están formadas por tecido muscular cardíaco chamado miocardio. É o encargado de bombear o sangue. O seu interior está dividido en catro cavidades:

  • Dúas aurículas: superiores, que reciben o sangue.
  • Dous ventrículos: inferiores, que bombean o sangue fóra del.
A parte dereita e esquerda do corazón non se comunican posto que existe un tabique que as seprada. En cambio, as dúas cavidades do mesmo lado si, mediante a válvula tricúspide (AD con VD) e mediante a válvula mitral (AE con VE). O sangue chega ao corazón a través das veas e sae a través das arterias seguindo este percorrido: A AD chegan as veas cavas, con sangue rico en CO2, tras atravesar a válvula tricúspide, o sangue chega ao VD do cal sae a través da arteria pulmonar, que se bifurca en dúas ramas (unha para cada pulmón). A válvula semilunar pulmonar impide o retorno do sangue. Tras o intercamio gasoso, o sangue osixenado chega á AE a través das catro veas pulmonares (dúas de cada pulmón). Tras atravesar a válvula mitral chega ao VE, do cal sae a través da arteria aorta, encargada de conducir o sangue osixenado a todos os órganos do corpo. Non retrocede grazas á válvula semilunar aórtica.

3. O corazón (II)

Arteria aorta

Arteria pulmonar

Vea cava superior

Válvula semilunar pulmonar

Aurícula esquerda

Aurícula dereita

Válvula mitral

Veas pulmonares

Válvula semilunar aórtica

Válvula tricúspide

Ventrículo esquerdo

Ventrículo dereito

Sístole: período de contracción.Diástole: período de relaxación. Ciclo cardíaco: proceso completo

  1. Sístole auricular.
  2. Sístole ventricular.
  3. Diástole auricular e ventricular.

Vea cava inferior

3. O corazón (III)

A circulación sanguínea das persoas é:

  • Completa: porque nunca se mesturan o sangue rico en osíxeno co sangue rico en dióxido de carbono.
  • Dobre: porque describe dous circuítos independentes:
    • Menor ou pulmonar: parte do VD que impulsa o sangue a través da arterias pulmonar ata os pulmóns, onde se ramifica formando unha grande árbore de capilares que chegan a todos os alvéolos, onde se produce o intercambio de gases. Posteriormente o sangue rico en osíxeno é recollido polos capilares venosos que progresivamente forman vénulas ata formar as veas pulmonares, que entran ao corazón a través da AE.

3. O corazón (III)

    • Maior ou xeral: iníciase no VE coa chegada do sangue osixenado procedente da AE, prodúcese a sístole ventricular e o sangue é bombeado cara todo o corpo pola arteria aorta. Esta ramifícase en arteriolas e capilares, que levan os nutrientes e o osíxeno a todas as células e recollen o CO2 e os refugos, que retornan a través das veas cavas que desembocan na AD.

4. enfermidades e hábitos saudables

Hipertensión arterial

Arteriosclerose

Infarto de miocardio

A presión arterial é a forza que exerce o sangue sobre as paredes das arterias, ao ser impulsada polo corazón. Mídese con dous valores, o primeiro expresa a presión ligada á sístole e o segundo á diástole. A hipertensión arterial é o aumento desta presión por enriba dos valores normales (120/80 mmHg). O mantemento desta sobrecarga produce o deterioro dos rils e favorece a arterioesclerose.

O infarto de miocardio orixínase pola obstrución das arterias coronarias, que proporcionan osíxeno e nutrientes ao miocardio (músculo cardíaco).

Denomínase ateroesclerose ao depósito de lípidos, como as graxas, e outras substancias no interior das arterias, formando placas de ateroma. O engrosamento por ateromas provoca arterioesclerose, enfermidade ligada ao avellentamento e, nas persoas novas, a hábitos pouco saudables.

Cando a obstrución é parcial, orixínase unha dor coñecida coma anxina de peito, e a zona afectada pode restablecerse.

As claves para evitar as enfermidades cardiovasculares residen en evitar estimulantes como o tabaco, té, café..., non consumir tabaco, levar unha alimentación equilibrada, reducir o consumo de sal e graxas de orixe animal, manter un peso axeitado, e realizar exercicio físico.

5. O aparello respiratorio

Ademais dos nutrientes, o organismo necesita incorporar osíxeno e transportalo ata as súas células, para que alí se produzan as reaccións metabólicas nas que se obtén a enerxía necesaria para vivir. Esta labor realízaa o aparello respiratorio, formado polas vías respiratorias e polos pulmóns.

Aparello respiratorio

As vías respiratorias

As vías respiratorias son os condutos polos que entra o aire cargado de osíxeno ata os pulmóns e polos que o dióxido de carbono é devolto ao exterior.

Fosas nasais: o aire humedécese e quéncese, ademais quedan retidas as partículas de po e os microorganismos.

Farinxe: órgano común ao aparello dixestivo e respiratorio, no que se atopa a epíglote.

