Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Séculos Escuros - Teoría e repaso

Xurxo Fernández

Created on March 22, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Tarot Presentation

Vaporwave presentation

Women's Presentation

Geniaflix Presentation

Shadow Presentation

Newspaper Presentation

Memories Presentation

Transcript

Os séculos escuros

XVI, XVII e XVIII

Unha longa viaxe até o Séculos das Luces

Xurxo Fernández IES Antón Alonso Ríos

ÍNDICE

vÍDEO 1: IRMANDIÑOS`

lingua

CONTEXTO

vÍDEO 2`: pARDO DE CELA

SÉCULO xvi

comentarios

vÍDEOs 3 E 4: COMERCIO/ IGREXA

kahoot

SÉCULO xvii

VÍDEO 5: OS ILUSTRADOS

edpuzzle

SÉCULO xviii

contexto

A decadencia do Reino da Galiza

Os epígonos trobadorescos

A desaparición da escola trobadoresca galego-portuguesa medieval non se realizou de maneira brusca. Fronte á opinión tradicional que viña minusvalorando estes textos, os actuais historiadores da literatura galega veñen reivindicando o valor dos poetas da chamada escola galego-castelá -singularmente no Cancioneiro de Baena (mediados dos XV)- e aínda os presentes no Cancioneiro Geral de García de Resende (1511), en Portugal. Ambas as direccións amosan, na obra de autores como o Arcediago de Toro ou Macías o Namorado, un afán por superar os tópicos trobadorescos xa reelaborándoos xa procurando novos xeitos que vaian alén do convencionalismo do amor cortés. Desta maneira, os Epígonos Trobadorescos significan máis ben un período de transición no que, por mor das circunstancias socio-políticas, o galego vai ceder o seu protagonismo, como lingua literaria, ao emerxente castelán.

Diversas circunstancias motivan semellante proceso:

  • As guerras irmandiñas (século XV). No século XIV existía en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galiza foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).
  • Henrique II de Castela substituíu a nobreza galega (século XIV). En primeiro lugar, durante o desenvolvemento das guerras trastamaristas (1370), a alta nobreza galega apoiou a Pedro I no seu intento de subir ao trono de Castela. Porén, o vencedor deste conflito bélico foi o seu rival, Henrique de Trastámara. Como consecuencia disto, Henrique II de Castela (ou Henrique de Trastámara) substituíu parte da nobreza galega por nobres casteláns, proceso bautizado polos historiadores como a primeira substitución nobiliaria.

Diversas circunstancias motivan semellante proceso:

  • Isabel I de Castela mudou a nobreza galega por outra castelá (século XV). Nunha nova guerra pola sucesión ao trono castelán, a nobreza galega apoiou a Xoana a Beltranexa (herdeira lexítima), mais o vencedor foi o bando de Isabel I de Castela, a "Católica". Após a guerra, os Reis Católicos decidiranse por unha política que asegure o predominio do poder real en Galiza; trátase do denominado, polo padre Zurita, como o proceso de "Doma y castración del Reino de Galiza", mediante o cal a nobreza galega quedará totalmente "descabezada" e, o que é decisivo para a literatura, sen capacidade para producir un sistema literario en lingua galega.
  • Substitución da nobreza eclesiástica por parte dos Reis Católicos (século XV). E se a nobreza laica foi substituída, o mesmo ocorrerá coa eclesiástica. Mentres os bispos galegos exercían os seus cargos noutros lugares da Península Ibérica, especialmente en Sevilla, a Galiza chegaban bispos castelanófonos e favorecían os nobres casteláns. A nobreza eclesiástica empregaba o latín, agás nas relacións persoais dos bispos e nalgúns usos administrativos, onde empregaba o castelán. Isto seguía sendo así mesmo cando algún galego dirixía as dioceses galegas.
  • Ausencia dun monarca propio. Mais sendo importantes todos estes apartados, acaso o factor fundamental que explica a decadencia política de Galiza -e xa que logo das letras galegas, en directa relación co anterior- é o feito de que o país galego atinxe a Idade Moderna sen un monarca de seu e, sobre todo, sen a presenza de institucións propias. Aínda que mantén o carácter de "reino", Galiza pasa a formar parte da coroa de Castela sen que exista ningunha institución autónoma que poida servir de contrapeso á política centralizadora; polo contrario, as novas que se crean -Capitanía Xeneral de Galicia, Real Audiencia de Galicia- non farán máis que afianzar esa dependencia con respecto da corte. Afastada dos centros de decisión, Galiza pasa a ser unha simple provincia que asiste, desde unha posición marxinal, á emerxencia da monarquía hispánica centrada no reino de Castela.

