Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
RECURSOS FLORENCIO DELGADO
ireabalboacosta
Created on April 4, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
ESTAMOS CONSTRUINDO ESTA PÁXINA DE RECURSOS
APRENDEMOS SOBRE...
FlorencioDelgado
RECURSOS DOUTROS COLES
Gurriarán
AS LETRAS DE FLORENCIO
PRIMAVERA DAS LETRAS
SEMINARIO GALÁN
A RAG INFORMA
ESTAMOS CONSTRUINDO ESTA PÁXINA DE RECURSOS
APRENDEMOS SOBRE...
RECURSOS DE OUTROS COLES
FlorencioDelgado
Gurriarán
KARAOKE VENTE, VENTIÑO
TELEXORNAL DE FLORENCIO
BIO CEIP SEIXALBO
BIO COLE SAN PIO X
BIO CON PICTOGRAMAS
SEGUIREMOS ACTUALIZANDO SEGUNDO SAIAN MÁIS RECURSOS
PROPOSTAS DE TRABALLO NA REDE...
FlorencioDelgado
AS NOSAS PROPOSTAS
PROPOSTAS DO CEIP GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS
Gurriarán
ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN
PROPOSTAS DA EDITORIAL GALAXIA
FlorencioDelgado
COÑECEMOS ALGÚNS POEMAS
PROCURA AS PALABRAS DOS POEMAS DE FLORENCIO, DEFÍNEAS E ENGADE IMAXE OU DEBUXO
A TRAXEDIA DOS CASTIÑEIROS
Gurriarán
AÍ VEN O MAIO
VENTE, VENTIÑO DO NORTE
RESPOSTA Á ROSALÍA
VENTE, VENTIÑO DO NORTE II
A CALDEIRA
CHOIVA
ANDAN OS PAXAROS
sen título 1
PANDEIRADA
sen título 2
COUSAS DE OUTONO
SEN TÍTULO 3
FESTAS FOLIÓN DE VERÁN
O REISEÑOR
OS TRINTAS
MUIÑADA
Volver
AÍ VEN O MAIO
Ahí ven o Maio pola porta do xardín, ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril, (O Maio garrido cansiño de chorar, enxoitou o seu pranto con panos de luar). Ahí ven o Maio pola porta da campía ahí ven o maio, galán da cotovía, (O Maio garrido tiña un cambai brunedo, o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos). Ahí ven o Maio pola porta da debesa, ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas. (O Maio garrido anda a bebelos ventos pola terra, rapaza de doces arrecendos).
Ahí ven o Maio pola porta do soutelo, ahí ven o Maio có seu colete amarelo. (O Maio garrido, nos intres de vagar, có mestre rouxinol adeprende a cantar.
Alí ven o Maio, Maíño, Maiolo; na verde camisa botois de amerodos; monteira frorida, a roupa das festas; e un caraveliño por riba da orella; pieites de silveiras pieitanlle o cabelo, anda a namorare coma un mozo cedo.
Ahí ven o Maio pola porta do valado, ahí ven o Maio cô seu traxiño branco. (O Maio garrido, para saudar o vran, pon luvas de etiqueta con frores de S. Xoán). Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza, que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!
AS SÚAS PALABRAS
RESPOSTA Á ROSALÍA
EU CANTAR, CANTEI A GRAZA NON ERA MOITA...
GALICIA INFINDA
Volver
Ti cantar, cantar cantache, ti cantache, Rosalía; ti cantar, cantar, cantache, da graza de Deus unxida, concertos de reiseñores, malvises e cotovías, de rulas que loitos choran, de galos na amañecida, de airiños que tollen mágoas, de mozas pernas que esbrinzan e de xogorás punteiros de gaitas nas romerías
Do río, na florida beira do mar ao pé das ondiñas, cantache, nova alborada, o abrente dun claro día. E, teu cantar, foi roibén, foi diana de ledicia, pois cantache o «resurrexit» da lene fala esquecida.
Ti cantar, cantar cantache, cantache que ben sabías; cantache de graza chea: voz gloriosa da Galicia!
AS SÚAS PALABRAS
A CALDEIRA
GALICIA INFINDA
Do río Farelos aí vén a caldeira para matar a sede de todas as terras. Espelliño ledo, cristal manseliño, vén cantaruxando beira dos camiños. O seu ben reparte, cal Samaritana, e acaba probiña, e morre escoada. Bebe o boi marelo, bebe a mansa besta, beben as herbiñas... todos beben dela! ...............................
Volver
Pasou a caldeira, camiño das hortas, a falar soíña, a cantar saudosa.
AS SÚAS PALABRAS
ANDAN OS PAXAROS
GALICIA INFINDA
Volver
Andan os paxaros, co medo, a chiar... (Do Xapón, mandaron castiros ananos para que os nenos poidan os niños pillar sen rubir ás gallas, sen engateñar, sen rachar as calzas... dende o mesmo chan!) Andan os paxaros, co medo, a chiar.
AS SÚAS PALABRAS
PANDEIRADA
Volver
Nenas, vinde á pandeirada, que sinto, no peito o adufe do meu desexo, rapazas. Os ollares churrusqueiros son mans a bater no adufe que anda a soar no meu peito. Nenas, vinde á pandeirada, a pór acordes co adufe as ferreñas das risadas.
AS SÚAS PALABRAS
COUSAS DE OUTONO
Volver
Andan á roda no ceo os fillos do sol e a choiva; as árbores xogan ás chapas cos patacóns das súas follas. De brétemas alfaiate, fíxolle o río roupa ao val, coa tesoura das raiolas anda o sol por lla rachar.
