Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PDI 22/23 OS ANIMAIS

patriciapenabarbeito

Created on September 11, 2022

Presentación que recolle os traballos feitos polo alumnado durante o curso 22/23 relacionados co PDI de centro sobre os animais.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DE CENTRO:

COLE ANIMAL

CURSO 22/23. CEIP PLURILINGÜE VICENTE OTERO VALCÁRCEL (CARRAL)

ÍNDICE

Concurso de logos

Formación usuarios

Día dos animais

Día escolar da non violencia e da paz

Día das bibliotecas

Dereitos da infancia

Exposición das nosas mascotas

Lectura e familias

Semana da prensa

10

Día do libro

12

Animalario imaxinario

11

Programas de radio sobre os animais

15

PRODUTOS FINAIS DE CADA CURSO

14

Comezo do noso proxecto

13

Conto e globoflexia

12

1. FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso formando a todo o alumnado e a todo o profesorado.

Tríptico informativo para os docentes

Guía de formación do alumnado

2. DÍA DOS ANIMAIS

Comeza o proxecto coa celebración do Consello da Infancia. Uns dos temas a tratar foi a elección do título do PDI. Saiu elexido "COLE ANIMAL"

+info

3. CONCURSO DE LOGOS "COLE ANIMAL"

Para ser un verdadeiro cole animal tiñamos que ter un selo identificativo do mesmo. Por iso, organizamos un concurso de logos entre todo o alumnado. Dende a biblioteca, ofrecéronse uns consellos para que os logos fosen excepcionais! Pica na frecha para velos

Quedamos sorprendidos/as con todos os logos presentados, eran moi orixinais!

Foi moi difícil escoller ao logo gañador pero, finalmente, o logo que reprosentou o noso Cole Animal foi....

Noraboa E.G.C de 4º!!

+info

4. DÍA DAS BIBLIOTECAS

Polo Día das Bibliotecas (24 de outubro) estudamos os pingüíns, é dicir, a nosa mascota.

Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados polo alumnado do noso centro para conmemorar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro). Ademais, como o noso PDI ten como centro de interese os animais, aproveitamos para conmemorar de igual modo o Día Internacional dos Dereitos dos animais (10 de decembro).

5. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA (E DOS ANIMAIS)

+info

+info

Volver

DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

DEREITOS DOS ANIMAIS

Volver

6. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 30 DE XANEIRO

No noso cole quixemos conmemorar este día buscando no mundo animal as cousas que suceden "CON CALMA" inspirándonos no libro de Flamboyant Editorial do mesmo nome.

7. EXPOSICIÓN DAS NOSAS MASCOTAS

Que ben quedou o vestíbulo con todas as nosas mascotas! Grazas ás familias pola participación e por facer do cole un verdadeiro "Cole animal"

8. SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa, o alumnado estivo elaborando un xornal animal titulado PEGADA ANIMAL.. Esperemos que desfrutedes tanto das noticias con rigor científico, como das seccións en clave de humor.

9. LECTURA E FAMILIAS

Grazas ás familias deste cole, fixéronse moitas actividades relacionadas cos animais:

CONTACONTOS

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

OBRADOIRO DE IOGA

Volver

CONTACONTOS

Dentro do programa "Lectura e familias" visitounos para contar contos en Educación Infantil Graciela, a mamá de dous nenos do noso cole. Preparou con esmero e agarimo uns contos sobre animais para presentarlles aos nenos e nenas de toda a Educación Infantil.

Contos

O paraugas de cebra David Hernández Sevillano

¿Un gato? Guido Van Genechten

¿Una rana? Guido Van Genechten

Volver

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Dentro do programa "Lectura e familias" visitounos a mamá dunhas nenas do centro. O obradoiro chamouse: FANTASÍA ANIMAL DE CARRAL. e estivo destinado para o alumnado de 6º de educación primaria A actividade tivo como obxectivo elaborar unha fauna fantástica. Tratouse dunha actividade imaxinativa na que as alumnas e os alumnos crearon un animal fantástico coa técnica da colaxe a partir de fotos de animais reais e, ademais, foron quen de describir as súas características máis peculiares dun xeito libre e creativo.

