Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FEITAS/OS PARA BRILLAR! 2º BACH 21-22

PIENSOSIENTOSOY

Created on May 14, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

Made in Mugardos. Feitos/as para brillar!

2º Bacharelato

LÍNEA DE TEMPO: DECISIÓNS A CURTO PRAZO

1. DECIDIR MATERIAS DA FASE VOLUNTARIA ABAU

5.MATRÍCULA: NA UNIVERSIDADE E NA FP

  • Universidade: WEBs da Universidade
  • FP: aplicación do portal de FP

Vinculadas á rama universitaria na que se encontran os Graos Universitarios que queredes estudar. Máximo 4 materias. Ver ponderacións

3. ABAU E RECLAMACIÓN

o 90% do alumnado aproba, tranquilidade!

4. SOLICITUDE PRAZA: NA UNIVERSIDADE NA FP

2. INSCRICIÓN ABAU

Aplicación NERTA

  • Universidade: empregar NERTA
  • FP: aplicación do portal de FP

ABAU

EXPEDIENTEMultiplico a miña nota media de Bach por 0,6(máximo 6 puntos)

Nota de Acceso (Superas a ABAU se tes unha nota > ou 0 = a 5)

Nota de Admisión (varía dun grao a outro)

FASE OBRIGATORIA ABAUMultiplico a miña nota por 0,4(máximo 4 puntos) Nota: Teño que obter un mínimo de 4

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE BACH

FASE VOLUNTARIA ABAU(4 PUNTOS)Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

Nota: se suspendes a fase obrigatoria debes repetir a voluntaria aínda que a teñas aprobada

MATERIAS ABAU

FASE VOLUNTARIA

FASE OBRIGATORIA

Ponderacións

  • Podes examinarte ata de 4 materias.
  • Terán en conta as 2 materias con mellor nota vinculadas a cada Grao que solicitas.
  • A materia de modalidade da F. Obrigatoria conta tamén nesta fase (4+1).
  • Revisa os parámetros de ponderación para escoller materia. Escolle as que teñen parámetro de ponderación de 0,2 a non ser que non se che dea ben.
  • Se aprobas esta fase pero suspendes a obrigatoria, tes que volver a realizala.
  • Se suspendes esta fase, pero entre a fase obrigatoria e o expediente tes un 5, superas a ABAU.
  • Podes presentarte de materias non cursadas, incluída a 2ª lingua extranxeira que debe ser diferente da 1ª.
  • Lingua Castelá e lit II
  • Lingua Galega e lit II
  • 1ª Lingua Estranxeira II (cursada)
  • Hª de España
  • Materia de modalidade:
-Matemáticas II (Ciencias)-Matemática aplicadas ás C.Socs II (C.Socs) -Latín II (Humanidades) Tes que ter unha nota media como mínimo de 4 para que poida facer media co expediente. Podes superar a ABAUI aínda que suspenderas algunha materia

Validez: indefinida

Validez: 2 anos

Parámetros de ponderación?

Non acabo de entender o dos parámetros de ponderación!

Pode parecer compricado pero en realidade é sinxelo. Son os valores (0,1 e 0,2) que se multiplican pola nota que obtés nas materias da fase voluntaria da ABAU

0,1

0,2

E todas as materias teñen o mesmo parámetro de ponderación?

Non, e aí é donde esto o quid da questión. É recomendable escoller ,preferentemente, materias de 0,2 para mellora-la.

PODEN CAMBIAR OS PARÁMETROS DUN ANO PARA OUTRO? Si, aínda que normalmente cambian para mellorar as posibilidades do alumnado.

SON OS MESMOS PARA TODAS AS UNIVERSIDADES?En Galicia si, pero se queres acceder a outra comunidade autónoma tes que consultar os parámetros no seu portal educativo.

A MESMA MATERIA TEN O MESMO PARÁMETRO PARA DIFERENTES GRAOS?Non. Tes que consultar os parámetros da materia para cada Grao.

Se vas a estudar fóra

Consulta os parámetros doutras CCAA!