AS SÚAS PALABRAS
FESTAS FOLIÓN DE VERÁN
Volver
Na póla dun buxo canta un reiseñor; a póla é o punteiro; o paxaro, o fol.
Polo heliógrafo do río pide o ceo á terra estrelas; e a terra, no tren da brisa, remésallas con urxencia e ruben aturuxando que fan a viaxe ledas.
AS SÚAS PALABRAS
OS TRINTAS
Volver
O Félix florea a gaita, Fermín florea o requinto, fai, Roxelio o redobrante, na caixa, lene tronido... Ou a gloria da alborada dende a «Pireira» ás «Gralleiras» no amencer de Santa Marta!
AS SÚAS PALABRAS
MUIÑADA
O sol, baril muiñeiro, pingotas de choiva moe, o arco da vella peneira fariña de sete cores. Os brancos foles das nubes, a lombos das serras, van cara o muiño do ceo para moer o seu gran. A señora lúa, branca muiñeira, que anda noutra banda coas mozas estrelas, ao chegar a noite de tornar se lembra porque ten gandaia e non quere perdela.
Volver
AS SÚAS PALABRAS
A TRAXEDIA DOS CASTIÑEIROS
Volver
Retorto castiñeiro, outrora san e forte, atópaste ferido do machado da morte; as túas folliñas, murchas, van caendo no chan, ou tristura dunha árbore despíndose no verán!
Malpocadas! Cal anacos da túa vida, vainas arrincando o vento e revoan toleironas e corren polos camiños para morrer, afogadas na lama dun tremesiño.
AS SÚAS PALABRAS
VENTE, VENTIÑO DO NORTE
CANTARENAS
Volver
Vente, ventiño do norte, vente, ventiño norteiro a cantarme, nos ouvidos, a canción do frío inverno.
Tráeme lembranzas dos montes de branca neve cubertos; de parte da branca neve vén darme xeado beixo, que mais quero aterecer ao contacto dos teus beizos que sintilos agarimos de ventos moles e tépedos;
...
AS SÚAS PALABRAS
VENTE, VENTIÑO DO NORTE, cont.
CANTARENAS
Volver
...
das árbores que apouvigas, por facerte cos brinquedos de amarelas follas murchas, trae a min o bruar fero; tráeme os laios musicais das xestas e dos piñeiros, pois quero trocar a moleza e dozura do bo tempo, polos ásperos aloumiños do barudo e forte inverno; quero que rente a min chegues cantando o canto guerreiro do norte, e que cheo de azos, amátelo conto meigo do brando sur, teu inimigo;
...
...
AS SÚAS PALABRAS
SAN XOSÉ
A anduriña veu do mar a voar, a voar; viaxando nas roibéns, dende o mar, aquí chegou para saudar aos Xosés, Xoseiño, lava a perna, Xoseiño, lava o pé: con fregas de primavera desbota o frío do inverno; e con flores dos valados dálle perfume ao cabelo.
Volver
AS SÚAS PALABRAS
HAI SEDE NA NOVA GALICIA
Volver
Sede nos ermos outeiros e nas poirentas chairas, nos arpados nopaleiros, sede nas enxoitas eiras. Nas lagoas enlamadas de arneiro xabre cinguidas. Sede nas irtas valgadas. Sede nas terras espidas. Sede nas mortas aldeas, nas congostras, nos carreiros e nas queimantes areas dos escoados regueiros
AS SÚAS PALABRAS
SALVE!
Volver
Salve! Branca, branquiña, branqueira, alta bandeira galega: branca como unha pombiña, azul, coma o mar da Terra. Branca é a espuma do mar, branca é a cor da pureza; por eso es ti tamén branca, salve, miña bandeira galega! Galiza a do ceio azul, do mar azul rodeada; por iso ti es azul, azul, azul, azulada, salve, bandeira da Patria amada! ...
AS SÚAS PALABRAS
Cancioneiro da loita galega
CHOIVA
Volver
Chora o meu corazón E na vila a chover; Que estraño esmorecer Sente o meu corazón? Nos tellados, a choiva, Canta un canto teimoso Pró corazón saudoso, Doce canto o da choiva! Por que te queixas, di, Corazón magoado? Se non es traizoado... Por que te queixas?, di. Mais non aturo a dor Que me causa o ignorar, Que sen querer nin odiar Sinta tan forte dor.
AS SÚAS PALABRAS
Volver
Un, dous, tres. Fuxen da retorta serpe os paxariños dos pés e as bolboretas das trenzas. Un, dous, tres. Os paxariños dos pés fuxen, con medo da cobra. A túa gorxa, leda frauta, fai bailar á serpe tola. Un, dous, tres.
AS SÚAS PALABRAS
Volver
Do Barco, os esquiadores, a serra civilizaron. As encostas da Trevinca xa saben o que é o slalom, mais á neve, outrora virxe, co seu riscar esforciaron.
AS SÚAS PALABRAS
Volver
Por Córgomo de Valdeorras non anda a santa compaña porque o bon viño escorrenta demos, trasnos e pantasmas
AS SÚAS PALABRAS
O REISEÑOR
Reiseñor meigo que no agro frorido arrolas cantando ao serán durmido. Ouh doce trobeiro! Reiseñor meigo que no agro vizoso arrolas cantando ao serán formoso Ouh doce trobeiro! Arrolas cantando ao serán durmido que escoita a cantiga do son esvaído. Ouh doce trobeiro! Arrolas cantando ao serán formoso que ouve o feitizo do son garimoso. Ouh doce trobeiro!
Volver
AS SÚAS PALABRAS