Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

osecreto_v2-con-opcions

Ronsel

Created on May 4, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Business Proposal

Project Roadmap Timeline

Step-by-Step Timeline: How to Develop an Idea

Artificial Intelligence History Timeline

Microlearning: When to Use Chat, Meetings or Email

Magazine dossier

Microlearning: Graphic Design

Transcript

Dámosvos a benvida a... ‘O Secreto do Caderno Verde’. Podedes seguir o relato premendo nas frechas á esquerda e dereita de cada ilustración, para movervos adiante ou atrás, ou escollendo as diferentes opcións que atoparedes a pé do texto. Convidámosvos ademais a realizar as actividades propostas.

Todos están de acordo. Espectacular o documental que viron hoxe en clase. Contaba a historia duns mozos e mozas dunha escola de música que formaron unha orquestra moi especial: todos os instrumentos estaban elaborados reciclando e reutilizando diferentes materiais e residuos. Sira, que está escoitando moita música heavy ultimamente e é toda unha caixa de datos, cóntalles algúns detalles que non saen no documental: “Sabedes que o grupo Metallica convidou a orquestra a participar nunha pequena xira?”, conta diante do abraio dos demais. “Pois falando de música, eu teño mágoa de non terme apuntado ás clases extraescolares hai dous anos, dádesme envexa agora cando vos vexo cos instrumentos”, confésalle Prisco a Navia. “Estás a tempo Prisco! Lucas quere deixar o grupo a final de curso, así que imos precisar outro batería. Co que che gustaba bater nos potes e cazolas cunha culler xa de máis cativo, seguro que é o teu!”. “Por certo, contade comigo para o que falamos do cartel, teño xa un par de bosquexos para a ilustración”, comenta Artur. “Xenial! Cando teñamos algún tema máis comezaremos a pensar en organizar algún concerto. A nosa idea era poñer xa o deseño na web do grupo, en canto a rematemos”.

“Ben, haberá que ir marchando, a onde imos?”

Imos á Biblioteca do colexio.

Imos á Sala de vídeo e computadoras da escola.

Claramente apareceron as primeiras pistas pero... realmente ningunha delas pon moita luz sobre o que puido acontecer. Navia propón iniciar unha rolda de preguntas polo centro entre as persoas que, con probabilidade, puideran ter visto algo no espazo de tempo no que se produciu a desaparición. “Perfecto! Que comecen os interrogatorios!”, sentenza Prisco. “Home... máis que interrogatorios... eu creo que de momento buscamos testemuñas antes que sospeitosos”, aclara Sira. “Pois eu xa teño algún sospeitoso, ou sospeitosa”, teima Prisco, “Que me dicides da moza que deu a alarma? Non me fío, creo que é unha manobra de despiste. Mandounos ao outro lado do instituto, cando o lóxico sería que nos lembrase que Trisca estaba onda sempre, na Illa de Reciclaxe”. “Mirade, a esa hora eu creo que tiña que estar en clase”, subliña Artur. “Se de sospeitosos falamos, máis sospeitoso sería Marcelo, o profesor de Educación Física, xa que puido coincidir co tempo no que, supostamente, estaba repintando as liñas do campo de básquet aquí ao lado”. Prisco súmase inmediatamente á sospeita: “Pois claro! Desde aí algo tivo que ver. E se non levou el a Trisca, cheira a cómplice”. “A ver, ‘Sherlock’”, chancea Sira, “moi claro o ves todo, pero repara no detalle: Marcelo estaba máis afastado do que pensas. E se alguén é probable que estivese na zona é Nuria, que esta semana é a profesora encargada do patio”. “Fagamos balance”, propón Navia, “algo de certo hai en todo o que estades expoñendo. O que está claro é que, sospeitosos ou testemuñas, pode que algunha pista saquemos se falamos con todos. Que vos parece? Por quen empezamos?”.

Queres saber máis sobre o catálogo de árbores senlleiras? Preme aquí: https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&sub=Arbores_senlleiras/

Cando chegan á sala de vídeo e computadoras, nas mochilas van xa varios libros interesantes para os próximos días. Navia e Artur teñen un debate animado. “Entendo o que dis Artur, pero non só os libros de divulgación nos ensinan a respectar o medio ambiente, tamén as novelas”. Sira está de acordo co argumento de Navia: “Igual que non só nos documentais podemos aprender sobre a natureza, senón tamén nas películas de ficción”. Navia engade: “Por exemplo, ti que es afeccionado ao mundo de Tolkien, a novela ‘O señor dos aneis’ tamén ensina bastante sobre o respecto á natureza”. Ao fío, Navia sinala o debuxo que Artur realizou sobre o cartafol de apuntamentos. “Tes razón”, Artur ri, non é que queira presumir, pero é un debuxo especialmente bo. Representa un dos personaxes principais dese mundo de elfos, ananos, hobbits e outros seres. En concreto, un guerreiro que levaba no nome unha árbore autóctona galega que durante moito tempo foi a máis abundante en Galicia.

Artur consulta o correo electrónico e Sira está vendo vídeos sobre diferentes cuestións relacionadas coa natureza. “Que fas Prisco, vendo vídeos de gatiños?”, chancea Navia. “Son un clásico e encántanme os gatos”, ri Prisco e ensínalle a Artur o seu último descubrimento. Un mozo escocés que percorre o mundo coa súa bicicleta rescatou unha gatiña abandonada. Agora lévaa con el nunha cesta na propia bici e son amigos inseparables: vai contando todas as aventuras nun blog e nas redes sociais. “O que ti non atopes!”, dille Navia. De súpeto, escóitase ruído no corredor. Parece que algo sucedeu. Navia e Prisco saen ver cal é a orixe do balbordo. Unha compañeira cóntalles as novidades. Parece que desapareceu Trisca! Míranse sorprendidos. Xusto estaban falando de animais adoptados e chega esta nova. Trisca é unha xove e fermosa cadela que rescataron durante unha excursión da escola ao bosque de Vilaverde. Parece que alguén a deixara alí abandonada. A propia profesora que os acompañaba, Lúa, a titora da clase, decidiu adoptala. E ao tempo, toda a clase decidiu por unanimidade convertela na mascota da aula. Daquela aínda non tiña nome. Houbo unha axitada votación con moitas propostas e, contra o prognóstico inicial, rematou gañando pola mínima o nome proposto por Prisco. Así que dende aquela a cadeliña estreou nome: Trisca. Así son as cousas: Prisco bautizou a Trisca!

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

imos para a casa?

O grupo decide iniciar a investigación do suceso.

“A hora da merenda é sagrada”, argumenta Prisco, “eu non podo pensar ben co estómago baleiro”. “Espero que sexa iso e non que tes na casa un videoxogo novo para estrear...”, ironiza Navia. Sira tamén o reprende: “Non podo crer o que escoito, Prisco, co unido que estás á cadeliña, se mesmo fuches ti o que lle puxo nome!”. Un pouco avergoñado, Prisco mira cara a Artur como buscando axuda, pero o seu amigo tamén move a cabeza en xesto de censura e anímao: “Veña Prisco, se no fondo estás de acordo con todos: é importante que axudemos a buscar a Trisca. As primeiras horas dunha desaparición son clave”. “Tedes razón”, admite Prisco, “é importante que investiguemos canto antes. Quen sabe, como é tan curiosa puido marchar a investigar algún ruído ou algún animal que a sorprendeu e ter un accidente e necesitar axuda urxente”. “Esa é a actitude Prisco”, veña vaiamos mirar.

