Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Rosalía de Castro. A Rosalía feminista. Bacharelato.

A Profa - Pilar Ponte

Created on September 18, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Microsite

Essential Microsite

Essential CV

Practical Microsite

Akihabara Resume

Tourism Guide Microsite

Online Product Catalog

Transcript

Rosalía de Castro. A Rosalía feminista

1/34

Guía para alumnado de bacharelato

A Rosalíafeminista

Rosalía de Castro

A biografía de Rosalía non é a dunha muller corrente, malia a súa morte temperá foi a súa unha traxectoria vital moi singular para aquel tempo.

Antes de existiren as lentes lilas, Rosalía xa ollaba o mundo das mulleres dende unha perspectiva feminista que permite que hoxe te identifiques con ela como se fose do noso tempo.

A casa de Rosalía

A casa de Rosalía é a casa de todas as galegas e galegos. Agárdante alí a nosa historia e mais a semente do noso futuro.

Rosalía é a autora de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito integramente en galego. Obra...

Rosalía ten traspasado a súa condición de escritora para se converter nun mito. A presenza social...

Interactivo creado por Pilar Ponte (A Profa) para a

A vida dunha muller singular

2/33

Guía para alumnado de bacharelato

2. Infancia

5. Itinerancias

8. Morte

Fina o 8 de xullo de 1885 aos 45 anos de cancro de útero. É soterrada humildemente no cemiterio de Adina (Padrón).

Comeza canda Murguía unha vida con numerosos traslados por múltiplas localidades dentro e fóra de Galicia: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña, Simancas.

Aos cinco anos vivía coa súa nai en Padrón e con trece anos trasládanse a Santiago. Alí participa nas actividades do Liceo de la Juventud como actriz.

3. Mocidade

6. Fillos

8 momentos da súa vida para entendela

Aos dezanove anos vai vivir cunha tía súa a Madrid, onde entra en contacto cos círculos intelectuais da capital.Con vinte anos publica o seu primeiro libro, un volume de poemas titulado La Flor.

Ten sete fillos mais a traxedia fai que en menos dun ano faleza por accidente o seu fillo Adriano de dezanove meses e a súa filla Valentina nace morta.

Hai datos na vida de Rosalía que nos poden axudar a entendela mellor como autora e como muller.

O recoñecemento popular

O 25 de maio de 1891 o seu cadáver foi exhumado e trasladado solemnemente ao mausoleo creado para ela mediante recadación popular dentro e fóra de Galicia. Hoxe foi transformado no Panteón de Galegos Ilustres.

1. Nacemento

7. Ausencias

4. Matrimonio

O 23 de febreiro de 1837 nace en Santiago, María Rosalía Rita de Castro, filla dunha fidalga sen recursos e dun sacerdote. Ten como madriña a unha criada da nai e rexístrana como de "pais ignotos".

Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna estancias en Santiago e Lestrove. Estudos posteriores chegan a falar dun funcionamento semellante ao dunha familia monoparental.

Aos vinte e un anos casa. O matrimonio Rosalía-Murguía foi un bo acordo para dúas persoas que estaban entregadas á creación en función dunha causa maior: a construción dun país.

A Casa de Rosalía

3/33

Guía para alumnado de bacharelato

Percorrido pola Casa de Rosalía

2. A súa vida e as súas moradas

1. Unha casa para ela. A institución

Rosalía non tiña casa de seu, esta foi a casa na que pasou os seus últimos anos e o pobo galego creou unha institución e fíxose con esta casa para honrala.

Vemos de preto as fotografías da escritora e da súa nai e as diferentes casas que habitou na súa vida itinerante.

A Casa de Rosalía

4/33

Guía para alumnado de bacharelato

Percorrido pola Casa de Rosalía

3. A Rosa de cen follas. A súa obra

4. A cociña tradicional

Cantares Gallegos e Follas Novas son as súas obras máis salientables, podemos ver tamén a súa obra poética en castelán e a obra en prosa en ambas linguas. Na mesa de luz podemos ver a súa obra e escoitar como foi musicada en todos os xéneros musicais.

A presenza dos elementos da cociña tradicional no museo está ao servizo da propia obra da autora que constrúe nese "caldo de gloria" a épica dos humildes, esa grandeza de levar adiante unha vida con alegría mesmo rodeados da máis absoluta pobreza.

