Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
As orixes da Idade Moderna [3º ESO, galego]
Mateo Martínez Torres
Created on February 23, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
Transcript
As orixes da Idade Moderna: o século XV
Tema 9
Índice
1. As transformacións políticas
2. As transformacións económicas e sociais
3. A monarquía dos Reis Católicos
4. A expansión territorial Reis Católicos
5. As grandes exploracións
6. A América precolombiana
7. O Humanismo
8. O Renacemento Italiano: O Quattrocento
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
1.As transformacións políticas
O novo estado moderno
O estado moderno xurdiu entre os séculos XV e XVI, é dicir, entre 1400 e 1600 aproximadamente. Durante a Idade Media, o poder dos reis estivera limitado pola nobreza feudal. Aproveitando as crises nobiliarias e a aparición dun novo grupo social, a burguesía, a autoridade monárquica fortaleceuse. Consolidouse así un novo modelo de organización do poder: a monarquía autoritaria.
Monarquía Autoritaria: Sistema de goberno propio dos comezos da Idade Moderna caracterizado polo aumento de poder do rei en detrimento da nobreza feudal.
Vocabulario
Os instrumentos da monarquía autoritaria
O establecemento das monarquías autoritarias non foi inmediato, senón que foi un proceso gradual, no que as dinastías empregaron distintos instrumentos:
1. Unificación dos territorios
2. Creación dun aparato burocrático
3. Organización dun exército permanente
4. Deseñaron unha Facenda Real
5. Estableceron a Corte nun lugar fixo
6. Formaron un corpo diplomático de embaixadores
O novo poder dos reis
O filósofo florentino Nicolás Maquiavelo xustificou o autoritarismo das novas monarquías nunha das obras máis importantes do seu tempo, O Príncipe (1513):
Debedes saber que hai dúas formas de combater: unha coas leis, outra coa forza. A primeira é a propia do home, a segunda das bestas. Pero como a primeira moitas veces non abonda, convén recorrer á segunda. É necesario que un príncipe saiba utilizar correctamente á besta e ao home.
Ao inicio da Idade Moderna, os reinos europeos aumentaron a súa importancia mediante guerras ou alianzas matrimoniais. Os reinos máis importantes desa época son a orixe de moitos dos actuais estados europeos:
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
A monarquía autoritaria
Unificación dos territorios
Aparato burocrático
O novo estado moderno
Exército permanente
Os instrumentos da monarquía autoritaria
Facenda Real
Corte fixa
Embaixadores
1. As transformacións políticas
Inglaterra: Henrique VIII
Portugal: Casa de Avís
Castela e Aragón: Reis Católicos
Francia: Luis XI e Francisco I. Post Guerra 100 anos
Europa no s. XV
Sacro Imperio Romano Xermánico
Península Itálica: Divida en numerosos reinos
Rusia: Iván III
Imperio Otomán: Conquista Constantinopla (1453)
2.As transformacións económicas e sociais
Durante o século XV producíronse varias transformacións que afectaron a todos os ámbitos e deron como resultado un novo modelo económico e social
Cambios económicos
Transformacións sociais
Os cambios económicos
Durante o século XV, a transición dende a Idade Media á Idade Moderna estivo acompañada dun crecemento económico, provocando os seguintes cambios:
1. Expansión da agricultura
2. Aumento da produción artesanal
3. Expansión comercial
4. Desenvolvemento do capitalismo comercial
As transformacións sociais
Tras a crise da peste negra no século XIV, ao longo do século XV tivo lugar un intenso crecemento da poboación en Europa. As causas foron unha maior produción de alimentos e a diminución das epidemias. Non obstante, a mortalidade seguía sendo moi elevada, sobre todo a infantil, pois a metade dos nenos non chegaba aos dez anos. É dicir, a esperanza de vida era moi baixa.
As transformacións sociais
Como na Idade Media, a sociedade do século XV era estamental, aínda que se produciron algunhas transformacións:
Sociedade Estamental: División social propia da Idade Media e da Idade Moderna na que a sociedade está dividida en estamentos.
Nobreza
Privilexiados
Clero
Burguesía
Vocabulario
Comerciantes
Non-Privilexiados
Labregos
Os Medici. Exemplo de burguesía poderosa
Unha das familias máis poderosas de Europa do século XV foron os Medici. De orixe humilde, a súa riqueza aumentou grazas ao negocio da banca, o que lles permitiu controlar a cidade de Florencia (Italia). De feito, catro membros da familia foron papas e outros emparentáronse coas familias reais de Francia e Inglaterra.
