Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Reunión informativa familas 6ºP
Álvaro Groba Casal
Created on April 8, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Learning Unit
View
Akihabara Learning Unit
View
Genial learning unit
View
History Learning Unit
View
Primary Unit Plan
View
Vibrant Learning Unit
View
Art learning unit
Transcript
Reunión informativa
09/06/2025
Alumnado 1º ESO
Curso 2025-26
Comezamos
Puntos a tratar na reunión
Obxectivo da reunión
Proxecto educativo: sinais de identidade do centro.
Organzación 1º ESO Curso 25-26. Avaliacións, reclamación e criterios promoción.
Características do centro
Comunicación centro-familias.
Convivencia. Normas básicas do centro.
Matrícula e pre-matrícula.
Informacións varias
blog
Material escolar e edixgal
Obxectivo
- Primeiro contacto das familias co centro.
- Información básica: matrícula, funcionamento do centro, inicio de curso...
Características do centro:
Contamos con 450 alumnos/as, 44 profes (1 orientadora e 1 profe de apoio (PT), 2 conserxes, 1 persoa en administración e 2 persoas no servizo de limpeza.
Centro de tamaño medio cun número de alumnos/as semellante aos outros centros de secundaria da vila.
Contamos coas seguintes ensinanzas: ESO, bacharelato na modalidade de ciencias-tecnoloxía e humanístico e ciencias socias e FP Básica da especialidade de informática.
Situado fóra da zona urbana de Ponteareas.Instalacións con carencias: salón de actos, falta de espazos e acceso peonil deficiente.
Comunicación centro-familias
Abalar-móbil: faltas de asistencia, incidencias na aula, notas de exames, cualificacións trimestrais (boletín de cualificacións), solicitude de titoría, xustificación de faltas, avisos do centro....
- Canle de comunicación fundamental: titores/as do grupo do seu fillo/a.
- Pódese concertar cita con outro profesor/a para tratar temas específicos da súa materia.
Para temas que non poidan ser atendidos polo titor/a, pódese concertar cita con orientación, xefe de estudos ou dirección.
Se recibimos a través de abalar-móbil unha falta de asistencia ou calquera outra incidencia, antes de entrar en pánico, chamar ao centro para confirmar esa información.
Teléfono do centro: 886159940 (dispoñible na páxina web do centro)
Características do centro:
O alumnado procede de 3 colexios adscritos ao centro: Santiago de Oliveira, Ramiro Sabell, Feliciano Barrera (Guláns).Tamén entra alumnado doutros centros no proceso de admisión.
Gran dispersión xeográfica do alumando e dependencia do transporte escolar para desprazarse o centro. Isto limita moito a organización de actividades fóra do horario escolar.
Alumnado moi heteroxéneo: alumnado con bos expedientes académicos de primaria ata alumnado con grandes necesidades de apoio educativo.
O clima de convivencia no centro é positivo, segundo a información do alumnado e do persoal docente e non docente.
Comunicación centro-familias
Páxina web do centro:
Contén moita información. Recomendable consultala con certa periodicidade.
Avisamos a través Abalar-Móbil de información importante a consultar na páxina web, como axuda material escolar, becas...
Documentos de organización do centro.Programacións das distintas materias e criterios de cualificación.Criterios de promoción e titulación
Pre-matrícula e matrícula
Pre-matrícula
Non é un trámite ou procedemento oficial.
Realízase para obter información de cara á organización do próximo curso.
A elección de materias nesta prematricula non compromete a nada.
Pregamos que, na medida do posible, ao cubrir a matrícula, respectar a elección de materias da prematricula.
Pódese cubrir varias veces; só teremos en conta a última pre-matrícula enviada.
Matrícula
Trámite que temos que facer todos os anos en secundaria, aínda que o alumnado ten garantida a permanencia no centro, mesmo se cambia de etapa educativa.
- Prazo: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
- Realizarase online.
Matrícula
Documentación a achegar:
Impreso matrícula debidamente cuberto online, especial atención ao teléfono de urxencias.
Foto tamaño e tipo carnet.
- Fotocopia DNI do alumno/a. En caso de non ter, lembrarse de entregala cando faga o DNI.
- Fotocopia tarxeta sanitaria.
Autorización para saír ao remate da xornada escolar e autorizar persoas para recoller ao alumnado durante a xornada escolar. O alumnado menor de idade só pode saír do centro acompañados polos proxenitores ou previa autorización polas persoas en quen deleguen. Proxenitores non custodios terán que ser autorizados polo/a proxenitor/a custodio.
