Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Empezar

Elaboración de programacións didácticas a través da aplicación informática Proens

Cales son os posibles estados da programación?

Que opcións existen para crear unha versión dunha programación?

Como se inicia a elaboración da programación?

Funcionalidades da aplicación

Como se accede á aplicación informática de xestión de programacións?

1.1 A aplicación informática Proens

Apartado 8. Práctica docente

Apartado 7. Transversais

Apartado 6. Atención á diversidade

1.2 .1 Apartados da programación didáctica na aplicación Proens

Apartado 5. Avaliación

Apartado 4. Metodoloxía

Apartado 3. Relación de UD coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Apartado 2. Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

Apartado 1. Introdución

1.2 A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens

01

Como se accede á aplicación informática de xestión de programacións?

  • A ligazón da aplicación iformática de programacións é:
http://www.edu.xunta.gal/proens
  • A páxina inicial da aplicación presenta:
– Un menú lateral á esquerda de cor negra que permite navegar polas diferentes pantallas. Este menú pódese ocultar premendo na icona de tres raias horizontais que hai ao lado do nome da aplicación.– A icona verde da parte superior dereita serve para identificarse e entrar na aplicación. Esta icona cambia a cor encarnada durante o funcionamento da aplicación para indicar que se se preme nela o sistema pecha a sesión e abandona a aplicación.– Un conxunto de iconas de sistema, na parte superior, que proporcionan funcións globais (acceso aos informes, por exemplo). Para identificar as funcións abonda con situar o apuntador do rato sobre elas para que o sistema amose un rótulo descritivo.– Unha cabeceira de cor gris na que aparece o título do menú seleccionado.– Unha zona azul clara na que aparecerá información de axuda.
  • Para acceder cómpre autenticarse co nome e o contrasinal da conta de correo corporativo (sen @edu.xunta.gal).

02

Funcionalidades da aplicación

  • Funcionalidades da aplicación

Dependendo do perfil da persoa usuaria, a aplicación presenta tres opcións:▪ Elaboración: o profesorado crea as programacións didácticas das áreas/materias das etapas de secundaria e bacharelato nas que teña atribución docente durante o curso académico.▪ Supervisión: opción reservada para o perfil de revisor/a (que terán as xefaturas de departamento, a dirección do centro e a inspección educativa). Cada un destes perfís de revisión pode validar a programación para que avance ao seguinte estado, ou pode poñela en revisión (neste caso, a programación volve poñerse no estado de elaboración para que o profesorado poida corrixir ou modificar aqueles aspectos indicados).▪ Seguimento: permite gardar datos de interese sobre a evolución do desenvolvemento na práctica das programacións didácticas pechadas. O seguimento realízase para cada unha das unidades didácticas (en diante, UD), recollendo información relativa á data de inicio e á data de fin de impartición da dita UD, o número de sesións totais realizadas, o grao de cumprimento (con tres opcións: baixo, medio e alto), as propostas xerais de mellora (texto libre) e outras observacións (texto libre).

03

Como se inicia a elaboración da programación?

  • Como se inicia a elaboración da programación?
  • A aplicación Proens vincularase cos datos introducidos en Xade, ao inicio de cada curso académico, en relación ao profesorado encargado de impartir a área/materia a cada grupo de alumnado. Así, ao autenticarse na aplicación Proens os pasos a seguir para iniciar a elaboración son:
– Premer na opción do menú lateral Elaboración e Programacións. O sistema amosa as áreas/materias dos que se debe elaborar a programación didáctica.– Para iniciar a elaboración de cada programación hai que crear unha versión premendo no botón

04

Que opcións existen para crear unha versión dunha programación?

