Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
GUÍA LIBROS
Bibliocelsoemilio Ferreiro
Created on June 19, 2022
BIBLIOTECA MORAIMA
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Interactive Event Microsite
View
January School Calendar
View
Genial Calendar 2026
View
Annual calendar 2026
View
School Calendar 2026
View
2026 calendar
View
January Higher Education Academic Calendar
Transcript
LECTURAS RECOMENDADAS
VERÁN 2022
LECTORES 1º CICLO
LECTORES 2º CICLO
LECTORES 3º CICLO
O maléfico doutor Malévolo transformou a Supermax, o defensor da xustiza co mellor peiteado, nunha pataca. E non só iso, senón que ameaza con transformar en pataca a todo aquel que lle leve a contra. Co que non contaba o doutor Maligno é con que Supermax, aínda que agora sexa unha pataca, non é un tubérculo calquera. É Superpataca.
SUPERPATACA
Banda deseñada. Colección. Editorial: BANG Autor: Laperla, Artur.
+Info
Que o elefante lembrase cada pedra e cada árbore non sorprendía a ninguén. Tampouco sorprendía que fose un elefante-chafariz, un elefante-illa ou que debuxase arcos da vella no ceo... O sorprendente foi que un día perdeu a memoria e mesmo esqueceu que era un elefante.
Narrativa Autor: Oli Editorial: Oqueleo
+Info
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz. Velaquí unha antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro, un dos poetas galegos que máis e mellor entenderon que non hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño.
PoesíaAutor: García Teijeiro, Antonio. Editorial: Galaxia
+Info
Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?
Narrativa.Autora: Ledicia Costas. Editoral: Xerais
+Info
Matilda é unha lectora empedernida e só ten cinco anos. Sensible e intelixente, é admirada por todos agás polos seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, posúe poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e comeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull.
Este libro te hará pasar un rato espeluznantemente divertido. Atrévete a leerlo pero ¡cuidado! Las brujas están en todas partes. Las brujas de todo el mundo, bajo la apariencia de mujeres corrientes, están celebrando su Congreso Anual y han decidido aniquilar a todos los niños sirviéndose de un ratonizador mágico. ¿Conseguirán vencerlas el protagonista de esta historia y su abuela?
Narrativa Autor: Roald DahlMatildaEdit: Oqueleo Las brujas Edit: Loqueleo
+Info
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).
Narrativa.Autora: Antía Yáñez Edit. Xerais