Exemplo cálculo nota Fase Voluntaria

COMO SE CALCULA A NOTA DA FASE VOLUNTARIA ABAU?.Imaxina que escolles examinarte de Hª da Arte e Hª da Filosofía para cursar Belas Artes e obtés as seguintes notas: -Hª da Arte: 8 -Hª da Filosofía: 6 NOTA FASE VOLUNTARIA: multiplica as notas de cada materia polos parámetros de ponderación correspondentes (0,2 ou 0,1) que aparecen na táboa. Verás que o parámetro de ponderación de Hª da Arte para Belas Artes é de 0,2 e o de Hª da Filosofía é de un 0,1 polo que a nota final sería: 8*0,2 + 6*0,1= 1,6+0,6= 2,2 Esta nota engádese á da fase obrigatoria e a do expediente. Ten en conta que canto maior é o parámetro de ponderación, maior é a nota na fase voluntaria

Calculator

  • Simulador nota ABAU

Como serán os exames de ABAU na convocatoria de 2022?

+ VER EXAMES ANOS ANTERIORES

TAXAS TÍTULO

Quen ten que pagar estas taxas?

Procedemento

  • Donde realizas o pago? De forma telemática ou nalgunha das entidades que aparecen no recadro
  • Prezos:
-Tarifa normal: 54,00€ -Familia numerosa xeral: 27,03€ -Familia numerosa especial: gratuito
  • Códigos: aparecen na folla de pago.
  • Garda o xustificante de pago porque deberás entregalo na secretaría do IES.
  • Todo o alumnado que fose proposto para obter o título.
  • O precisas para facer outros trámites como a matrícula na ABAU.

Como facer a inscrición na ABAU?

Datas e Documentación

Procedemento

1. Activa a conta da aplicación Nerta Accede a este enlace para crear unha conta de usuario en Nerta. Recibirás os datos de acceso e activación da túa conta NERTA no teu correo. 2. Paga as taxas de inscrición na ABAU. O podes facer de dúas formas: -telematicamente desde NERTA. Neste caso xa non tes que enviar xustificante de pago. -a través de ABANCA/Banco Santander Central Hispano.. Neste caso debes imprimir o impreso de liquidación e entregar copia do xustificante de ingreso no centro (precisas 3 copias: para o centro, para o banco e para ti) *Prezo: 63,67 euros. *Exencións e descontos (debes achegar xustificante) : +31,84 euros: Familia numerosa - Categoría Xeral +Gratuíta: Familia numerosa - Categoría Especial, persoas con discapacidade (>= 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero, persoal das Universidades do SUG Gratuíta Observación: pagas polo procedemento non polo número de materias. 3. Cubre o impreso oficial de matrícula na ABAU. *Parte voluntaria: ata 4 materias. * A materia propia de modalidade da fase obrigatoria non tes que marcala na fase voluntaria

  • Do 19 ao 23 de maio
  • Documentación:
-Copia DNI-Xustificante de ter pagado taxas título.-Xustificante de ter pagado a ABAU-Impreso oficial de matrícula na ABAU.

+ info

ABAU XUÑO

Convocatoria ORDINARIA

11

12

10

19

13

17

18

16

14

15

22

21

23

26

25

24

20

28

30

29

27

ABAU XULLO

Convocatoria EXTRAORDINARIA

10

12

15

14

16

13

17

11

22

21

20

18

23

19

24

30

31

26

29

28

27

25

HORARIO ABAU Xuño

ABAU: ASÍ SERÁ

Vídeo da CIUG

Instrucións ABAU escritas(preme no móbil)

  • Presentación: horario, documentos a presentar,chamamentos
  • Resolución problemas de matriculación
  • Material non permitido e permitido: especificacións sobre uso de calculadoras e dicionarios
  • Anonimato
  • Realización do exame
  • Caderno e pegatinas
  • Copia e sancións
  • Entrega examen en man
  • Covid: emprego voluntario e obrigatorio de máscaras, outras medidas

QUE TEÑO QUE LEVAR A ABAU?

Confianza, tranquilidade e un sorriso.

  • DNI ou, pasaporte ou, carné de conducir.
  • Resgardo de matrícula.
  • Xustificantes de pago para as probas
  • Bolígrafo azul ou negro con tinta imborrable
  1. Debuxo técnico II e Deseño: Material de debuxo e pintura.
  2. Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química e Economía da empresa: calculadora non programable que non teña capacidade gráfica.
  3. Latín II: dicionario de latín-español/galego. Permitirase o uso do seu apéndice gramatical, sempre que forme parte orixinal e inseparable do mesmo. Non se permitirán as páxinas (interiores ou apéndices) con contidos literarios e de evolución do latín ao castelán ou ao galego. Neste caso deberalo comunicar aos membros da Comisión Delegada, que graparán ou separarán as páxinas mencionadas antes do comezo do exame.
  4. Grego II: dicionario de grego-español/galego incluíndo o apéndice gramatical que poida levar anexo ese dicionario como parte orixinal e inseparable. Non estará permitido ningún caderno solto nin ningún engadido ao dicionario que non sexa orixinal..