  • Que opcións existen para crear unha versión dunha programación?
  • A aplicación permite crear tres tipos de versión para elaborar a programación:
– 1. Crear unha nova versión da programación sen datos, que carga os datos do currículo da área/materia.– 2. Crear unha nova versión da programación a partir das programacións do centro educativo, que carga os datos das programacións da área/materia elaboradas e “pechadas” nese centro, con independencia da persoa docente.– 3. Crear unha nova versión da programación a partir das miñas programacións, que carga os datos dunha das programacións elaboradas pola persoa docente no mesmo curso académico ou en cursos anteriores para a mesma área/materia.
  • Para que as opcións 2 e 3 estean dispoñibles é necesario que haxa programacións pechadas.
  • Que opcións existen para crear unha versión dunha programación?
  • A versión creada aparece listada na pantalla “Programacións” con información sobre o tipo de versión, o número de versión, a data da última modificación, o estado; así mesmo, aparecen catro opcións vinculadas a estas iconas:

05

Cales son os posibles estados da programación?

  • Cales son os posibles estados da programación?
  • Cada programación didáctica pode atoparse en distintos estados durante o seu proceso de elaboración:
– Sen elaborar. Non se iniciou a elaboración da programación nin se creou ningunha versión.– En elaboración. Creouse unha versión para iniciar a programación.– Con erros. A información aportada nalgunha das pantallas non cumpre os criterios deformato de validación da aplicación.– Lista para pechar. A información aportada en todas as pantallas cumpre os criterios de formato de validación da aplicación.– Pechada. A persoa docente dá por entregada a programación didáctica, e así pode iniciarse a fase de seguimento. Neste estado iníciase tamén a fase de supervisión.– Posta en revisión polo supervisor. A persoa que exerza a xefatura de departamento suxiren unha nova revisión da programación por non cumprir algún dos requisitos acordados no ciclo ou departamento.
  • Cales son os posibles estados da programación?

– Validada por supervisor. A persoa que exerza a xefatura de departamento dan por entregada a programación didáctica, e así inicia a fase de revisión pola dirección.– Posta en revisión pola dirección. A dirección do centro suxire unha nova revisión da programación por non cumprir algún dos requisitos acordados no centro.– Validada por dirección. A dirección do centro dá por entregada a programación didáctica, e así inicia a fase de revisión pola inspección.– Posta en revisión por inspección. A inspección educativa suxire unha nova revisión da programación por non cumprir algún criterio.– Validada por inspección. A inspección educativa dá por entregada a programación didáctica.

01

Introdución

  • Introdución
  • A Introdución da programación contextualiza a proposta didáctica da área/materia co obxectivo de resaltar os aspectos relevantes que permiten presentala no contexto do centro, do grupo de alumnado ao que vai dirixida etc.
  • Trátase de matizar aqueles aspectos salientables que se desexen destacar dun xeito breve, a través de texto libre cunha extensión máxima de caracteres.
  • Non debería ser un copia e pega de toda a introdución do currículo (pode servir de inspiración ou empregar fragmentos, pero tendo en conta que a programación é dun nivel determinado e para un centro concreto e o currículo fala da etapa completa e para toda Galicia).
  • Evitaranse datos xerais que xa figuran noutros documentos do centro (PEC, PXA, DOC, NOF…).

02

Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das CC

  • Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias
  • O currículo da área/materia recolle como orientación pedagóxica a relación mínima que se establece entre os obxectivos da dita área/materia e os descritores das oito competencias clave. Esta información aparece na aplicación Proens a través de celas de verificación fixas (non é posible desmarcalas).
  • O profesorado pode ampliar estas relacións mínimas tendo en conta que o marcado modifica a implicación das áreas/materias no logro das oito competencias clave. A ampliación, en todo caso, debe respectar os criterios e decisións tomados no centro, no contexto dos departamentos e/ou dos equipos docentes.
  • Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias
  • Como ampliar a vinculación entre obxectivos e descritores das competencias clave?
– 1. Premer na cela de verificación que se queira vincular para activala (mudará a cor azul).– 2. Premer no botón “Gardar”, ou “Validar e Gardar” se se desexa comprobar que a información introducida é correcta.