A partir do século XVI a lingua galega non ten estamentos de poder que lle sirvan de alicerce, ficando carente do prestixioso sistema literario do que gozara durante a Idade Media. Aínda así, consérvanse manifestacións literarias destes Séculos Escuros.

Manifestacións literarias

Ao longo deste amplo período, a maioría das manifestacións literarias en galego teñen un carácter popular e oral. Porén, consérvanse algunhas manifestacións literarias cultas en galego.

século xvi

Comeza a nosa viaxe polo escuro espazo exterior mais, devagar, van aparecendo estrelas que alumean o camiño.

Acontecementos históricos

Concilio de Trento

Drake na ría de Vigo

Cancioneiro de Baena

c. 1450

1500

1562

1585

1594

1589

1596

Diálogo de Albertee Bieito

Drake na Coruña. Xesta de María Pita

1600

Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragués

obras literarias

c. 1594

1578

XV-XVI?

1530

1506

Canción galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués

DIálogo de Alberte e Bieito

Cantiga na honra de Filipe O Fermoso

soneto Araucana

Pranto da Frouseira

Soneto de Monterrei

Relazón da carta xecutoria

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

século XVI

POESÍA

  • 1) Cantiga na honra de Filipe O Fermoso, datada en 1506. A primeira manifestación poética dos Séculos Escuros achámola no ano 1506. Trátase dunha composición feita en homenaxe ao consorte da raíña Xoana I de Castela (popularmente coñecida como Xoana a Tola), Filipe o Fermoso, con motivo do desembarco da parella na cidade da Coruña. A respecto desa cantiga, dixo Xosé María Álvarez Blázquez que: "non é aventurado supor que xurdise como consigna dos nobres galegos, desexosos de gabar o novo Rei". Atribúelle este estudoso, pois, unha finalidade política á creación desta composición. Con efecto, o rei Fernando II de Aragón, "o Católico", non favorecera demasiado á nobreza galega. Fora a súa esposa, de feito, quen levou a termo o chamado "proceso de doma e castración do Reino de Galiza". Por isto, os nobres galegos non verían con maos ollos, a priori, o goberno deste monarca, posto que podería supor unha mudanza (que non se produciu) nas relacións entre Galiza e Castela.

século XVI

POESÍA

  • 2) O Cantar do Mariscal e o Romance do Mariscal, coñecidos co nome conxunto de Pranto da Frouseira, son dous poemas anónimos de finais do śeculo XV. Atribuídos. erroneamente ao poeta portugués Luís de Camões A fortaleza así chamada, aquí personificada, maldí a traizón ao Mariscal Pardo de Cela por parte de algúns dos seus servidores e chora a posterior e tráxica morte do Mariscal e do seu fillo, axustizados pola Coroa de Castela na praza maior de Mondoñedo. Enxálzase e idealízase a figura deste personaxe histórico, que aparece caracterizado como un señor feudal insubmiso á vontade da raíña Isabel I de Castela, "a Católica", defensor da terra, que só pode ser derrotado a través da traizón dos seus achegados.

