Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Rosalía de Castro. A Rosalía dos oprimidos

A Profa - Pilar Ponte

Created on May 9, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vintage Advent Calendar

Professional Advent Calendar

Interactive Event Microsite

January School Calendar

Genial Calendar 2026

Annual calendar 2026

School Calendar 2026

Transcript

Rosalía de Castro. A Rosalía dos oprimidos

1/41

Guía para alumnado de Secundaria

A Rosalía dos oprimidos

Rosalía de Castro

A biografía de Rosalía non é a dunha muller corrente, tivo unha traxectoria vital singular para aquel tempo.

Rosalía non pechou os ollos á realidade, ao revés, puxo a súa ollada naqueles membros da sociedade máis desfavorecidos, por iso é considerada a defensora dos oprimidos.

A casa de Rosalía

A casa de Rosalía é a casa de todas as galegas e galegos. Agárdante alí a nosa historia e mais a semente do noso futuro.

Rosalía é a autora de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito integramente en galego. Obra...

Rosalía ten traspasado a súa condición de escritora para se converter nun mito. A presenza social...

Interactivo creado por Pilar Ponte (A Profa) para a

A vida dunha muller singular

Guía para alumnado de Secundaria

2/41

O nacemento

A infancia

Aos cinco anos vivía coa súa nai en Padrón e con trece anos trasládanse a Santiago. Alí participa nas actividades do Liceo de la Juventud como actriz.

O 23 de febreiro de 1837 nace en Conxo, que era concello independente, María Rosalía Rita de Castro, filla dunha fidalga sen recursos e dun sacerdote. Ten como madriña a unha criada da nai e rexístrana como de "pais ignotos".

A vida dunha muller singular

Guía para alumnado de Secundaria

3/41

O matrimonio

A mocidade

Aos dezanove anos vai vivir cunha tía súa a Madrid e con vinte anos publica o seu primeiro libro, un volume de poemas titulado La Flor.

Aos vinte e un anos casa. O matrimonio Rosalía-Murguía foi a unha unión de dúas persoas que entregaron a súa vida á defensa e dignificación da nosa cultura e da nosa terra.

A vida dunha muller singular

Guía para alumnado de Secundaria

4/41

Os fillos

As viaxes

Debido ao traballo de Murguía viven en múltiplas localidades dentro e fóra de Galicia: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña, Simancas. Con ter vivido en tantas casas, Rosalía nunca tivo casa de seu. En Simancas, Valladolid, escribiu o seu libro Follas Novas.

Ten unha gran familia con Murguía, nada máis e nada menos que sete fillos, aínda que tivo a desgraza de que dous morreron.

A vida dunha muller singular

5/41

Guía para alumnado de Secundaria

A morte

As ausencias

Rosalía pasa longas temporadas soa cos fillos mentres Murguía está en Madrid.

Fina o 8 de xullo de 1885 aos 45 anos de cancro no que hoxe é a Casa de Rosalía de Castro na Matanza en Padrón. É soterrada humildemente no cemiterio de Adina (Padrón).

A vida dunha muller singular

6/41

Guía para alumnado de Secundaria

O recoñecemento popular

O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados solemnemente ao mausoleo creado para ela mediante recadación popular dentro e fóra de Galicia. Hoxe foi transformado no Panteón de Galegos Ilustres.

A Casa de Rosalía

7/41

Guía para alumnado de Secundaria

Percorrido pola Casa de Rosalía

2. A súa vida e as súas moradas

1. Unha casa para ela. A institución

Rosalía non tiña casa de seu, esta foi a casa na que pasou os seus últimos anos e o pobo galego creou unha institución e fíxose con esta casa para honrala.

Vemos de preto as fotografías da escritora e da súa nai e as diferentes casas que habitou na súa vida itinerante.

A Casa de Rosalía

Guía para alumnado de Secundaria

8/41

Percorrido pola Casa de Rosalía

3. A Rosa de cen follas. A súa obra

4. A cociña tradicional

A cociña como núcleo da casa labrega é un lugar importante onde se cociña ese "caldo de gloria" co que Rosalía salienta a importancia da xente humilde.

Cantares Gallegos e Follas Novas son as súas obras máis salientables, podemos ver tamén a súa obra poética en castelán e a obra en prosa en ambas linguas. Na mesa de luz podemos ver a súa obra e escoitar como foi musicada en todos os xéneros musicais.

A Casa de Rosalía

9/41

Guía para alumnado de Secundaria

Percorrido pola Casa de Rosalía

5. Unha factoria cultural. A súa familia

6. Muller mito. O pasamento

O retrato de grupo achéganos á súa intimidade e decatámonos de que Rosalía era unha muller á que lle gustaban os nenos e que estaba rodeada da súa familia. Vemos nela unha Rosalía tenra tamén que acariña o can.

A flor sobre a cama é a mostra de que a nosa admiración por ela permanece cada día. Veredes a súa cama e a ventá pola que quería ver o mar. Tamén atoparedes enfronte do leito mostras da admiración e homenaxe de todas as partes do mundo ante unha muller extraordinaria.

A Casa de Rosalía

Guía para alumnado de Secundaria

10/41

Percorrido pola Casa de Rosalía

8. Os pais do país

7. No gran salón. A muller

Veredes o salón en que ás veces se sentiu atrapada e hoxe é o cuarto propio dunha muller consciente de si e das iguais. Leredes e escoitaredes mostras do seu pensamento que demostran que Rosalía é a primeira feminista galega.

Rosalía de Castro e Manuel Murguía foron unha familia intelectual moi peculiar que viviron para a idea de Galicia, para a dignificación da súa lingua, da súa terra e do seu pobo.

As oito moradas de Rosalía

Guía para alumnado de Secundaria

11/41

Unha obra para quen?

Guía para alumnado de Secundaria

12/41

Unha obra para quen?

Cando Rosalía lanzaba ao mundo as súas palabras non escribía só para a Galicia do seu momento. Os elevados índices de analfabetismo da súa época facían imposible que puidese ser lida por moito público e menos aínda por público feminino, e ela era sabedora disto. Aínda así, e malia a súa morte prematura, Rosalía escribiu unha grande obra para a súa época e tamén para os que habiamos de vir despois. Unha obra coa que podes seguir dialogando como se fose escrita hoxe, que nos segue a servir para interpretar a nosa realidade pasada mais tamén a nosa realidade presente, velaí a grandeza do seu legado.

A obra rosaliana

Guía para alumnado de Secundaria

13/41

Rosalía nace o23 de febreiro de 1837

Liña do tempo para viaxar pola obra deRosalía de Castro

La flor(1857)

Lieders(1858)

La hija del mar (1858)

Flavio(1861)

A mi madre (1863)

Cantares gallegos (1863)

El cadiceño (1866)

Las literatas.Carta a Eduarda (1866)

Contos da miña terra (1864)

El primer loco.Cuento estraño (1881)

Ruinas(1866)

Follas Novas (1880)

El caballero de las botas azules (1867)

Poesía en galego

Prosa en galego

* Preme en cada nodo para acceder a máis información sobre cada unha das obras.

Poesía en castelán

Rosalía morre o15 de xullo de 1885

Prosa en castelán

El domingo de Ramos (1881)

Padrón y las inundaciones (1881)

En las orillas del Sar (1884)

Costumbres gallegas (1881)

Cantares gallegos (1863)

Guía para alumnado de Secundaria

14/41

Un nacemento que resultou ser Rexurdimento

  • Primeiro libro escrito integramente en galego.
  • Marca o inicio do Rexurdimento pleno aínda que daquela se considerou un nacemento.
  • Consagrou a Rosalía como a NAI DAS NOSAS LETRAS, un feito excepcional na literatura universal onde poucas tradicións literarias están encabezadas por mulleres.
  • Con poemas como "Castellanos de Castilla" convértese na iniciadora da literatura de denuncia social en galego, mesmo antes ca Curros, e adiantándose nun século ao boom da poesía social.
  • Rosalía parte da literatura popular, da produción cultural máis democrática e universal dun pobo, para crear unha obra que dignifique ese pobo e a súa terra.
  • Foi o único libro que viu unha segunda edición en vida da autora.

Cantares Gallegos na Biblioteca Virtual Galega.

Cantares gallegos (1863)

Guía para alumnado de Secundaria

15/41

Moucho, non che teño medo!

Animación realizada polo Obradoiro de Educación Plástica do IES As Barxas de Moaña, esta obra foi galardoada co 1º premio no concurso Imaxina Cantares! na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria.

Cantares gallegos (1863)

Guía para alumnado de Secundaria

16/41

Cantares Gallegos (1863)

Cantares gallegos (1863)

Guía para alumnado de Secundaria

17/41

Sheila Patricia feat Rosalía

Follas Novas (1880)

Guía para alumnado de Secundaria

18/41

A consolidación

Del di no prólogo Emilio Castelar "Si la literatura gallega no tuviese ningún otro libro más que las Follas Novas de Rosalía Castro, bastábale para su lucimiento y para su gloria".Se ben hoxe sería moito dicir, podemos afirmar que Follas Novas é un microcosmos poético onde orbitan dende a falta de sentido da existencia ata a poesía social pasando polo feminismo, o amor ou a vocación literaria que abren os novos horizontes da literatura galega. Lembremos que se publica en 1880 na Habana grazas ao editor Alejandro Chao, galego emigrado na capital cubana e amigo íntimo de Murguía e Rosalía, o cal nos dá conta da incomprensión atopada aquí e da dificultade de editar no propio país. No prólogo xa a propia autora chama a nosa atención sobre a significación da obra "Recíbano non polo que val sinón polo que significa" consciente do papel que a súa obra había ter naquela altura aínda que ignorante de todo o que había supoñer co paso do tempo.

Follas Novas na Biblioteca Virtual Galega.

Follas Novas (1880)

Guía para alumnado de Secundaria

19/41

O tema "A xustiza pola man" tense convertido nun dos himnos de Rosalía polos seus valores reivindicativos de xustiza e feminismo, aquí tes unha versión de SonDaRúa. Ao carón desta, son numerosas as versións musicadas deste poema por artistas de estilos tan diferentes como Nao, Amancio Prada, Poetarras ou O Val das Mouras e tamén versións noutras artes como a animación.

SonDaRúa feat Rosalía

SonDaRúa feat Rosalía

Follas Novas (1880)

Guía para alumnado de Secundaria

20/41

Soia

Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sinto negras soïdás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime ond'está.

Tecín soia a miña tea,sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virm'a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferve o pote... mais, meu caldo, soíña t'hei de cear.

Os escritos feministas

Guía para alumnado de Secundaria

21/41

O discurso feminista

"Lieders" (1858)

Rosalía constrúe un discurso feminista que vai dende o ano 1858 de "Lieders" ata 1884 en Las orillas del Sar atravesando toda a súa produción sen diferenciación nin lingüística (tanto en galego como en castelán) nin de xénero textual (prosa non ficcional, novela e poesía).

Publicado con vinte e un anos, pode considerarse un dos primeiros manifestos feministas, nel xa aparecen os grandes principios do seu pensamento crítico e da súa acción intelectual e literaria: liberdade, independencia e igualdade.

"Eu son libre. Nada pode protexer a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."
"Lieders" (1858)

Os escritos feministas

Guía para alumnado de Secundaria

22/41

"Eu son libre. Nada pode protexer a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."
"Lieders" (1858)

Lidia Cao (Facebook)

A Rosalía total

Guía para alumnado de Secundaria

23/41

A Rosalía do pobo

Unha autora,tres dimensións

O primeiro que fixo Rosalía foi mirar ao seu redor para as xentes de Padrón e retratar o noso pobo.

Se estudamos a obra de Rosalía podemos sinalar tres dimensións en que ela puxo a súa ollada: o pobo galego, os oprimidos e as mulleres.

A Rosalía dos oprimidos

Rosalía, fronte ás escritoras e escritores da súa época, non dirixiu a súa ollada para as clases altas senón para aqueles membros da sociedade máis oprimidos e indefensos (os pobres, os labregos, os nenos...).

A Rosalía feminista

E especialmente mirou e pensou nas mulleres do pobo, dobremente oprimidas pola miseria económica e polo machismo.

Rosalía no século XXI

Guía para alumnado de Secundaria

24/41

O Rabelo feat Rosalía

O tema "Somos legiom" do Rabelo recolle a tradición lírica de Cantares Gallegos retomando esa mensaxe de Rosalía á meniña gaiteira e transformándoa nun canto de comunidade e rebelión.

Rosalía no século XXI

25/41

Guía para alumnado de Secundaria

Tanxugueiras feat Rosalía

O tema "Seghadoras" de Tanxugueiras é herdeiro tamén da obra rosaliana tanto no plano formal como no do significado.

Rosalía no século XXI

Guía para alumnado de Secundaria

26/41

A Rosalía versionada

Rosalía tamén está presente en múltiplas versións que se fan dos seus textos dándolles unha nova vida con ritmos e estéticas de hoxe. Velaquí tes un exemplo de dobre recreación realizado por profesorado do CPI As Mirandas de Ares:1) Dunha banda, o videoclip realízase sobre canción "Malaxente" da cantautora galega MJ Pérez. 2) Doutra, a propia canción "Malaxente" está creada por MJ Pérez mediante a fusión da música do tema "Malamente" da cantante Rosalía, co poema "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro.

