Oficios e profesións
Segundo ciclo Primar
Created on January 20, 2022
More creations to inspire you
TRUE FALSE GEOGRAPHY
Quizzes
ENGLISH SCHOOL VOCABULARY
Quizzes
PARTS OF SPEECH REVIEW
Quizzes
ANIMALS BY CATEGORY
Quizzes
DRACULA ESL
Quizzes
MODALS 1 BACH MARIO GAME
Quizzes
RECYCLING SORTING GAME
Quizzes
Transcript
oficios e profesións
Salta corre canta baila Maruxa non dá feito na terra dos seus avós cantas cousas vai vendo na súa viaxe herbas verdes flores pequenas un lagarto tomando o sol o can de Roque uliscando nunha toxeira a nena acomodando a vaquiña na leira o señor Lelo coa cana na man para pescar na ribeira a moza tirando da carreta Concha Blanco: Estela, domadora de ras, Ed. Ir Indo. (É posible que teñas que escribir algunha maiúscula)
Seguro que ti coñeces máis cancións que falan de oficios e profesións!! Podes pedirlles aos adultos que te rodean que che ensinen algunha outra.
Quixera ser muiñeiropara me enfoular de fariña.Levaría branca a pucha,non cobraría a maquía!Eu quixera ser ferreiropra forxar o ferro roxo.Con un martelo na manpetaría ao meu antoxo!Quixera ser mariñeiro,mariñeiro e pescador:tería un barco veleiroe unha dorna con motor!Quixera ser fogueteiro e,nas festas patronais,tirar foguetes, foguetesde estalos fenomenais…!E se eu fose canteirofaría un pazo sen igual:o pombal había de sero salón máis principal!Mais son un pobre gaiteiro,mais son un gaiteiro pobre!Quéimame o sol no agosto;móllame a choiva, se chove!Un pobre gaiteiro eu son,pequeniño e soñador.Teño por mestre de músicaao merlo máis silbador! Manuel María
O SOÑADOR
Fíxate ben no poema que escribiu Manuel María. Agora pensa no que che gustaría ser e compón unha estrofa de catro versos. Comeza así: Quixera ser ________________ __________________________ __________________________ __________________________
Busca o nome de todos os oficios que aparecen no poema.
Fai un fermoso debuxo para ilustrar o poema.
E se fora muller... Escribe este poema en feminino.
Fíxate na forma do poema. Cantas estrofas ten? Cantos versos ten cada estrofa? Que versos riman en cada estrofa?
Coñece o autor, preme aquí.
Oleiros
Coñeces algunha outra olería ou fábrica de cerámica? Onde está? Como son as súas pezas?
Escribe o nome dos tres lugares de Galicia con cerámicas tradicionais que se citan.
En Galicia hai unha fábrica de cerámica moi importante: Sargadelos. Averigua onde está. Visita a súa páxina web e debuxa un deseño que che guste.
Escribe un pequeno texto no que expliques en que consiste o traballo dos/as oleiros/as e que materiais e utensilios empregan.
Busca información sobre este oficio nestas páxinas web: Galicia espallada Museo do Pobo Galego
Oleiros TVG
Carlos Maside
Mira
Manuel Colmeiro
Visita a web
Lavandeiras
Se che gusta a pintura podes buscar máis cadros que teñen como tema oficios ou profesións. Se queres, pinta o teu propio cadro.
Seguro que descobres moitos máis oficios tradicionais galegos, desaparecidos ou a punto de facelo. Se che chama a atención algún en especial, podes buscar información sobre el.
Que outros oficios tradicionais coñeces?
Investiga en que consistía este oficio. Quen o exercía? Segue existindo como oficio?