Están todos de acordo. O mellor é iniciar xa a investigación. As primeiras horas son chave cando se produce unha desaparición, subliñan Navia e Artur. E se Trisca escapou para vivir algunha das súas aventuras e sufriu algún tipo de accidente, podería estar ferida e necesitar axuda urxente. Á sombra dunha das árbores do xardín do instituto, planifican a investigación e falan sobre todas as posibilidades. A titora, Lúa, está de baixa porque acaba de ter un meniño esta mesma semana. Como aínda está no hospital e terá lea na casa os primeiros días, tanto o seu alumnado como parte do profesorado, ofreceuse a coidar a Trisca durante uns días. O feito de que fose adoptada despois de ser rescatada durante unha excursión da aula, creou un vínculo moi especial coa clase, e non é raro que Trisca acuda con Lúa á escola en máis dunha ocasión. A rapazada está encantada coa cadela e iso fai que a preocupación pola súa desaparición sexa aínda maior. Ademais, os primeiros datos son desacougantes: varias persoas opinan que a desaparición non foi por vontade propia. Foi Trisca secuestrada por alguén? Iso complícao todo. Logo de falalo, deciden non dicirlle nada a Lúa: o mellor é non preocupala innecesariamente de momento, xa que aínda estará débil despois de ter dado a luz. Todos opinan que Trisca aparecerá axiña.

Por onde comezamos. Preme na opción que desexes.

Investigamos na Illa de Reciclaxe.

nvestigamos na horta da escola.

O grupo chega ata a Illa de Reciclaxe. Tiña moita lóxica acudir aquí, porque é o lugar onde habitualmente deixan a Trisca cando vén á escola e nos momentos nos que non pode estar acompañada. Aquí hai un espazo perfecto para ela e a miúdo ten á beira un par de cuncas, unha con auga e outra con algunha cousa para comer. Navia examina a corda coa que habitualmente queda prendida Trisca. “Fixádevos no sistema de enganche. É imposible que ela o desprendese”, indica Sira. Prisco está de acordo: “Xa podía facer toda a forza que quixese, ese peche de seguridade só o pode abrir unha persoa”. “En todo caso”, chama a atención Navia, “por que deixaron a corda aquí? Se alguén ceibou a Trisca o lóxico sería que ela escapase: se a levaron, tiveron que usar outra corda”. Mentres falan, Artur fai un bosquexo rápido da escena, e debuxa con moito detalle a correa e o sistema de seguridade que ten nos dous extremos. “Non se metería nalgún dos contedores, non?”, insinúa Prisco, “porque caber... cabe”. Navia ri, “Iso é improbable”. Mais, desconfiado e por se acaso, Prisco abre un deles. “En calquera caso, lembrade que no instituto os restos orgánicos van ao composteiro, que é a onde os animais habitualmente se senten máis atraídos”, recórdalles Sira. “Cres que puido ventar algún rato e achegarse deica aló?”, pregunta Artur. “Eu o que creo é que quen a levou trouxo a súa propia correa para prendela, así que penso que foi unha acción premeditada”, expón Navia.

Por certo, e xa que estamos aquí, de que están feitos e que capacidade teñen os contedores da Illa de Reciclaxe?

Xa estivemos na horta da escola? Preme aquí se queres acompañar o grupo a investigar alí.

A horta da escola é un proxecto que comezou de xeito moi modesto hai xa catro anos. Pero agora é todo un éxito. Moitos dos alimentos que se cultivan aquí forman parte do menú do comedor do centro escolar. E a comunidade educativa está moi comprometida co mantemento da horta. As quendas que se organizan para coidala están sempre ben cubertas. A iniciativa mesmo gañou o ano pasado o premio outorgado por unha asociación ambiental. Temos un pouco de todo: tomates, leitugas, chícharos... O grupo fala con Ánxela, a profesora que habitualmente coordina o traballo na horta escolar. Ánxela recórdalles que o composteiro serve para o tratamento da materia orgánica xerada no conxunto do centro e que lles permite obter un abono de alta calidade. Un abono que se usa despois nesta mesma horta e tamén na zona do xardín. Non é raro que algún animal se poida achegar, ás veces atraído polo olor, pero é un recipiente moi sólido e seguro. Artur chama a atención sobre unhas pegadas que hai na zona onde están as cenorias. Saca o caderno e traza un esquema: “Está claro que son pegadas caninas”, confirma Sira. Prisco concorda e Navia revela outro detalle cando menos curioso: “Oes Ánxela, nesta parte faltan algunhas cenorias, xa as recollestes?”. Ánxela estráñase: claramente moitas delas xa poderían recollerse, pero non está previsto facelo ata a próxima semana. “Pois Trisca non creo que lles botase o dente!”, ri Prisco.

Xa estivemos na Illa de Reciclaxe da escola? Preme aquí se queres acompañar o grupo a investigar alí.

Se queres saber algunhas outras cousas que poden atoparse na horta da escola, poderás atopalas nesta sopa de letras. Preme e arrastra para rodear cada un dos cultivos. Ollo, non só hai hortalizas, na horta, senón tamén algunhas árbores que dan saborosas froitas!

Claramente apareceron as primeiras pistas pero... realmente ningunha delas pon moita luz sobre o que puido acontecer. Navia propón iniciar unha rolda de preguntas polo centro entre as persoas que, con probabilidade, puideran ter visto algo no espazo de tempo no que se produciu a desaparición. “Perfecto! Que comecen os interrogatorios!”, sentenza Prisco. “Home... máis que interrogatorios... eu creo que de momento buscamos testemuñas antes que sospeitosos”, aclara Sira. “Pois eu xa teño algún sospeitoso, ou sospeitosa”, teima Prisco, “Que me dicides da moza que deu a alarma? Non me fío, creo que é unha manobra de despiste. Mandounos ao outro lado do instituto, cando o lóxico sería que nos lembrase que Trisca estaba onda sempre, na Illa de Reciclaxe”. “Mirade, a esa hora eu creo que tiña que estar en clase”, subliña Artur. “Se de sospeitosos falamos, máis sospeitoso sería Marcelo, o profesor de Educación Física, xa que puido coincidir co tempo no que, supostamente, estaba repintando as liñas do campo de básquet aquí ao lado”. Prisco súmase inmediatamente á sospeita: “Pois claro! Desde aí algo tivo que ver. E se non levou el a Trisca, cheira a cómplice”. “A ver, ‘Sherlock’”, chancea Sira, “moi claro o ves todo, pero repara no detalle: Marcelo estaba máis afastado do que pensas. E se alguén é probable que estivese na zona é Nuria, que esta semana é a profesora encargada do patio”. “Fagamos balance”, propón Navia, “algo de certo hai en todo o que estades expoñendo. O que está claro é que, sospeitosos ou testemuñas, pode que algunha pista saquemos se falamos con todos. Que vos parece? Por quen empezamos?”.

E por certo, sabes por que Sira fixo a broma de chamarlle “Sherlock” a Prisco cando expoñía a súa teoría detectivesca? Preme na opción correcta:
A quen interrogamos? Preme na opción que desexes.

Ao profesor de Educación Física.

Á compañeira que deu a alarma.

Á profesora encargada hoxe do patio.

Enfundado no seu chándal e cun balón de baloncesto debaixo do brazo, Marcelo está encantado de falar coa rapazada. “Moi ben, así que investigando... Eu son moi afeccionado ás novelas de misterio desde que de cativo comecei a ler as historias de Sherlock Holmes! Recoméndovolas se non as coñecedes. Fixéronse varias pelis, pero as novelas teñen un aquel especial, son todo un clásico!” Marcelo é moi falador e comeza a recitarlles nomes de detectives famosos. Caro lle custa ao grupo poder encarreirar a conversa e ir ao miolo. Viu algo que lles poida axudar a atopar a Trisca? Marcelo non recorda con exactitude, porque estaba moi concentrado arranxando e pintando unhas botellas baleiras para reutilizalas como pivotes nunhas actividades. Pero si lembra que fugazmente pasou alguén que levaba un abrigo escuro. “Era un adulto?”, pregunta Navia. Marcelo non está seguro, dende logo, se era un mozo ou moza do instituto, era moi alto, pero o profesor cre que era un adulto. “O raro é que me parece que levaba un abrigo longo, unha gabardina se cadra, o que é estraño nun día como hoxe, que desde cedo amenceu con moito sol e levabamos unha semana de non pouca calor”.

