Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FP BÁSICA 21/22

PIENSOSIENTOSOY

Created on June 21, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

FP BÁSICA: SEMENTES DE FUTURO

RETO CONSEGUIDO!

Agora ábrense portas novas para ti.

Técnico/a Básico en Agroxardinería e composicións florais+ Graduado/a en Educación secundaria

A POR ... NOVOS RETOS!

Reto: cursar un Ciclo de Grao Medio

Ciclos Básicos

Cursos de especialización (Masters de FP)

Ciclos Superiores

Ciclos Medios

PLAN DE ESTUDOS. CICLOS MEDIOS

FCT Prácticas de empresae

MÓDULOS (=materias):-Comúns: FOL+ Empresa -Profesionais -FCT

2 CURSOS

3 TRIMESTRES

Exames finais en maio

Alguns datos de interese

  • Perda de avaliación continua: se faltas máis do 15% horas do módulo perdes o dereito á avaliación continua, terías so a oportunidade de maio. No mes de outubro poden darte de baixa de oficio se non apareces.
  • Duración: todos 2000 horas (agás algúns títulos LOXSE que están en extinción)
  • TÍTULO: Técnico/a en ....
  • Formación teórico práctica no centro educativo e formación práctica na FCT
  • Acceso directo a CS de calquera familia profesional (reservan o 20% das prazas). Prioridade no da mesma familia e en ciclos vinculados.
  • Co título de técnico/a podes obter o título de Bacharelato se superas as materias comúns do Bacharelato

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Na FP poderás participar en experiencias únicas:-Mobilidade: podes facer prácticas noutros países-Concursos: Galicia Skills -Programas de emprendemento: Viveiros de empresa, Simula, Idea, Avanza, Actúa, Miniempresas, cooperativismo, etc

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican xa non tes opción no resto de réximes

RÉXIMES DE

FP Modular a distancia

FP Dual

FP Ordinaria

FP Modular presencial

Oferta de adultos. A partir de 18 anos

M. A DISTANCIA

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Formación online e exames presenciais.
  • Titorías presenciais non obrigatorias

DUAL

  • Alomenos un mìnimo do 33% do ciclo realízase nunha empresa.
  • Durante este período de formación en empresa: beca de formación/contrato de aprendizaxe remunerado +seguro.
  • Selección do alumnado pola empresa. Na admisión é preciso realizar CV europeo.
  • So se pode solicitar un ciclo por este réxime.

M. PRESENCIAL

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Horario normalmente de tarde-noite.

ORDINARIA

  • Matrícula de curso completo (5-6 módulos),
  • Dous anos.
  • Horario normalmente de mañá

Curso 22-23

  • Oferta en Galicia.

Que CICLOS hai e donde?

  • Mapa FP
  • Ciclos noutras comunidades. TodoFP.

Folletos Ciclos 22-23

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

Inscrición

Inscrición

E se non superas 2º?

PROBA LIBRE GRADUADO SECUNDARIA OBRIGATORIA

EDUCACIÓN DE ADULTOS

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

REPETIR 2º FPB

  • Para quen? Para as persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Excepcionalmente, para maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
  • Donde? Consulta o enlace

Educación de adultos

  • Como se organiza?
-3 ámbitos: *Comunicación (7 sesións/semana) *Social (4 sesión/semana) *Científico Tecnolóxico (8 sesións/semana) -Cada ámbito ten dous módulos en cada curso
  • Que modalidades hai?
-presencial -semipresencial: asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia 1 hora/semana. -a distancia: de forma telemática. IES San Clemente

Dirixido a persoas que teñan ou cumpran 18 anos o día anterior á celebración da proba e non teñan o graduado en educación secundaria

PARTES da proba: -ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos Relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física. -ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

PROBA LIBRE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

ESTUDOS VALIDABLES que liberan de realizar ámbitos

DATA iNSCRICIÓN E EXAMES (2 convocatorias)Inscricións: 7 ao 17 de marzo de 2021/1 ao 08 de xullo de 2022Convocatorias exames: 20 de maio e 02 de setembro de 2022

MATRÍCULA: o lugar más próximo é EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

Permite o ACCESO AOS CICLOS MEDIOS, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.