Volver

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

Unha irmá dunha alumna do noso centro e uns compañeiros e compañeiras viñeron en dúas ocasións a facernos uns obradoiros de ilustración. Mil grazas!

OBRADOIRO DE 3º DE PRIMARIA

OBRADOIRO DE 5º DE PRIMARIA

Todos os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria encheron os folios de criaturas fantásticas tal e como eles as imaxinaron utilizando rotuladores, lapis de cores e ceras blandas.

O taller de 3º de primaria consistiu en pintar animais coñecendo o traballo de diferentes artistas como: Miró, Dalí...

Volver

OBRADOIRO DE IOGA

Dentro do programa "Lectura e familias" visitounos a mamá dunhas nenas do cole a practicar ioga co alumnado de 1º e 2º de EP. Explicounos que esta disciplina aporta numerosos beneficios como a mellora da postura, o aumento da autoestima, a relaxación e a concentración. Adoptaron posturas de diversos animais como serpes, bolboretas, saltóns, xoaniñas...

10. DÍA DO LIBRO

23 de abril

Polo día do libro, cada clase escolleu un conto protagonizado por animais e elaborou un diorama do mesmo, representando unha escena en formato 3D. Aquí tedes un vídeo das nosas obras! Coas fotografías dos dioramas elaboramos xogos on line que podedes

probar se picades aquí

11. PROGRAMAS DE RADIO SOBRE OS ANIMAIS

DÍA DAS ABELLASO alumnado de 3ºB elaborou un programa sobre uns animais moi importantes para a vida, as abellas.

5 DE OUTUBRO, DÍA DOS ANIMAIS O alumnado de 6º A elaborou un programa de radio polo Día dos Animais.

DEREITOS DA INFANCIA E DOS ANIMAISO alumando de 3ºB elaborou un programa de radio sobre os dereitos dos nenos/as e dos animais.

DÍA DA CANDELORIAQueredes saber que significa a Candeloria e por que se celebra o día 2 de febreiro? Pois escoitade o programa do alumando de 6ºB.

DÍA DOS PINGÜÍNSSabedes que o día 25 de abril conmemórase o día do noso querido Pingüi? É o día dos Pingüíns! Escoitade o programa de 3ºA

DÍA DOS CAN SEN RAZAO día 28 de maio celébrase o día dos cans sen raza e dende a clase de 3ºB quixeron facerlles unha pequena homenaxe.

12. INSTALACIÓN ARTÍSTICA: O ANIMALARIO IMAXINARIO

A profe Noe (de Audición e Linguaxe e con Máster en Innovación e Didácticas Específicas) está facendo obradoiros de arte con varias clases do colexio. Estes obradoiros están encamiñados á creación dunha instalación artística final sobre animais imaxinacios chamada : "O Animalario Imaxinario". Para saber máis sobre este proxecto picade no Paddlet, así veredes todos os avances!

13. CONTO E GLOBOFLEXIA

O alumnado de 2º de educación primaria estivo coa profe Raquel facendo un obradoiro a partir do libro de Eduardo Galeano da Editorial Kalandraka "Historia da resurrección do papagaio". Despois de ler o conto os nenos e nenas aprenderon a facer un papagaio mediante a técnica da globoflexia.

14. COMEZO DO NOSO PROXECTO

Todo PDI comeza cunha parte de investigación e busca de información. Por iso, dende a biblioteca queremos que o alumnado conte cunha serie de pasos para comezar a indagar sobre o seu proxecto.

15. Proxectos de cada grupo

EDUCACIÓN INFANTIL

4º curso

6º curso

5º curso

EDUCACIÓN PRIMARIA

2º curso

1º curso

4º curso

3º curso

6º curso

5º curso

Lingua inglesa

12

Volver

4º curso EI

Os nenos e as nenas de 3 anos realizaron unha investigación sobre as formigas: o seu ciclo de vida, as partes do seu corpo, a súa forma de traballo... Partiron dun libro chamado "El hormiguero" de Berta Bartikova. Toda esa información recolleuse nun código QR. A maiores, elaboraron unha serie de xogos relacionados con estes pequenos insectos e unha obra artística moi orixinal. Representaron un formigueiro coas súas caras simbolizando o bo traballo en equipo!