século XVI

POESÍA

  • 3) Sonetos de corte renacentista:
• O “Soneto de Monterrei”, de autor descoñecido e datábel arredor de 1530. Aborda o tema das “parcas”, seres mitolóxicos encargados de tecer os fíos da morte. • O soneto escrito en 1578 pola primeira muller escritora en galego coñecida, a Condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade (Ponetedeume, ca. 1527-1582), en honra do escritor Alonso de Ercilla, con motivo da publicación da segunda parte da súa obra La Araucana.

século XVI

POESÍA

  • 4) Canción galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués (arredor de 1594), de autor descoñecido (acaso Gaspar de Teves) e cuxa función é louvar a figura do que foi o primeiro galego que alcanzou o cargo de Capitán Xeneral de Galiza. O texto está redactado en once estanzas, forma estrófica que atinxe o seu apoxeo no Século de Ouro.
  • Este poema estaba incluído nun libro que chegou ás mans de Diego Sarmiento de Acuña (Conde de Gondomar), e contiña composicións elaboradas en lingua castelá.

século XVI

PROSA

  • 1) De comezos do século XVI é a Relazón da carta xecutoria e copias dos que venderon a Frouseira... na que se narra a traizón e morte do mariscal Pero Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos en 1483, facendo relación do nome e procedencia dos viente e dous traidores.
  • 2) Consérvanse tamén algunhas cartas en galego de ou para o Conde de Gondomar, Diego Sarmiento de Acuña, que foi embaixador de Filipe III en Inglaterra. Nunha desas cartas, datada en Baiona en abril de 1605, apréciase ademais a estima en que o conde tiña o seu idioma, pois o seu comunicante declara escribir “en esta lingoaje pois é de vm. (vossa mercé) tan estimada”.

século XVI

TEATRO

  • O DIálogo de Alberte e Bieito é de fins do XVI. É unha peza anónima escrita para representar nalgunha festividade en Pontevedra, en que dous labregos critican a deteriorada situación económica e social da época.

século xvIi

Esplendor artístico e cultural VS decadencia social e económica.

Acontecementos históricos

Naves turcas e berberiscas atacan Cangas. Décimas ao Apóstolo Santiago de Martín Torrado

Sonetos de Xoán Gómez Tonel e Pedro Vázquez de Neira

1612

1617

1600

1650

1671

1697

Celebración das Festas Minervais

Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de Gabriel Feixoo de Araúxo

1700

obras literarias

1671

1697

antes de 1630?

1612

1617

“soneto con falda”, de Xoán Gómez Tonel e “Respice finem”, de Pedro Vázquez de Neira

Composicións das Festas Minervais

Entremés famoso sobre a pesca no río Miño

Coplas no saqueo de Cangas polos turcos

Décimas ao apóstolo Santiago

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

século XVII

POESÍA

  • 1) En 1612 publicarase un cancioneiro das Exequias á Raíña Margarida, no cal se recollen composición elexíacas que supoñían un lamento polo pasamento da raíña Margarida de Austria. A publicación desta obra correu a cargo da Real Audiencia do Reino de Galiza. Entre elas, hai dous sonetos creados en lingua galega, o chamado “soneto con falda”, de Xoán Gómez Tonel e o pranto “Respice finem”, de Pedro Vázquez de Neira.
  • 2) “Coplas no saqueo de Cangas polos turcos”. De 1617 dataría unha composición anónima onde se narra o saqueo de Cangas polos turcos, en que se describen con vivo trazo a angustia e o pánico dos habitantes desa vila mariñeira do Morrazo canfo foi atacada, o 9 de Nadal de 1617, por unha escuadra berberisca, que causou moita destrución e morte. Tamén é anónimo un canto ao monte Medulio que Xosé María Álvarez Blázquez dubida se é do século XVII ou XVIII.

século XVII

POESÍA

  • 3) Pénsase que son de antes de 1630 as seis “Décimas ao apóstolo Santiago”, do crego compostelán frei Martín Torrado de Figueira, que pese a non seren imprentadas, foron moi populares no seu tempo. Nelas recóllese a polémica consistente en considerar se o Apóstolo Santiago debía de ser o único patrón das Españas ou se, pola contra, debía compartir esa honra con Santa Tareixa de Xesús (opción criticada con humor).
  • 4) As denominadas “Composicións das Festas Minervais”. En 1697 foron publicados os nove romances duns 80 versos cada un escritos en galego contidos no volume conmemorativa das Festas Minervais celebradas naquel ano. Trátase de textos de estilo barroco escritos por intelectuais de gran categoría, entre os que destacan Joseph Gil de Taboada e a Fabián Pardiñas Vilardefrancos. As Festas Minervais víñanse celebrando desde 1536, en homenaxe ao impulsor da Universidade de Santiago de Compostela Alonso III de Fonseca, alcuñado "O Grande".

século XVII

POESÍA

  • 5) Vilancicos de Nadal e Reis. Durante os séculos XVII, XVIII, e aínda na primeira metade do XIX, circularon unha grande cantidade de vilancicos de Nadal e Reis escritos en lingua galega. Tratábase de creacións en verso, en estrofas breves, musicadas, e cun certo ar popular, compostas normalmente por músicos de grande formación, que imitaban as panxoliñas cantadas polo pobo..
As catedrais de Mondoñedo e Santiago de Compostela contaron cunha grande tradición no que respecta á elaboración destas panxoliñas ou aninovos. Amais, os vilancicos de Nadal e Reis escritos en galego traspasaron as fronteiras de Galiza, e eran cantadas en catedrais como a de Toledo ou Sevilla (o cal non é raro, tendo en conta que, durante estes anos, a curia hispalense contou cun grande número de bispos galegos). Derivado disto, circula a anécdota de que nestes lugares, ao escoitar estes cantos relixiosos en galego (e unido a un cruzamento entre Galilea e Galiza) chegouse a pensar que o Mesías era orixinario de Galiza.Os principais cultivadores de nome coñecido foron Carlos Patiño (1600-1675), frei Francisco de Santiago (1578?-1644), Gabriel Díaz e frei Jerónimo Gonçalves.

século XVII

TEATRO

  • Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid o manuscrito dunha breve peza teatral, de 33 versos repartidos en nove escenas, coñecida habitualmente como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño ou Contenda dos labradores de Caldelas. O seu autor foi Gabriel Feixó de Araúxo, probabelmente ourensán. Este texto, datado en 1671, foi dado a coñecer por vez primeira en 1953 polo estudoso Fermín Bouza Brei. A obra aborda os conflitos enre pescadores galegos e portugueses no río Miño, concluíndo coa súa reconciliación.

século xvIIi

O pensamento ilustrado

Acontecementos históricos

Guerra de Sucesión.Instauración da dinastia dos Borbóns.

Batalla de Rande

Invasión inglesa nas costas galegas

1700

1702

1703-1709

1719

1750

c.1754

1751

1784

Creación da Real Sociedade de Amigos do País en Compostela

Obras en prosa e verso de Diego Antonio de Cernadas, cura de Fruíme

1800

Coloquio dos 24 rústicos, de frei Martín Sarmiento

obras literarias

1751

1750?

1778-1781

1761

1774-1777

1702

Poema en que se narra a batalla de Rande. Anselmo Feixoo e Montenegro

Entremés do portugués. Anónimo.