03

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

  • Os elementos curriculares deben repartirse en unidades didácticas. O concepto unidade didáctica debe ser entendido dun xeito suficientemente amplo, que permita dar resposta aos intereses das diferentes formas de ensinar de cada docente. No contexto da programación didáctica, enténdese a unidade didáctica como un conxunto de criterios de avaliación e de contidos que conforman unha unidade de ensino e de aprendizaxe cun eixo en común, xa sexa unha temática, un proxecto... e que terá unha marxe temporal en número de sesións adecuada para completar un proceso completo de ensino, aprendizaxe e avaliación.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

  • A decisión sobre cantas e que unidades didácticas conforman a programación, debe ter en conta os seguintes aspectos:
▪ As unidades didácticas poden ser secuenciais na súa impartición, cun principio e cun fin, iniciando posteriormente a seguinte unidade didáctica; ou poden ser de impartición transversal ao longo do curso, do/s trimestre/s ou en diferentes momentos do curso. Polo tanto, a secuencia de introdución das unidades didácticas na aplicación non impide que dita UD se poida implementar en diferentes trimestres/momentos ou mesmo en paralelo.▪ As unidades didácticas poden combinar elementos curriculares de diferentes bloques ou empregar todos ou parte dos elementos dun único bloque.▪ Os elementos curriculares deben formar parte dalgunha UD: non pode quedar ningún elemento curricular sen vincular a algunha UD.▪ Os elementos curriculares poden seleccionarse para máis dunha unidade didáctica. A UD ao entenderse como un proceso completo de aprendizaxe, ensino e avaliación soamente debería levar asociados os CA e os contidos que vaian ser avaliados.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

  • Para completar este apartado da programación, a aplicación Proens presenta tres supapartados:
– 3.1. Relación de unidades didácticas.– 3.2. Distribución do currículo nas unidades didácticas.– 3.3. Avaliación das unidades didácticas.
  • Nos ditos subapartados é preciso introducir a información de xeito secuencial, xa que a información aportada en cada subapartado é necesaria para poder cumprimentar os subapartados seguintes.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Subapartado 3.1. Relación de unidades didácticasPara completar a relación de unidades didácticas debe introducirse a seguinte información:▪ Título da UD. Recoméndase empregar títulos breves, motivadores e claros respecto aos aspectos que se van tratar.▪ Descrición. Texto breve, cun límite de caracteres, que resuma o alcance e aspectos a tratar na UD e que permita ao alumnado facerse unha idea aproximada do que se trata nelas.▪ N. de sesións. Para indicar a duración da UD en número de sesións deben empregarse números enteiros e cómpre ter en conta que a suma da duración total das sesións de todas as UD debe coincidir coa duración das sesións da área/materia ao longo do curso (dato que aparece na pestana “Datos da programación” baixo a indicación “Sesións anuais”).▪ Peso na materia. O peso da UD na cualificación total da área/materia indicada como porcentaxe. A suma das porcentaxes asignadas a todas as UD debe ser o 100 %.▪ Trimestre de impartición da UD. Márcase o/s trimestre/s de impartición de cada unha das UD.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Como introducir a relación de UD?– 1. Premer no botón laranxa Engadir para crear cada UD.– 2. Introducir a información do título, a descrición, o número de sesións, os pesos na materia e o/s trimestre/s de impartición.– 3. Premer no botón Gardar, ou Validar e Gardar se se desexa comprobar que a información introducida é correcta.– No caso de ser correcta, aparecerá unha mensaxe na parte superior sobre cor verde coa mensaxe Operación realizada con éxito.- No caso de non ser correcta, aparecerá unha mensaxe na parte superior sobre cor vermella cunha mensaxe alertando de que existen erros.– 4. Ao final de cada fila aparecen como Opcións dúas frechas para cambiar a secuencia das UD cara arriba ou cara abaixo e unha papeleira para eliminar a UD.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Subapartado 3.2. Distribución currículo nas unidades didácticasNeste apartado débense seleccionar os criterios de avaliación e contidos que formarán parte de cada UD. Para facilitar a edición deste subapartado, preséntase un bloque despregable titulado Unidades didácticas que permite consultar o título e a descrición das UD introducidas no subapartado 3.1.A aplicación lista, nunha primeira columna, todos os criterios de avaliación e todos os contidos da área/materia e, nas seguintes columnas, presenta o mesmo número de UD introducidas no subapartado 3.1., máis a opción Todas coa finalidade de vincular os elementos curriculares á unidade/s didáctica/s pertinente/s a través de celas de verificación.Para acotar a lectura do currículo e o marcado pódese empregar o despregable Bloque, que permite seleccionar os CA e os contidos dos diferentes bloques do currículo da área/materia.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Como distribuír o currículo nas UD?– 1. Activar as celas de verificación premendo nelas para determinar os CA e contidos que conformarán cada UD.– 2. Premer no botón Gardar, ou Validar e Gardar se se desexa comprobar que a información introducida é correcta.– 3. Pódese comprobar a selección dos elementos curriculares para cada UD empregando as celas de verificación das UD que aparecen na parte superior ao lado do despregable Bloque.– 4. Ao final de cada fila aparece como Opción a posibilidade de engadir subcriterios e/ou subcontidos, para adaptar os criterios de avaliación e/ou os contidos do currículo oficial e os acomodar ao deseño da programación didáctica.Débese ter en conta que cando se adapta un CA do currículo oficial os subcriterios creados substitúen os orixinais para os efectos de avaliación e da elección de instrumento de avaliación.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