A Casa de Rosalía

5/33

Guía para alumnado de bacharelato

Percorrido pola Casa de Rosalía

5. Unha factoria cultural. A súa familia

6. Muller mito. O pasamento

O retrato de grupo achéganos á súa intimidade e decatámonos de que Rosalía era unha muller á que lle gustaban os nenos e que estaba rodeada da súa familia. Vemos nela unha Rosalía tenra tamén que acariña o can.

A flor sobre a cama é a mostra de que a nosa admiración por ela permanece cada día. Veredes a súa cama e a ventá pola que quería ver o mar. Tamén atoparedes enfronte do leito mostras da admiración e homenaxe de todas as partes do mundo ante unha muller extraordinaria.

A Casa de Rosalía

6/33

Guía para alumnado de bacharelato

Percorrido pola Casa de Rosalía

7. No gran salón. A muller

8. Os pais do país

Veredes o salón en que ás veces se sentiu atrapada e hoxe é o cuarto propio dunha muller consciente de si e das iguais. Leredes e escoitaredes mostras do seu pensamento que demostran que Rosalía é a primeira feminista galega.

Rosalía de Castro e Manuel Murguía foron unha familia intelectual moi peculiar que viviron para a idea de Galicia, para a dignificación da súa lingua, da súa terra e do seu pobo.

A obra rosaliana

7/33

Guía para alumnado de bacharelato

Unha obra para quen?

Cando Rosalía lanzaba ao mundo as súas palabras non escribía só para a Galicia do seu momento. Os elevados índices de analfabetismo da súa época facían imposible que puidese ser lida por moito público e menos aínda por público feminino, e ela era sabedora disto. Aínda así, e malia a súa morte prematura, Rosalía escribiu unha grande obra para a súa época e tamén para os que habiamos de vir despois. Unha obra coa que podes seguir dialogando como se fose escrita hoxe, que nos segue a servir para interpretar a nosa realidade pasada mais tamén a nosa realidade presente, velaí a grandeza do seu legado.

A obra rosaliana

8/33

Guía para alumnado de bacharelato

Rosalía nace o23 de febreiro de 1837

Liña do tempo para viaxar pola obra deRosalía de Castro

La flor(1857)

Lieders(1858)

La hija del mar (1858)

Flavio(1861)

A mi madre (1863)

Cantares gallegos (1863)

El cadiceño (1866)

Las literatas.Carta a Eduarda (1866)

Contos da miña terra (1864)

Poesía en castelán

Prosa en castelán

Prosa en galego

Poesía en galego

El primer loco.Cuento estraño (1881)

Ruinas(1866)

Follas Novas (1880)

El caballero de las botas azules (1867)

* Preme en cada nodo para acceder a máis información sobre cada unha das obras.

Rosalía morre o15 de xullo de 1885

El domingo de Ramos (1881)

Padrón y las inundaciones (1881)

En las orillas del Sar (1884)

Costumbres gallegas (1881)

Cantares Gallegos (1863)

9/33

Guía para alumnado de bacharelato

Un nacemento que resultou ser Rexurdimento

Primeiro libro escrito integramente en galego que marca o inicio do Rexurdimento pleno aínda que no seu momento resultase ser un verdadeiro nacemento. Esta obra supuxo rachar coa inexistencia de literatura publicada na nosa lingua, fóra da prensa, e consagrou dende aquela a Rosalía como a voz fundacional da nosa literatura e NAI DAS NOSAS LETRAS. Isto vaina converter nunha verdadeira rara avis no marco da literatura universal onde moi poucas son as mulleres que encabezan os seus sistemas literarios. Nesta obra, con poemas como "Castellanos de Castilla", Rosalía convértese tamén na iniciadora da literatura de vea cívica en galego, mesmo antes ca Curros, e adiantándose nun século á eclosión da poesía social. Rosalía parte da literatura popular, da produción cultural máis democrática dun pobo, para crear unha obra que dignifique ese pobo e a súa terra. Foi o único libro que viu unha segunda edición en vida da autora.

Cantares Gallegos na Biblioteca Virtual Galega.