PRAZO: O prazo de solicitude revisión será de tres días hábiles, contados a partir da publicación das calificacións. DONDE: na aplicación NERTA. Establécese un único proceso de revisión. En 1º lugar analizarase se houbo algún erro material na corrección (preguntas sen corrixir ou erros nas sumas). No caso de existir algún erro material modificarase a cualificación, tanto á alza coma á baixa. Esta cualificación, P, pasa a ser a nova cualificación provisoria.Deseguido realízase unha 2ª corrección por un novo corrector/a. Se esta segunda cualificación, S, ten unha diferenza menor de dous puntos con P, a cualificación definitiva será a media aritmética: (S+P)/2. Se a diferenza entre S e P é de dous ou máis puntos, un terceiro corrector/a efectuará unha nova corrección, indicada por T, e a cualificación definitiva será a media aritmética das tres: (P+S+T)/3.

REVISIÓN NOTA ABAU

SUBIR NOTA

  • SUBIR NOTA NA FASE OBRIGATORIA: tense en conta a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Examinaste de todas as materias desta fase.
  • SUBIR NOTA NA FASE VOLUNTARIA: podes mellorar a cualificación de calquera das materias desta parte. Terán en conta a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias obxecto de exame na Parte Voluntaria establecido. Podes cambiar de materias e podes volver a examinarte do número de materias que decidas.

+ info

Selectividad PAU ABAU

SEBAS LIFE cóntache a súa experiencia. Todo sairá ben!

Itinerarios

Tres itinerarios académicos

RÉXIME ESPECIAL

UNIVERSIDADE

FP

Precisan proba de acceso específica

E. Deportivas

FP Ordinaria

Ensinanzas Artísticas.

FP Dual

  • Graos
  • Dobres Graos (Programa de simultaneidade)
  • Graos Duais
  • Graos semipresenciais e virtuais

FP Modular

  • Arte Dramático
  • Conservación e Restauracións de bens culturais
  • Ciclos de ensinanzas plásticas e deseño
  • Danza
  • Ensinanzas profesionais e superiores de Música
  • Estudos Superiores de Deseño

ACCESO Á UNIVERSIDADE

GRAO(FORMACIÓN BÁSICA) 4 ANOS salvo excepcións

UNIVERSIDADE

MÁSTER(ESPECIALIZACIÓN) 1-2 anos

DOCTORADOInvestigación e docencia

PLAN DE ESTUDOS. UNIVERSIDADE (240 créditos)

1º cuadrimestre:Setembro-Decembro (6 créditos por materia (caso xeral)

2º cuadrimestre: Xaneiro/Febreiro-Maio (6 créditos por materia (caso xeral)

Xaneiro EXAMES (sen docencia)

Maio/Xuño EXAMES (sen docencia)

SEGUNDA OPORTUNIDADE

ORGANIZACIÓN DUN CURSO ESCOLAR

CRÉDITO ECTS=25 horas60 créditos por cursoCURSOS: 4 (de forma xeral) TTRABALLO FIN DE GRAO en último curso

Campus Universitarios

  • Pontevedra
  • Vigo
  • Ourense
  • A Coruña
  • Ferrol
  • Santiago
  • Lugo

OFERTA SUG (SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO)

PREME nos enlaces para coñecer a oferta de: -Graos -Graos Abertos -Programas de simultanedade (dobre titulación) -Graos Duais -Graos semipresenciais ou virtuais

Dende 18-19 ata hoxeEnxeñaría Biomédica -ADE+ E. Informática -E.Biomédica + E. Electronica Industrial e Automática -E. Biomédica + E. Mecánica. -E. Mecánica e E. electrónica industrial e automática -Turismo+Xeografía e Historia -ADE+Dereito -ADE+E.Informática -Deseño -Intelixencia artificial

Dende 18-19 ata hoxe-Criminoloxía -Paisaxe UDC/USC -Robótica -Empresa e tecnoloxía -Bioquímica -Grao Aberto: 5 USC Enxeñarías -Xestión en empresas hostaleiras -Intelixencia Artificial