12

Volver

5º curso EI

5ºA

5ºB

12

Volver

5ºA EI

O proxecto das nenas e dos nenos de 5ºA de educación infantil baseábase nos gatos pois, ao ser un animal próximo a eles/as, mostraban moito interese por coñecer características destes felinos. Buscaron información sobre a súa alimentación, partes do seu corpo e as diferentes razas partindo de libros como "El gato con botas" de Charles Perrault, "Garfield" de Jim Davis e "Cocorico" de María Luísa Núñez Álvarez. Elaboraron un mural coas súas características, unha adiviña e unha ruleta coas razas que hai.

12

Volver

5ºB EI

Os alumnos e as alumnas de 5ºB de educación infantil levaron a cabo unha investigación sobre o LOBO. As actividades foron encamiñadas á escritura dun breve texto expositivo por parte do alumnado, recollendo os aspectos máis destacables e interesantes deste animal. Realizaron fundamentalmente pés de fotos.

+info

12

Volver

6º curso EI

6ºA

6ºB

12

Volver

6ºA EI

Os alumnos e as alumnas de 6ºA de educación infantil levaron a cabo unha investigación sobre a ARAÑA debido a que apareceu unha pequena araña na súa aula!A actividade iniciouse coa observación e debuxo da araña que encontraron así como coa recollida de información. Iniciaron o seu traballo coa preparación do disfrace de entroido, coñeceron datos curiosos co motivo do día da paz e, a través de contos, seguiron afianzando os coñecementos dos arácnidos, incluído a través da arte.

+info

12

Volver

6ºB EI

Os alumnos e as alumnas de 6ºB de educación infantil levaron a cabo unha investigación sobre as XOANIÑAS. Buscaron información sobre as súas características, alimentación e hábitat no "Inventario Kalandraka de insectos" e grabárona nun pequeno programa de radio. Elaboraron diferentes representacións das xoaniñas partindo da obra de spray sobre lenzo do autor Seyer One.

12

Volver

1º curso EP

Dentro do mundo animal, o alumnado de 1º amosaba especial interese por falar das súas mascotas. A maioría das súas mascotas eran cans, polo que se decidiu centrar o proxecto nos CANS.Colaboraron cunha protectora da zona facendo unha recollida voluntaria de produtos no colexio a cambio dunhas chapas deseñadas e elaboradas polo alumnado de 1º de primaria. Ademais, enfocaron a súa investigación de cans a través da arte, facendo diferentes representacións artísticas dos mesmos e creando, como produto final, un "Dog museum".

+info

12

Volver

2º curso EP

Todo o alumnado de 2º de primaria levou a cabo unha investigación sobre o hábitat de distintos animais do mundo así como curiosidades e características dos mesmos. Como produto final, realizaron unha exposición situando fotografías de distintos animais no seu hábitat nun mapa mundi.

12

Volver

3º curso EP

3ºA

3ºB

3ºC

12

Volver

3ºA EP

O alumnado de 3ºA de educación primaria manifestou interese por saber como identificar os animais a través das súas PEGADAS. Por iso, comezaron investigando o significado de "pegada dun animal". Coa información recollida en diferentes páxinas web e no libro "Huellas y animales" de Preben Bang elaboraron un libro usando o programa OpenOffice Writer. Para a feira do PDI, prepararon uns selos dalgunhas pegadas de animais con tapóns de botellas e uns xogos caseiros como o "Quen é quen?", un "Conecta" e un "Memory".

+info

12

3ºB EP

Volver

O traballo deste grupo de alumnas e alumnos baseouse na exploración das CONSTRUCIÓNS ANIMAIS. Investigaron sobre o tempo que lles leva as abellas facer unha colmea, os materiais que utilizan os roedores para facer os seus niños, en que lugar do río fan os castores as súas casas, etc. Con toda a información recollida, elaboraron unha serie de xogos: un "Memory" con CDs reciclados sobre os castores, un "Conecta" e un laberinto con cartón para encaixar pelotas ambientado nos tobos que fan diferentes animais. Ademais, elaboraron diferentes obras plásticas como teas de araña con papiroflexia, covas e arrecifes de coral con plastilina entre outras.

