Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

OS ECOSISTEMAS

rey.m.m.a

Created on May 13, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Urban Illustrated Presentation

KPOP Presentation

Snow Presentation

Corporate Christmas Presentation

Historical Presentation

Scary Eighties Presentation

Memories Presentation

Transcript

os ecosistemas

Empezar

Adaptación de@quiquesubi

ÍNDICE

01. QUE SON OS ECOSISTEMAS?

03. relacións alimentarias

02. tipos de ecosistemas

04. outras relacións

05. adaptacións

06. as persoas e os ecosistemas.

quE É un ecosistema?

Un ecosistema é o conxunto dun lugar e as súas condicións físicas (BIÓTOPO), todos os seres vivos que habitan nel (BIOCENOSE) e as relacións que hai entre eles.

BIÓTOPO

BIOCENOSE

BIÓTOPO

É o lugar onde viven os seres vivos e as súas características. Por exemplo:

auga

solo

aire

cantidadE de luz

temperatura

compoÑenteS vivoS

Son todos os seres vivos que habitan no ecosistema. Agrúpanse en:

especieS

pobOaciónS

comunidadES

É o conxunto de seres vivos coas mesmas características que se poden reproducir entre eles.

É o conxunto de todos os seres vivos da mesma especie que hai no ecosistema.

É o conxunto de todas as poboacións de seres vivos do ecosistema.

tipos de ecosistemas

terrestre

mixto

acuático

+ info

as relaciÓNS alimentarias

Todos os seres vivos toman alimento do ecosistema do que forman parte. Son as chamadas relacións alimentarias do ecosistema. Segundo a forma en que obteñen o seu alimento hai tres grupos ou niveis de seres vivos: produtores, consumidores e descompoñedores.

as relaciÓNS alimentarias

Todos os seres vivos toman alimento do ecosistema do que forman parte. Son as chamadas relacións alimentarias do ecosistema. Segundo a forma en que obteñen o seu alimento hai tres grupos ou niveis de seres vivos: produtores, consumidores e descompoñedores.

DESCOMPOÑEDOREs

consumidores

PRODUTORES

Aliméntanse doutros seres vivos. Son heterótrofos. Poden ser primarios, secundarios ou terciarios.

Aliméntanse de restos doutros seres vivos. Ex. fungos e bacterias.

Fabrican o seu propio alimento. Son autótrofos. Por exemplo as plantas e as algas.

Os seres do ecosistema forman CADEAS ALIMENTARIAS

CADEAS ALIMENTARIAS OU TRÓFICAS

Son esquemas con frechas, nos que se indica como circula o alimento entre os seres vivos dun ecosistema. As frechas apuntan hacia o ser vivo que obtén o alimento.

ACTIVIDADE INTERACTIVA

OUTRAS RELACIÓNS

parasitismo

mutualismo

Relación entre individuos na que os dous saen beneficiados.

Relación de seres vivos na que un se beneficia (parasito) e outro vese perxudicado (hóspede).

comensalismo

Un dos individuos sae beneficiado da relación mentres que ao outro lle é indiferente, nin sae prexudicado nin beneficiado.

AS ADAPTACIÓNS

As adaptacións permiten aos seres vivos sobrevivir. Poden ser:

ANATÓMICAS: Órganos do seu corpo adecuados para a supervivencia no seu ecosistema: aletas, cairos afiados, pelaxe, as espiñas dos cactus, ,...

FUNCIONAIS: Características do funcionamento ou do comportamento dun ser vivo que favorecen a supervivencia: danzas de apareamento, migracións ...

AS PERSOAS E OS ECOSISTEMAS

O ser humano forma parte dos ecosistemas como calquera outro ser vivo, nembargantes con algunhas das súas actividades pode alteralos e supor unha ameaza

introdución de especies invasoras

deforestación

Introducir, nun ecosistema, especies que non pertencen a él, pode ocasionar alteracións no ecosistema.

Cando se eliminan as plantas dun lugar por incendios ou tala indiscriminada.

SOBREEXPLOTACIÓN

contaminación

Non da tempo a que os recursos se rexeneren o que provoca o seu esgotamento e en casos extremos pode dar lugar á desaparición e extinción de seres vivos

Acontaminación do aire, solo e auga reduce os organismos que se atopan no ecosistema.

quE podemos Facer para proteXer O PLANETA?

Para protexer o noso planeta debemos conseguir un modelo de desenvolvemento sostible, é dicir, explotar os recursos naturais de forma racional e xusta respectando a natureza. Para iso, debemos tomar unha serie de medidas como:

protección de especies ameAzadas

reforestación

NON ESGOTAR OS RECURSOS. regRa das tres r

leIs para preservar espaZos naturaIs

reDUCIR A CONTAMINACIÓN

Https://terceirociclomacineira.blogspot.com

Adaptación de@quiquesubi