Dende 18-19 ata hoxe-Paisaxe.UDC/USC-Xestión Industrial de moda -Creación en edición dixital, animación e videoxogos -Ciencia e exeñaría de datos -Xestión Dixital de información e documentación -Enxeñaría Industrial. Dual -Nanociencia e nanotecnoloxía -Grao Aberto C.Socias e xurídicas -Grao Aberto Enxeñaría Industrial -Relacións Internacionais -Intelixencia Artificial

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

Xestión Industrial de Moda

IDIOMAS

Relacións Internacionais

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 50%)

  • Os DOBRES GRAOS ou PROGRAMAS DE SIMULTANEIDADE pemiten obter dúas titulacións da mesma rama de coñecemento en menos tempo (cinco ou seis anos). Estudarás un programa que inclúe as materias de dous GRAOS. 9
  • Normalmente teñen unha nota de corte máis alta

Dobre Grao

USC

UDC

UDV

  • Os GRAOS ABERTOS son a opción cando che interesan varios graos, ou tes grande incertidume e che custa decidir. Combinan materias de varios graos da mesma rama durante un ano ou dous, para que logo poidas ter máis claro con que Grao continúas no 2º ou 3º curso.
  • Comezaron no curso 20-21.

GraosAbertos

USC

UDV

UDC

  • C. Sociais e Xurídicas
  • E. Industrial
  • 5 USC Enxeñarías
  • Ao igual que na FP os Graos DUAIS ofertan parte da súa formación nunha empresa.

Universidade + Empresa

UDC

USC

UDV

GRAOS DUAIS

  • Enxeñaría da automoción (pendente de aprobación)
  • Enxeñaría eléctrica
  • Desde hai un par de anos a oferta de formación universitaria a distancia e telemática aumenta progresivamente adaptándose a tódalas necesidades.

Semipresenciais, virtuais

UDV

UDC

USC

  • Dirección e Xestión pública
  • Xestión Cultural (semipresencial)
  • Empresa e Tecnoloxía
  • Turismo

Requisitos específicos para acceso a Graos no SUG

Requisitos de Idiomas: acreditación nivel Inglés

  • Relacións Internacionais.
  • Xestión Industrial de Moda.

Proba de acceso

  • Ciencias da actividade física e do deporte (pódese facer proba en 1º Bach, válida durante 2 cursos). Cada universidade ten os seus calendarios e probas.

REQUISITOS ESPECÍFICOS DE ACCESO A GRAOS

GRAO EN RELACIÓNS INTERNACIONAIS (Ferrol)

SÓ terá que acreditar o nivel B1 de Inglés aquel alumnado que:

  • cursase o Bacharelato en centros privados de Galicia.
  • cursase o Bacharelato en centros públicos e privados de calquera outro punto de España (e resto do mundo).
  • non dispoña dunha nota media igual ou superior a 7 na materia de inglés (Expediente de Bacharelato).
A documentación acreditativa presentarse NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRÍCULA ante a UXAI Esteiro (Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social).

Como podo acreditar o meu nivel de inglés? Mediante a presentación de calquera dos seguintes xustificantes:
  • Certificación oficial de Nivel B1 de inglés (só se admitirán aqueles certificados recoñecidos pola Asociación de Centros de Linguas na Ensinanza Superior -> https://acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_OCTUBRE2021.pdf
  • Cualificación en inglés cunha nota media dos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 7 (expediente académico).
  • Ter cursado, en sistemas educativos de fala inglesa, 4º curso de ESO ou un curso do bacharelato.
  • Diploma de asistencia e aproveitamento de nivel B1.2 ou superior de inglés, ou diploma de dominio de nivel B1 ou superior de inglés do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Tamén se admitirán certificados similares expedidos por outros centros de linguas de universidades españolas.

REQUISITOS ESPECÍFICOS DE ACCESO A GRAOS

Ciencias da actividade física e do deporte (INEF A Coruña)

Ciencias da actividade física e do deporte (Pontevedra)

Acceso 21-22: anúlanse probas por mor do COVID

Probas de acceso

Probas de acceso

Acceso coa nota da ABAU

Prazas Reservadas Universidade

Cota Discapacidade

Estudantado do colectivo xeral con discapacidade ou con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade (mínimo dun 33% de discapacidade; presentación do certificado): reservarase o 5 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria. Esta reserva tamén se realizará nos dobres graos e graos abertos.