Subapartado 3.3. Avaliación das unidades didácticasO obxectivo deste apartado é seleccionar en cada UD o instrumento de avaliación que se empregará en cada un dos criterios de avaliación, concretando o seu mínimo de consecución e o seu peso orientativo no conxunto da UD. Aos efectos destas decisións, teranse en conta as seguintes aclaracións:▪ Tipo de instrumento. É importante comprender o papel que xogan os criterios de avaliación na programación, a que obrigan exactamente, para poder seleccionar o instrumento máis adecuado a cada caso. Cada CA debe levar asociado un único instrumento de avaliación, o que non quere dicir que haxa que avaliar de xeito independente cada CA. O profesorado pode empregar dous tipos de instrumentos de avaliación:– Proba escrita, cuxo significado debe entenderse dun xeito amplo como aquel instrumento no que o alumnado demostra o seu coñecemento a través dunha evidencia escrita tipo exame, cuestionario...– Táboa de indicadores, cuxo significado debe entenderse dun xeito amplo como aquel instrumento no que o alumnado demostra o seu coñecemento a través dunha evidencia que se comprobará co do apoio dunha lista de ítems/indicadores ou escalas de estimación/valoración por parte do profesorado. (rúbrica)▪ Mínimo de consecución. Concreta o logro imprescindible que debe demostrar o alumnado para superar cada CA.▪ % peso orientativo. Peso aproximado que cada CA ten no conxunto da UD. A suma de todos os pesos (%) de cada UD debe ser o 100%.

Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación

  • Como introducir a información sobre a avaliación das UD?
– 1. Seleccionar unha UD no despregable (haberá que repetir esta secuencia para cada unha das UD).– 2. Seleccionar para cada CA o tipo de instrumento de avaliación, elixindo entre dúas opcións: táboa de indicadores ou proba escrita.– 3. Describir brevemente o mínimo de consecución que debe demostrar o alumnado para superar o dito CA.– 4. Concretar o peso orientativo en % de cada CA no conxunto da UD. A suma do % debe ser o 100%.– 5. Premer no botón Gardar, ou Validar e Gardar se se desexa comprobar que a información introducida é correcta.

04

Metodoloxía

  • Metodoloxía
  • Neste apartado describiranse aspectos relacionados coa metodoloxía ⎯concrecións metodolóxicas e materiais e recursos didácticos⎯ que se empregará no proceso de ensino e de aprendizaxe da área/materia
Subapartado 4.1. Concrecións metodolóxicasTrátase dun apartado de texto libre que permite describir e/ou puntualizar a/s metodoloxía/s que se aplicarán na impartición da área/materia.Subapartado 4.2. Materiais e recursos didácticosNeste subapartado introdúcense os materiais e os recursos didácticos que se van empregar no proceso de ensino e de aprendizaxe. Coa opción Engadir crearanse liñas baixo o título Denominación para ir indicando un a un os materiais e os recursos didácticos. Co menú de frechas pódese desprazar cada liña cara arriba ou cara abaixo para reordenar os datos introducidos.A caixa de texto libre Descrición permite aportar información adicional e que se considere relevante sobre os materiais e/ou recursos didácticos.