Mira esta lista. Son nomes de detectives famosos da literatura universal. Mais entre eles colouse un nome que non é dun detective senón dun tamén moi famoso autor/a. Saberás dicirnos cal? Preme no correcto.
A quen interrogamos? Preme na opción que desexes.

Á compañeira que deu a alarma.

Á profesora encargada hoxe do patio.

Mencía foi a rapaza que avisou da desaparición de Trisca. O grupo pensa que o seu testemuño pode ser fundamental. Navia, Artur e Sira están falando con ela, mentres Prisco, a certa distancia, titubea e murmura algo entre dentes: “Non sei eu, todo isto é moi raro”. Mencía non recorda moitos detalles, pero si que lembra que, cando volvía para avisar, pareceulle ver ao lonxe, na parte do auditorio, que está xa case na saída do centro, a alguén sospeitoso. “Algún detalle que te chamara a atención?”, pregunta Artur. A rapaza cóntalles que lle pareceu que era un home, pero que levaba algo que o envolvía, como un vestido estraño. “É raro nun día de calor coma hoxe, pero podería ser un abrigo?”, pregunta Sira. “Máis ben eu diría que parecía unha capa, pero si, se cadra era un abrigo. En todo caso moveuse tan rápido que xa non vos sei dicir, e nese momento non caín na conta de que podía ser alguén sospeitoso da desaparición de Trisca”.

A quen interrogamos? Preme na opción que desexes.

Ao profesor de Educación Física.

Á profesora encargada hoxe do patio.

“Pouco a pouco ímolo conseguindo”, explícalles Lucía cando os mozos e mozas chegan a falar con ela. “Fixádevos no ben que loce o patio así de limpo”, insiste a profesora, “asegúrovos que hai algúns anos non era habitual atopalo así, pero avanzamos moito en concienciación”. Lucía inscribiu o instituto nunha iniciativa que se chama ‘Recreos Residuos Cero’. Entre outras cousas, fomentouse o uso de envases reutilizables, como friameiras, bolsas portabocadillos ou cantimploras. Ademais, tamén se está fomentando o consumo de froita fresca. Non só cada vez hai menos lixo procedente de envases plásticos, senón que os residuos son agora masivamente depositados nos contedores correspondentes. “Aínda que non sempre”, comenta Artur recollendo o envoltorio dunha chocolatina e levándoo cara ao contedor amarelo. Lucía asegúralles que non viu a Trisca durante a mañá, pero non está segura de se alguén sospeitoso pasou polo patio mentres ela estivo aló. Mentres Navia e Prisco falan con ela, Artur e Sira atopan outro curioso obxecto ciscado no chan do patio. “Isto si que é raro, dende logo non parece que estea relacionado con nada que alguén almorzase hoxe aquí a media mañá”, analiza Sira. Avisan aos demais, que chegan para ver o que Artur sostén entre dous dedos, un naipe dunha baralla de cartas. Pero un só, non se ve rastro de máis.

A quen interrogamos? Preme na opción que desexes.

Ao profesor de Educación Física.

Á compañeira que deu a alarma.

A correa de Trisca, abandonada e con claros signos de que alguén ceibou a cadela ou que a levou con outra correa... Un naipe solto dunha baralla ciscado no chan do patio... Un home sospeitoso envolto nun abrigo escuro un día especialmente caloroso... Rastro de pegadas caninas na horta escolar... “E non vos esquezades do roubo das cenorias!”, recorda Prisco. A Sira dalle a risa: “Non, non nos esquecemos, pode que unha banda de roubacenorias secuestrase a Trisca”. Bromas á parte, sobre a mesa hai algunhas pezas do crebacabezas que de momento aínda non encaixan. Xa que logo, hai que decidir cal será o seguinte paso.

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Acusan a compañeira que deu a alarma.

Seguen investigando no cole.

Van investigar fóra do cole.

“Confesa, se sabes onde está Trisca, lévanos xa ata ela!”. Prisco, coa cara encarnada e moi nervioso apunta a rapaza co dedo, semella que acusándoa de ser cómplice da desaparición da cadela. A pouca distancia, Sira e Artur rin divertidos e rexouban do compañeiro. Dise na escola que a Prisco lle gusta esta rapaza, pero non é quen de atreverse aínda a facerlle as beiras. E agora, coa ansia de falar con ela, non se lle ocorre outra que acusala da desaparición de Trisca. Este Prisco non as pensa! “Eh! Imos tranquilizarnos todos, vale Prisco?”, pon paz Navia. “Que aquí viñemos a buscar pistas, non a acusar a ninguén, de acordo?”. A cara de Prisco estase poñendo xa en modo pemento encarnado de vergonza máxima e non sabe como saír do lío. “Errr, claro, en fin, era broma oh!”, trata de zafar. Por sorte, a rapaza non llo tomou a mal, senón que mesmo parece facerlle moita graza a acusación. Está claro que ela non puido ter que ver coa desaparición e, por se tiveran algunha dúbida, explícalles a secuencia dos seus movementos no instituto durante ese día. O feito de que fose a primeira en darse conta da desaparición foi pura casualidade, xa que se encargou de levar un feixe de papel e cartón da súa aula ata a Illa de Reciclaxe, momento no que reparou en que Trisca non estaba.

Queres pensalo mellor? Aquí tes outras opcións.

Seguen investigando no cole.

Van investigar fóra do cole.

Mentres falan sobre os seguintes pasos a dar, Artur está facendo un bosquexo. Acostuma a ter o lapis na man con moita frecuencia e, ás veces, parécelle que pensa mellor mentres debuxa, deixándose levar, sen unha idea predefinida. Por riba do seu ombreiro asoma a cara de Navia que mira con interese o que Artur esboza sobre o papel. “Oes Artur, que é exactamente isto?”, pregúntalle. Sorprendido, Artur repara no contorno da escena que estaba representando no caderno case sen pensalo. “Mmm, pois supoño que estaba cavilando no que nos contaron tanto Marcelo como Mencía, o do home do abrigo”. Na imaxe vese un home que camiña polo que semella ser o recinto do instituto, que parece querer ocultarse cunha ampla capa negra que flota como movida polo vento. Prisco e Sira achéganse tamén. “Agora que vexo o teu debuxo, estou lembrando que a esa hora houbo moito movemento no contorno do auditorio, porque o grupo de teatro está preparando a obra de fin de curso”. Navia toma unha decisión: “Creo que deberíamos achegarnos ata o auditorio, seguro que aínda queda alguén aló”.

O auditorio está aínda a esta hora máis animado do que pensaban. A todos lles gusta bastante o teatro e están desexando ver a representación da obra a final de curso. Prisco e Sira están cavilando en apuntarse o próximo curso no grupo de teatro. A Navia e a Artur non lles interesa subirse ao escenario, pero Navia está interesada en colaborar co guión da obra. E no caso de Artur, como todo o mundo coñece a súa habilidade co lapis e os pinceis, xa lle pediron este ano que lles botase unha man cunha parte dos decorados. “Quedou xenial Artur! Moitas grazas pola túa colaboración”, dille unha das rapazas que fará un papel na obra. Os dous están vendo a pequena achega de Artur ao proxecto: un dos decorados representa unha fiestra aberta e, a través dela, pode verse unha ampla paisaxe co mar ao lonxe. “Dende logo, parece que fose unha fiestra de verdade. Un traballo fino Artur!”, admira tamén Prisco. Sira está agora falando cunha moza que leva unha caixa da que asoma roupa. Explícalle que son prendas de segunda man que foron entregadas por moitas familias do alumnado. “É roupa vella que, ou xa non usaban ou en moitos casos seguro que ían tirala. E fíxate, agora, grazas a ela, fixemos un pequeno ‘armario’ do que botamos man para as clases de teatro”. Dende logo, é unha excelente idea. “Trouxeron moita máis roupa, pero a maioría, logo de escoller toda a que está en bo estado, foi doada a unha asociación que se encarga de distribuíla a persoas sen recursos e tamén se envía a outros países”. O vindeiro ano, explícalles, estase falando xa da escolla doutra obra para representar. Unha das candidatas é ‘Os vellos non deben de namorarse’. A Prisco sóalle moito a obra, cre que súa irmá maior ten o libro na casa. Ha de preguntarlle e pedirllo para lelo e facerse unha idea e coñecer ben a obra cando comecen as clases e os ensaios. Fixo que Sira sabe o nome, pero se el fai un esforzo seguro que recorda o nome do autor.