1. Enumera os cambios económicos acontecidos ao comezo da Idade Moderna
2. A que grupo social pertencen os personaxes representados? Que transformacións ao comezo da Idade Moderna explican o auxe deste grupo social?
A expansión da agricultura
Aumento da produción artesanal
Os cambios económicos
Expansión comercial
Desenvolvemento do capitalismo comercial
2. As transformacións económicas e sociais
Crecemento da poboación, pero alta mortalidade
Privilexiados
As transformacións sociais
Sociedade estamental
Non-privilexiados
3.A monarquía dos Reis Católicos
A unión dinástica dos Reis Católicos
Baixo o reinado de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, os reinos hispánicos incorporáronse á Idade Moderna. Ambos casaron no 1469
A Guerra de Sucesión de Castela (1474-1479)
No 1474, faleceu o rei de Castela, Henrique IV, irmán de Isabel, e ela converteuse en raiña. Non obstante, a nobreza castelá e o reino de Portugal apoiaron á filla de Henrique, Xoana "a Beltranexa". Iniciouse así unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e Xoana. As tropas de Isabel venceron na Batalla de Toro (1478) e Portugal aceptou a Isabel I de Castela como raiña mediante o Tratado de Alcaçovas (1479).
A unión dinástica dos Reis Católicos
Coa victoria de Isabel na Guerra de Sucesión, ábrese definitivamente o reinado dos Reis Católicos. Non obstante, o seu matrimonio non supuxo a unificación das Coroas de Castela e Aragón, senón unha Unión Dinástica.
As dúas coroas mantiveron as súas leis, institucións, fronteiras e moedas. Non obstante, Fernando e Isabel gobernaron de forma conxunta e estableceron políticas comúns no ámbito internacional.
Unión Dinástica: Unión matrimonial dos Reis Católicos, aínda que conservando a independencia de cada un dos reinos.
Vocabulario
A creación da monarquía autoritaria
O reinado dos Reis Católicos significou a implantación do modelo de monarquía autoritaria nos reinos hispánicos da Península Ibérica. Para elo, a nova monarquía empregou diferentes institucións para impoñer a autoridade do rei:
1. Consellos
2. Secretarios reais
3. Santa Irmandade
4. Contadoría Real de Facenda
5. Real Audiencia
6. Exército profesional
7. Corrixidores
A uniformidade relixiosa
Outro dos principais obxectivos dos Reis Católicos foi conseguir a unidade relixiosa. Decretaron a conversión forzosa dos xudeus. Os que abrazaron o cristianismo chamábanse conversos, e os que se negaron foron perseguidos e expulsados (1492).
Ademais, tras a conquista do Reino de Granada (1492) as Capitulacións de Granada permitía a liberdade relixiosa dos musulmáns. Non obstante, o Cardeal Cisneros obrigounos a bautizarse forzosamente e, finalmente, foron expulsados. Os que aceptaron a conversión son os chamados mouriscos.
Mourisco: Musulmáns da Península Ibérica que aceptaron a súa conversión forzosa ao cristianismo.
A Inquisición
Para acabar coas herexías e perseguir ás persoas que se apartasen da fe católica, os Reis Católicos instauraron de novo o Tribunal da Inquisición. A Inquisición foi o instrumento principal para conseguir a unidade relixiosa mediante a forza.
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
Guerra de Sucesión de Castela (1474-79)
A Unión Dinástica
Tratado de Alcaçovas (1479)
Consellos Secretarios Reais Santa Irmandade Contadoría Real de Facenda Real Audiencia Exército profesional Corrixidores
Os elementos da monarquía
3. A monarquía dos Reis Católicos
-Expulsión dos xudeus (1492) -Expulsión dos musulmáns. Os bautizados eran os mouriscos -Recuperación do Tribunal da Inquisición
A uniformidade relixiosa
4.A expansión territorial dos Reis Católicos
A Península Ibérica no século XV
A Península Ibérica do século XV estaba dominada por 5 reinos: - Coroa de Castela - Coroa de Aragón - Reino de Navarra - Reino Nazarí de Granada - Reino de Portugal
As anexións territoriais na P. Ibérica
Os Reis Católicos quixeron unir a todos os reinos peninsulares baixo a súa unión dinástica. Para iso, levaron a cabo unha política baseada en anexións territoriais e políticas matrimoniais:
Granada: Os Reis Católicos aproveitaron a inestabilidade do Reino Nazarí para iniciar a súa conquista. No ano 1492, o rei Boabdil rendeuse, provocando a desaparición do último reino musulmán da Península.
