Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Revista de saúde do CEIP Lamas de Abade

Marta Vázquez Fandiñ

Created on June 18, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Modern Presentation

Terrazzo Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

City Presentation

News Presentation

Transcript

E na aula da profe Alicia

TRABALLAMOS NA AULA E NA CASA

03.

HIXIENE POSTURAL

FACEMOS XABÓNs!

e queredes aprender vós a facer xabóns?

TITORIAL PARA FACER XABÓNS

COMEZAMOS RECABANDO INFORMACIÓN SOBRE A NOSA HIXIENE DIARIA NUN CADRO DE DOBRE ENTRADA:

CONTINUAMOS EXPLORANDO E EXPERIMENTANDO CON DISTINTOS MATERIAIS PARA PODER APRENDER XOGANDO, O QUE MÁIS NOS GUSTA.

E RECIBIMOS NA AULA A PROFESIONAIS DA SAÚDE QUE NOS EXPLICARON COMO MELLORAR A NOSA HIXIENE PERSOAL PARA PODER ESTAR MÁIS SAN:

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO DE HIXIENISTAS DENTAIS:

01

LOLY CAAMAÑOE ANDREA PARDO

* CEPILLADO 2 OU 3 VECES AO DÍA * CANTIDADE DE PASTA DENTAL DO TAMAÑO DUN CHÍCHARO * NON MOLLAR A PASTA DE DENTES ANTES DO CEPILLADO * NON ENXUGAR DESPOIS DO CEPILLADO * LIMITAR O CONSUMO DE CHUCHERÍAS E REFRESCOS COMO MOITO 1 DÍA Á SEMANA * NON TAPAR OS CEPILLOS AGÁS NO CASO DE VIAXAR

02

RECOMENDACIÓNS DA PEDIATRA SILVIA GONZÁLEZ:

* NESTAS IDADES NON É PRECISO DUCHARSE TODOS OS DÍAS, AGÁS CANDO O NENO/A SUDA MOITO OU NO VERÁN (POLAS CREMAS SOLARES) * O XABRÓN DEBE SER SUAVE E SEN PERFUME * É MELLOR LAVALOS COAS MANS. PERO NO CASO DE USAR ESPONXA LEMBRAR QUE SEXA BLANDA (NON ÁSPERA) E CAMBIALA MOI A MIÚDO (POLO RISCO DE QUE APAREZAN BACTERIAS) * A CREMA HIDRATANTE SÓ É NECESARIA NAQUELES NENOS/AS QUE TEÑAN A PEL SECA , XA QUE OS NENOS/AS TEÑEN UNHA PEL SAN. SEN EMBARGO, DURANTE O VERÁN E A EXPOSICIÓN AO SOL, SÍ É RECOMENDABLE * NON HAI DIFERENCIA ENTRE CORTAR AS UNLLAS CON TESOIRAS OU CON CORTAÚNLLAS. O IMPORTANTE E QUE ESTÉN CURTAS E LIMPAS PARA EVITAR A SUCIEDADE

AQUÍ PODEDES RECITAR A POESÍA CREADA A PARTIR DOS DATOS RECABADOS. E NON ESQUEZADES ENTRAR NO QR CO VOSO MÓBIL OU TABLET PARA VER A SORPRESA QUE VOS TEMOS PREPARADA!!!!

XA PARA REMATAR, QUE MELLOR QUE FACER O NOSO PROPIO XABRÓN DE MANS E PODER ESTAR SEMPRE LIMPIÑOS/AS?

Para traballar o PDI “Hábitos de vida saudable” empezamos lendo contos sobre o tema. Primeiro limos o conto “Ris Ras, cepilla que cepillarás” que pertence o libro “10 Cuentos para hacerse mayor” da Editorial Parramón.

A CLASE DE SONIA

Seguimos lendo un pequeno conto sobre un dente que nunca se quería lavar ata que se puxo enfermo. Falamos moito sobre o tema, mencionando que comidas podían facerlle moito dano aos nosos dentes e cales menos. Reflectimos este coñecemento nunha actividade na que os nenos e nenas tiñan que recortar e pegar distintos tipos de alimentos sobre un dente contento ou un dente triste segundo correspondese.