Deportista de Alto Nivel ou de Alto Rendemento

Para os/as deportistas de alto nivel ou de alto rendemento que acrediten esta condición, reservarase o 3 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria, agás nos casos das ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e grao en Fisioterapia en que se reservará un 8 por 100 do total. As prazas reservadas para este colectivo adxudicaranse tendo en consideración o descrito no artigo 2 do Real Decreto 971/2007, de 13 de xullo, BOE do 25 de xullo de 2007, nomeadamente 1º) Deportistas de Alto Nivel incluídos nas resolucións adoptadas ao efecto polo Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes (Artigo 2.2. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento). Dentro deste grupo a prelación será a Nota de Admisión. 2º) Deportistas de Alto Rendemento (Artigo 2.3. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel y alto rendemento). Dentro deste grupo, terán preferencia, de acordo co citado artigo, os deportistas incluídos no apartado a) sobre os do b), os o b) sobre el c), os do c) sobre os do d), e así sucesivamente. Dentro da mesma letra a prelación será a Nota de Admisión. Para poder inscribirse na cota de Deportistas de alto Nivel e Alto Rendemento é necesario entregar a seguinte documentación xustificativa: - Deportistas de Alto Nivel: copia da resolución do "Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes que recoñeza a súa condición de deportista de alto nivel indicando a data de publicación de dita resolución no «Boletín Oficial do Estado». -Deportistas de Alto Rendemento: acreditación da cualificación de deportista de alto rendemento realizada polo Consello Superior de Deportes ou a comunidade autónoma, segundo corresponda, indicando na mesma en base a que "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. están acreditados como deportistas de alto rendemento. - os/as Deportistas de Alto Rendemento que xustifiquen tal condición pero que non xustifiquen no prazo establecido a "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. pola que están acreditados" serán incluídos dentro da letra g).

Deportista Galego

Cota Deportistas Galegos: Persoas deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo: Reservarase unha porcentaxe do 2 por 100 das prazas nas ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para as persoas que sexan recoñecidas en base o Decreto 165/2020 do 17 desetembro de 2020 (DOG de 29 de setembro) Os/As deportistas da cota e) e da cota f) estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

MATRÍCULA: en Galicia e noutra CCAA

As comunidades autónomas que contan con varias Universidades (p.x Galicia) coordinan o proceso de admisión a través do Distrito único. Isto significa que non hai que pedir praza por cada unha das universidades públicas. So tes que realizar unha solicitude en cada comunidade, e nesta solicitude inclúes as universidades que consideres. En Galicia o distrito único para pedir praza en calquera das tres Universidades o coordina a CIUG. Se queres pedir praza noutras comunidades, tes que buscar os seus Distritos únicos nos enlaces que te achego. Se logo de matricularte en Galicia pides praza noutra universidade fóra de Galicia e finalmente te matriculas, debes anular de forma inmediata a túa matrícula na universidade galega e solicitar a devolución dos prezos públicos aboados.

CALENDARIOS DE PREINSCRIPCIÓN Y MATRÍCULA EN OTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

BUSCADOR DE UNIVERSIDADES ORIENTA

BUSCADOR DE UNIVERSIDADES UNIVERSIA

CALENDARIO PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

SOLICITUDE (PREINSCRICIÓN): NERTA

  • Máximo 5 titulacións diferentes ordenadas por preferencia
  • 10 se son en lugares distintos

Video: como solicitar praza en Nerta?

Manual de preinscrición e matrícula

Dónde?

  • Aplicación NERTA
  • LERDS

MATRÍCULA: nas webs de cada Universidade (preme no enlace)

UDC

USC

UDV

Notas de corte

MATRÍCULA: nas webs de cada Universidade

SITUACIÓNS POSIBLES NA ADXUDICACIÓN DE PRAZA-Convocado/a: se eres convocado/a na 1ª praza que solicitas, tes a obriga de matricularte. -En espera. Se fuches convocado a un Grao que non é a túa primeira opción podes esperar mentras non se pechen os graos que tes solicitado en maior preferencia. -Liberada: non formalizaches a matrícula ou estás matriculado/convocado nun grao de maior preferencia. -Pechada. Desaparición da listaxe de espera. Non se volve a abrir lista.

Que debo facer se me convocan nunha titulación e todas as que solicitei con maior preferencia aparecen como pechadas? Tes que matricularte. As titulacións que solicitaches con menor preferencia xa aparecen liberadas e, se non te matriculas, a túa praza será ocupada pola seguinte persoa na listaxe de agarda e quedas fóra do sistema.Que debo facer se me convocan nunha titulación pero eu marquei outra(s) con maior preferencia e aínda non está(n) pechada(s)?Debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG. Sempre, despois de cada chamamento, se non te matriculas, debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.Se cambiaches de idea e desexas matricularte na que estás convocada/o podes facelo pero acabas o proceso. Xa non podes cambiar de matrícula. As que marcaches con maior preferencia e que están pechadas, neste momento do proceso de admisión é como se non as solicitases.

ACCESO Á CICLOS SUPERIORES FPE

CRITERIOS ADMISIÓN EN CICLOS SUPERIORES

Para acceder a un Ciclo Superior ademáis de ter en conta a túa nota de Bacharelato, han ter en conta a modalidade que cursas e nalgún caso concreto, se cursaches algunha materia específica. Consulta o enlace antes de pedir praza

Modalidades preferentes CS

Probas de acceso

Probas de acceso

Nota de Acceso

EXPEDIENTE(10 puntos)

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE C. S

FASE VOLUNTARIA(4 PUNTOS) Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

PLAN DE ESTUDOS. CICLOS SUPERIORES

FCT Prácticas de empresae

MÓDULOS (=materias):-Comúns: FOL+ Empresa -Profesionais -FCT

2 CURSOS

3 TRIMESTRES

Exames finais en maio

Alguns datos de interese

  • Perda de avaliación continua: se faltas máis do 15% horas do módulo perdes o dereito á avaliación continua, terías so a oportunidade de maio. No mes de outubro poden darte de baixa de oficio se non apareces.
  • Duración: todos 2000 horas (agás algúns títulos LOXSE que están en extinción)
  • TÍTULO: Técnico/a Superior en ....
  • Formación teórico práctica no centro educativo e formación práctica na FCT
  • Acceso directo á Universidade. Non tes prazas limitadas, podes acceder a calquera Grao.

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican xa non tes opción no resto de réximes

RÉXIMES DE

FP Modular a distancia

FP Dual

FP Ordinaria

FP Modular presencial

Oferta de adultos. A partir de 18 anos

M. A DISTANCIA

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Formación online e exames presenciais.
  • Titorías presenciais non obrigatorias

DUAL

  • Alomenos un mìnimo do 33% do ciclo realízase nunha empresa.
  • Durante este período de formación en empresa: beca de formación/contrato de aprendizaxe remunerado +seguro.
  • Selección do alumnado pola empresa. Na admisión é preciso realizar CV europeo.
  • So se pode solicitar un ciclo por este réxime.

M. PRESENCIAL

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Horario normalmente de tarde-noite.

ORDINARIA

  • Matrícula de curso completo (5-6 módulos),
  • Dous anos.
  • Horario normalmente de mañá

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Na FP poderás participar en experiencias únicas:-Mobilidade: podes facer prácticas noutros países-Concursos: Galicia Skills -Programas de emprendemento: Viveiros de empresa, Simula, Idea, Avanza, Actúa, Miniempresas, cooperativismo, etc

Folletos Ciclos 22-23

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

Curso 22-23

  • Oferta en Galicia.

Que CICLOS hai e donde?

  • Mapa FP
  • Ciclos noutras comunidades. TodoFP.

Inscrición

Inscrición

Inscrición

Video explicativo admisión
  • Aplicación para realizar a admisión
  • Currículo Europeo (so para Dual)
  • Instrucións Réxime ordinario e de adultos
  • Instrucións Réxime Dual (con 18 anos)
Inclúe 5 opcións, o mesmo ciclo en diferentes centro e/ou varios ciclos. Ordealos por preferencia.

ALGUNHAS DÚBIDAS FRECUENTES

Que é o código persoal de consulta (CPC)?

Que tipos de centros hai?

Prazas liberadas

Cando un ciclo non ten lista de espera, a Consellería abre un prazo para matricularse directamente aínda que non se teña feito previamente a solicitude de admisión neste ciclo. As plazas adxudicanse por orde de chegada.

Nos listados non aparecerán os vosos nomes se non un código alfanumérico único e persoal. Consulta no enlace como obtelo.

Na solicitude figuran:-IES -CIFP centros integrados de FP. So imparten ensinanzs vinculadas con FP -CPR: Centro Privado Concertado (consulta se ten precios engadidos)

  • Debes cubrir a folla de matrícula, pagar seguro e levar un par de fotos.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Realízase no centro no que cursas o Ciclo.
  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.

Matrícula

  • As validacións entre módulos de FP e materias dos Graos poden ser diferentes en cada unha das Universidades porque os plans de estudo non son exactamente iguais. Consulta sempre as validacións en cada universidade no seguinte enlace

Validacións FP- Universidade

ACCESO A ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

Precisan probas específicas de Acceso

Ciclos Superiores

  • CS Esquí Alpino
  • CS Esquí de Fondo
  • CS Snowboard
  • CS Fútbol
  • CS Fútbol Sala
  • CS Atletismo
  • CS Baloncesto
  • CS Hípica
  • CS Salvamento e Socorrismo •

Ensinanzas dep rtivas

Ciclos Medios

  • CM Esquí Alpino
  • CM Esquí de Fondo
  • CM Snowboard
  • CM Fútbol CS Fútbol
  • CM Fútbol Sala
  • CM Atletismo CS Atletismo
  • CM Baloncesto CS Baloncesto
  • CM Balonmán
  • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo
  • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre
  • CM Salvamento e Socorrismo
  • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
  • CM Vela con Aparello Fixo
  • CM Vela con Aparello Libre
  • CM Judo e Defensa Persoal
  • CM Piragüismo de Augas Tranquilas
  • CM Piragüismo de Augas Bravas
  • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas
  • bloque común actividades de formación federacións deportivas

Proba de acceso: datas de inscrición

  • Sustitutiva do requisito de titulación de acceso: 23 maio.
  • Proba Específica: 29 xuño.

Exención proba de acceso específica. Condicións.

Conservación e restauración de bens culturais (4 anos, título equivalente a Grao)

Especialidades

Arqueoloxía

Escultura

Pintura

Probas de acceso, inscrición:-madurez (sen o título): ata o 23 de maio-específica: ata o 23 xuño

Escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Mestre Mateo (Santiago) Antonio Faílde (Ourense) Ramón Falcón (Lugo)

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Oferta

  • CM Serigrafía (Ourense, Lugo))
  • CM Procedementos Xoiaría artística (Santiago)
  • CS Arquitectura efémera (Santiago)
  • CS Cerámica artística (A Coruña)
  • CS Dourado, prateado e policromía (A Coruña, Santiago)
  • CS Ebanistería artística (Ourense)
  • CS Escultura aplicada ao espectáculo (A Coruña)
  • CS Fotografía (nas 4 escolas)
  • CS Gravado e técn. de estampación (Lugo)
  • CS Ilustración (Ourense, A Coruña)
  • CS Serigrafía Artística (lugo)
  • CS Técnicas Escultóricas (Santiago)
  • CS Xoiaría Artística (A Coruña)

Proba de Acceso: -sustitutiva do requisito do título: ata o 23 de maio -proba específica: ata o 23 xuño

Guía explicativa

Ensinanzas Superiores de Deseño (4 anos, equivalente a Grao)

Escolas de Arte e Superior de Deseño

Pablo Picasso (A Coruña)

Mestre Mateo (Santiago)

Antonio Faílde (Ourense)

Ramón Falcón (Lugo)

Oferta-Deseño GRÁFICO (A Coruña, Lugo. Ourense) -Deseño de INTERIORES (A Coruña, Lugo, Ourense) -Deseño de MODA (Santiago) -Deseño de PRODUTO (Santiago)

Probas de acceso: datas de inscrición-Sustitutiva do título de acceso: ata o 23 maio. -Específica de acceso: ata o 23 xuño

3 especialidades

Interpretación

Escenografía

Dirección escénica e dramaturxia

Arte Dramático

Probas de acceso

Calendario de Inscrición: -Proba sen requisito de titulación de acceso: ata o 23 de maio -Proba específica: ata o 23 de xuño

4 anos, equivalente a Grao

Escola de Arte Dramático

Becas e axudas

BECAS E AXUDAS

Ministerio

Xunta de Galicia

Universidades

  • Estudos universitarios:
Requisitos académicos

As universidades teñen tamén as súas propias axudas, entre outras para (seguinte pantalla):

  • Situacións sobrevidas que dificultan a continuidade de estudos universitarios
  • Bolsas Digi Talent de prácticas en empresas do sector TIC
  • Estudos non universitarios: requisitos académicos
  • Comedor
  • Transporte
  • Mobilidade
  • Excelencia académica
  • Deportistas
  • Idiomas
  • Inclusión,etc

+ info

Nesta convocatoria o prazo remata o 16 de maio.

