MÓDULO 5Ferramentas para o cambio social
5.1. Comunicación para o cambio social
Centro Iniciativas para a Cooperación Batá
Que é a comunicación para o cambio social?
A comunicación é un dereito humano fundamental, recoñecido en distintos tratados internacionais e constitucións:
- Artigo 19 Declaración dos Dereitos Humanos
“Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.”
- Artigo 20 da Constitución Española
“1. Recoñéncese e protéxense os dereitos: a) A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. b) Á produción e creación literaria, artística, científica e técnica. c) Á liberdade de cátedra. d) A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicio destas liberdades. 2. O exercicio destes dereitos non se pode restrinxir mediante ningún tipo de censura previa.”
Para definir o concepto é importante ter en conta palabras como: proceso, participación, implicación, compromiso, transformación, análise da realidade, empoderamento comunicativo. Ao exercer este dereito, fortalecemos o sistema democrático e promovemos unha cidadanía informada, activa, crítica e participativa, enfocada á transformación social dende unha acción local pero cun enfoque e compromiso global. Cóntannolo María Alejandra Barrera e Alfonso Gumucio nos seguintes vídeos:
Formación de persoas críticas e propositivas coa súa realidade, co seu contexto e o seu territorio. María Alejandra Barrera. Comunicadora Colombiana. Minuto 2.26 a 3.03
“Participación, toma de decisións, apropiación dos medios por parte das comunidades”. Entrevista a Alfonso Gumucio. Comunicador e Pensador Boliviano. Minutos 4.45 a 6.18
Como construímos a nosa imaxe do mundo
Invitámosche a que penses e reflexiones sobre: cales son as túas fontes de información, como construíches a imaxe que tes do mundo, que información tes doutros lugares. Preme sobre a imaxe e comeza a túa viaxe.
Experiencias a partir de procesos educativos realizados con CEIP, IES, universidades e colectivos sociais
Cidadanía activa e coñecedora das realidades globais para a deconstrución dos rumores relacionados coa migración e as persoas migrantes a través de procesos educomunicativos.
Experiencias a partir de procesos educativos realizados con CEIP, IES, universidades e colectivos sociais
Empoderamento comunicativo de xente nova para a incidencia e a transformación social. Achegarse á realidade para coñecela, comprendela e transformala dende procesos educativos e comunicativos que nos implican coas persoas, colectivos sociais e institucións da cidade.
Metodoloxía nos procesos de comunicación para o cambio social
Pasos que debemos seguir:
- Xeramos espazos de confianza que permitan a libre expresión das persoas participantes.
- Introducimos a comunicación como un dereito humano fundamental e nese sentido analizamos como estamos exercendo ese dereito e que ferramentas estamos utilizando tanto a nivel individual como colectivo.
- Identificamos que imaxinarios temos do mundo dende un enfoque local e global.
- Propoñemos e imos construíndo en grupo unha análise da realidade dos procesos migratorios dende as causas, no marco da axenda 2030, incorporando o enfoque de dereitos.
- Propoñemos e iniciamos un proceso individual e colectivo de investigación, afondamento e reflexión sobre a temática.
- Intercambiamos, pomos en común a información para xerar contidos que permitan deseñar accións e elaborar materiais audiovisuais comunicativos.
- Formámonos para elaborar os materiais comunicativos.
- Deseñamos e elaboramos unha campaña de incidencia no centro educativo, colectivo social que incorpore encontros, exposicións, proxeccións e demais ideas que propoña o grupo.
- Construír un plan de comunicación e difusión que dende a implicación do grupo, ao usar as súas propias redes sociais, posibilite chegar a outros grupos sociais dos que eles e elas forman parte. Este paso é fundamental e dende o primeiro momento o grupo debe ver a importancia deste paso como parte do seu compromiso coa transformación social.
- Avaliamos e sistematizamos o proceso para poñer en valor as aprendizaxes e compartir os resultados con outros grupos.
Clave metodolóxica: Sempre en primeira persoa Posibilítanos compartir e coñecer de primeira man as realidades, as situacións e construír a nosa propia narrativa.
Na Casa da Mocidade "La Ruta" de Huelva propoñen un material audiovisual que pretende sensibilizar sobre o dano que causan os rumores á convivencia, poñendo sobre a mesa as diferentes percepcións da realidade.
O Ciclo de Animación Sociocultural do IES Averroes de Córdoba propón un encontro a modo de viaxe para que as persoas participantes poidan empatizar con persoas migrantes.
Alumnado do Ciclo de Integración Social do IES Galileo Galilei (Córdoba) reflexiona sobre as persoas migrantes despois de coñecer a historia de Aleida.
Claves para traballar en primeira persoa
- Traballar dende o enfoque de dereitos poñendo as persoas no centro.
- Investigar, coñecer, profundar nos diversos contextos e realidades, contactando con persoas e entidades que achegan información, vivencias, experiencias e testemuños.
- Reflexionar sobre as causas e consecuencias dos procesos migratorios dende unha perspectiva global.
- Propoñer formas, contidos e ferramentas comunicativas para visibilizar o aprendido no proceso.
- Partir do persoal para chegar á construción colectiva, deixando no camiño a mochila dos prexuízos e da desinformación e incorporando outras voces e realidades: ao escoitar as persoas dáselle a volta á perspectiva.
Outras experiencias que nos inspiran
Premendo sobre a imaxe poderás acceder a unha recompilación de recursos, experiencias e materiais que axuda á construción dun relato social sobre as migracións dende un enfoque comunicativo participativo, colaborativo, cidadán e transformador.
A comunicación para o cambio social como proceso que parte do individual ao colectivo, permítenos facer achegas á construción dun mundo mellor tendo en conta a diversidade cultural, o enfoque de xénero e a sostibilidade ambiental, xerando narrativas que poñan a vida no centro. E ti que comunicas?
Unidad 5.1_gal
Charo Fdez
Created on July 25, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Big Data: The Data That Drives the World
View
Momentum: Onboarding Presentation
View
Urban Illustrated Presentation
View
3D Corporate Reporting
View
Discover Your AI Assistant
View
Vision Board
View
SWOT Challenge: Classify Key Factors
Explore all templates
Transcript
MÓDULO 5Ferramentas para o cambio social
5.1. Comunicación para o cambio social
Centro Iniciativas para a Cooperación Batá
Que é a comunicación para o cambio social?
A comunicación é un dereito humano fundamental, recoñecido en distintos tratados internacionais e constitucións:
- Artigo 19 Declaración dos Dereitos Humanos
“Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.”- Artigo 20 da Constitución Española
“1. Recoñéncese e protéxense os dereitos: a) A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. b) Á produción e creación literaria, artística, científica e técnica. c) Á liberdade de cátedra. d) A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicio destas liberdades. 2. O exercicio destes dereitos non se pode restrinxir mediante ningún tipo de censura previa.”Para definir o concepto é importante ter en conta palabras como: proceso, participación, implicación, compromiso, transformación, análise da realidade, empoderamento comunicativo. Ao exercer este dereito, fortalecemos o sistema democrático e promovemos unha cidadanía informada, activa, crítica e participativa, enfocada á transformación social dende unha acción local pero cun enfoque e compromiso global. Cóntannolo María Alejandra Barrera e Alfonso Gumucio nos seguintes vídeos: