8 MULLERES GALEGAS
Equipo de dinamización da Biblioteca Escolar CEIP López Ferreiro 2022
Naceu en Cuba, a súa familia era de Muras ( Lugo) e estaba en Cuba emigrada. Con nove anos regresou a Galiza, o seu pai quedou na Habana. Estableceuse en Vigo para estudar comercio, tamén fixo maxisterio. Ao finalizar, estudou na Universidade de Santiago Filosofía e Letras, e especializouse en xeografía e pedagoxía. Casou co oftalmólogo Antón Beiras García, galeguista irmán de Manuel Beiras García, e a raíz do estrabismo dunha das fillas, decidiron facer viaxes por Europa para buscar unha solución e facer investigación sobre esta enfermidade ocular. Nunha desas viaxes paran en Xenebra e acode ao Museo da Educación onde estaban ordenando o legado do pedagogo Johann Heinrich Pestalozzi, por quen Antía Cal tiña especial admiración grazas á súa loita a prol da educación das mulleres. As súas experiencias impulsan a Antía Cal a fundar a súa primeira escola, a escola Rosalía de Castro cun ensino bilingüe castelán-inglés. No ano 1969, Antía Cal foi a Barcelona e entrou en contacto coas Escolas de Verán Rosa Sensat, núcleo de renovación pedagóxica. O aprendido alí axudoulle a mellorar a preparación dos mestres e mestras do seu propio colexio. O colexio foi pioneiro na introdución do galego no ensino.
Antía Cal
nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega. Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail. Desde o ano 1970 milita activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participou no movemento antifranquista e coñeceu directamente a realidade do exilio. Desde 1982 formou parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego. Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos. No ano 2010 volveu ás aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.
Encarna Otero Cepeda
nada en Baltar o 14 de decembro de 1898 e finada en Vigo o 10 de xullo de 1987, foi a primeira galega titulada en Medicina en Galicia. Foi especialista en xinecoloxía. Realizou os estudos de bacharelato no Insituto de Pontevedra. Estudou Maxisterio, preparándose por libre na Academia Minerva. Sen vocación para a docencia, decide facerse médica. En 1919 comeza os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose con premio extraordinario e dezanove matrículas de honra.
Olimpia Valencia López
nada en Serantes o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla o 29 de maio de 2005. foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome e en 2021 o Parlamento Galego aprobou unha lei que recoñece o seu labor.
María de los Ángeles Alvariño González
nada en Barcelona o 25 de agosto de 1976, é unha gaiteira galega cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros, mais incorporando ás veces influencias doutras músicas. pertence a unha familia recoñecida dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de Galiza. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai Álvaro Seivane. Aos 9 trasládase, xunto coa súa familia, a Cambre. Xa en Galiza entra en contacto con mestres gaiteiros, que xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían o seu modo de entender e interpretar a música tradicional galega. Dende os 10 anos comezou a ofrecer concertos por todos os recunchos do país. Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano, formando parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos, toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada. No ano 2001 resultou escollida como unha das cinco finalistas dos Indie Awards, os premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente dos Estados Unidos (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.
Susana Seivane Hoyo
nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade. Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.
Helena Villar Janeiro
nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987. é unha futbolista galega. Considerada como a mellor futbolista española da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final. É tamén a única española que foi finalista no Balón de Ouro e a única en ser elixida como a mellor xogadora da liga estadounidense. Foi 56 veces internacional coa selección española absoluta, sendo a segunda máxima goleadora da súa historia, con 38 goles. Foi capitá da selección e liderou a esta na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015, o primeiro Mundial no que participou España. Tamén é a capitá da selección de Galicia. Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.
Verónica Boquete Giadáns
Nada en Ferrol o 16 de abril de 1958, é unha produtora cinematográfica galega especializada en cine de animación.Fundou a produtora Abano Producións en 2007. É activista polo recoñecemento das mulleres dentro do campo audiovisual.
Aínda que desde a infancia as súas inquietudes foron artísticas, o feito de educarse nunha cidade onde a industria naval tiña moito peso no plano laboral, levouna a adquirir unha formación técnica. Isto posibilitoulle presentarse ás primeiras oposicións convocadas polo estaleiro Bazán para incorporarse á súa oficina técnica, converténdose na primeira muller que traballou no departamento de maquinaria, no ano 1981. Sempre lle gustou a animación como expresión artística ao reunir a literatura, a pintura e a música para convertelas nunha obra cinematográfica.
En 2007, Loureiro decidiu fundar a súa propia empresa, Abano Producións, iniciando outra etapa profesional con numerosas producións, comezando coa tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol . Esta película foi a primeira experiencia do cine español en animación 3D para o público infantil. Empezou a gravar a súa primeira longametraxe como directora, o filme Valentina, inspirada na discapacidade que sufre a súa irmá. Valentina acaba de recibir o Gaya a mellor película de animación.