Créditos universitarios a aprobar para non devolver beca: -50% créditos: nas ramas de Artes e humanidades, Ciencias da Saúde, C.Sociais e Xurídicas -40% creditos: Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura

BECAS E AXUDAS propias de cada Universidade

Becas e xudas propias UDC

Algunhas das BECAS E AXUDAS PROPIAS das Universidades

  • Coruña

Comedor

  • Santiago

Transporte

  • Coruña

Excelencia académica

  • Coruña
  • Vigo
  • Vigo

De estudo

Bolsas inclusión

  • Coruña
  • Vigo
  • Vigo

Residencias

RESIDENCIAS ESTUDANTES

Residencias Universitarias

Buscador de Residencias en todas as Comunidades

Servicio Universitario de Residencias (SUR, SANTIAGO)

Listado Residencias públicas e privadas (Ferrol, A Coruña

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

Residencia Elvira Bao (A Coruña)

Para alumnado de FP. Se hai prazas vacantes se abre a universitarios. PREZO: hai varios tramos, pode saír gratuíta, o prezo maís alto está preto de 200/mes.

Residencia Ferrol

Residencias Vigo, Ourense, Pontevedra)

+ CREDO VIGO

+ CREDO A CORUÑA

Residencias Ourense

+ CREDO OURENSE

Recursos para orientarse

RECURSOS PARA ORIENTARSE

ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

DICIONARIO DE PROFESIÓNS EDUCAWEB

GRADOMANÍA

UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS UNISCOPIO

UNIGOW

BLOG

TELEGRAM

FACEBOOK

RETO: Salto ao mundo laboral

Primeiros pasos na busca de emprego: Servizos que ofrece o Concello

PIDO CITA Á ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO

APÚNTOME NA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO

Donde inscribirse para buscar emprego?

INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL

INSCRICIÓN NAS AXENCIAS DE COLOCACIÓN

INSCRICIÓN NAS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL

INSCRICIÓN NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO (SEPE)

  • Figurarás oficialmente como demandante de Emprego.
  • Debes levar: DNI, tarxeta Seguridade Social e Títulos.
  • Preguntaranche por: postos de traballo que solicitas, condicións laborais, títulos, experiencia, lugar de traballo, etc
  • Son axencias que ofrecen servizo gratuíto para buscar emprego. Colaboran co SEPE.
  • Non figuras oficialmente como demandante de emprego.
  • Listado de axencias
  • Programa para xoves de + de 16 e ata 30 anos
  • Ofrece experiencia laboral e/ou formación
  • Algunhas son tamén axencias de colocación
  • Buscador páxinas galegas

INSCRIBIRSE COMO DEMANDANTE DE EMPREGONOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO (SEPE)

SOLICITUDE CITA PREVIA Dende este enlace podes solicitar cita previa

RENOVACIÓN da DEMANDADebes facelo cada 3 meses. Podes facelo por algunha das vías que indica o enlace

LOCALIZADOR OFICINAS DE EMPREGO.Preme para buscar a túa oficina de Emprego

SERVIZOS TELEMÁTICOSXa podes facer un montón de trámites sen ter que desprazarte.

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN GALICIA

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN ESPAÑA

E que hai da formación para o emprego?

Eu vou inscribirme nos PROGRAMAS INTEGRADOS DE FORMACIÓN. Existe o compromiso de dar emprego a un 35% das persoas que participan no programa, a ver se hai sorte!

Pois eu vou a facer PRÁCTICAS NON LABORAIS para poder ter experiencia nunha empresa e poñelo no Curriculum

Eu estou indeciso e non sei que facer, vou botar unha ollada no BUSCADOR DE FORMACIÓN a ver se encontro algún CURSO gratuíto para mellorar o meu Curriculum

E que hai da formación para o emprego?

Xa me decidín, realizarei un PROGRAMA DUAL DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS (a partir de 18 an0s). Combinarei formación e emprego durante 12 meses. Cobrarei o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias

Eu vou a decidirme por un OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO (a partir de 18 anos). Dura 9 meses e cobrarei o 100% do salario míni mo interprofesional e a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

Buscar emprego nas redes

Podes buscar en (mira o enlace):

  • Portais de emprego
  • Webs de empresas
  • Apps

Comproba o que sabes

Kahoot: pon a proba o que sabes

Escape Room: superarías unha proba de traballo?

Xa estás chegando á meta

Mantén:

  • A ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexas as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
Podes, logo....a por todas!

75%

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • piensosientosoy@gmail.com
  • https://t.me/pìensosientosoy (telegram)
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com