Traquea: tubo flexible formado por aneis de cartilaxe en forma de "C"; é dicir, non están pechados na súa parte posterior, senón que se encontran unidos por tecido conxuntivo. Conducen o aire ata os bronquios.

Larinxe: tubo curto polo que pasa o aire facendo vibrar as cordas vocais, o que nos permite emitir sons.

Bronquios e bronquiolos: tubos de anatomía semellante á tráquea, que parten dela e se bifurcan, dirixíndose a cada pulmón. Alí, vólvense dividir ramificándose cada vez en tubos de menor diámetro, os bronquiolos, que seguen facéndose máis finos ata terminar nunhas pequenas bolsiñas chamadas alvéolos pulmonares.

Por que os aneis da traquea non están pechados?

Xa que o esófago debe ensancharse cando pasan por el os bolos alimenticios; polo que se estivesen pechados, poderían facer presión e dificultar os movementos peristálticos.

Os pulmóns

Son dous órganos esponxosos que se encontran aloxados na cavidade torácica e que están protexidos polas costelas. DIspóñense a ambos lados do corazón e presentan algunhas diferenzas entre eles:

  • Pulmón esquerdo: algo máis pequeno, dividido en dous lóbulos.
  • Pulmón dereito: algo máis grande, dividido en tres lóbulos.
Ambos están recubertos dunha dobre membrana chamada pleura, en cuxo interior atópase o líquido pleural, que facilita o movemento durante a respiración.

No interior de cada pulmón, os bronquios e bronquiolos forman unha estrutura chamada árbore bronquial, que termina nos alvéolos pulmonares que, a súa vez, están agrupados en sacos alveolares, que confiren o aspecto esponxoso dos pulmóns. Aos pulmóns chegan as arterias pulmonares, que levan sangue pouco osixenado, e deles saen as veas pulmonares, que levan sangue osixenado, ao revés que o resto de veas e arterias.

6. funcionamento do aparello respiratorio

A ventilación pulmonar

Consiste na entrada e na saída de aire dos pulmóns e lévase a cabo mediante dous movementos involuntarios e consecutivos:

  • Inspiración: movemento mediante o cal se produce a entrada de aire rico en osíxeno polas vías respiratorias ata os pulmóns. Nelas os pulmóns ensánchase e énchense de aire.
  • Expiración: saída de aire cargado de dióxido de carbono dos pulmóns ao exterior. Neste caso o aire sae dos pulmóns de forma pasiva ao contraerse a caixa torácica.

Con todo, os pulmóns carecen de músculos que os poidan mover autonomanente, de xeito que son o diafragma (que separa a cavidade torácica da abdominal) e os músculos intercostais (entre as costelas, unidos entre si) os que se encargan deste movemento.

O intercambio de gases

Este proceso prodúcese nos alvéolos pulmonares (a superficie dos alvéolos cífrase en 150-200m2!!!). Estes están rodeados de gran cantidade de capilares sanguíneos. Unha vez que o aire inspirado, rico en osíxeno, chega aos alvéolos pulmonares, prodúcese un intercambio gasoso moi intenso e rápido. Isto permite que o sangue que pasa polos capilares descargue o dióxido de carbono que recolleu nas células dos tecidos e absorba o osíxeno procedente da respiración, que despois debe levar a esas mesmas células.

Este intercambio é posible debido á diferenza de concentración que hai entre eles, de tal xeito que o gas sempre pasa desde onde está máis concetrado cara onde está menos. Este proceso denomínase difusión simple.

Play

7. enfermidades e hábitos saudables

Enfermidades debidas a microorganismos

Enfermidades asociadas ao tabaquismo

  • Arrefriado: producido por virus que afectan ao nariz, á gorxa ou á larinxe. Ocasionan mucosidade abundante, esbirros e, ás veces, febre.
  • Pneumonía: infección aguda do tecido pulmonar que produce a súa inflamación dificultando a respiración, e vai acompañda de febre alta. As causadas por bacterias cúranse con antibióticos, pero non as víricas. O virus do SARS-CoV-2 provoca graves pneumonías.
  • Tuberculose: é unha enfermidade causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis; propágase facilmente entre persoas, a través de pingas pola tose ou esbirro dunha persoa infectada.
  • Cancro das vías respiratorias e do pulmón. O seu risco aumenta proporcionalmente coa cantidade de cigarros e o tempo que se fumou, e diminúe ao deixar de fumar, mesmo se se tivo o hábito durante moitos anos. A sintomatoloxía é moi variada e inespecífica: tose que persiste, falta de aire, dor no peito, rouquén... e adelgazamento e dor de ósos e cabeza nos casos máis avanzados.
  • A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é un problema inflamatorio pulmonar que obstrúe o fluxo de aire. É provocada pola exposición durante longos períodos de tempo a gases ou partículas irritantes, fundamentalmente

o alcatrán do fume do tabaco. O seus síntomas son, de novo, inespecíficos (tose, mucosidade...) pero distínguese pola dificultade continuada para respirar e os asubíos nas inspiracións.

