BOLSAS NEAE 2024-2025
Andrea
Created on May 23, 2022
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
12 PRINCIPLES OF ANIMATION
Vertical infographics
HOW TO CREATE THE PERFECT VIRTUAL WORKSPACE
Vertical infographics
WHY WE LIKE INFOGRAPHICS
Vertical infographics
BOOKFLIX
Vertical infographics
Transcript
BOLSAS NEAE 24-25
PRAZO
ESTUDOS
CONTÍAS
CONTÍAS
ALUMNADO NEAE
COMO SOLICITALA
A través da sede electrónica
REQUISITOS
Cando obteñas a bolsa, deberás cumprir coa obrigación de utilizar o diñeiro para a súa finalidade, é dicir, para estudar, asistir a clase e aprobar as materias do curso. Terás que devolver toda a cantidade de diñeiro que recibises da bolsa nos seguintes casos:
- Se te das de baixa no centro de estudos durante o curso.
- Se non asistes ao 80% ou máis das horas lectivas, salvo excepcións.
- Se non superas o 50% das asignaturas, dos créditos matriculados ou das horas matriculadas na convocatoria ordinaria ou extraordinaria.
MÁIS INFO...
Departamento de Orientación
Altas Capacidades
30 Abril - 13 Set. de 2024
Xerais
Se tes calquera dúbida ao solicitar a bolsa, podes acudir a:
- Sección de dúbidas da páxina web.
- Podes solicitar unha consulta a través da sede electrónica.
- Unidade de bolsas de Pontevedra: 986805955/01. Email: dp.pontevedra@edu.xunta.gal.
- Convocatoria bolsas 2024-2025 (axudas de necesidade específica de apoio educativo).
Quen pode solicitar a bolsa? O alumnado que acredite a necesidade específica de apoio educativo (NEAE) derivada dalgunha das seguintes situacións:
- Discapacidade igual ou superior de 25%.
- Trastorno grave de conduta.
- Trastorno grave da comunicación e da linguaxe.
- Trastorno do espectro autista (TEA).
- Altas capacidades.
- Alumnado con TDAH que presente necesidades educativas derivadas de discapacidade, trastorno grave da conduta ou trastorno grave da comunicación ou da linguaxe.
Para conceder as axudas, valóranse (premer en cada unha das opcións para máis información):
- Idade e tipo de centro.
- Xustificación da necesidade específica de apoio educativo (NEAE).
- Situación económica.
A axuda de apoio educativo ao alumnado con altas capacidades é única e vai dirixida á asistencia a programas específicos, sempre que estos programas sexan un complemento aos seus estudos.
- Axudas para programas específicos: a cantidade da axuda será a do gasto deses programas específicos (ata 913 euros).
- Subsidio para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros. Será para todos os/as solicitantes que acrediten a necesidade específica de apoio educativo, segundo os requisitos establecidos na convocatoria.
Pasos:
- Entra na sede electrónica: todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do MEFP. Unha vez cuberto, tes que imprimir o formulario de solicitude (PDF) e presentalo no centro educativo no que vas estudar.
- Rexístrate (necesitas un usuario e contrasinal). Para acceder á solicitude da bolsa, podes facelo mediante a Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas), certificado electrónico ou mediante o usuario e contrasinal de rexistro na sede electrónica.
- Enche o formulario online: cando termines de introducir todos os datos, aparecerán instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en formato PDF. Unha vez asinada a solicitude, tes que presentala, xunto coa documentación necesaria.
- Entrega a bolsa no centro educativo antes do 13 de setembro.
Axudas directas: podes recibir unha ou varias axudas directas. Cada unha corresponde a un servizo ou apoio necesario para seguir os estudos (transporte, reeducación, etc.). Se no teu caso, o prezo dos servizos é menor a estes importes, concederanche a cantidade que vaias a gastar nos servizos. Subsidios: haberá dous tipos de subsidios (non hai que cumprir os requisitos económicos): subsidios para familias numerosas e subsidios para gastos adicionais de carácter xeral (400 euros). NON tes que indicar na solicitude as axudas ou subsidios que vas a necesitar, xa que a Administración comproba as axudas ou servizos aos que tes dereito en base aos requisitos que se cumpran. NON se concederán axudas e subsidios cando os centros educativos xa reciban axudas para ofrecer estos servizos ou cando xa os abonen fondos de calquera administración pública.
Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos:
- Educación Infantil.
- Educación Primaria.
- Educación Secundaria Obrigatoria.
- Bacharelato.
- Ciclos formativos de Grao Medio e Superior.
- Ensinanzas artísticas profesionais.
- Ciclos Formativos de Grao Básico.
- Programas de formación para a transición á vida adulta.
- Outros programas formativos de Formación Profesional.
Pode solicitarse entre o 30 de Abril e o 13 de Setembro de 2024, pero non o deixes para o último día xa que tes que imprimir o PDF e presentalo no centro antes desa data.