Mapa
Navarra: No 1512, Fernando "O Católico" utilizou a súa alianza con Francia para invadir o reino de Navarra e incorporalo á Coroa de Castela.
Portugal: Os Reis Católicos aliáronse co reino portugués mediante enlaces matrimoniais. Casaron ás súas fillas, Isabel e María, co rei Manuel I de Portugal.
As anexións territoriais en Europa
A política exterior dos Reis Católicos atendeu aos intereses das dúas coroas. Isto supuxo aumentar considerablemente os seus dominios.
Coroa de Aragón: Aragón expandiuse polo Mediterráneo. Incluso se enfrentou co reino de Francia polo dominio de Nápoles. Recuperou os condados do Roselló e Cerdanya.
Mapa
Coroa de Castela: Debido á conquista de Constantinopla polos otománs (1453), a Coroa de Castela buscou novas rutas de comercio cara ao Atlántico. Iso culminou na conquista das Illas Canarias (1490-1496) e na ocupación de cidades do norte de África como Melilla.
Políticas matrimoniais: Ambos monarcas levaron a cabo unha política matrimonial cos seus fillos, que foron emparentados coas principais monarquías europeas.
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
Coroa de Castela Coroa de Aragón Reino de Navarra Reino Nazarí de Granada Reino de Portugal
A P. Ibérica no s. XV
Granada: Conquistada no 1492
As anexións territoriais na P. Ibérica
Navarra: Conquistada no 1512
4. A expansión territorial dos Reis Católicos
Política matrimonial con Portugal
- Aragón: Expandiuse polo Mediterráneo. Rosellón, Cerdenya e Nápoles
As anexións territoriais en Europa
- Castela: Expandiuse polo Atlántico. Canarias e Melilla.
- Política matrimonial en Europa
5.As grandes exploracións
O mundo antes das grandes exploracións
Durante a Idade Media, Europa apenas tivera contacto con outros continentes. Non obstante, grazas a expedicións como a de Marco Polo, sabíase da existencia de reinos poderosos en Oriente como China ou Xapón.
Non obstante, durante os séculos XV e XVI portugueses e casteláns emprenderon grandes exploracións que, en apenas poucas décadas, incorporaron África e América ao mundo coñecido ata entón para os europeos.
Mapa de Fra Mauro. Representa o mundo coñecido en 1459
Causas da expansión europea
Na segunda metade do século XV, portugueses e casteláns emprenderón a súa expansión cara territorios anteriormente descoñecidos. Este feito foi provocado por diversos motivos:
Busca de rutas comerciais: Os turcos-otománs conquistaran Constantinopla (1453) polo que as rutas tradicionais cara Oriente quedaron bloqueadas. A necesidade de buscar traxectos alternativos foron unha causa da expansión.
Política expansiva: Tras a conquista do Reino Nazarí de Granada (1492), Portugal e Castela rivalizaban por expandir os seus territorios. A única saída era o océano atlántico.
Avances técnicos: A revolución científica provocada polo Humanismo proporcionou elementos de navegación cruciais (temón, compás, astrolabio). Ademáis construíronse embarcacións máis grandes, como as carabelas, perfectas para a navegación oceánica.
Portugal expándese por África
As exploracións portuguesas comezaron no século XV impulsadas por Henrique o Navegante. O seu obxectivo era alcanzar a India por mar. Para iso realizaron sucesivas exploracións da costa atlántica africana. O Tratado de Alcaçovas (1479) que puxera fin á Guerra de Sucesión en Castela entregou as Illas Canarias aos Casteláns e Madeira e as Azores aos Portugueses.
Logo de conquistar Madeira e Azores, e continuaron explorando o Golfo de Guinea. No ano 1488 Bartolomeu Dias dobrou o Cabo de Boa Esperanza. Dez anos despois, no 1498, Vasco da Gama conseguía chegar á India e establecerse na cidade de Calicut.