Botámoslle unha man? Cal destes é? Preme no correcto.

“Moi ben Prisco, aínda imos facer de ti un intelectual”, felicita agarimosamente Navia a Prisco. Sira engade algún dato máis: “Efectivamente, Os vellos non deben de namorarse foi escrita por Castelao. Sabedes que a escribiu mentres estaba en Nova York? Ademais, representouse por vez primeira en Bos Aires”. Pero non perdamos o fío da investigación. O grupo indaga entre os teatreiros posibles pistas que acheguen algún dato útil para atopar a Trisca. A moza que está ordenando a roupa failles notar que o sospeitoso do abrigo se cadra non levaba abrigo, senón unha capa, tal e como Artur imaxinaba no bosquexo que realizou no seu caderno. “Unha capa como esta mesma, que temos usado máis dunha vez para ensaios e para algún espectáculo máis, fixádevos”, e mentres o di, estende unha ampla capa negra diante deles. “Iso explicaría que nun día tan caloroso alguén parece ir tan abrigado”. Despídense do grupo de teatro e saen a debater o seguinte chanzo da investigación. Antes de saír, a coordinadora achégalles o programa da festa de fin de curso con todas as actividades que se celebrarán, a maioría no propio auditorio, incluíndo a obra de teatro.

Que fará o grupo a continuación? Preme na opción que desexes.

Seguen investigando no colexio.

Van investigar fóra do colexio.

O grupo fai un descanso no interior dunha aula despois das primeiras pesquisas e aproveita para facer balance. Prisco expresa o seu temor a que non sexan quen de atopar a Trisca. Todos están moi afectados pola desaparición. Artur recorda o cartel que debuxou en Nadal para unha campaña que se lles ocorreu precisamente grazas a Trisca. A titora contoulles que é moi habitual que tanto coincidindo con aniversarios como coas vacacións de Nadal, haxa moitas familias que se fagan con mascotas sen pensalo ben antes. “Traer un novo amigo ou amiga, sexa un can ou un gato, a un fogar, é unha decisión moi importante”, explicoulles Lúa, “e hai que estar seguros de que nos imos comprometer e asumir as responsabilidades que iso leva consigo”. Todos estiveron de acordo: a propia Trisca foi abandonada por algunha persoa irresponsable. Por iso, ocorréuselles facer na vila unha campaña que se titulou “Un animal non é un xoguete”. Artur ilustrou o cartel. A iniciativa recomendáballe ás persoas que non merquen animais, senón que os adopten. Ademais, subliñaba que os animais son seres vivos que senten e padecen: a nosa responsabilidade é coidalos e alimentalos e garantirlles o mellor benestar.

Navia tamén recorda a campaña que impulsaron desde a propia aula. A verdade é que foi todo un éxito. Ao fío, Sira lembra algúns datos. “Hai unha fundación que leva anos investigando o abandono de animais e nin vos imaxinades o cálculo que fan de cantas mascotas son abandonadas cada ano, a gran maioría cans”.

E vós? Imaxinades cantos son abandonados en España cada ano? Premede na opción correcta.
Que fará o grupo a continuación? Preme na opción que desexes.

Seguen investigando no colexio.

Van investigar fóra do colexio.

Na biblioteca atopan a Carla, que é ‘Booktuber’. Que que é iso? Pois resulta que nas súas redes sociais fala habitualmente de libros. E o certo é que os seus comentarios son todo un éxito. Ten moitas persoas seguindo as súas contas en Youtube, Twitter, Tik-tok... Carla acaba de saber da desaparición de Trisca e dálles unha idea: “Aínda non subistes nada a redes sociais? Recoméndovos que o fagades xa! Así amplificades a busca e calquera que vexa o post pode darvos unha pista”. Perfecto! É unha idea magnífica. Sira pásalle a Carla por Whatsapp unha foto de Trisca para que ela mesma suba un post sobre o tema para a súa ampla comunidade de seguidores. Dito e feito, a procura de Trisca xa circula agora polas redes sociais!

Navia reúne o grupo na porta do instituto e proponlles seguir a investigación fóra do recinto escolar. “Creo que aquí xa colleitamos todos os testemuños importantes que nos poden axudar na busca. É hora de vermos o que podemos atopar fóra, imos?”. “Imos logo!”, acordan todos.

Queres pensalo mellor? Aquí tes outras opcións.

Acusan a compañeira que deu a alarma.

Seguen investigando no cole.

A tenda de Fina é un lugar que todo o mundo coñece na vila. A mocidade pasa por diante cada vez que vai ou volve da escola. É unha libraría e papelería onde podes atopar calquera das cousas que poidas necesitar habitualmente para as aulas. Pero ademais, Fina e seu home, Paco, tamén venden algunhas lambetadas e bocadillos. E malos non son, a xulgar por como os está mirando Prisco con cara de león famento! Navia está interesada no que Fina puido ver ou escoitar o día da desaparición de Trisca, pero Sira está ollando atentamente os novos cadernos de papel reciclado que acaba de recibir a libraría e ten unha pregunta para os demais antes de que poidan continuar a pesquisa.

Mirade estas tres afirmacións, serán verdadeiras ou falsas?

Artur pregúntalle a Fina se chegou un novo número da colección sobre animais que está reunindo. Ultimamente, Artur está moi interesado en perfeccionar a súa técnica no debuxo de elementos relacionados coa natureza. Ademais, descubriu que lle gusta moito a bioloxía e a zooloxía. Este trimestre comezou unha colección relacionada co mundo animal. Esta semana agarda un volume que está relacionado cos animais en perigo de extinción. Como sabedes, unha especie está en perigo de extinción cando corre o risco de desaparecer da faz da Terra. E a Unión Internacional para a Conservación da Natureza alerta de que hai máis de cinco milleiros de especies de animais que corren ese risco.

Fina acaba de lembrar que á hora da desaparición de Trisca pareceulle escoitar uns ladridos na zona da entrada da escola. Nese momento non estaba cerca da porta, polo que non puido ver con exactitude quen andaba por alí. Pero si lembra que cando se aproximou viu un coche que lle chamou a atención porque facía moi pouco ruído. Coma se se movese sen motor. Sería un coche eléctrico? Non sabía que houbese ningún na vila.

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Ao parque.

Á praza Vella.

Ao bazar de Uxío.

O Parque Novo é un auténtico pulmón para a vila. Trátase dunha ampla zona verde no centro urbano, atravesado por un pequeno río, con moitas árbores, sendeiros para pasear, bancos para relaxarse e descansar e uns columpios que lles encantan sobre todo aos máis cativos. Cando entran no parque, Prisco vailles contando que ten un videoxogo novo onde hai un parque que é moi semellante a este. “Pero na entrada hai un zombi que tes que ter coidado de non espertar”. “Vaia, agardo que non fose o mesmo zombi que guindou esta lata ao chan”, comenta Navia, recollendo e depositando na papeleira unha lata de refresco que alguén deixou tirada.