Cantares Gallegos (século XXI)

10/33

Guía para alumnado de bacharelato

O Rabelo feat Rosalía

De Cantares hoxe. 35 poetas dialogan cos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. (2014)

O tema "Somos legiom" do Rabelo recolle a tradición lírica de Cantares Gallegos retomando esa mensaxe de Rosalía á meniña gaiteira e transformándoa nun canto de comunidade e rebelión.

Follas Novas (1880)

11/33

Guía para alumnado de bacharelato

A consolidación

Del di no prólogo Emilio Castelar "Si la literatura gallega no tuviese ningún otro libro más que las Follas Novas de Rosalía Castro, bastábale para su lucimiento y para su gloria".Se ben hoxe sería moito dicir, podemos afirmar que Follas Novas é un microcosmos poético onde orbitan dende a falta de sentido da existencia ata a poesía social pasando polo feminismo, o amor ou a vocación literaria que abren os novos horizontes da literatura galega.Lembremos que se publica en 1880 na Habana grazas ao editor Alejandro Chao, galego emigrado na capital cubana e amigo íntimo de Murguía e Rosalía, o cal nos dá conta da incomprensión atopada aquí e da dificultade de editar no propio país. No prólogo xa a propia autora chama a nosa atención sobre a significación da obra "Recíbano non polo que val sinón polo que significa" consciente do papel que a súa obra había ter naquela altura aínda que ignorante de todo o que había supoñer co paso do tempo.

Follas Novas na Biblioteca Virtual Galega.

Follas Novas (século XXI)

12/33

Guía para alumnado de bacharelato

Mallou/Narf featRosalía

Son moitos artistas que se achegaron a Follas Novas para lle poñer música e voz. O tema "Bos amores" non é dos máis populares pero si dos máis fermosos. Neste vídeo Mallou dálle unha nova vida á magnífica versión que no seu momento fixera Fran Pérez "Narf".

Os escritos feministas

13/33

Guía para alumnado de bacharelato

O discurso feminista

Os escritos feministas de Rosalía de Castro non se limitan a "Lieders" e "Las literatas. Carta a Eduarda". Rosalía constrúe un discurso feminista que vai dende o ano 1858 de "Lieders" ata 1884 en Las orillas del Sar atravesando toda a súa produción sen diferenciación nin lingüística (tanto en galego como en castelán) nin de xénero textual (prosa non ficcional, novela e poesía).

Las literatas. Carta a Eduarda" (1866)
"Lieders" (1858)

Publicado con vinte e un anos, pode considerarse un dos primeiros manifestos feministas, nel xa aparecen os grandes principios do seu pensamento crítico e da súa acción intelectual e literaria: liberdade, independencia e igualdade.

"Eu son libre. Nada pode protexer a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."

Texto onde denuncia a situación de discriminación á que se ven sometidas as escritoras coma ela.

"Lieders" (1858)

Rosalía total

14/33

Guía para alumnado de bacharelato

Unha autora, catro dimensións

Se estudamos a obra de Rosalía podemos sinalar catro dimensións en que ela puxo a súa ollada: o pobo galego, os oprimidos, as mulleres e a súa propia existencia.

O pobo galego

Os oprimidos

A existencia

As mulleres

Rosalía do pobo

15/33

Guía para alumnado de bacharelato

Rosalía, fronte ás escritoras e escritores da súa época, non dirixiu a súa ollada para as clases altas senón para aqueles membros da sociedade máis indefensos (os pobres, os labregos, os nenos...).

Follas Novas (1880)

Rosalía do pobo

16/33

Guía para alumnado de bacharelato

A peza musical estreouse na Casa-Museo de Rosalía de Castro o 23 de febreiro de 2019, composta por Loliña Mosquera e arranxada por Braulio Cao, director da Banda Municipal de Padrón, que interpretou o tema xunto coa Coral Polifónica da vila.

Documental sobre "Caldo de groria"

Rosalía dos oprimidos

17/33

Guía para alumnado de bacharelato

Rosalía ollou de forma individual para aqueles máis inxustamente tratados na sociedade, eses oprimidos que na súa versión social non eran outro que o pobo galego.