Castela descobre un novo continente
En Castela, o navegante xenovés Cristovo Colón pensaba que podía chegar a Asia navegando cara ao oeste. Sabía que a Terra era esférica, pero descoñecía a existencia doutro continente e pensaba que o tamaño do planeta era menor. Os Reis Católicos apoiaron o seu proxecto e firmaron as Capitulacións de Santa Fe, un documento que concedería privilexios a Colón en caso de ter éxito.
As viaxes de Colón
En agosto de 1492, tres carabelas partiron de Palos de la Frontera (Huelva): a Pinta, a Niña e a Santa María. Tras facer unha pequena escala nas illas Canarias, encamiñáronse ao Atlántico. Grazas ao diario de Colón, sabemos que o 12 de outubro de 1492 desembarcaron na illa de Guanahaní, actuais Bahamas. Bautizárona como San Salvador e recorreron outras illas como Cuba ou Santo Domingo.
O éxito desta primeira viaxe motivou novas expedicións. Entre 1493 e 1504, Colón realizou tres viaxes máism chegando ás Antillas e América Central. Non obstante, morreu pensando que descubrira unha nova ruta para chegar á India, non un novo continente.
O Tratado de Tordesillas
Castela e Portugal rivalizaron polo control dos novos territorios descubertos, polo que no 1494 firmaron o Tratado de Tordesillas. Con este documento dividíanse as novas terras a conquistar. Unha liña imaxinaria que repartía ao globo entre as dúas potencias navegantes da época: Castela e Portugal. Mentres os casteláns conseguirían o dominio sobre boa parte do continente americano, os portugueses manterían a súa soberanía sobre as costas de África e Asia.
Mapa de Juan de la Cosa (1500). Primeira representación de América nun mapa
Planisferio de Cantino (1502)
Mapa de Martin Waldsemüller (1516)
A primeira volta ao mundo
Xa no século XVI, o portugués Fernando de Magallanes partiu de Sevilla ao servizo da Coroa de Castela. Despois de cruzar o Atlántico, percorreu América do Sur e no 1520 descubriu o Océano Pacífico. Cruzou dun océano ao outro polo que hoxe se coñece como Estreito de Magallanes.
Acompañando a Magallanes estaba Juan Sebastián Elcano. Tras a morte de Magallanes en Filipinas, no 1522 a súa expedición consegui regresar á Península. Así, a viaxe de Magallanes e Elcano considérase a primeira volta ao mundo.
A primeira volta ao mundo
Xa no século XVI, o portugués Fernando de Magallanes partiu de Sevilla ao servizo da Coroa de Castela. Despois de cruzar o Atlántico, percorreu América do Sur e no 1520 descubriu o Océano Pacífico. Cruzou dun océano ao outro polo que hoxe se coñece como Estreito de Magallanes.
Acompañando a Magallanes estaba Juan Sebastián Elcano. Tras a morte de Magallanes en Filipinas, no 1522 a súa expedición consegui regresar á Península. Así, a viaxe de Magallanes e Elcano considérase a primeira volta ao mundo.
Principais exploradores do século XV
Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano
Bartolomeu Días
Vasco da Gama
Chegaron ao O. Pacífico (1520) e deron a 1ª volta ao mundo (1522)
Cristovo Colón
Dobrou o Cabo de Boa Esperanza (1488)
Chegou á India (1498)
Chegou a América (1492)
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
1. Responde ás seguintes preguntas:a) Que acordo aparece representado?b) Cando se asinou? Que dous reinos o asinaron?c) Que consecuencias tivo este acordo para a conquista de América?
Busca de novas rutas comerciais
As causas da expansión europea
Política expansiva de Castela e Portugal
Avances técnicos: carabela
Bartolomeu Días dobra o Cabo de Boa Esperanza (1488)
Portugal expándese por África
Vasco da Gama chega á India (1498)
5. As grandes exploracións
- Os Reis Católicos aceptan o proxecto de Colón nas Capitulacións de Santa Fe
Castela descobre un novo continente
- O 12 de outubro de 1492, Colón chega a América.
- Portugal e Castela asinan o Tratado de Tordesillas (1494) e repártense o mundo coñecido.