05

Avaliación

  • Avaliación
  • Para completar este apartado da programación, a aplicación Proens presenta catro subapartados:
– 5.1. Procedemento para a avaliación inicial.– 5.2. Criterios de cualificación e recuperación.– 5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación de materias pendentes (afecta só afecta ás programacións das etapas de ESO e de bacharelato).– 5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (só afecta ás programacións didácticas das materias do 2º curso de bacharelato cuxa matrícula está condicionada, pola normativa, á superación dunha determinada materia de 1º curso, que non fora cursada polo alumnado).
  • Subapartado 5.1. Procedemento para a avaliación inicial
  • Nese subapartado describirase o procedemento empregado para realizar a avaliación inicial do alumnado.
  • Subapartado 5.2. Criterios de cualificación e recuperación
  • Neste subapartado, preséntanse datos, a modo de resumo e de información, que xa foron introducidos en apartados anteriores, sobre os pesos dos instrumentos de avaliación no contexto de cada UD e no total da programación.
O profesorado completará a información e a descrición sobre os criterios de cualificación e sobre os criterios de recuperación a través de texto libre.
  • Subapartado 5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes
  • Este é un subapartado que so afecta ás programacións da etapa de ESO e de bacharelato.
Neste subapartado describirase, a través de texto libre, o procedemento para realizar o seguimento, a recuperación e a avaliación do alumnado que promociona de curso coa materia pendente.
  • Subapartado 5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias
  • Este é un subapartado que so afecta ás programacións dalgunhas materias de bacharelato.
A través de texto libre, describirase o procedemento para que o alumnado de 2º curso de bacharelato poida matricularse nunha materia condicionada á superación dunha materia de 1º curso que non foi cursada en primeiro.

06

Atención á diversidade

  • Atención á diversidade
  • Neste apartado da programación concretaranse as medidas de atención á diversidade que se empregarán na área/materia, de acordo co disposto na normativa educativa.
A través de texto libre, sen desvelar datos persoais ou que permitan identificar a alumnado en concreto, deben consignarse e describirse as medidas de atención á diversidade concretas que se aplicarán.

07

Transversais

  • Transversais
  • Neste apartado concretaranse aspectos relacionados cos elementos transversais que van estar presentes no proceso de ensino e de aprendizaxe e coas actividades complementarias que se realizarán durante o curso académico e que teñan relación coa área/materia.
  • Subapartado 7.1. Elementos transversais
  • O obxectivo deste apartado é indicar que elementos transversais van tratarse na área/materia e en que unidades didácticas.
  • Coa opción Engadir crearanse liñas baixo o título Elementos transversais para ir indicando un a un os elementos transversais, así como a súa vinculación coa/s unidade/s didáctica/s de impartición.
  • Os elementos transversais que se presenten pódense relacionar con unha ou con varias UD. A vinculación con a lo menos unha das UD é obrigatoria.
  • O subapartado permite finalmente a posibilidade de recoller Observacións que se presentan en formato de texto libre e que terán un carácter xeral ao conxunto de todos os elementos transversais propostos.
  • Unha vez completada a información, premer no botón Gardar, ou en Validar e Gardar se se desexa comprobar que a información introducida é correcta.
  • Subapartado 7.2. Actividades complementarias
  • Neste subapartado indícanse as actividades complementarias que teñen relación coa área/materia que se van realizar ao longo do curso.

08

Práctica docente

  • Práctica docente
  • Subapartado 8.1. Procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docentes cos seus indicadores de logro
A normativa recolle que “o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes”.Estes indicadores engadiranse un a un premendo no botón Engadir para xerar as liñas de texto necesarias.A caixa de texto libre Descrición permite puntualizar, explicar ou introducir información descritiva relativa aos indicadores de logro.
  • Subapartado 8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora
O obxectivo deste apartado é planificar a forma de realizar o seguimento do cumprimento da programación, así como a avaliación da mesma e as propostas de mellora de cara ao curso seguinte.Para iso introducirase na aplicación unha descrición dese procedemento a través texto libre.
@francanoura
francisco canoura

¡Grazas!