Matrícula
Documentación onde se estipule a custodia da/o menor (sentenza e convenio regulador de selo caso).
Comunicar ao centro situacións familiares especiais (orde de afastamento, pai ou nai sen patria potestade... e informes médicos e psicopedagóxicos (medidas de atención á diversidade).
Acceso matrícula
E-dixgal
- O alumnado de 1º ESO recibirá un ordenador portátil a principio de curso que usará ata rematar a ESO.
- O ordenador poden levalo para casa ou deixalo na aula no carro de carga.
- Asinar acordo de cesión e reflectir posibles danos co que reciben o portátil.
- Para reparar ou resolver dúbidas e incidencias dos equipos contán co Servizo premiun de Edixgal (881869900). Servizo 24/7
E-dixgal
- As reparacións sempre se farán no servizo tećnico oficial da marca do ordenador (Lenovo) para que manteña a garantía.
- Hai un seguro externo ao centro e á Consellería cun custo de 50€ curso.
- Cobertura: danos causados por accidentes como golpes, caídas, roturas, derrame de líquidos.
- Exclusións: roubo, furto e estravío ou algúns danos no lapis.
- Teléfono: 881505136
E-dixgal
- Libros de texto, salvo algún
Solicitude axudas de material
- Información na páxina web do centro.
- Renda per cápita inferior a 6000, corresponden 75€. Renda entre 6000 e 10000, corresponden 60 €
- Os documentos deberán reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31/12/2023 (Renda 2023), agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero.
- Prazo remata 20/06/2025
- Solicítase no centro no que o alumnado estea admitido/a.
Proxecto educativo: sinais de identidade.-
- O obxectivo do proxecto educativo do centro é ser un centro inclusivo.
- O centro traballa activamente nos seguintes aspectos:
- Promoción da igualdade de xénero: formación do profesorado, organización actividades (contratos programa), actividades lúdico-deportivas conxuntas, equipo de igualdade formado por alumnado e profesorado.
- Convivencia: realizamos moitas actividade e iniciativas ao redor deste tema, como mediación escolar (formación de alumnado mediador en conflito), prácticas restaurativas para a prevención e xestión dos conflitos de xeito conciliado, alumnado axundante, alumnado solidario.
Proxecto educativo: sinais de identidade.-
- O obxectivo do proxecto educativo do centro é ser un centro inclusivo.
- o centro traballa activamente nos seguintes aspectos:
- Metodoloxías inclusivas: que o alumnado nas aulas teña un papel máis activo na súa aprendizaxe, a través do traballo cooperativo e a traballo por proxectos. Ademais, o proxecto Edixgal é unha ferramenta moi axeita para traballar deste xeito.
Proxecto educativo: sinais de identidade.-
- O obxectivo do proxecto educativo do centro é ser un centro inclusivo.
- o centro traballa activamente nos seguintes aspectos:
- Atención á diversidade:
- Recibimos alumnado con distintos intereses, motivación, capacidade, coñecementos, distintos tipos de intelixencias... A este alumnado temos que darlle resposta e atendelo.
- Adicamos moitos recursos humanos e solicitamos todos os anos os programas e iniciativas que nos proporcionen máis recursos humanos e económicos para atender esta diversidade.
- Intentamos desdobrar os grupos con alto número de alumnos, pero condicionados polo número de profesorado.
Proxecto educativo: sinais de identidade.-
- O obxectivo do proxecto educativo do centro é ser un centro inclusivo.
- o centro traballa activamente nos seguintes aspectos:
- Atención á diversidade:
- Exención do 2º idioma estranxeiro, adaptacións curriculares, programas de diversificación curricular, e adoptamos gran cantidade de medidas de reforzo nas propias aulas.
- Pero pretendemos ir un paso máis alá, iniciando medidas máis inclusivas, realizando eses apoios e reforzos na propia aula e reforzando as titorías e horas de coordinación do profesorado e alumnado nos cursos baixos.
Organización 1º ESO próximo curso 25-26
3 grupos de 1º ESO de 20 alumnos/as.
Materias:
- 1º idioma estranxeiro: inglés, francés e portugués.
- 2º idioma estranxeiro: os mesmos idiomas
- Relixión ou proxecto competencial.