A expedición de Magallanes e Elcano descobre o Pacífico (1520) e logra completar a primeira volta ao mundo (1522)
A primeira volta ao mundo
6. A América Precolombiana
A orixe dos pobos precolombianos
A evolución histórica de América foi paralela á Europea, pero conta cunha periodización alternativa. En lugar de Idade Antiga ou Idade Media, a historia de América antes da chegada dos pobos europeos divídese nas etapas Arcaica, Clásica e Post-clásica.
Tras a etapa neolítica, a primeira gran civilización de América son os Olmecas. Estes, como tamén os pobos posteriores, son denominados precolombianos.
Precolombiano: Todo aquelo que existía en América antes da chegada de Colón en 1492.
Cando os europeos chegaron a América, os seus numerosos pobos tiñan graos de desenvolvemento e formas de vida diversas. Dende os cazadores-recolectores que habitaban en tribos na selva ata as grandes civilizacións construtoras de cidades.
mapa
Aztecas
Maias
Incas
Os Maias
Os maias foron unha civilización que alcanzou o seu máximo explendor entre os séculos III e VIII. Cando chegaron os europeos. a cultura maia estaba en clara decadencia.
Organizábanse en cidades-estado como Tikal, Palenque ou Chichén Itzá. Por un motivo que descoñecemos, en torno ao ano 1.000 da nosa era a cultura maya colapsou e entrou en crise.
A cultura maia
A cultura maia caracterizábase polos seguintes aspectos:
Relixión
Economía
Cultura
A economía maia baseábase no millo, tomate ou cacao. Alimentos americanos que cultivaban mediante o sistema de roza e queima.
A cultura era avanzada. Coñecían o número 0, tiñan coñecementos astronómicos e un calendario complexo. A escritura era xeroglífica.
A relixión era politeísta. Organizábase en torno aos alimentos e caracterizábase polos sacrificios aos deuses.
Os Aztecas
Os aztecas estaban asentados no centro do actual México e a súa capital era Tenochtitlán. Á chegada dos europeos, a civilización azteca era a máis poderosa da rexión e tiña sometidas a outras culturas centroamericanas próximas a ela.
Mapa
Tlatoani
A sociedade azteca estaba moi xerarquizada. O principal gobernante era o tlatoani. Por debaizo del estaba a nobreza, sacerdotes e o terceiro estado. Tamén tiñan escravos.
Nobreza
Sacerdotes
Terceiro Estado
Unha cidade sobre un lago: Tenochtitlán
Mapa da antigaTenochtitlán pouco despois de ser conquistada polos casteláns (1524)
Reconstrución da capital azteca: Tenochtitlán
A cultura azteca
A cultura maia caracterizábase polos seguintes aspectos:
Relixión
Economía
Cultura
A economía maia baseábase no millo. Ademáis, desarrollaran o comercio e recibían un pago de tributos dos pobos que tiñan sometidos.
A escritura baseábase en debuxos. Ademáis, tiñan un complexo calendario e a súa escultura e arquitectura era moi avanzada.
A relixión era politeísta. Tamén realizaban sacrificios humanos e o deus principal era Quetzalcóalt.
Os Incas
Os incas dominaban a Cordilleira dos Andes e conseguiron formar un inmenso imperio. Desde Cuzco, a súa capital, estendíase unha rede de camiños que conectaba todo o territorio.
Mapa
Inca
O máximo dirixente era o emperador, ao que chamaban inca, considerado descendente directo da máxima divindade: o Sol.
Nobreza
Sacerdotes
Terceiro Estado
A cultura inca
A cultura maia caracterizábase polos seguintes aspectos:
Relixión
Economía
Cultura
Destaca a importante rede de camiños que cruzaba o imperio inca e a construción de cidades en zonas moi elevadas. Unha das máis coñecidas foi Machu Picchu, no actual Perú.
A economía baseábase no millo e na pataca. Ademáis, domesticaron llamas e alpacas e desenvolveron unha artesanía moi elaborada.
A relixión era politeísta. Ademáis do deus Sol, Inti, a deidade principal era Viracocha.
Cidade de Machu Picchu, en Perú
Reconstrución de Machu Picchu
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
3. Completa a seguinte táboa sobre as culturas precolombianas
Orixe na Prehistoria: Neolítico (4.500 a.C.)
A orixe das culturas precolombianas
Periodización alternativa: Clásico e Post-clásico
A primeira civilización americana: Olmecas
Unha das máis antigas (s. III - VIII). Organizábanse en cidades-estado.