Rosalía no século XXI

Guía para alumnado de Secundaria

27/41

A Rosalía en novos formatos

A obra de Rosalía igual que ao longo da historia foi atravesando diferentes formas de transmitirse, en letra impresa, en actos literarios públicos, a través da radio e da televisión, agora no século XXI non deixa de facelo e incorpórase aos novos formatos. Neste vídeo podedes ver como alumnado do IES Campo San Alberto de Noia transforman os textos de Rosalía ao formato audiovisual tiktokeiro para tamén gozar de Rosalía cunha estética de seu das redes sociais.

A Rosalía mito

Guía para alumnado de Secundaria

28/41

Rosalía non é comparable a ningunha outra figura histórica nin actual

Rosalía é xa un mito. Recoñecida na nosa terra e no mundo enteiro, o seu nome chega tanto a unha praza, coma a un teatro, un aeroporto, un avión ou mesmo unha estrela. A súa imaxe é o símbolo co que se identifica tanto a nosa terra como a condición de muller feminista. A súa imaxe é, e será por sempre, a imaxe das heroínas do cotián.

A Rosalía mito

29/41

Guía para alumnado de Secundaria

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

O principal teatro da cidade da Coruña leva o seu nome.

A Rosalía mito

Guía para alumnado de Secundaria

30/41

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

O principal aeroporto galego tamén leva o nome da nosa escritora.

A Rosalía mito

31/41

Guía para alumnado de Secundaria

Rosalía non é comparable a ningunha outra figura histórica nin actual

Rosalía foi elixida para figurar no billete de 500 pesetas, no reverso figuraba a Casa de Rosalía.

A Rosalía mito

Guía para alumnado de Secundaria

32/41

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

Desde 2017 un Boeing 737 da compañía norueguesa Norwegian leva o nome e a imaxe de Rosalía de Castro. Tamén leva o seu nome unha aeronave de salvamento marítimo e un avión da compañía Iberia.

A Rosalía mito

Guía para alumnado de Secundaria

33/41

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

As súas estatuas repártense por todo o mundo así como tamén as prazas, rúas e avenidas co seu nome. Rara é a poboación galega que non lle dedicou unha praza ou unha rúa.

En Lugo.

En Barakaldo (Euskadi).

No Porto.

En Ferrol.

En Bos Aires.

En Santiago.

A Rosalía mito

Guía para alumnado de Secundaria

34/41

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

Nós últimos anos, Rosalía tamén está a ser protagonista de numerosos murais por todo o noso país.

Yoseba M. P.

A Rosalía mito

Guía para alumnado de Secundaria

35/41

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

A súa imaxe, igual que a doutros mitos da música ou do cine, é utilizada para o deseño de pezas de vestir, complementos, obxectos de papelaría, xoiaría, cartelaría e todo tipo de representacións asociada a valores como a muller, o feminismo, a liberdade, a forza e Galicia.

A estrela Rosalía

Guía para alumnado de Secundaria

36/41

Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual

Dende decembro de 2019 hai unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.

A estrela Rosalía

37/41

Guía para alumnado de Secundaria

Rosalía non é comparable a ningunha outra figura histórica nin actual

E ti canto sabes de Rosalía?

38/41

Guía para alumnado de Secundaria

Acerta con Rosalía

39/41

Guía para alumnado de Secundaria

+ Rosalía

40/41

Guía para alumnado de Secundaria

Ofrecémosche agora unhas ligazóns onde poderás atopar + Rosalía na rede. Preme no nome para acceder.

8 palabras relacionadas con Rosalía

Acerta con Rosalía. Bacharelato

De Cantares hoxe

E ti canto sabes de... Rosalía de Castro? Bacharelato

Es ti que cantas

"A infancia de Rosalía", Vía Rosalía | Nós TV

Negra sombra (Rosalía de Castro) (capítulo de La mitad invisible, programa documental en castelán)

"Rosalía como inspiración", Vía Rosalía | Nós TV

Rosalía de Castro. A súa obra. Bacharelato

Rosalía de Castro. Álbum de mulleres. Consello da Cultura Galega

Rosalía de Castro. Cervantes Virtual

Rosalía de Castro musicada. Lista en Spotify

Rosalía, sempre viva!

41 41

Este interactivo creounoPilar Ponte (A Profa)para a Casa de Rosalía

Muro de Rosalía no IES Félix Muriel de Rianxo