Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ESCAPE ROOM MUSEO

Ana López Sampedro

Created on January 25, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Math Mission

Secret Code

Museum Escape Room

Simple corporate escape room

Chaotic Kitchen Escape Room

Vibrant Breakout

Reboot Protocol

Transcript

ESCAPE ROOM

MUSEO ARISTOTÉLICO

SALA PRINCIPAL

wc

SALA 2

SALA 3

Por Zeus!

Roubaron todos os coñecementos de Aristóteles!

SALA 1

Só co que ti sabes poderemos recuperar parte do seu saber. Queres axudarnos?

Sala 1

Teoría do coñecemento

1/5

Pregunta 1

A teoría aristotélica do coñecemento é empirista porque...

Considera que todo coñecemento procede da experiencia

Reduce todo o coñecemento a coñecemento sensible

Afirma a existencia de ideas innatas, que non veñen da experiencia

Sala 1

Crítica a Platón

2/5

Pregunta 2

Aristóteles rexeita da filosofía do seu mestre Platón:

A existencia de esencias ou Ideas separadas das cousas

A investigación das esencias universais

Só o seu dualismo epistemolóxico

Sala 1

Ética

3/5

Pregunta 3

As virtudes éticas para Aristóteles:

Son hábitos que predispoñen a actuar buscando o punto medio

Son excelencias no desenvolvemento da vida intelectual

Son máis importantes que as dianoéticas

Sala 1

Hilemorfismo

4/5

Pregunta 4

Cal das seguintes afirmacións é falsa?

A materia, por ser un principio indeterminado, é un elemento potencial

A forma, por ser o elemento determinador e especificante, é potencia

Materia e forma non poden existir independentemente unha doutra

Sala 1

Política

5/5

Pregunta 5

E cal é falsa destas outras?

O logos (pensamento/linguaxe) humano é o fundamento da dimensión política do ser humano

O ser humano non chegaría a ser plenamente humano fóra da polis

O ser humano sería máis libre e feliz sen unha sociedade organizada politicamente

Sala 1

Coñecemento restaurado!

5/5

Parabéns! Completaches esta sala! Gañas a 1ª parte dun resumo para repasar. Pincha nos botóns interactivos para acceder a el.

CONTINUAR

Sala 1

Debes repasar

Perdiches unha peza do museo!

SALA PRINCIPAL

wc

SALA 2

SALA 3

Debes continuar o traballo; aínda hai moito que recuperar...

SALA 1

Sala 2

Antropoloxía

1/5

Pregunta 1

Na concepción antropolóxica de Aristóteles:

A alma, como principio de vida que é, pode subsistir separada do corpo

A unión de corpo e alma é natural como a da materia e a forma

Sala 2

Ética

2/5

Pregunta 2

O ben supremo na ética aristotélica reside na felicidade:

que se identifica coa actividade especificamente humana: a intelectual

que se identifica co máximo pracer e a mínima dor

Sala 2

Física

3/5

Pregunta 3

O cambio para Aristóteles:

Supón a composición de potencia e acto no ser cambiante

Necesita dun axente externo que o provoque

Sala 2

Física

4/5

Pregunta 4

Os seres naturais para Aristóteles:

Carecen dun principio intrínseco de actividade e moevmento

Teñen principio intrínseco de actividade e movemento

Sala 2

Física

5/5

Pregunta 5

Por que, segundo Aristóteles, é importante investigar as causas dos seres e dos seus cambios?

Non podemos crernos donos do coñecemento de cada ser sen coñecer as causas pola que existe

Como Platón, Aristóteles considera que a episteme é coñecemento causal.

Sala 2

Ben feito!!

5/5

Como premio, accederás á segunda parte do resumo!

CONTINUAR

Sala 2

Debes repasar!

Perdiches unha obra do museo!

SALA PRINCIPAL

wc

SALA 2

SALA 3

Aínda queda bastante por recuperar. Ánimo!