-Economía: Agricultura. Queima e roza-Relixión: Politeísta. Sacrificios humanos. -Cultura: Escritura xeroglífica e calendario complexo.
Os maias
Características
6. A américa precolombiana
Asentados no centro de México. Capital: Tenochtitlán
-Economía: Comercio e tributos.-Relixión: Politeísta. Quetzalcóalt.-Cultura: Calendario complexo. Escultura e arquitectura avanzadas.
Os aztecas
Características
Asentados na Cordilleira dos Andes. Capital: Cuzco
-Economía: Gandaría. Llamas e alpacas.-Relixión: Politeísta. Viracocha.-Cultura: Rede de camiños. Construción de cidades: Machu Picchu (Perú)
Os incas
Características
7. O Humanismo
As características do humanismo
O humanismo foi un movemento cultural que ten a súa orixe en Italia, a finais do s. XIV. Madurou durante a primeira metade do século XV e expandiuse por Europa na segunda metade do s. XV e no s. XVI. As súas características son as seguintes:A) Antropocentrismo B) Admiración pola Antigüidade Clásica C) Curiosidade científica D) Secularización da sociedade
Humanismo: Movemento intelectual do s. XV que rachaba co pasado medieval, situaba ao ser humano como centro do universo e admiraba o mundo clásico.
O Home de Vitrubio. Leonardo da Vinci. 1496
O antropocentrismo
O antropocentrismo é a primeira característica do humanismo. Os humanistas rexeitaban o teocentrismo medieval que situaba a Deus como centro do pensamento. O humanismo preocupábase polo estudo do ser humano e considerábao como centro do universo.
A creación de Adán. Miguel Anxo. 1511. Capela Sixtina (O Vaticano, Roma)
Admiración pola Antigüidade clásica
Admiración polo pasado clásico é a segunda característica do humanismo. Mentres que na Europa medieval o pasado clásico era coñecido a través de traducións árabes, en Constantinopla conservábanse numerosos textos grecolatinos. Coa caída de Constantinopla (1453) moitos eruditos escaparon e refuxiáronse en Europa, sobre todo en Italia.
Os humanistas estudaron os textos gregos e latinos e inspiráronse en filósofos clásicos como Platón e Aristóteles. Así, a base do coñecemento comezou a desplazar á relixión e a razón foi tomada como modelo.
A escola de Atenas. Rafael. 1509. (O Vaticano, Roma)
Curiosidade científica
A curiosidade científica é a terceira característica do humanismo. O coñecemento do pasado antigo fomentou o interese pola ciencia e o progreso técnico. Ademáis, o propósito de coñecer a natureza a través da experiencia e da observación deron como resultado un novo espírito científico. Neste sentido, Leonardo da Vinci e as súas máquinas son un bo exemplo.
Secularización da sociedade
A secularización da sociedade é a cuarta característica do humanismo. Isto é, unha perda da relixión na vida cotiá e a revalorización dos praceres humanos.
Retrato de Giovanna Tornabuoni. Ghirlandaio. 1490. Museo Tissen (Madrid)
A orixe do humanismo: Italia
A orixe do humanismo atópase en Italia no século XIV. A finais da Idade Media, unha serie de escritores e pensadores recuperaron unha serie de ideas do mundo clásico que aínda permanecían nas cidades italianas. Escritores como Dante, Petrarca ou Bocaccio reivindicaban a cultura romana.
O centro do humanismo foi a cidade de Florencia, gobernada pola familia Medici. Durante a primeira metade do século XV, os Medici impulsaron as artes e culturas humanistas, sobresaíndo pensadores como Marsilio Ficino ou o propio Maquiavelo.
A difusión do humanismo
Durante a segunda metade do século XV, as ideas humanistas propagáronse desde Italia a outras zonas de Europa. A expansión do humanismo debeuse aos seguintes motivos:
A) O latín deixou paso ás linguas modernas (francés, italiano, castelán, etc.) como vehículo de transmisión cultural.
B) A aparición da imprenta (1450) da man de Johannes Gutenberg, que permitiu editar gran cantidade de libros e difundir as ideas humanistas.
C) A expansión do coñecemento realizado polas academias e as universidades
A difusión do humanismo: Países Baixos e Inglaterra
O humanismo expandiuse por algunhas zonas de Europa como Países Baixos ou Inglaterra.