A asma é unha enfermidade crónica na que as vías respiratorias se inflaman, producindo dificultade para respirar, sibilancias, falta de alento, opresión no peito e tose. Non se sabe a causa, pénsase que é heriditaria. A sintomatoloxía xeralmente prodúcese pola inhalación de substancias chamadas alérxenos: po, ácaros, animais, químicos, polen, moho, fume do tabaco, estrés... Non ten cura, pero é posible controlar os síntomas.

Protexerse do frío e da humidade, empregando roupa axeitada ao clima.

Lavar as mans a miúdo e non tocar o nariz nin os ollos, ter unha boa hixiene nasal: facer lavados con auga de mar, sonar os mocos...

Ventilar os espazos pechados con regularidade, e mudar a cama regularmente e evitar o contacto cando se atravesan os procesos víricos ou bacterianos.

Practicar exercicios respiratorios e realizar exercicio físico para aumentar a capacidade pulmonar.

Non fumar, evitar o fume do tabaco e os alérxenos en caso de asma, comer saudablemente e descansar.

8. O aparello excretor

As células do noso corpo producen unha serie de refugos como resultado do metabolismo celular, que son prexudiciais se se acumulan. Estes refugos son vertidos ao sangue para que este os leve aos órganos encargados de eliminalos; ademais do aparello dixestivo, encárganse de eliminar substancias tóxicas os pulmóns, o fígado, as glándulas sudorípadas e os riles, os cales forman parte do sistema urinario.

Pulmóns

Fígado

Glándulas sudoríparas

Expulsan o dióxido de carbono producido na respiración celular e vapor de auga.

Regulan a temperatura corporal e excretan preto do 10% de todos os refugallos do organismo. A suor contén as mesmas substancias que os ouriños, pero nunha menor concentración.

Elimina os pigmentos biliares e outros refugos que se atopan na bile e que se expulsan coas feces. Ademais, encárgase de depurar a meirande parte dos fármacos.

O sistema urinario

Os riles xunto coas vías urinarias forman o sistema urinario.

  • Os riles son dous órganos duns 12cm con forma de embudo. Son os responsables de limpar o sangue dos produtos de refugo do metabolismo celular. A cada ril chega unha arteria renal, con sangue cargada de refugos, e sae unha vea renal, con sangue limpo. Os residuos xunto coa auga pasan a formar a urina.
  • Vías urinarias: de cada ril sae un conduto, o uréter, que conduce a urina ata unha bolsa muscular e elástica onde se acumula, a vexiga urinaria.
Cando se acumula suficiente cantidade de urina, expulsámola por un conduto denominado uretra, cuxa lonxitude depende de se o suxeito é un home (16-20cm) ou unha muller (4cm). Este acto denomínase micción e adótaise producir varias veces ao día. Os ouriños son un líquido cuxa cor varía do amarelo ao ámbar, en función da alimentación e da composición: 95% auga, 2% sales minerais, 2% urea e 1% de ácido úrico e outras substancias de refugallo.

Sistema urinario

vídeo (bach) sistema urinario

A anatomía do ril

No corte lonxitudinal dun ril distínguese o córtex e unha zona máis escura, a médula, con abundantes vasos sanguíneos. No centro do ril áchase a cavidade colectora dos ouriños, chamada pelve renal.

No córtex de cada ril hai máis dun millón de estruturas minúsculas, denominadas nefróns. A súa función é filtrar todo o sangue do organismo, preto de 300 veces ao día. Os nefróns están constituídos polas cápsulas de Bowman, a cal engloba a unha morea de capilares polos que flúe o sangue. A taxa de filtración glomeraular é o volume de fluido filtrado por unidade de tempo dende os capilares glomerulares renais cara ao interior da cápsula de Bowman.

Cápsula de Bowman

Pelve renal

Nefrón

Médula

Córtex

vídeo (bach) formación ouriños

9.principais enfermidades e hábitos saudables

Apendicite

Hepatite

Arteria renal

Vea renal

Vexiga urinaria

Uréter

Uretra

Hábitos saudables

  • Beber abundantes líquidos: favorece a hidratación e a filtración do sangue nos riles, e prevén a formación de cálculos renais.
  • Moderar o consumo de sal, prevén a hipertensión arterial que pode danar aos riles e producir insuficiencia renal.
  • Evitar a automedicación xa que moitos fármacos elimínanse pola urina.
  • Manter unha hixiene adecuada dos xenitais externos.

Cálculos renais: pequenas pedras ou cristais formadas polo depósito de sales que contén a urina. Cando se desplazan por zonas estreitas producen unha dor moi intensa chamada cólico renal.

Insuficiencia renal: diminución ou interrupción da función do ril. Pode ser aguda (de repente se interrompe a función e con tratamento recupérase o ril) ou crónica (vaise perdendo a función progresivamente, e vanse acumulando residuos tóxicos no sangue).

Cistite: inflamación aguda ou crónica da vexiga urinaria. Xeralmente a causa son infeccións bacterianas. Manifestase con dor ou queimazón ao urinar, miccións frecuenbtes e escasas ou o desexo continuo e ineficaz de urinaria.

GRAzAS