Navia acaba de descubrir a súa irmá Xiana. Xiana sempre foi moi observadora e, se algo sospeitoso aconteceu cerca dela, de seguro que se fixou nalgún detalle. Pero vaia! A irmá de Navia está escoitando un vídeo musical en Youtube. Non hai maneira de captar a súa atención. Se queredes que vos faga caso teredes que adiviñar que grupo está escoitando. Temos algunha pista? Si é un grupo musical galego formado por varias rapazas. Participaron nun famoso festival musical... E parece que isto é parte da letra dunha das súas pezas máis famosas: Canta ti, cantarei eu, co xeito das nosas nais Festexaremos a vida da xente que está a bailar

Cando se mergulla na súa música parece que non existe nada máis. Pero por fin conseguiron captar a atención de Xiana! Efectivamente, tal e como agardaba Navia, a súa irmá si reparou nalgún detalle importante cando saíu do instituto. Ao chegar ao Parque Novo, atoparon preto da fonte un boomerang. Pero non calquera: Xiana está segura de que é precisamente aquel xoguete que lle encanta á cadela Trisca. Non é un obxecto moi habitual, e este ten un deseño moi peculiar. Non recorda que o colleu para gardalo, pero cre que lle tirou unha foto.

Respondede un par de preguntas para saber máis do boomerang. Como sabedes, aínda que hoxe se usa como diversión, un boomerang era en orixe unha arma. Habitualmente está formado por unha lámina de madeira curvada e, lanzado ao aire cun movemento xiratorio, volve ao punto de partida desde onde se arroxou.

“Marchamos xa?”, pregunta Artur. “Agora imos, pero agardade, que Navia está cazando uns paxaros”, di Sira. “Como?? Toleou Navia?” Sira ri e explícalles. Non os caza de verdade, “cázaos” coa cámara do móbil. E de paso “caza” plantas tamén. Trátase simplemente de identificalos. Vos cantos nomes de paxaros e plantas coñecedes? Mirade esta app. É realmente interesante: enfocas unha planta da que descoñeces o nome e premes na opción “Buscar”. A continuación, recibes unha lista de imaxes de plantas similares onde che indican o nome que descoñecías. Excelente, é unha boa forma de enriquecer unha excursión con novos coñecementos!

Sira saúda a Xan, que chega co seu monopatín. Xan móvese por toda a vila facendo skate. Cada vez é máis habilidoso no seu e capaz de facer atractivas piruetas e xiros. Os nosos amigos aproveitan para preguntarlle polo coche sospeitoso. Xan fai memoria e, efectivamente, cre que viu un coche que responde ás sospeitas. Lembra algún detalle concreto? Mmm, vexamos, Xan non lembra o modelo do vehículo, que era ademais dunha cor bastante convencional, gris ou gris prateado, iso non nos serve de moito. Ah! Pero acaba de recordar un detalle. Na parte traseira levaba unha pegatina que lle sorprendeu. Representaba unha planta. “Unha planta?”, preguntan os rapaces. “Si, demo, non recordo exactamente, creo que era un tomate... ou espera, igual era unha cabaza”. “Hahahh! Unha froita ou hortaliza parece que era. Non é un detalle habitual, así que algo é algo, grazas Xan!”

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Á praza Vella.

Ao bazar de Uxío.

Nun dos recantos da Praza Vella hai uns muros de formigón que levan tempo facendo de valado para un solar baleiro. Como non está previsto que a curto prazo se constrúa nada alí, a veciñanza propuxo que se fixese algo co muro. Unha das propostas foi cubrilo cunha ou con varias ilustracións que o decoren. É unha boa idea. Cando as nosas amigas e amigos chegan, sobre o muro está traballando nun deseño unha rapaza á que non coñecen. Navia anima a Artur a darlle conversa, a ver que pode contarlles. Para chamar a súa atención, Artur decide relatarlle algo relacionado co mundo do grafitti. Recentemente estivo en Lugo coa familia e viu un debuxo espectacular moi cerca da Muralla, na fachada dun edificio próximo. O debuxo foi premiado como o mellor grafitti do mundo en 2021.

Non atoparon pistas por aquí, pero si unha nova amiga con quen Artur conecta especialmente pola súa vocación artística. Por outro lado, Sira aproveita que están falando de Julio César para contarlles algúns detalles curiosos da Antiga Roma. Estivo lendo un libro ao respecto e descubriu cousas sorprendentes. “Sabiades que os romanos foron pioneiros á hora de introducir medidas hixiénicas nos ámbitos urbanos: a xestión dos residuos e a rede de sumidoiros públicos son grandes exemplos”. Na Antiga Roma reciclábanse e reutilizábanse moitos recursos. Por exemplo, se un recipiente como unha ánfora para transportar aceite rachaba, o material aproveitábase para pavimentar o chan ou facer de illante térmico no chan dunha casa.

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

AO PARQUE.

Ao bazar de Uxío.

“Vaia mísil!”. A rapazada non pode evitar as gargalladas. “Un can tan pequeno e... vaia, nótase que comeu ben!”, analiza Prisco. Navia aplaude o que está facendo o home que recolle o excremento do can. “Por fin a xente está tomando conciencia de que a rúa é de todos e hai que coidala e mantela limpa”. Hai un par de anos tiñas que andar con coidado de non pisar unha destas “minas” canina. Pero agora a veciñanza que pasea os seus cans xa leva sempre as súas bolsiñas biodegradables para recoller as cagadiñas dos amigos de catro patas. Ben feito!

O bazar de Uxío é unha das tendas preferidas da rapazada. Antes ca Uxío xa era seu pai quen a atendía, e antes deles dous foi seu avó o dono da tenda. En Nadal é moi habitual achegarse ata o bazar para ver os xoguetes e preparar a carta aos Reis Magos. E durante o ano, é un dos establecementos máis visitados da vila, xa que ten un pouco de todo: menaxe de fogar, teas, cousas relacionadas coa bricolaxe etc. Hoxe Sira está fascinada coas mochilas e bolsos que están nun novo expositor. Uxío cóntalle que están feitas con plásticos reciclados recollidos no mar. Unha familia dunha cidade veciña creou unha empresa que usa estes plásticos para fabricar novos produtos. Magnífica idea!

Prisco investiga na zona de produtos relacionados con mascotas. Mirade este traxe de inverno para cans. Hai cousas ben paveras! Tamén vende colares e chapiñas personalizadas. Podes gravarlle enriba o nome da túa mascota, explícalles Uxío. Navia explícalle a Uxío que sería un bo agasallo para a mascota da aula, pero que precisamente andan buscándoa porque desapareceu misteriosamente e cren que se trata dun rapto. “Non sabemos se volveremos ver á nosa Trisca”, lamenta Artur. “E dis que se chama Trisca?”, comenta Uxío, “Iso é curioso, non é un nome moi habitual”. Uxío explícalles que non hai moito vendeu un colar con ese nome. Pedíronllo por internet. Vaia, por desgracia non lembra a quen llo vendeu e non conserva eses datos.

Navia mércalle a Prisco un agasallo. Unha bolsa de tea reciclada especial para gardar o bocata. Así non terá que andar gastando papel de aluminio nin plástico etc. “Teño varias bolsas con varios deseños, cal queres?”, pregúntalle Uxío. “Esta dos monos, é a que mellor lle acae ao cumpreañeiro que temos dentro de pouco...”, responde Navia mentres chisca o ollo mirando de esguello cara a Prisco, que estará de aniversario proximamente. “Vai ser mellor que cando lla regales xa lla deas chea con algún bocata, que o vexo con moita fame!”, ri Uxío.

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

AO PARQUE.

Á PRAZA VELLA

ao bosque.

Hai indicios de que a cadela que busca a rapazada puido ser levada ao bosque próximo á vila. Non será doado buscala nesa zona, pero a pandilla está decidida a facer un esforzo. Así que xa se preparan para o desafío dunha longa excursión. E como será unha longa camiñada, mellor levar auga para o camiño. Ata esta fonte baixa un manancial de magnífica auga fresca moi apreciado por toda a veciñanza. Artur enche na fonte unha botella reutilizable.