Falamos moito sobre a importancia do cepillado de dentes e cantas veces había que facelo cada día e da necesidade de facer revisións no dentista. Para plasmar este aspecto fixemos unha actividade que consistía en cepillar un dente nun folio de cor, cun cepillo de dentes mollado en témpera branca para deixalo moi branquiño.

5. EXERCICIO FÍSICO

A CLASE DE MARGA

6. INTOLERANCIAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

7. SEGURIDADE ALIMENTARIA

Ollo, piollo!

ATENTAS TODAS AO QUE NOS CONTA O ALUMNADO DA CLASE DE ALICIA SOBRECOMER MOITOS DOCES E O QUE PODE SUPOÑER PARA A NOSA SAÚDE. FACÉDELLE CASO, E OLLIÑO, PIOLLIÑO!

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS. PROTECCIÓN CIVIL. A finais de maio persoal de Protección Civil Compostela, impartiu unha formación sobre Primeiros Auxilios e medidas de seguridade para o alumnado de 5º e 6 º de primaria. Esta acción foi organizada polo departamento de Educación Física e a Biblioteca como parte do PDI sobre Hábitos de Vida Saudable. Entre as actuacións levadas a cabo: PAS son as letras iniciais das palabras, Protexer, Avisar e Socorrer que se corresponden coas tres función (ordenadas), que é preciso que asuma calquera persoa que actúe en caso de accidente.

A manobra de Heimlich, denominada compresións empuxóns abdominais, é un procedemento de primeiros auxilios para desbloquear as vías respiratorias, normalmente bloqueadas por un alimento ou calquera outro obxecto. É unha técnica eficaz para salvar vidas en caso de asfixia por atragoarse.

RCP significa reanimación cardiopulmonar. É un procedemento de emerxencia para salvar vidas que se realiza cando alguén deixou de respirar ou o corazón cesou de palpitar. Isto pode suceder despois dunha emerxencia médica como unha descarga eléctrica, un ataque cardíaco ou afogamento.

8. LECERE BENESTAR SOCIAL

A CLASE DE MARGA

SENTAR BEN

COMER DESPACIO

NON XOGAR COA COMIDA

PEDIR AS COUSAS POR FAVOR

LAVAR AS MANS

AGARDAR POLOS DEMAIS PARA COMEZAR

NON FALAR COA BOCA CHEA

MASTIGAR BEN E COA BOCA PECHADA

EMPREGAR BEN OS CUBERTOS

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS...

A CLASE DE MARTA

ESTA DELICIA DE LIBRO RECOMPILA CONTOS TRADICIONAIS QUE FALAN DE COMER... PERO NON COMIDA PRECISAMENTE.. ATOPAMOS TÍTULOS COÑECIDOS DA CATIVADA COMO:
1. CAPERUCITA ROJA2. LAS TRES CABRITAS 3. EL NABO MÁS GRANDE DEL MUNDO 4. LA GALLINA MARCELINA 5. RICITOS DE ORO 6. LA GALLINITA ROJA 7. LOS TRES CERDITOS 8. LOS MÚSICOS DE BREMEN E ENTRE PALABRAS E CONTOS, E PORQUE NA AULA UNHAS COUSAS LEVAN A OUTRAS...
DESCUBRIMOS O RELATO DE "A GALIÑA AZUL", DE CARLOS CASARES QUE NOS LEVOU FACER NA AULA MOITAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA HISTORIA: PINTAMOS OVOS DE CORES, DEBUXAMOS GALIÑAS AZUIS, E RIMOS MOITÍSMO COAS OCORRENCIAS DE LEONCIO!!!

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE...

A CLASE DE MARTA

CON "¡ACHÍS! E ANITA, A SÚA PROTAGONISTA, APRENDEMOS TRES NORMAS BÁSICAS DOS BOS MODALES:
ENZO CONTANDO O ARGUMENTO DE "¡ACHÍS!"
ANNE E MARIO RECOMENDAN "¡ACHÍS!"

AGRADECEMENTOS: ÁS NENAS E AOS NENOS QUE TANTO TRABALLARON ESTE CURSO 2021.22, E ÁS MESTRAS E AOS MESTRES QUE PARTICIPARON NESTE PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE" E CONSEGUIRON OS 8 RETOS.

https://view.genial.ly/62adec0082ab4f00173cb87e/presentation-revista-de-saude-do-ceip-lamas-de-abade