Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
O CHALANO 2022
CEP LOIS TOBÍO
Created on June 20, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
O CHALANO
CURSO 2021/2022
A edición do Chalano deste ano está chea de traballos novidosos e de traballos que fan memoria destes casi dez meses de implicación, constancia e esforzo. Gozade deste ansiado xornal
Palabras con encanto
Durante este ano escolar ese foi o noso lema, "Palabras con encanto"; con el tratamos de resaltar a importancia das palabras a través da música, da fala, dos libros e dos recordos. Voltamos acadar un ano cheo de actividades lúdicas e didácticas que seguen a demostrar que en equipo as cousas saen moito mellor.
CEP LOIS TOBÍO
XUÑO 2022
Sumario
03
02
01
Entrevista a Javier Fajardo. Conto "un esqueleto Lambón" 2ºA
Excursión á granxa escola 1ºB
Os chistes de 1ºA
06
05
04
Pasapalabra enigmático 2ºB
Horto escolar 3º
Adiviña adiviñanza 4ºA
09
08
07
Contos contados 4ºB
4ºC
As cartas esquecidas 5º
10
11
12
Excursión Viveiro Surfing Family 5º
Excursioneando 5º
Excursión Corax Fauna 5º
13
14
15
Biografía Florencio Delgado 6ºC
Canto de cego 6ºB
Verbas do meu colexio 6ºA
16
17
18
EDUCACIÓN FÍSICA
RELIXIÓN
BIBLIOTECA
ESCACHA COA RISA 1ºA
Desfrutade desta sección de chistes divertidos contados polo alumnado de 1ºA
Dentro da maxia que teñen as palabras, está o poder de facer rir. A risa xera adición e é parte dunha linguaxe universal de emocións básicas. Visualizade este vídeo para aledar o voso día, ride moito, escachade coa risa!!!
EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA
Aquí agárdavos un breve resumo de como foi a excursión de 1º ciclo
Como botabamos de menos as excursións!!! O alumnado de 1ºB vaivos a contar como foi o seu día na granxa escola de Castropol: autobús, cabalos, xabón, horto, etc.... Unha morea de palabras que evocan un día tan especial.
2ºA ENTREVISTA A: JAVIER FAJARDO
O viveirense Javier Fajardo, director do Coro da Universidade de Valladolid e Director Adxunto do Coro da Sinfónica de Galicia concédelles unha entrevista, moi interesante, ao alumnado de 2ºA.
CONTO: O ESQUELETO LAMBÓN 2ºA
Empregando os "Story Cubes" que lles regalaron os seus padriños e madriñas, o alumnado de 2ºA, tirando de creatividade e imaxinación, inventaron este fermoso conto sobre un esqueleto moi larpeiro.
PASAPALABRA ENIGMÁTICO 2ºB
Pon a proba os teus coñecementos sobre o mundo animal.
O alumnado de 2ºB proponvos este reto: canto sabes de animais? Xogando coas palabras, e as letras que as forman, teredes que adiviñar o termo que corresponde.... Sorte e a xogar!!!!
ADIVIÑA ADIVIÑANZA .... 4ºA
As palabras como pasatempos e como entretemento; esta é a proposta do alumnado de 4ºA, descricións enigmáticas para que adiviñes a palabra secreta.
CONTOS CONTADOS POR 4ºB
O alumnado de 4ºB cóntanos "Podo selo!" e "O misterio de Carla", dous contos que inventaron para contarlles aos seus afillados na actividade de lectura proposta pola Biblioteca Escolar.
CONTO DE 4ºC
Kazim, o coello e a fada no deserto
AS CARTAS ESQUECIDAS 5º
Cando as palabras se xuntan e, tirando de inxenio e creatividade, poden chegar a xurdir contos tan fermosos e orixinais como "As cartas esquecidas", un conto escrito polo alumnado de 5ºA.
EXCURSIONEANDO 5º
EXCURSIONEANDO: Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEP LOIS TOBÍO fixeron ao longo do curso diferentes saídas. A continuación explicamos cales son as excursións que realizamos nos tres trimestres. 1º TRIMESTRE: - O día 7 de outubro visitamos a Estación Agroecolóxica de Vieiro. - O 20 de decembro marchamos ata Paderne e Betanzos para ver o zoo de Corax Fauna e o parque do Pasatempo. 2º TRIMESTRE: - O 24 de febreiro fomos a Sotavento e ao museo Etnográfico de As Pontes. 3º TRIMESTRE: - Saída con Lucas e Noela por Viveiro, percorrendo un trozo do Camiño do Mar ao seu paso pola nosa vila. (Dende Penjamo ata a ponte de Viveiro). - O día 8 de xuño vivimos a experiencia de practicar surf e paddle surf na praia de Esteiro en O Barqueiro con Viveiro Surf Escola.
Foi un ano estupendo, aprendimos moitas cousas e pasámolo xenial!!!!! Grazas a todos/as por articipar!!!!!
EXCURSIÓN SURFISTA 5º
EXCURSIÓN CORAX FAUNA 5º
VERBAS DO MEU COLEXIO 6ºA
Aos rapaces e rapazas de 6ºA, pareceunos moi fermoso ver os nosos maiores explicando aquelas verbas que lles traían diferentes lembranzas de cando eran máis novos e novas.
Gustounos moito observar nas súas caras a emoción que tiñan ao contalas e como desfrutaban lembrando aqueles momentos. Por iso, nós pensamos en facer algo semellante. Ocorréusenos elixir unha palabra que nos trouxese algunha lembranza desde que empezamos neste colexio. Con todas elas fixemos o noso vídeo titulado Verbas do meu colexio. A ver se vos gusta…
CANTO DE CEGO 6ºB
Resumo do paso do alumnado da clase de 6ºB polo noso centro a modo de canto de cego
BIOGRAFÍA DE FLORENCIO DELGADO 6ºC
Letras Galegas 2022: Florencio Manuel Delgado Gurriarán
Biografía do autor homenaxeado neste 2022 polo Día das Letras Galegas, Florencio Manuel Delgado Gurriarán, elaborada polo alumnado de 6ºC do CEP Lois Tobío, de Viveiro.
EDUCACIÓN FÍSICA
Durante este curso fixemos moitas actividades en Educación Física. Estas son tres de elas.
Semana da Educación Vial
Busqueda del tesoro
Día da EF na rúa
RELIXIÓN
Presentación do novo Bispo de Mondoñedo.
BIBLIOTECA
"A volta coas palabras"
Outro ano máis o noso centro participou na Exposición da Microrrede da Mariña, co cadro "As verbas traen lembranzas". Ademais os nen@s de 1º deleitáronnos un día desta exposición co conto musicado "Nica a canica"