En cabeza da comitiva, Prisco vai abrindo camiño presumindo do ben que coñece o bosque. Explícalles aos demais que é todo un experto en seguir pegadas de animais e en técnicas de supervivencia no monte. Aprendeu moitos trucos de seu avó e ademais ten un libro onde se relatan moitas estratexias para vivir no bosque. “Tedes sorte de que estea eu hoxe aquí”, alardea Prisco entre as risas divertidas dos demais. De súpeto escóitase un profundo ouveo. Prisco ponse nervioso e tropeza nunha rama caendo estrepitosamente enriba dunhas xestas. Avergonzado, levántase rapidamente e ponse en garda baixando a voz: “Que foi iso?”, pregunta. Puido ser Prisca ou algún outro can perdido no bosque, especula Navia. Tamén puido ser un lobo, insinúa Sira. O lobo é unha das especies que poden atoparse nos bosques galegos. O seu profundo ouveo é un son moi característico e espectacular, aínda que ás veces, algúns cans poden ouvear de xeito parecido aos lobos. Que outros animais característicos dos bosques galegos coñecedes vós?

Dobrando un camiño no interior do bosque, a rapazada atopa unha desagradable sorpresa. Con isto si que non contaban. Tan lonxe da vila e, mirade o que temos aquí: un feixe de lixo ciscado no corazón do monte! Sira toma notas para a revista do colexio. Isto hai que denuncialo para que non siga acontecendo: é inadmisible. Fixádevos: hai latas de conservas baleiras, bolsas de plástico, un par de pneumáticos... mesmo un televisor coa pantalla rota! A quen se lle ocorre traer o lixo ata aquí! Co doado que é desfacerse dos residuos correctamente.

Un claxon soa brevemente no claro do bosque. Unha moto verde acaba de entrar no mesmo espazo onde os rapaces documentan a desfeita do lixo. Do vehículo baixa Lois, o curmán de Navia! Navia preséntalles a Lois aos rapaces. Lois é axente do Seprona, o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, e entre as súas tarefas está a loita contra os vertidos e a contaminación do medio ambiente. Na súa moto e xunto con outros compañeiros, patrullan habitualmente os amplos espazos naturais que rodean a vila. Lois ensínalles que o que atoparon é un vertedeiro ilegal. “Afortunadamente, cada vez é máis raro atopar un lugar coma este”. Os vertedeiros ilegais son moi perigosos. Explícalles Lois que, entre outros problemas, estes vertedeiros contaminan o chan e tamén contaminan as augas, tanto as superficiais como as subterráneas, alteran a fauna e poden envelenar tanto a animais como a persoas. “Ademais, aumentan o risco de incendio”.

Os rapaces pregúntalle a Lois por Trisca, pero por desgracia Lois non viu nada que poida axudarlles. En todo caso, si lles da un consello moi interesante: “Sabedes que se abriu un novo albergue na vila?”. Pois non, non o sabían. Lois aconséllalles que vaian ao albergue canino e consulten se alguén viu a Trisca. Podería ser que se perdese e que alguén a atopase e a levase ata alí. Niso non pensaran. Se cadra mesmo está no propio albergue!

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Seguen investigando no bosque.

Chaman por teléfono ao albergue.

Van ata o albergue.

Por suposto, acudir ao albergue é unha idea magnífica. Pero a rapazada chega a un consenso: por se acaso hai que investigar un chisco máis aquí no monte antes de marchar. Desde onde están agora poden acceder a un mirador que está na zona máis alta do bosque. Desde alí, e cos prismáticos, poden facer un repaso dunha gran superficie. Se Trisca ou o seu posible secuestrador entraron no bosque, é o lugar desde onde os poderían detectar a moita distancia. Sira móstralles o que están vendo. “Recordades que hai poucos anos houbo un gran incendio no bosque?”. Todos o lembran, eran aínda moi cativos, pero recordan o triste que estaba a xente polo acontecido. Daquela, ao extinguirse o lume, houbo unha mobilización de todo o pobo para recuperar o bosque.

Navia lembra que, xunto con seus pais, subiron ao monte para plantar carballos e castiñeiros. Artur tamén participou nunha plantación similar. “Organízao unha asociación de veciños, e faise cada ano”, explícalles. “En cada ocasión lévase algunha árbore diferente ao bosque”. Este ano plantaron salgueiros e o ano pasado plantaron bidueiros. Prisco está moi interesado en saber cando será o próximo evento, tamén quere plantar unha árbore! “Queres dicir que cando eu sexa vello poderei vir aquí a ver un carballo de cen anos que plantei cando era novo?”, pregúntalle a Navia. “Claro Prisco, ti vas vivir 150 anos, cando menos!”, ri a súa amiga.

Deciden que o mellor é ir chamando ao albergue e consultar acerca de Trisca. Sira saca o móbil e vai marcando o número que Lois lle apuntou a Navia. Demo, mala sorte! Aquí non hai cobertura! Parece que agora mesmo estamos no máis profundo do bosque. Será mellor que sigamos camiño, cando nos aproximemos á vila é probable que os teléfonos móbiles recuperen a cobertura.

“Coidado Artur!”. Navia viu como Artur tropezaba, e a piques nin ela nin Prisco chegan a tempo de axudarlle a manter o equilibrio. Esta é unha das zonas máis complicadas da camiñada. O sendeiro é máis estreito e o río pasa cerca. Mellor tomámolo con humor: a punto estivo Artur de ir ver de cerca os peixes! Aínda que afortunadamente é un bo nadador e non habería problema. Sira investiga o lugar onde tropezou o seu amigo e non ten dúbida do que aconteceu. “Mirade o que asoma aquí”. Unha bolsa de plástico azul está semienterrada na area do camiño e a parte que sobresae é toda unha trampa para o pé de calquera camiñante. Coa axuda de Prisco, desentérraa e gárdaa na mochila para tirala máis tarde. Non é o único residuo que levan para desfacerse del correctamente.

Os nosos amigos chegan ao novo albergue animal da vila. Por desgracia, non hai noticia de Trisca. Por aquí non pasou. Pero hai moitos outros animais, a maioría cans e gatos, que necesitan axuda. Axiña coñecen a Elvira, unha das coidadoras, que os guía polas instalacións, explicándolles como funcionan. “Isto é un fogar temporal para todos estes animais desamparados”, relátalles. “O obxectivo é conseguir para todos eles unha familia definitiva”. Non é un traballo doado e depende en gran parte do apoio que lle prestan persoas voluntarias. Os nosos amigos prométenlle a Elvira que virán a axudarlle algún día.

Non só cans e gatos viven neste albergue. “Mirade, un burriño!”. Todos observan sorprendidos a este inesperado hóspede. Elvira explícalles que, excepcionalmente, o albergue acolle ás veces a outros animais que foron atopados enfermos ou abandonados e fan todo o posible para axudarlles a recuperarse. “Pero é moi complicado porque apenas temos espazo para máis!”. Artur está contento porque estean coidados, pero triste porque haxa tantos animais. Se por el fose levábaos todos. Elvira explícalles que todos os cans teñen que levar obrigatoriamente un chip de identificación. Prisco está sorprendido por isto e non entende como é que se lle pon o chip a cada can. “Inxíreno coa comida?”, pregunta, interesado por saber se esa cadeliña que está comendo un anaco de polo está comendo á vez un microchip para identificala. “Pero que dis, animal”, ri Sira, “o chip non entra e sae como che saen a ti os bocatas polo tubo de escape”. Todos rin, tamén Prisco, mentres Elvira lles explica como se fai a colocación do chip: cunha pequena inxección no pescozo do can.

Prisco e Navia apuntáronse este mes como voluntarios para axudar no albergue de animais. Artur e Sira tamén se apuntarán, pero para o mes próximo. Elvira explicoulles que canta máis xente se apunte, máis quendas poderán facer e organizarse ao longo do ano para ter sempre en perfecto funcionamento o albergue e todos os animais ben atendidos. Saíndo do albergue e coa intención de coller o camiño de volta á casa, Prisco reparou nun home sospeitoso que miraba atentamente o albergue a certa distancia. O home leva unha gabardina escura. Sira recorda que é unha das primeiras pistas que obtiveron. Navia decide que deben seguilo, pero deixando un espazo prudencial. De xeito silandeiro, camiñan atrás do sospeitoso ata a porta dun almacén. Cando o home entra e escoitan un ladrido, todos brincan alarmados.