Grupos heteroxéneos, na medida do posible.
+ info
recursos
Organización 1º ESO próximo curso 23-24
Avaliacións
Avaliacións parciais:
- Son avaliacións informativas.
- Non hai procedemento de reclamación, pero si se pode solicitar revisar cualificacións, probas, pedir explicacións...
Avaliación final.
- Procedemento de reclamación. Pódese reclamar as cualificacións e as decisións de promoción ou titulación.
Boletín de cualificacións: as cualificacións publícanse exclusivamente en Abalar.
Organización 1º ESO próximo curso 25-26
Actividades lectivas
- Inícianse o luns 8 de setembro de 2025.
- Remátan o venres 19 de xuño de 2026.
Vacacións escolares
- Nadal: dende o luns 22 de decembro ata o mércores 7 de xaneiro, ambos incluídos.
- Entroido: os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026.
- Semana Santa: desde o día luns 30 de marzo ata o luns día 6 de abril de 2026, ambos incluídos.
- Día do Ensino se celebrará o venres 31 de outubro de 2025.
- Día non lectivo: luns 3 de novembro de 2025.
- Festivos locais: luns 29 de setembro de 2025 (San Miguel) e luns 8 de xuño de 2026 (Corpus).
Reclamacións ás cualificacións finais
Prazo: dous días hábiles a partir do día en que se comunican as cualificacións.
Procedemento:
1º.- Solicitamos falar co profe da materia a reclamar, para recibir explicación ou/e ver as probas, exames...
2º.- Se non estamos satisfeitos coas explicacións recibidas, reclamación por escrito ao centro.
3º.- Reunión do departamento da materia obxecto de reclamación que redacta un escrito ratificando ou rectificando a nota. Dito escrito se traslada aos pais e nais.
4º.- Se persiste desacordo, escrito de reclamación dirixido á Xefatura Territorial de Educación, pero que se entrega no centro.
Criterios de promoción
Criterios de promoción
Todos os departamentos deben facer públicos os criterios de cualificación da súa materia. Isto implica que debemos saber como van ser avaliados os vosos fillos/as: - instrumentos de avaliación, - forma de obter as cualificacións finais, - criterios de avaliación (que debe saber o alumnado).
Ao finalizar o curso, na sesión de avaliación final, o equipo docente decidirá sobre a promoción do alumnado, atendendo a: • Consecución dos obxectivos. • Grao de adquisición das competencias clave. • Valoración das medidas que favorezan o progreso do alumnado.
Criterios de promoción
Pasará de curso o alumnado que:
- Teña todas as materias aprobadas.
- Teña como máximo dúas materias non superadas.
- Teña máis de dúas materias, sempre que cumpra os seguintes criterios:
- Media de todas as materias (tamén pendentes doutros cursos) igual ou superior a 5.
- Que a suma dos períodos lectivos semanais das materias con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as horas de libre disposición.
- Expectativa de recuperar as materias pendentes.
- A natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.
- A promoción beneficiará a súa evolución académica.•
En 1º ESO soamente é necesario cumprir a media e a suma.
A decisión de promoción tomarase por acordo favorable do equipo docente.
Convivencia 1º ESO
Convivencia 1º ESO
- Alumnado adáptase rapidamente ao centro.
- Alumnado de 1º ESO pre-adolescente: ides notar un cambio de comportamento moi grande que vai coincidir a un tránsito de etapa moi importante.
Problemas de convivencia:
Redes sociais: Adicción (pasar varias horas ao día nas redes, durme poucas horas, abandona tarefas escolares...), Ciberbullying (humillacións ou difamacións a través de imáxes, vídeos ou mensaxes), Sextorsión (chantaxe utilizando fotos íntimas), Fake News (noticias onde se expoñen opinións que xeran unha visión irreal sobre algúns temas e colectivos)...
Acoso: frecuentemente en alumnado de 1º e menos en 2º; son problemas que xa veñen ocorrendo nos centros de primaria.
Drogas: vixilancia e prevención. Levamos varios cursos sendo un tema menor no centro.
Convivencia 1º ESO
Centro actúa:
Prevención: charlas, talleres, enquisas e outras canles de comunicación para detectar estes problemas, corrixir comportamentos moi arraigados entre o alumnado que pode propiciar ou esconder prácticas de acoso (alcumes, insultos, golpes pequenos para saudarse, bromas...).