SALA 1

Un pequeno e merecido descanso e... imos alá!

Sala 3

Física

1/5

Pregunta 1

Que implica introducir a CAUSA FINAL como unha causa natural?

Supón unha visión teleolóxica da natureza: nada se debe ao azar; todo o que sucede ten unha finalidade

Supón unha visión mecanicista da natureza, semellante á dos atomistas como Demócrito

Sala 3

Ética

2/5

Pregunta 2

A "sophía" ou sabedoría determina que convén ao ser humano para ser feliz, cal é ben para el. A "phrónesis" (prudencia) fixa os medios para acadar ese fin

A "prudencia" -phrónesis- indícanos en que consiste a felicidade e a "sophía" -sabedoría- indica o que debemos facer para acadar esa Felicidade.

EPISTEME e NOUS, produto da intelección, producen "sabedoría teórica" -sophía- e "sabedoría práctica" -phrónesis-. Que debemos a cada unha delas?

Sala 3

Física

3/5

Pregunta 3

Que é a natureza dun ser e que función realiza, segundo Aristóteles?

A natureza dun ser ven ser a materia pois é aquilo que permanece ao longo dos procesos de cambio

A natureza dun ser ven a identificarse coa esencia pois é o principio intrínseco da súa actividade, movemento ou reposo

Sala 3

Ética

4/5

Pregunta 4

Cal é para Aristóteles o ben especificamente humano e por que?

O desenvolvemento das virtudes éticas, que determinan as dianoéticas, fonte de felicidade.

O desenvolvemento da vida intelectual, actividade específica e función propia dos seres humanos

Sala 3

Ética

5/5

Pregunta 5

A PRUDENCIA é unha virtude...

ÉTICA

DIANOÉTICA

Sala 3

XENIAL"

5/5

Outra sala completada!

CONTINUAR

Sala 3

Hai que repasar!

Perdiches outra peza do museo!

SALA PRINCIPAL

wc

SALA 2

SALA 3

Case rematamos a recuperación

Este ímprobo traballo require que utilices a túa alma racional; lembra que o desenvolvemento desta procura a maior e mellor felicidade á que podemos acceder os humanos...

SALA 1

Sala principal

1/5

Pregunta 1

Para Aristóteles, a felicidade só é posible en convivencia, dialogando e comunicándose con outros; só é posible a realización plena dos seres humanos na ...

Polis

Aldea

Familia

Sala principal

2/5

Pregunta 2

A raíz da dimensión política (ou social) do ser humano reside, para Aristóteles, no logos que entende como ...

Pensamento e linguaxe

Pensamento e entendemento

Linguaxe

Sala principal

3/5

Pregunta 3

A linguaxe humana, segundo Aristóteles, non ten só unha función expresiva ou apelativa como a doutros animais senón que vai unida ao pensamento e á capacidade de xulgar e distinguir o ben do mal, e o xusto do inxusto. Para el van unidos pensamento, linguaxe e xuízo moral; entón, fóra da polis...

Poderiamos ser felices

Poderiamos ser felices pero só dende unha perspectiva hedonista

Non existirían seres propiamente humanos

Sala principal

4/5

Pregunta 4

O sistema político ideal para Aristóteles é un goberno mixto, mestura de aristocracia e politeia (democracia xusta ou goberno constitucional) que resulte estable porque predomine unha "clase media" que non permita nin o abuso de poucos moi ricos nin de demagogos e sexa así un Estado xusto. Isto pódese considerar un antecedente do:

Comunismo

Republicanismo

Socialismo

Sala principal

5/5

Pregunta 5

O ben supremo para Aristóteles é:

O fin que é un medio para outro fin

O fin que se busca por si mesmo

Theós

Sala principal

5/5

Completaches a sala principal!

CONTINUAR

Volver a empezar

Noraboa!

Recuperaches o saber de Aristóteles

Non todo pero ... case ningún museo garda todas as obras dun autor e, ademais, así poderás seguir gozando da lectura das súas obras!