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Entran no almacén e chaman ás autoridades.

deciden volver noutro momento e investigar.

O grupo decide que pode ser perigoso entrar agora, pero Navia opina que teñen que volver noutro momento e investigar. Ás portas do almacén e afastándose paseniño para non ser escoitados desde o interior, mentres Navia pousa un dedo sobre os beizos para recomendar a máxima discreción... de súpeto un forte e inesperado ruído axita o silencio. “Que foi?!”, di Sira desconcertada. Sira ri e mira a Prisco que se leva unha man á parte de atrás do pescozo e outra ao bandullo con cara vergoñosa. “Alguén se asusta co ruído? Son as tripas de Prisco!”. Todos rin e Navia sentencia: “Está claro que vai sendo moita hora de ir pola merenda”.

Chegou a hora de facer balance e organizar as pistas. A investigación resultou máis complexa do esperado. Con todo, o noso equipo de investigadores recoñece que polo camiño aprenderon un feixe de cousas novas. E falando de sorpresas, Prisco coméntalle a Navia que aquí sentado no salón está notando que se lle quenta o cu máis do esperado. Navia ri e convida os amigos a saír ao patio e mirar o tellado da casa. “Fixádevos, temos un panel solar alí arriba”. Explícalles que aproveitando ese sistema, aliméntase o sistema que quenta o circuíto de auga da calefacción. É unha rede de tubaxes que está estendida polo chan de toda a casa. Eses tubos desprenden desde embaixo do chan a calor que quenta todas as estancias, incluído o salón. “Por iso notabas a calor no traseiro cando estabas sentado”, lémbralle a Prisco. “Dende logo, as enerxías renovables son o futuro”, comenta Sira. “E o futuro xa está aquí”, engade Prisco fascinado mentres mira o panel solar do tellado.

Por fin Prisco vai merendar! O noso amigo entra na cociña coma un león famento entra na sabana disposto a devorar o que se lle poña por diante. Propuxo pedir unha pizza, pero Navia opinou que era unha mágoa andar pedindo hoxe comida, cando ela sabe que na casa hai comida abondo para satisfacer o apetito de todos, incluíndo a garula insaciable de Prisco. “Primero hai que mirar o que temos. A ver que hai xa feito”, recórdalles. “Certo, non debemos desperdiciar comida!”, apoia Artur. Logo de revisar as existencias, deciden facer unha macedonia con restos de froita da neveira. Moitos son froitos de tempada traídos da horta dos avós de Navia, alí teñen de todo! “Meu avó sempre di, mirando o globo terráqueo que ten no despacho e sinalando as antípodas: fíxate Navia, antes os kiwis viñan de aquí, do outro lado do planeta. Sabes toda a enerxía que se gasta movendo as cousas a distancias tan afastadas? Pero agora sabemos o ben que se dan en Galicia, e por suposto tamén na nosa horta!”.

É un novo día no instituto. Trisca aínda non apareceu, pero a vida, e as clases, seguen. Os nosos amigos e amigas reúnense ás portas do centro escolar logo dunha intensa xornada nas aulas. Sira e Prisco acordan quedar para que a rapaza lle bote unha man a seu amigo co último tema de Matemáticas, que se lle está atragoando un chisco. Pero iso será mañá. Hoxe deciden quedar todos xuntos a última hora da tarde para un repaso de inglés. Navia proponlles ver por streaming o primeiro capítulo dunha serie. Ela viu xa cinco minutos e cre que será útil para practicar o inglés: o vocabulario non é complicado, os diálogos parecen doados de seguir e os capítulos duran apenas media hora. Artur escoitou falar da serie e apoia a proposta. Trata dun grupo de mozas e mozos que ten que sobrevivir despois dunha catástrofe que asolou o planeta, aínda que ao comezo non se sabe exactamente que é o que aconteceu. Pode estar ben. Mais, agora, entre mans o grupo ten un desafío aberto. Serán capaces de dar con Trisca?

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Consultan as redes sociais.

Van á zona de actividades extraescolares.

Van ao Clube de Fotografía e Vídeo.

A chamada a través das redes sociais leva xa un par de días circulando. Co cancelo #BuscandoATrisca, a petición de axuda estivo movéndose por internet intensamente e é hora de revisar as mencións. Hai varias fotos de cans que subiron algunhas persoas con boa intención, indicando que atoparan a Trisca. Pero, aínda que algunha ten certo parecido, está claro que ningunha delas é a cadela que buscan os nosos amigos. “Mira, esta podería ser, se lle tinguisen o pelo”, chancea Prisco. Si, é unha fermosa cadeliña, moi parecida á que buscan os nosos amigos, pero sen dúbida non é a mesma.

“Aquí hai alguén que di que viu unha cadela moi parecida na vila do lado, pero non pon foto”, comenta Sira. “É todo moi impreciso”, lamenta Navia, “penso que ningunha das mencións achega pistas sólidas”. Prisco non é hoxe moi optimista. “Trisca é unha cadela moi lista, calquera que a atopase querería quedar con ela, a este paso non a imos atopar nunca”. Todos o animan. Non desesperemos aínda. “Non é tan doado roubar un can, recorda que Trisca ten o seu chip”, subliña Artur. Aínda seguen un pedazo revisando as redes, pero dos cans dos que reciben foto ningún é Trisca. Mesmo algún é dunha raza moi distinta. Sira lémbralles que hai máis de trescentas razas diferentes de cans. Cantas coñeces ti?

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Van á zona de actividades extraescolares.

Van ao Clube de Fotografía e Vídeo.

Entre as actividades extraescolares deste trimestre está tendo moito éxito un obradoiro de elaboración de obxectos con materiais reciclados. O monitor de educación plástica encargado de xestionalo é todo un artista. Estes días están facendo algúns elementos de xoiería utilizando diferentes refugallos. “Fíxate, argallaron unha pulseira usando un garfo!”, admírase Artur. “É todo moi creativo e orixinal”, concorda Sira. Navia dálle co cóbado a Prisco, que estaba ensimesmado mirando uns pendentes de aro. A comezos de curso andou cavilando a posibilidade de poñerse un nunha das orellas. Díxolle aos demais que non o faría porque á súa avoa non lle gustaría velo co que ela chama “esas modernidades tolas”, pero o certo é que non lle fai ningunha graza a cousa de andar furando a orella. Cando Prisco reacciona á chamada de atención da súa amiga, repara no que Navia lle indica coa mirada: un colar moi peculiar! Os dous miran o colar de can, do que colga un broche... É moi moi parecido ao colar que mercaron no bazar de Uxío co nome de Trisca gravado. Inmediatamente, o monitor e a media ducia de alumnado inscrito no curso pasan á lista de sospeitosos...

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Consultan as redes sociais.

Van ao Clube de Fotografía e Vídeo.

No clube de audiovisuais, varios mozos e mozas aprenden algúns trucos para usar as cámaras de fotografía e de vídeo. Para practicar, están deseñando un vídeo cun baile bastante orixinal que teñen a intención de subir despois a unha conta de Tik-tok. Todos escoitaron falar xa da desaparición de Trisca. Os nosos amigos non agardaban atopar aquí unha pista pero, sorpresa! Alguén viu un coche parecido ao que se mencionou. Efectivamente, tal e como recordaba Xan, o coche levaba un adhesivo na parte de atrás coa ilustración dunha hortaliza. Pero non era nin unha remolacha nin unha leituga: era unha cenoria! “Lembras algo máis?”, pregúntanlle ansiosos ao rapaz que lles está explicando o que viu. Por desgraza, non chegou a verlle a cara ao condutor, mais si recorda un detalle ben curioso: “Polo cristal traseiro asomaba un animal, pero non era un can, era un gato, un fermoso gato branco”.

Que facemos agora? Preme na opción que desexes.

Consultan as redes sociais.

Van á zona de actividades extraescolares.

