Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
BACK TO SCHOOL - year 6 - Primary
rosafersa
Created on August 19, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
school year 2025-2026
YEAR 6Primary
COMO TRABALLAMOS NA AULA
Describiremos persoas, animais e lugares; expresaremos gustos, sentimentos e habilidades en presente, pasado e futuro; realizaremos proxectos; aprenderemos xogos e ditos populares; escribiremos varios tipos de textos (cartas, poemas...).
METODOLOXÍA
Seguimos traballando as destrezas orais e escritas (SPEAKING, LISTENING, READING, WRITING) e potenciando a competencia dixital mediante o uso das TICs, preparándonos para o paso á ESO.
Colaboraremos coa radio escolar (podcasts), co PDI do centro e abordaremos varios proxectos propios. Ademais, manteremos o club de lectura e as charlas e obradoiros con falantes nativos.
Propiciaremos situacións de aprendizaxe baseadas na vida cotiá, nas que o alumno/a sexa o centro e traballe de xeito activo, colaborativo e autónomo. Trataremos o erro como sinal de progreso e respectaremos os diferentes ritmos de aprendizaxe.
Celebraremos diferentes tradicións anglosaxonas e unirémonos a varias campañas británicas: Xmas Jumper Day, Red Nose Day, Postcrossing...
COMO TRABALLAMOS NA AULA
e-DIXGAL
En E-DIXGAL atoparedes o libro de texto e outros recursos didácticos (vídeos, xogos interactivos...) que serven de reforzo e ampliación.
Coma o curso pasado, traballaremos coa plataforma E-DIXGAL da Xunta de Galicia, que sabedes que é un entorno virtual de aprendizaxe, polo que non precisaremos libro de texto impreso.
Os nenos/as enviarán e entregarán moitas tarefas a través desta plataforma e, ademais, poderán preguntar dúbidas.
MATERIAL DO ALUMNO
FICHAS
MATERIAL
Este curso seguiremos utilizando o caderno de fichas dixitais interactivas: LIVEWORKSHEETS - con fichas online por temas - con audio - con autocorrección - con posibilidade de repetición Deste xeito, o alumno/a é consciente do seu progreso e pode reforzar os seus puntos febles. Precisa usuario e contrasinal, que lles serán facilitados na aula.
- Ordenador - Auriculares - Caderno grande raiado - Libro de lectura da biblioteca de aula: - 6ºA: "Edinburgh"-MacMillan - 6ºB: "Great inventions" - 6ºC: "The happy prince"
AVALIACIÓN
AVALIACIÓN
PRODUCIÓNS (50%): - caderno - deberes - fichas LW - proxectos - libros de lectura
A avaliación será global, continua, individualizada e por competencias. Así, utiliza unha gran variedade de instrumentos e formatos, adaptados ás necesidades dos nenos/as, e contempla moitos aspectos, non só os exames:
PROBAS ORAIS (25%): - speaking tests - listening tests - presentacións orais - lectura en voz alta
ACTITUDE : - participación - atención - esforzo - interese - uso do inglés na aula - traballo en equipo
PROBAS ESCRITAS (25%): - mini tests - grammar and vocabulary tests - reading comprehension tests - writing tests
BLOGUE DE AULA
BLOGUE DE AULA
ROSENGLISH: http://rosenglish.blogspot.com
Recolle todas as actividades que se desenvolven cada día na aula, os deberes, os materiais e recursos precisos, así como as datas de exames. Todo aparece explicado detalladamente, paso por paso.
No caso de faltar a clase, podedes seguir o que fixemos na aula a a través da entrada do blog correspondente a ese día, así como consultar os deberes..
Ademais, todas as actividades complementarias que fagamos, aparecerán publicadas aquí: podcasts de radio, proxectos, PDI, fotos, charlas, presentacións ...
Tan só tedes que clicar na pestana correspondente: YEAR 6.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
READING CLUB:Durante as clases, leremos 3 libros adaptados ao nivel dos alumnos/as, 1 por trimestre. Tamén funcionará un club de lectura voluntario en horario extraescolar, que se reúne mensualmente: o último venres de mes.
CHARLAS E OBRADOIROS:Visitas de falantes nativos, que nos explicarán aspectos culturais dos seus países de orixe.
RADIO ESCOLAR:Participaremos con gravacións de podcasts e un programa de radio en inglés "The Book Nook".
TEATRO: Asistiremos a unha representación teatral en inglés no centro, subvencionada.
PROXECTOS:Daremos o noso toque "British" ao PDI, e realizaremos proxectos propios: My hometown, Say and play, Live it up, Chit-chat...
ACTIVIDADES CURSO PASADO
CONTACTO
CONTACTO
- Mensaxería Abalar- Mensaxería e-Dixgal - A través to titor/a