Corrección: apertura protocolo de acoso. Prácticas restaurativas. Sempre dende unha perspectiva educativa.
Normas básicas de funcionamento
Normas básicas
Horario
- Apertura das instalacións do centro: 8:15 h.
- Ás 8:55 h soa o timbre para incorporarse ás aulas.
- As clases comezan ás 9:00 h.
- Tres sesións de clase ata as 11:30 h que comeza o recreo.
- Remate recreo ás 12:00 h.
- Tres sesións de clase ata as 14:30 h que remata a xornada de mañá.
- A tarde do luns a cancela de entrada abre ás 16:00 h.
- Timbre incorporación á aula ás 16:25 h.
- Comezo das clases ás 16:30h.
- Dúas sesións de clase que rematan as 18:10 h.
Normas básicas
Puntualidade do alumnado.-
- O Centro pechará as portas dez minutos despois do inicio das clases.
- Todos os alumnos/as que cheguen tarde, deberán pasar por conserxería para avisar da súa chegada.
- Se o tempo de atraso, sen causa xustificada, é superior a 15 minutos, ou nos casos de reiteración, o alumnado non se incorporará a clase ata a seguinte hora, quedando en custodia do profesorado de garda ou de dirección.
O alumnado deberá comunicar en conserxería a súa incorporación ao centro cando esta teña lugar despois da 1ª hora de clase.
Normas básicas
O alumnado non pode abandonar o Centro en horario lectivo.
- O alumnado só poderá abandonar o Centro durante a xornada escolar acompañados polos seus pais, nais ou titores legais ou, previa autorización por escrito dos seus pais/nais/titores legais, das persoas nas que estes deleguen, comunicando en conserxería a saída do recinto escolar e cubrindo unha solicitude que se lle facilitará en conserxería.
Normas básicas
Mediodía de luns.
- O Centro permanecerá aberto neste periodo e as familias que queiran que ás súas fillas/os permanecezan nas instalacións do centro debe solicitalo a dirección do centro.
- O alumnado pode traer a comida de casa ou comprala na cafetería, previo encargo, podendo facer uso das instalacións da cafetería para comer en ambos casos.
- Non temos servizo de comedor.
- O alumnado autorizado a quedar no centro durante o mediodía do luns debe pasar por conserxería ás 15:30 h para controlar a súa permanencia nas instalacións.
Normas básicas
Non está permitido en todo o recinto escolar o uso de aparellos reprodutores de música ou imaxes, salvo os de uso académico; tampouco está permitido o uso de teléfonos móbiles, videoconsolas, punteiros láser ou calquera outro enxeño tecnolóxico, excepto para uso académico baixo a supervisión do profesorado.
Partes de amoestación
VERDE
AMARELO
VERMELLO
AZUL
- Faltas graves.
- O alumno/a amoestado abandonará a aula e non se reincorporará en toda a xornada, dirixíndose a aula de convivencia.
- Segundo a gravidade dos feitos, sancionará dita conduta coas medidas correctoras que se indican no apartado correspondente as faltas graves ou moi graves das normas de organización e funcionamento.
- Parte positivo
- Faltas máis graves cós anteriores.
- O alumno/a amoestado poderá abandonar a aula e non se reincorporará nesa sesión, dirixíndose a aula de convivencia.
- Permanencia na aula de dinamización da convivencia durante 5 recreos.
- Faltas de carácter leve.
- O alumno/a amoestado poderá abandonar temporalmente a aula, dirixíndose a aula de convivencia acompañado polo Delegado/a do seu grupo.
- Permanencia na aula de dinamización da convivencia durante 2 recreos.
Partes de amoestación
VERDE
AMARELO
VERMELLO
AZUL
- As amoestacións por escrito son comunicadas aos pais, nais ou titores legais do alumno/a a través de abalar-móbil. •
- A imposición dun 3º parte verde, supón un parte amarelo, e a imposición dun 3º parte amarelo supón un parte vermello.
Informacións varias
- Calendario de exames. En todos os trimestre subimos á paxina web do centro o calendario de exames do trimestre para que as familias o poidan consultar. Temos limitado o número de exames a 2 exames/día, salvo o último trimestre que é de 3 exames/dia.
- Equipos de limpeza de patio.
- Transporte escolar: os primeiros días pode haber algún problemas por despiste do alumnado. Estamos pendentes do alumnado que perde o autobús.
Fin Grazas pola atención!!