Chelo Loureiro
Información e fotos extraídas de: https://gl.wikipedia.org
8 MULLERES GALEGAS
CEIP Lopez Ferreiro
Created on February 4, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Explore all templates
Transcript
8 MULLERES GALEGAS
Equipo de dinamización da Biblioteca Escolar CEIP López Ferreiro 2022
Naceu en Cuba, a súa familia era de Muras ( Lugo) e estaba en Cuba emigrada. Con nove anos regresou a Galiza, o seu pai quedou na Habana. Estableceuse en Vigo para estudar comercio, tamén fixo maxisterio. Ao finalizar, estudou na Universidade de Santiago Filosofía e Letras, e especializouse en xeografía e pedagoxía. Casou co oftalmólogo Antón Beiras García, galeguista irmán de Manuel Beiras García, e a raíz do estrabismo dunha das fillas, decidiron facer viaxes por Europa para buscar unha solución e facer investigación sobre esta enfermidade ocular. Nunha desas viaxes paran en Xenebra e acode ao Museo da Educación onde estaban ordenando o legado do pedagogo Johann Heinrich Pestalozzi, por quen Antía Cal tiña especial admiración grazas á súa loita a prol da educación das mulleres. As súas experiencias impulsan a Antía Cal a fundar a súa primeira escola, a escola Rosalía de Castro cun ensino bilingüe castelán-inglés. No ano 1969, Antía Cal foi a Barcelona e entrou en contacto coas Escolas de Verán Rosa Sensat, núcleo de renovación pedagóxica. O aprendido alí axudoulle a mellorar a preparación dos mestres e mestras do seu propio colexio. O colexio foi pioneiro na introdución do galego no ensino.
Antía Cal
nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega. Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail. Desde o ano 1970 milita activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participou no movemento antifranquista e coñeceu directamente a realidade do exilio. Desde 1982 formou parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego. Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos. No ano 2010 volveu ás aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.
Encarna Otero Cepeda
nada en Baltar o 14 de decembro de 1898 e finada en Vigo o 10 de xullo de 1987, foi a primeira galega titulada en Medicina en Galicia. Foi especialista en xinecoloxía. Realizou os estudos de bacharelato no Insituto de Pontevedra. Estudou Maxisterio, preparándose por libre na Academia Minerva. Sen vocación para a docencia, decide facerse médica. En 1919 comeza os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose con premio extraordinario e dezanove matrículas de honra.
Olimpia Valencia López
nada en Serantes o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla o 29 de maio de 2005. foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome e en 2021 o Parlamento Galego aprobou unha lei que recoñece o seu labor.
María de los Ángeles Alvariño González
nada en Barcelona o 25 de agosto de 1976, é unha gaiteira galega cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros, mais incorporando ás veces influencias doutras músicas. pertence a unha familia recoñecida dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de Galiza. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai Álvaro Seivane. Aos 9 trasládase, xunto coa súa familia, a Cambre. Xa en Galiza entra en contacto con mestres gaiteiros, que xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían o seu modo de entender e interpretar a música tradicional galega. Dende os 10 anos comezou a ofrecer concertos por todos os recunchos do país. Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano, formando parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos, toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada. No ano 2001 resultou escollida como unha das cinco finalistas dos Indie Awards, os premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente dos Estados Unidos (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.
Susana Seivane Hoyo
nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade. Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.
Helena Villar Janeiro
nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987. é unha futbolista galega. Considerada como a mellor futbolista española da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final. É tamén a única española que foi finalista no Balón de Ouro e a única en ser elixida como a mellor xogadora da liga estadounidense. Foi 56 veces internacional coa selección española absoluta, sendo a segunda máxima goleadora da súa historia, con 38 goles. Foi capitá da selección e liderou a esta na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015, o primeiro Mundial no que participou España. Tamén é a capitá da selección de Galicia. Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.
Verónica Boquete Giadáns
Nada en Ferrol o 16 de abril de 1958, é unha produtora cinematográfica galega especializada en cine de animación.Fundou a produtora Abano Producións en 2007. É activista polo recoñecemento das mulleres dentro do campo audiovisual. Aínda que desde a infancia as súas inquietudes foron artísticas, o feito de educarse nunha cidade onde a industria naval tiña moito peso no plano laboral, levouna a adquirir unha formación técnica. Isto posibilitoulle presentarse ás primeiras oposicións convocadas polo estaleiro Bazán para incorporarse á súa oficina técnica, converténdose na primeira muller que traballou no departamento de maquinaria, no ano 1981. Sempre lle gustou a animación como expresión artística ao reunir a literatura, a pintura e a música para convertelas nunha obra cinematográfica. En 2007, Loureiro decidiu fundar a súa propia empresa, Abano Producións, iniciando outra etapa profesional con numerosas producións, comezando coa tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol . Esta película foi a primeira experiencia do cine español en animación 3D para o público infantil. Empezou a gravar a súa primeira longametraxe como directora, o filme Valentina, inspirada na discapacidade que sufre a súa irmá. Valentina acaba de recibir o Gaya a mellor película de animación.