Obras en prosa e verso de Diego Antonio de Cernadas, cura de Fruíme

Dúas décimas e un soneto prerromántico, “A Filida”. Xosé Andrés Cornide Saavedra

Romance en ton humorístico. María Francisca de Isla e Losada

Coloquio de 24 Gallegos Rústicos, da autoría de Frei Martín Sarmiento

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

+ Info

século XVIII

POESÍA

  • 1) De 1702 é un poema no que se narra a batalla de Rande, atribuído a Anselmo Feixoo e Montenegro. No ano 1707 tiveron lugar na cidade de Ourense unhas celebracións con motivo do nacemento do príncipe Luís Xacobe, fillo de Filipe V e de María Luísa de Savoia. Co gallo destes festexos, foi elaborado un volume conmemorativo no que se recolle un romance anónimo escrito en lingua galega, dedicado á Virxe da Reza e atribuído por Xosé María Álvarez Blázquez a Noguerol e Camba.
  • 2) Un dos froitos literarios máis destacados destes Séculos Escuros é o Coloquio de 24 Gallegos Rústicos, da autoría de Frei Martín Sarmiento (1695-1772). Este libro, composto por 1201 coplas, foi elaborada entre 1746 e 1747 e narra en verso a morte e o enterro de Filipe V e a coroación do seu fillo Fernando VI. Máis que un grande valor literario, o Coloquio ten un enorme valor didáctico, posto que con frecuencia aparecerán enormes listados de enumeracións onde se recollen sinónimos dun mesmo vocábulo en galego. Este método será utilizado posteriormente por Xoán Manuel Pintos (1853) no seu libro A gaita gallega.

século XVIII

POESÍA

  • 3) Por outra banda, é tamén do século XVIII, un romance en ton humorístico da autoría de María Francisca de Isla e Losada e dirixido ao Diego Antonio Cernadas Castro (coñecido como "o cura de Fruíme"), datado entre 1774 e 1777. É probábel que esta mesma autora escribise máis textos en galego á parte deste.
  • 4) Precisamente "o Cura de Fruíme", Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777) foi un poeta moi popular no seu tempo. Alén da constante loanza de Galiza e do mundo rural, nas súas obras combate a má imaxe e os insultos de que era obxecto a sociedade galega. As súas composicións en galego foron publicadas entre 1778 e 1781.
  • 5) Xosé Andrés Cornide Saavedra (1734-1803) foi un economista, historiador e antropólogo con intereses filolóxicos. Escribiu tres poemas en galego: dúas décimas e un soneto prerromántico, “A Filida”.

século XVIII

POESÍA

  • 3) Por outra banda, é tamén do século XVIII, un romance en ton humorístico da autoría de María Francisca de Isla e Losada e dirixido ao Diego Antonio Cernadas Castro (coñecido como "o cura de Fruíme"), datado entre 1774 e 1777. É probábel que esta mesma autora escribise máis textos en galego á parte deste.
  • 4) Precisamente "o Cura de Fruíme", Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777) foi un poeta moi popular no seu tempo. Alén da constante loanza de Galiza e do mundo rural, nas súas obras combate a má imaxe e os insultos de que era obxecto a sociedade galega. As súas composicións en galego foron publicadas entre 1778 e 1781.
  • 5) Xosé Andrés Cornide Saavedra (1734-1803) foi un economista, historiador e antropólogo con intereses filolóxicos. Escribiu tres poemas en galego: dúas décimas e un soneto prerromántico, “A Filida”.

século XVIII

TEATRO

  • 1) Consérvase un texto teatral anónimo, intitulado Entremés do portugués, descuberto e publicado en 1985. Esta peza cómica, reacciona contra a visión deformada e negativa que existía dos galegos nesta época, afirmando a súa superior intelixencia a respecto de españois, franceses e portugueses.