Cantares Gallegos (1863)

Rosalía dos oprimidos

Guía para alumnado de bacharelato

18/33

Rosalía existencial

Guía para alumnado de bacharelato

19/33

Negra sombra

Cando penso que te fuches, Negra sombra que m'asombras, Ô pe d'os meus cabezales Tornas facéndome mofa. Cando maxino qu'ês ida N'o mesmo sol te m'amostras, Y eres a estrela que brila, Y eres o vento que zóa.

Si cantan, ês tí que cantas, Si choran, ês tí que choras, Y-ês o marmurio d'o rio Y-ês a noite y ês a aurora. En todo estás e ti ês todo, Pra min y en min mesma moras, Nin m'abandonarás nunca, Sombra que sempre m'asombras.

Follas Novas (1880)

Na súa lírica atopamos tamén a Rosalía que afronta a vida como un proceso de dor sen unha crenza transcendente que a xustifique, adiántase así á poesía existencialista do século XX.

Rosalía existencial

20/33

Guía para alumnado de bacharelato

Rosalía feminista

Século XXI

21/33

Guía para alumnado de bacharelato

A tres bandas

"A xusticia pola man", o poema

O primeiro, enfrontarnos á palabra da autora, sen mediacións. Escoitala e escoitarnos, establecer o diálogo poético e íntimo co texto e con quen o escribiu.

A lectura mediada

As interpretacións diferentes á nosa pódennos axudar a ler outras dimensións do texto.

O himno

A recreación

Luz Fandiño e Sés reúnense na Casa de Rosalía, no cuarto propio da autora, para establecer unha conversa entre tres mulleres e falar da Rosalía feminista.

E agora ti...

Rosalía feminista

22/33

Guía para alumnado de bacharelato

Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,fixéronm' un leito de toxos e silvas; Aqués que tén fama d' honrados na vilaroubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, fixéronm' un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita tranquilos nun leito de rosas dormían. ―――

―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeum' a xusticia. ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne' as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

A xusticia pola man

Aqués que tén fama d' honrados na vilaroubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,¡morreron, morreron ca fame que tiñan!

Rosalía de Castro (1993).Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Rosalía feminista

23/33

Guía para alumnado de bacharelato

A xustiza fronte ao dereito

Unha lectura mediada

- No poema hai unha gradación de culpabilidades, a inxustiza é o resultado dunha cadea de erros. - A muller sofre unha dobre humillación, dunha banda como resultado do ataque, e doutra como resultado da pasividade dos demais e quen causou o dano é culpable coma quen o consente. - Na realidade do poema, o dereito é o contrario da xustiza. E o texto consegue facer xustiza alí onde o dereito non puido facela. Deste xeito o poema sería un espazo de suspensión do dereito onde a violencia pode chegar a ter lugar como xustiza.

- Este texto é o que mellor permite ilustrar a posición de Rosalía ante o dereito. - O lector nunca chega a coñecer con precisión a natureza da deshonra, aínda que o xuízo popular descrito na primeira estrofa apunte cara a un castigo de carácter sexual. - A xustiza quítalle a casa á muller e obrígaa a vivir na natureza cos animais. - Esta expulsión da comunidade dálle unha nova posición dende onde pode xulgar a distancia o que ocorre no seo da sociedade. - A protagonista reúne os dous principios de articulación identitaria en Rosalía, os desprovistos de dereitos sociais e as mulleres.

* Fonte: RÁBADE VILLAR, María do Cebreiro. “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro en SIBILA. Revista de poesia e critica literária. 4 de xuño de 2013.

Rosalía feminista

24/33

Guía para alumnado de bacharelato

"A xusticia pola man", un poema feito himno

Dende os anos setenta ata hoxe, dende Amancio Prada (1975) ata Os Resentidos (2021), son numerosas as versións musicadas que se veñen facendo deste poema que se ten convertido nun himno da rebeldía e do feminismo en Rosalía e que na actualidade é a banda sonora de moitos actos contra a violencia machista. [Preme nas imaxes para ver e escoitar cada unha destas 9 versións de diferentes épocas e intérpretes.]

Rosalía feminista

25/33

Guía para alumnado de bacharelato

A recreación

Disque un entende algo cando é capaz de llo explicar a outra persoa, neste sentido o vídeo sexa quizais a forma máis completa de recreación literaria. Partimos só da dimensión da palabra e somos quen de xerar unha nova realidade artística na que comulgan esa palabra, a imaxe e o son nunha creación única antes inexistente.