IDADE: É preciso ter 17 anos ou cumplilos no ano de realización da proba

PARTES da proba:

  • Sociolingüística (LC, LG, CS),
  • Matemáticas,
  • Científico Técnica (C.N, Tecnoloxía)

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

APROBADO PARCIAL: manténse a parte aprobada durante 2 convocatorias en Galicia.

EXENCIÓNS: ter un ano de experiencia profesional, ou un certificado profesional ou, ter superado o 2º curso ou determinados módulos da FP Básica, ESA, PCPI che pode eximir de facer algunha parte. Consulta á orientadoral

FORMATO EXAMES: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación Exames anteriores:

Reserva de prazas nos Ciclos Medios: 10%

ACCESO A CICLOS MEDIOS

RESIDENCIAS DE ESTUDANTES

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

+ CREDO VIGO

+ CREDO OURENSE

+ CREDO A CORUÑA

RESIDENCIAS ESTUDANTES

QUEN PODE SOLICITAR PRAZA?

  • Alumnado de Ciclos Medios e Superiores e Bacharelato que precisa estudar fora da súa zona de residencia.
  • Alumnado de FP Básica e de Universidade no caso de haber prazas.
CONDICIÓNS QUE DEBES CUMPRIR
  • Tes que ter matrícula nun centro público de A Coruña, Culleredo, Vigo ou Ourense.
  • Non ter posibilidade de cursar esta ensinanza no teu lugar de residencia nin noutra localidade próxima á que poidas desprazarte con facilidade.
PREZO
  • En función da renda. Podes ter matrícula gratuíta ou matrícula con prezo reducido cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2:
a) Ata un 10 %: 635 €. b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 973,74 €. c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.563,10 €. d) Máis do 30 %: 2.319,22 €.
  • . Pago trimestral.
SOLICITUDE As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentarse as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

+ CREDO VIGO

+ CREDO A CORUÑA

+ CREDO OURENSE

BECAS

BECAS E AXUDAS

MECD

  • Beca do Ministerio. Prazo: ata o 16 de maio.

Axudas FCT

  • . O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2022.
  • Prazos:
1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2021-marzo 2022 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2022. 2. O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2022. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2022.
  • As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP Dual. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct
  • 4. As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP Dual.

Saber + das Ensinanzas de Réxime Especial

Ciclos Superiores

  • CS Esquí Alpino
  • CS Esquí de Fondo
  • CS Snowboard
  • CS Fútbol
  • CS Fútbol Sala
  • CS Atletismo
  • CS Baloncesto
  • CS Hípica
  • CS Salvamento e Socorrismo •

Ensinanzas dep rtivas

Ciclos Medios

  • CM Esquí Alpino
  • CM Esquí de Fondo
  • CM Snowboard
  • CM Fútbol CS Fútbol
  • CM Fútbol Sala
  • CM Atletismo CS Atletismo
  • CM Baloncesto CS Baloncesto
  • CM Balonmán
  • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo
  • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre
  • CM Salvamento e Socorrismo
  • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
  • CM Vela con Aparello Fixo
  • CM Vela con Aparello Libre
  • CM Judo e Defensa Persoal
  • CM Piragüismo de Augas Tranquilas
  • CM Piragüismo de Augas Bravas
  • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas
  • bloque común actividades de formación federacións deportivas

Proba de acceso: datas de inscrición

  • Sustitutiva do requisito de titulación de acceso: 23 maio.
  • Proba Específica: 29 xuño.

Exención proba de acceso específica. Condicións.

Escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Mestre Mateo (Santiago) Antonio Faílde (Ourense) Ramón Falcón (Lugo)

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Oferta

  • CM Serigrafía (Ourense, Lugo))
  • CM Procedementos Xoiaría artística (Santiago)
  • CS Arquitectura efémera (Santiago)
  • CS Cerámica artística (A Coruña)
  • CS Dourado, prateado e policromía (A Coruña, Santiago)
  • CS Ebanistería artística (Ourense)
  • CS Escultura aplicada ao espectáculo (A Coruña)
  • CS Fotografía (nas 4 escolas)
  • CS Gravado e técn. de estampación (Lugo)
  • CS Ilustración (Ourense, A Coruña)
  • CS Serigrafía Artística (lugo)
  • CS Técnicas Escultóricas (Santiago)
  • CS Xoiaría Artística (A Coruña)

Proba de Acceso: -sustitutiva do requisito do título: ata o 23 de maio -proba específica: ata o 23 xuño

RECURSOS PARA ORIENTARSE

DICIONARIO DE PROFESIÓNS EDUCAWEB

GRADOMANÍA

BLOG

TELEGRAM

FACEBOOK

Xa estás chegando á meta

  • Mantén a ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexa as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
  • Podes, logo...a por todas!

75%

RETO: Salto ao mundo laboral

Primeiros pasos na busca de emprego: Servizos que ofrece o Concello

PIDO CITA Á ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO

APÚNTOME NA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO

Donde inscribirse para buscar emprego?

INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL

INSCRICIÓN NAS AXENCIAS DE COLOCACIÓN

INSCRICIÓN NAS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL

INSCRICIÓN NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO (SEPE)

  • Figurarás oficialmente como demandante de Emprego.
  • Debes levar: DNI, tarxeta Seguridade Social e Títulos.
  • Preguntaranche por: postos de traballo que solicitas, condicións laborais, títulos, experiencia, lugar de traballo, etc
  • Son axencias que ofrecen servizo gratuíto para buscar emprego. Colaboran co SEPE.
  • Non figuras oficialmente como demandante de emprego.
  • Listado de axencias
  • Programa para xoves de + de 16 e ata 30 anos
  • Ofrece experiencia laboral e/ou formación
  • Algunhas son tamén axencias de colocación
  • Buscador páxinas galegas

INSCRIBIRSE COMO DEMANDANTE DE EMPREGONOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO (SEPE)

SOLICITUDE CITA PREVIA Dende este enlace podes solicitar cita previa

RENOVACIÓN da DEMANDADebes facelo cada 3 meses. Podes facelo por algunha das vías que indica o enlace

LOCALIZADOR OFICINAS DE EMPREGO.Preme para buscar a túa oficina de Emprego

SERVIZOS TELEMÁTICOSXa podes facer un montón de trámites sen ter que desprazarte.

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN GALICIA

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN ESPAÑA

E que hai da formación para o emprego?

Eu vou inscribirme nos PROGRAMAS INTEGRADOS DE FORMACIÓN. Existe o compromiso de dar emprego a un 35% das persoas que participan no programa, a ver se hai sorte!

Pois eu vou a facer PRÁCTICAS NON LABORAIS para poder ter experiencia nunha empresa e poñelo no Curriculum

Eu estou indeciso e non sei que facer, vou botar unha ollada no BUSCADOR DE FORMACIÓN a ver se encontro algún CURSO gratuíto para mellorar o meu Curriculum

E que hai da formación para o emprego?

Xa me decidín, realizarei un PROGRAMA DUAL DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS (a partir de 18 an0s). Combinarei formación e emprego durante 12 meses. Cobrarei o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias

Eu vou a decidirme por un OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO (a partir de 18 anos). Dura 9 meses e cobrarei o 100% do salario míni mo interprofesional e a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

Buscar emprego nas redes

Podes buscar en (mira o enlace):

  • Portais de emprego
  • Webs de empresas
  • Apps

Non olvides

  • Apunta as empresas e as datas nas que envías curriculum.
  • logo de 06 meses volve a envialo se non houbo sorte
  • Cubre o CV Europeo
  • Emprega un correo cun nome axeitado para a busca

Nas entrevistas.

  • Chega con putualidade
  • leva unha vestimenta axeitada ao posto
  • fala con propiedade e de forma cortés
  • causa boa impresión.

RECURSOS PARA ORIENTARSE

Kahoot: pon a proba o que sabes

Escape Room: superarías unha proba de traballo?

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • https://t.me/piensosientosoy (telegram)
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com

Vémonos!