Os mozos e mozas están agora na sala onde ensaia o grupo. O fío da investigación avanzou moito cos últimos descubrimentos. Xa teñen identificado o vehículo. “Pero aínda así, o coche foi visto moi lonxe. Como ir ata aló?”, lamenta Prisco. Se cadra é hora de pedirlle axuda a alguén máis. Navia cavila a posibilidade de chamar a seu curmán Lois, o axente da Garda Civil, e contarlle acerca da información que foron reunindo. Seguro que el sabe como continuar a investigación. Os axentes teñen moita experiencia en identificar vehículos. Deciden ir falar con el.

Saíndo do recinto aínda atravesan a zona da horta escolar, onde cadran con Ánxela. A profesora aproveita para pedirlles axuda. “Xusto aparecedes como caídos do ceo, axudádeme a mover estas macetas, por favor”. Ánxela explícalles que está organizando o pequeno viveiro de árbores co que a escola colaborará na plantación que se fará proximamente no bosque de Vilaverde. “Ah, pero se nós pasamos recentemente por alí!”, recorda a rapazada. Inmediatamente pídenlle a Ánxela que os apunte na actividade. E entón cando un móbil vibra. “É Carla!”. A compañeira do grupo, toda unha experta nas redes, avísaos dunha información importante. Sabe da pista do coche que estiveran seguindo e ten novidades ao respecto. Ao principio non o cren cando Carla llelo conta: o coche foi visto hai apenas uns minutos aparcado mesmiño diante do instituto. Imos aló!

Non hai dúbida ningunha. Este é o vehículo. Sira, que é a maior experta de todos eles en coches, explícalles que é un modelo híbrido, é dicir, ten dous motores: un de combustión e outro eléctrico. Deste xeito, o coche usa ambas fontes de enerxía. Na parte traseira ven con claridade o adhesivo que lles mencionaron: unha cenoria. “Lembrades as cenorias que levaran da horta escolar?”, recorda Navia. Prisco pon cara de concentración e, ante o estupor divertido dos demais opina o seguinte: “Debe ser alguén moi obsesionado polas hortalizas...”. Cando se asoman ao vehículo, descobren que no asento de atrás descansa un gato branco que os mira ao comezo asustado pero despois con cara de interese. No asento tamén hai un sombreiro negro.

Este último descubrimento abre un axitado debate entre os catro amigos. Reflexionan sobre todas as posibles opcións e os posibles culpables da desaparición de Trisca á luz de todas as probas. Sira ten claro que o fío principal ata o de agora foi o home sospeitoso ao que seguiron desde o albergue ata aquel almacén onde, desde fóra, escoitábanse ladridos de cans. “Pode ter secuestrados máis cans!”, advirte. Recorda que lle comentaron o suceso a Lois, o curmán de Navia, para que na súa condición de axente, investigase a cuestión. Por iso, urxe a Navia a chamar a seu curmán para saber se hai novidades ao respecto. Por outro lado, Artur e Prisco non sacan da cabeza o detalle do colar. Cren que o monitor de educación plástica pode ter algo que ocultar e propoñen volver e interrogalo a fondo. Mentres, Navia cre que o achado do coche sospeitoso ten que estar relacionado cos ensaios da festa de fin de curso. Acaba de recordar que cando estiveron no teatro, déronlles un avance do programa da festa. E despois de velo... ten unha hipótese ao respecto, pero para probala necesita que todos vaian ata ao auditorio.

Que farán a continuación? Preme na opción que desexes.

Investigan o monitor de educación plástica.

Investigan o sospeitoso Do ALMACÉN.

VAN ao auditorio A probar a hipótese de Navia.

A Nico, o monitor de plásticas, faille moita graza o feito de terse convertido nun dos sospeitosos principais. “Vaia, non contaba eu con estar na lista dunha investigación tan importante. En calquera caso, sinto non poder axudarvos, mozos: teño coartada para ese día". Explícalles Nico que durante a mañá do suceso el non estaba no recinto escolar, polo que de ningún xeito puido ser el quen levou a Trisca. Collendo o seu móbil, abre a súa conta de Instagram e ensínalles varias fotos tomadas durante a xornada da desaparición da cadela. Os nosos investigadores e investigadoras asenten: Nico non é o culpable. Nas imaxes pode verse como participaba nese momento nunha recollida de residuos na praia de Vilaverde. Periodicamente organízanse actividades similares, para recoller lixo que as mareas arrastran ata os areais próximos. Prisco e Navia teñen participado tamén nalgunha desas actividades ambientais. Ao fío, Nico ensínalles outra foto: "Mirade, toda unha obra de arte, non vos parece?". Na imaxe pode verse unha pequena barca, tamaño xoguete, elaborada con diferentes restos que foron recollidos na praia: anacos de madeira, restos de redes, plásticos e diversos obxectos forman parte, dun xeito verdadeiramente orixinal, desta embarcación decorativa.

Que farán a continuación? Preme na opción que desexes.

Investigan o sospeitoso Do ALMACÉN.

VAN ao auditorio A probar a hipótese de Navia.

Navia atende a chamada de seu curmán Lois, o axente da Garda Civil. Logo de relatarlle o suceso con aquel home sospeitoso que seguiron desde o albergue de animais ata un vello almacén, o seu curmán reprendeuna. “Esas cousas poden ser perigosas, Navia, vós seguide esoutras pistas e deixade que eu me ocupe de investigar isto”, recomendoulle. Agora, Lois ten novidades: “Falsa alarma mozos, o sospeitoso non ten nada que ver coa desaparición de Trisca. De feito, é un colaborador habitual do albergue de animais. Traballa como adestrador de cans. Sabiades que selecciona os animais máis adecuados para adestralos para axudar a persoas enfermas? Recoméndovos que lle fagades unha visita". "Preguntade por el no albergue de animais, ten historias ben interesantes!”

Que farán a continuación? Preme na opción que desexes.

Investigan o monitor de educación plástica.

VAN ao auditorio A probar a hipótese de Navia.

Mozas e mozos acoden ata ao auditorio para probar a hipótese de Navia. Xa na porta, Navia sinala un cartel apoiado na parede e case que berra: "Mirade! Penso que estou no certo!". No cartel pode verse un sombreiro de copa e unha variña máxica sobre grandes letras onde pode lerse: "Mago Lelo". As pezas comezan a encaixar nas cabezas dos catro amigos cando, no escenario, entre o resto de integrantes do elenco que ensaia a festa de fin de curso, ven ao que, sen dúbida, ten que ser o Mago Lelo. Cunha capa negra que lle cobre os ombreiros, entre os brazos acariña un coello branco ao que está alimentando cunha cenoria. Iso si, nin rastro de Trisca. Pero corren veloces a canda el para obter respostas ás súas preguntas. O secreto sae por fin á luz. O Mago Lelo confesa que el levou a Trisca: "Mais non se trata de secuestro ningún!", tranquilízaos. Resulta que o Mago Lelo é un bo amigo de Lúa, a titora, e xa quedara con ela de recoller a Trisca. A idea era que, ademais de botar unha man para coidala, así el e Trisca podían ensaiar un número de maxia que Lelo está preparando para a festa de fin de curso. Con todo o lío do hospital, seguramente Lúa esqueceu avisar no centro escolar de que el pasaría a recoller a Trisca. "Sinto a confusión creada mozas!", explícalle Lelo a Navia e Sira. "Vaia enleada!", lévase Artur as mans á cabeza. Pero ben está o que ben acaba. Lelo ten unha sorpresa agora mesmo para os catro amigos. "Atendede ben!". Entón, Lelo ensínalles unha gran caixa que está á beira del: está baleira. A continuación péchaa de novo e saca unha variña máxima e, solemnemente, pronuncia un máxico sortilexio: "Volta, revolta, reviravolta!". Entón, sorprendentemente, a caixa volver abrirse e do interior sae, ouveando alegre, a nosa amiga canina: "Trisca!".

Vémonos na próxima aventura no Caderno Verde!