Nesta fermosa animación en vídeo atopamos do poema a inxustiza, a soidade, a violencia e a redención final. Non deixes de lle prestar atención á funcionalidade da utilización das cores.Premio OLLOBOI ANIMACIÓN 2015 realizado por alumnado de debuxo artístico do IES das Barxas en Moaña coa coordinación da profesora Luz Beloso.

Rosalía feminista

26/33

Guía para alumnado de bacharelato

A tres bandas

A condición de muller con todos os dereitos é algo fundamental tanto na vida como na obra de Rosalía. Neste sentido é tempo de colocar a nosa escritora e pensadora no seu lugar e recoñecerlle non só as ideas que transmitiu senón tamén a súa valentía e rebeldía para defendelas como o fixo na sociedade do seu tempo. Esta e outras cousas ao redor é sobre o que conversan Luz Fandiño e Sés na Casa da Matanza. Dúas mulleres que teñen en común a súa admiración por Rosalía e a súa condición, coma ela, de mulleres libres e críticas coa realidade.

Vía Rosalía #1: ROSALÍA FEMINISTA con Luz Fandiño e Sés e coproducido por Nós Televisióne Illa Bufarda en 2021.

Rosalía feminista

27/33

Guía para alumnado de bacharelato

E agora ti...

A reflexión social

Agora es ti quen ten que mirar a realidade que te rodea cos lentes rosalianos.O primeiro, como en calquera estudo científico de creto, ha de ser delimitar o teu obxecto de estudo e analizalo co máximo rigor. Cres que coñeces a túa terra? E as súas xentes? Rosalía foi á esencia da literatura popular, alí onde se amosan os valores culturais máis enraizados. Onde cres que poderías mirar ti para ver criticamente como somos? Cal vai ser a túa mensaxe?

A creación cívica

Unha vez decidido o que queres transmitir, toca pensar en que forma artística, que conteña a palabra, vai adoptar a túa creación. Unide as vosas obras nunha exposición que mova conciencias como fixo Rosalía coas nosas.

Rosalía mito

Guía para alumnado de bacharelato

28/33

A presenza social de Rosalía non é comparable á de ningunha outra figura histórica nin actual

Rosalía ten traspasado a súa condición de escritora para se converter nun mito. Recoñecida na nosa terra e no mundo enteiro, o seu nome chega tanto a un teatro coma a un aeorporto, un avión ou mesmo unha estrela. A súa imaxe é símbolo co que se identifica tanto a nosa terra como a condición de muller feminista, a súa é a imaxe das heroínas do cotián.

Coñeces ben a Rosalía?

29/33

Guía para alumnado de bacharelato

Escolle calquera destes catro xogos ou interactivos e descobre se coñeces ben a Rosalía, a súa vida e a súa obra

E ti canto sabes de Rosalía

Acerta con Rosalía

8 palabras relacionadas con Rosalía

Saberás ordenar as obras de Rosalía

+ Rosalía

Guía para alumnado de bacharelato

33/33

Nestas ligazóns poderás atopar máis Rosalía. Fai clic nos textos para acceder:

  • rosalia.gal
  • 8 palabras relacionadas con Rosalía
  • Acerta con Rosalía. Bacharelato
  • De Cantares hoxe
  • E ti canto sabes de... Rosalía de Castro? Bacharelato
  • Es ti que cantas
  • "A infancia de Rosalía", Vía Rosalía | Nós TV
  • Negra sombra (Rosalía de Castro) (capítulo de La mitad invisible, programa documental en castelán)
  • "Rosalía como inspiración", Vía Rosalía | Nós TV
  • Rosalía de Castro. A súa obra. Bacharelato
  • Rosalía de Castro. Álbum de mulleres. Consello da Cultura Galega
  • Rosalía de Castro. Cervantes Virtual
  • Rosalía de Castro musicada. Lista en Spotify

Rosalía, sempre viva!

Este interactivo creounoPilar Ponte (A Profa)para a Casa de Rosalía

Muro de Rosalía no IES Félix Muriel de Rianxo