1) Países Baixos: Destaca a figura de Erasmo de Rotterdam. A súa obra supuxo a unión entre as ideas humanistas (cultura clásica, espírito científico e xuízo crítico) e os valores cristiáns (estudo da Biblia e interese polos debates relixiosos). Así, Erasmo é considerado o máximo expoñente do humanismo cristián.
2) Inglaterra: Na corte de Henrique VIII destacou Thomas More. Na súa obra Utopía propuxo un novo tipo de sociedade de base humanista e criticou á sociedade do seu tempo.
A difusión do humanismo: Reinos hispánicos
Na Península Ibérica, o humanismo difundiuse a partir de diversos focos. En Sevilla, a figura principal foi Antonio Nebrija, prototipo de humanista que escribiu a primeira gramática castelá. En Valencia, destacou o filósofo Luis Vives. Por último, o Cardeal Cisneros fundou a Universidade de Alcalá de Henares a finais do s. XV, que se convertiría no centro do humanismo da coroa de Castela.
4. Completa as seguintes oracións: - O humanismo xurdiu en ________ no século XIV e estendeuse por Europa na _______ metade do século ___. - Os humanistas admiraban aos filósofos _________. - A curiosidade científica do humanismo mostrou interese por coñecer a ________ mediante a ______ e o ________. - Na difusión do humanismo tiveron un papel fundamental a ______ de Guttenberg, as __________ e as _________.
Timeline do século XV
Europa
P. Ibérica
Exploracións
Arte
Relixión e pensamento
1480
1430
1460
1450
1470
1400
1420
1500
1410
1440
1490
- Antropocentrismo- Admiración pola antigüidade clásica - Curiosidade científica - Secularización da sociedade
As características do humanismo
- O humanismo xurdiu en Italia no s. XIV- Escritores como Dante reivindicaban o pasado romano - En Florencia, a familia Medici impulsou o humanismo. Sobresaíron Maquiavelo e Marsilio Ficcino.
As orixes do humanismo
7. O humanismo
Utilización de linguas modernasAparición da imprenta (1450) Importancia das academias e das universidades
Motivos
As difusión do humanismo
- Países Baixos: Erasmo de Rotterdam- Inglaterra: Thomas More - Reinos Hispánicos: Antonio Nebrija, Luis Vives e Cardeal Cisneros
Europa
8. O Renacemento italiano
A sociedade renacentista
O Renacemento foi un movemento cultural e artístico xurdido en Italia tras a difusión das ideas do humanismo. O seu nome fai referencia ao "renacer" das características artísticas do pasado clásico.
Para entender o Renacemento, primeiro debemos coñecer a sociedade na que se orixinou. No s. XV, a burguesía consolidou o seu poder e converteuse no principal apoio da nova mentalidade humanista. A nobreza tamén se afastou das formas de vida feudais e trasladouse ás cidades, onde adoptou os modos de vida cortesáns. Así, nobres e burgueses pasaron a ser os valedores do Renacemento.
Os mecenas
O interese polas artes da nobreza e da burguesía converteunos en mecenas que protexían e financiaban artistas. Foi o caso da familia Medici en Florencia ou algúns papas do s. XV e XVI. Así, os artistas pasaron a ter unha maior consideración social e tiveron permiso para abordar temáticas diferentes ás relixiosas: tanto civís como mitolóxicas.
Mecenas: Persoa poderosa que protexe aos artistas e merca as súas obras.
Madonna de Montefeltro. 1472. Piero della Francesca
O quattrocento
O Quattrocento (1400) correspóndese co século XV. É un período de experimentación artística, seguindo a curiosidade pola ciencia propia do humanismo. Nesta etapa, os artistas regresaron a características da arte grega e romana e tiveron á cidade de Florencia como foco artístico principal. Florencia alcanzara gran prosperidade grazas aos bancos da familia Medici, que controlou o destino da cidade durante boa parte do século XV.
Preguntas longas [3 puntos]
1. Explica cales foron as institucións creadas polos Reis Católicos e por que se caracterizaba a súa política relixiosa.
2. Narra cales foron as causas que impulsaron aos europeos a descubrir outros continentes. Debes incluir os protagonistas e descubrimentos máis relevantes.
3. Explica cales son as principais civilizacións precolombianas e enumera as súas características máis destacadas.
4. Que foi o Humanismo? Cales foron as súas características principais? Onde xurdiu e cando se expandiu? Explícao.