A ilustración

O pensamento ilustrado

"Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt"

A ilustración en galiza

"Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt"

A ilustración en galiza

O movemento da Ilustración en Galiza representou un novo interese polas ideas empíricas na filosofía, na política económica ou nas ciencia. Neste contexto comezou un proceso de construción e recuperación da conciencia da personalidade histórica, cultural e económica do reino de Galiza da man dos ilustrados galegos, persoeiros de letras que entendían a Galiza como unha sociedade diferenciada e como un reino cunhas necesidades específicas. Na gran tarefa de modernizar o reino, de aproveitar os seus recursos humanos e naturais, tiveron un destacado papel as sociedades e academias galegas. Foron creadas, entre outras, a Academia de Agricultura del Reino de Galicia (inaugurada o 20 de xaneiro de 1765), a Sociedad Económica de Amigos del país del reino de Galicia (15 de febreiro de 1784) ou as Sociedades de Amigos do país de Santiago de Compostela (1784) e Lugo (1785), así como ambiciosas propostas como o Real Montepío de Pescadores del reino de Galicia (1775).

"Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt"

A ilustración en galiza

Os ilustrados foron os primeiros en denunciar as penurias do reino, a maior parte delas derivadas da negativa política que nel levaron a cabo o Reis Católicos e os Habsburgo. Deste xeito denunciouse o estado das vías de comunicación, as importacións innecesarias, a masiva emigración, as políticas de aculturización lingüística e, en definitiva, a marxinación económica do reino. Deste modo conseguíronse éxitos como a constitución na Coruña do Consulado Marítimo e Terrestre co que se habilitou a cidade para comerciar coas colonias americanas.

Persoeiros

Pola súa enorme contribución á lingua e cultura do reino destacan dous eclesiásticos, Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro e Martín Sarmiento (Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, 1745-1755). O primeiro denunciou antes que ninguén a miseria do sector campesiño galego propoñendo mudanzas na administración do reino; o segundo con amplos coñecementos de botánica, medicina natural e arquivística, dedicouse á filoloxía sendo un aférrimo defensor do galego (idioma do reino), erguendo a voz contra aqueles que trataban de desprestixialo.No eido económico, entre outros destacan persoeiros aos que se lles deben numerosas obras de vital importancia no desenvolvemento económico e que pertencen a diferentes grupos sociais. Aparecen aristócratas (fidalgos) tales como Xosé Cornide de Saavedra (Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia,1774), Pedro Antonio Sánchez -cofundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784)- ou Lucas Labrada (Descripción económica del Reyno de Galicia,1804); eclesiásticos como Juan Francisco de Castro ("Discursos críticos sobre las Leyes, y sus Intérpretes", 1765) e comerciantes como Antonio Raimundo Ibáñez.

"Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt"

traballos e actitude dos ilustrados con respecto á lingua

No século XVIII algúns ilustrados elaboraron obras relacionadas dun modo ou outro coa lingua, que constituíron contribucións fundamentais.

Frei Benito Xerónimo Feijoo

Nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en castelán. Nun dos discursos desa obra defendeu que o galego procedía do latín e que non era un dialecto do castelán.

frei martín sarmiento

Foi un home adiantado ao seu tempo e loitador pola súa terra. Realizou análises da lingua galega, idea que foi seguida posteriormente polo padre Sobreira, nunha época en que a lingua estaba desprestixiada. De grande importancia foron as súas viaxes a Galiza, a de 1745 (que durou 8 meses) e a de 1754, verdadeiras expedicións científicas programadas e pensadas polo miúdo, nas cales descobre unha Galiza e un pobo cunha gran riqueza natural, cultural e patrimonial. As súas ideas:

  • o problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria;
  • o seu rexeitamento irado do castigo físico que sufrían as crianzas por se expresaren en galego na clase;
  • a súa defensa convencida de que á rapazada había que lle aprender na mesma lingua que falaba na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia;
  • e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na administración.

cita

Sábese que a famosa conquista de Portugal foi desde Galiza cara ao mediodía e en tempo que xa Galiza estaba co seu idioma vulgar. Así, a lingua portuguesa pura non é outra que a extensión da galega, e que despois se cargou de voces forasteiras, mouriscas, africanas, orientais, brasileiras, etc. .

