Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Eduardo Pondal

natali rivas

Created on May 18, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Higher Education Presentation

Psychedelic Presentation

Vaporwave presentation

Geniaflix Presentation

Vintage Mosaic Presentation

Modern Zen Presentation

Newspaper Presentation

Transcript

eduardo Pondal

Natali Rivas , Diego Pérez , Carla Vaz , Daniel Dias , Hugo Martínez

Índice

Estilo de composicións

O Himno Galego

Obras

Biografía

Liña do Tempo

O día das letras galegas

Banquete de Conxo

Contexto Histórico

.01

Biografía

Naceu en Ponteceso, na comarca de Bergantiños, no seno dunha familia aristocrática e enriquecida grazas a fortuna que fixera o seu pai nas américas da man do comercio. Foi o pequeno dos seus irmáns , dos que só una se casou , ainda que sen descendencia, de modo que o poeta non tivo herdeiros directos . Sendo neno, iniciou os seus estudos acudindo a cabalo a rectoral de Vilela de Nemiña, onde aprendeu latín da man dun parente crego.

.01

Biografía

En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía, e mais tarde, a carreira de medicina. No compostelán Liceo de la Juventud coñecerá a Rosalía, Murguía e a Rodríguez Seoane. No transcurso do Banquete de Conxo (1856), Pondal daríase a coñecer coa lectura dun poema en español titulado Brindis.Tras licenciarse en medicina en 1860, estableceuse en Ferrol como médico da armada española. Neste ano saíu á luz no Álbum de la Caridad "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego.

.01

Biografía

Un ano máis tarde preparou oposicións en Madrid para ingresar no corpo de Sanidade Militar. Conseguiu un posto en Asturias, pero deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a profesión médica. Dende entón dedicouse por completo ao cultivo da poesía. Instalandose na súa vila natal.Pondal contactou co pasado celta de Galicia na tertulia da Libraría Carré, alcumada "Cova Celtica" , o que o levou a asumir o papel de "bardo" da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir.Eduardo Pondal falece no hotel La Luguesa da Coruña no ano 1917, e repousa dende entón no cemiterio de San Amaro.

.02

Contexto Histórico

Reividican a identidade Galega

No século XIX nace o rexurdimento coa publicacion de "Cantares Gallegos"

  • Defenden o idioma
  • revitalizan a lingua

Aparecen as primeiras gramáticas, proxectos e editoriais en galego. con grandes autores cono Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez .

.03

Estilo de composicións

Eduardo Pondal é maioritariamente un autor de poemarios, pero tamén é autor de numerosos poemas soltos que poderían ser textos finalmente non incluídos nestes, ou partes doutras obras que non chegou a realizar.Pondal reescribiu poemas en galego fomentando a súa elaboración, tratando de descartar outros en castelán. Este tamén foi dos máximos representantes do Rexurdimento das Letras Galegas, e quizáis o máis orixinal da Literatura galega do XIX

.04

O BANQUETE DE CONXO

O Banquete de Conxo foi unha comida interclasista celebrada en 1856 na que os estudantes universitarios, considerados de clase alta, serviron aos obreiros nun xesto considerado como subversivo. Este banquete, considerado como un dos feitos fundacionais do galeguismo, xorde en medio dunha forte crise económica que durou entre 1852 e 1855 Con esa axitación aínda latente, convócase o Banquete de Conxo, coincidindo co décimo aniversario do fusilamento dos Mártires de Carral, militares galegos que se levantaron contra o xeneral Narváez.

.04

BRINDIS DE CONXO

Os brindis pronunciados polo propio Aurelio Aguirre e por Eduardo Pondal suscitaron as críticas da Igrexa -que tachou a Aguirre de "ateo"- e levaron a que ambos fosen procesados pola Audiencia da Coruña, que pretendía deportalos ás Illas Marianas, colonia española en metade do Océano Pacífico. Por sorte, un informe do fiscal de Santiago evitou que corrixen esta sorte e a súa pena foi conmutada.
Brindis de Eduardo Pondal

.05

Obras

comezos

"Os Eoas"
  • Forma parte dos primeiros Xogos Florais en 1861
  • En 1862 o Álbum da claridade inclúe o poema "A campana de Anllóns"

Aparece un esbozo da obra en 1858 pero non se publicou ata 2005

.05

Obras

"Queixumes dos pinos"

Cantos nos que recolle a memoria de Galicia. Pero en 1877 "Rumores dos pinos"; base para publicar 1886 esta obra.

.05

Obras

"Os pinos"

Poema escrito para darlle letra a unha melodia de Pascual Veiga, donde as catro primeiras estrofas conforman o himno Galego dende 1981

.06

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Eduardo Pondal foi homenaxeado no día das letras galegas do ano 1965, por toda a súa labor como escritor e contribuidor de lingua galega no S.XIX

.07

O Himno Galego

O Himno galego mestura o poema "Os piñeiros" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga. O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

Os pinos

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.

¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Eduardo Pondal

LIÑA DO TEMPO

.08

Grazas pola súa atención