+info

12

Volver

3ºC EP

A raíz da lectura dun libro na aula, o alumnado de 3ºC amosou interese en investigar ao animal protagonista do mesmo: O ORANGUTÁN. O proxecto centrouse en divulgar información sobre as circunstancias que levaron a este simio estar en perigo de extinción, formas de axudar a estes primates, as características que temos en común con eles e a principal referente científica no relativo a esta especie. Dita información recolleuse nun documento en Canva e amosouse a través de códigos QR. Asemade, adoptaron simbolicamente un orangután orfo dun santuario de Indonesia a través da organización WWF Adena. Pagaron un ano de comida, medicina e refuxio dun orangután sen fogar.

+info

12

Volver

4º curso EP

O alumnado de 4º de educación primaria fixo unha investigación sobre os animais mitolóxicos. Descubriron animais que rexurden das cinzas, animais de tres cabezas e moitos outros máis. Elaboraron diferentes trípticos con toda a información que indagaron. Ademais, con esa información, crearon unha serie de xogos, por exemplo, un dominó e un memory.

+info

12

Volver

5º curso EP

5ºA

5ºB

5ºC

12

Volver

5ºA EP

O proxecto do alumnado de 5ºA de educación primaria baseábase na investigación de animais extintos ao longo da historia. O produto final foi a elaboración dunha liña de tempo partindo da metodoloxía Visual Thinking sobre os animais extintos da historia incluíndo características dos mesmos.

12

Volver

5ºB EP

O proxecto de 5ºB ten como fío condutor á súa mascota de aula, un oso polar de peluxe chamado Lar. No seu proxecto, móstrase todas as viaxes que fixo Lar aos fogares do alumnado de 5ºB xa que pasou de hóspede unha semana con cada un deles/as. Posteriormente, investigaron o hábitat de Lar, o arquipélago de Svalbard. A partir de aí, indagaron sobre as características xerais dos osos polares, a súa alimentación, reprodución, situación de perigo de extinción... Ademais, elaboraron con arxila diferentes modelos de osos polares!

+info

12

Volver

5ºC EP

O proxecto de 5ºC versaba sobre as razas autóctonas. Elaboraron un libro de información sobre as razas autóctonas de Galicia. Para elo, fixeron unha choiva de ideas sobre o que sabían e coñecían destas razas e buscaron información en diferentes páxinas de Internet. Ademais, a este libro engadíronlle uns animais fantásticos creados polo propio alumnado de 5ºC para potenciar a súa creatividade.

+info

12

6º curso EP

Volver

O proxecto de todo o alumnado de 6º de educación primaria partiu da actividade de escritura creativa enmarcada en "Lectura e familias". O alumnado, en pequenos grupos, combinou dous animais da fauna galega. A regra para poder unilos era que a última sílaba dun animal debía coincidir coa primeira doutro. Elaboraron cartas fantásticas de ditos animais imaxinarios buscando información dos dous animais que uniron. A maiores, elaboraron un desfile dos animais fantásticos con Mbots, un xogo de mesa con cromos dos animais imaxinarios e un xogo chamado "Conecta" que consistía en unir a figura de plastilina do animal imaxinario co nome correcto, deste xeito, acendía a bombilla.

+info

12

Lingua inglesa

Volver

Polo Día Internacional da muller, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria na materia de inglés traballaron cos textos do libro "Fantastically great women who changed the planet" sobre mulleres relacionadas co mundo animal. O alumnado de 5º investigou sobre o traballo de mulleres que aínda siguen vivas e os de 6º investigaron ás mulleres que se adicaron ao mundo animal no pasado. Elaboraron collages coas figuras traballadas e realizaron unha exposición. A maiores, inspirándose no xogo do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" elaboraron o seu propio xogo. Fixeron as tarxetas sobre cada muller con imaxes e información clave e as cartas de pistas.

+info

12