(Sarmiento 1974[1755]: 30)

VIDEO I: irmandiños

A revolta irmandiña

Explicación da loita social das Irmandades galegas na Idade Media contra os señores feudais.

+ Info

+ Info

VIDEO II: pardo de cela

O mariscal Pardo de Cela

Pardo de Cela e a terza invasión castelá da Galiza. Fonte: CRTVG, Historias de Galicia

+ Info

+ Info

VIDEOs III e IV: comercio e igrexa

VIDEO V: os ilustrados

Frei Martín Sarmiento

Explicación do labor e da obra do Padre Sarmiento. Fonte: CRTV

+ Info

+ Info

a lingua

Canto á evolución interna da lingua, neste longo período de tempo da Idade Moderna producíronse no campo da fonética, da morfoloxía e do léxico unha serie de transformacións que consolidaron os principais trazos característicos da lingua galega actual, como son:

fenómenos lingüísticos

  1. Na fonética, a desaparición das vogais nasais e o enxordecemento do sistema de sibilantes.
  2. Na morfoloxía, a distinción entre TE (OD) e CHE (OI); a xeneralización da terminación -CHES para a segunda persoa dos perfectos (amaches,...) e -O para a terceira persoa dos perfectos fortes (disso, fezo) que anuncian os resultados do idioma moderno (houbo, fixo,...); a conservación da terminación -DES para a segunda persoa do plural dos verbos (cantades,...),...
  3. No léxico, produciuse a castelanización de onomástica persoal e de topónimos e empezaron a ser frecuentes os castelanismos léxicos (milagro, calle,...), agás no léxico rural.
  4. Finalmente, podemos apuntar que a maior parte dos fenómenos dialectais xorden neste período (seseo, gheada, distinción de formas como IRMÁN / IRMAO,...) no que o galego non contaba cun modelo de lingua oral culta nin cun modelo de lingua escrita.

Comentarios de texto

Actividades sobre os textos para practicardes

Texto 1

Actividades

1. Analiza a temática do soneto e pona en relación con outros textos semellantes da literatura, en diferentes linguas, dos séculos XVI e XVII.2. Compara o galego que se rexistra no texto co galego medieval, dunha parte, e co galego actual, doutra. 3. Procura información acerca do personaxe que é protagonista do texto e da súa motivación. 4. Resume os feitos e circunstancias que incidiron na decadencia escrita do galego durante os Séculos Esuros. 5. A quen se dirixe o poeta? 6. De que se lamenta? 7. Sabemos que a sociedade desa época era estamental. Aparece reflectido ese aspecto no poema? Como?

Texto 2

Actividades

1. Indica os elementos lingüísticos e psicolóxicos que caracterizan a cada un dos personaxes deste fragmento.2. Para algúns analistas, non estamos diante dun verdadeiro entremés. Procura información arredor deste xénero. 3. Con que procedementos logra o autor caracterizar a fala do labrador? 4. Procura información acerca da vida e obra do Padre Sarmiento.

Texto 3

Actividades

1. Descubre a figura de X.A. Cornide. A que época pertence o texto?2. Poderías indicar outros autores contemporáneos de Cornide? 3. A que tipo de temática corresponde esta composición? 4. Cal é a idea que pretende transmitir o texto? 5. Desde o punto de vista estrutural, cantas partes podemos distinguir no poema? 6. Analiza formalment este poema. 7. Podemos falar dun poema alegórico? 8. Indica os principais recursos estilísticos. Observa a aliteración de determinados fonemas. Teñen valor simbólico? 9. Fai unha valoración persoal desta composición.

Autoavaliación

kahoot

Edpuzzle

Os Séculos Escuros

A ilustración en Galiza

Edpuzzle para repasardes e preparardes o exame.

Edpuzzle para repasardes e preparardes o exame.

listaxe de reprodución sobre os séculos escuros

Para facerdes o último repaso. Os derradeiros vídeos sobre Maria Solinha non entran no exame

obrigado!