Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PROPOSTAS SEMANA

sanchezamor.m

Created on January 18, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Tarot Presentation

Vaporwave presentation

Women's Presentation

Geniaflix Presentation

Shadow Presentation

Newspaper Presentation

Memories Presentation

Transcript

A XOGAR!

Comezar.

Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo

Benjamin Franklin

ÁREAS

VIDA PRÁCTICA

LECTOESCRITURA

LÓXICO-MATEMÁTICA

VIDA PRÁCTICA

Trátase dunha proposta de inspiración Montessori donde se lle permite ao neno/a traballar e coordinar os seus movementos para que sexan funcionais na súa vida. Ademais axuda ao neno/a no seu desenvolvemento muscular, coordinación óculo-manual, mans, dedos... que axudarán posteriormente no control do lapis e no trazo de letras e números.

Cociñar

A cociña resulta un importante recurso para traballar aspectos básicos para ter unha boa coordinación, motricidade fina e grosa, imprescidibles para adquirir a lectoescritura. Amasar (pizzas, empanadas, galletas….) Desmenuzar ou moer Exprimir, Pelar ovos cocidos, mandarinas...

Cortar e pelar alimentos

Desenvolven a motricidade fina, coordinación de movementos e concentración. Antes de comezar preparamos todos os utensilios que vaiamos empregar tal e como aparecen nas imaxes. Temos que ter moito coidado, empregando coitelos ou peladores adaptados aos nenos/as

Transvase en seco

Traballan a coordinación viso-motora e a concentración. Nalgunha das actividades podemos engadir números para traballar a relación número-cantidade ou cores.

Transvase de líquidos

Podemos facer transvases de líquido entre dous recipientes ou dun a varios recipientes. Podemos facer estimacións de cantos recipientes necesitaremos para vaciar toda a auga...

PINZAS

Trátase de colocar todas as pinzas nos bordes dunha cesta, caixa… desta forma tamén traballamos a forza nos dedos da man.

Lóxica-matemática

A través de diferentes xogos podemos traballar a lóxica-matemática. Neste caso facemos unha proposta.

A máquina das sumas

Para seguir traballando a lóxica-matemática podemos crear a nosa máquina das sumas. Válenos para traballar o concepto de número e/ou traballar pequenas sumas sinxelas. Empregaremos materiais de reciclaxe como unha caixa de cartón, tubos de cartón (papel de cociña ou hixiénico), obxectos diferentes para contar (pompóns, pelotas, canicas, cubos…), pinturas, rotuladores, pegatinas… (todo o que queiramos para decorala). Podemos ver os seguintes exemplos:

Lectoescritura

1. Acróstico cos nomes dos compañeiros/as, membros da familia...

2. Xogo vexo-vexo

3. Palabras encadeadas (pensar palabras que comecen pola mesma letra ou sílaba da palabra anterior)

4. Bingo de letras con materiais de reciclaxe: necesitaremos tapóns, cartóns, cartulinas, rotuladores. Teremos unha bolsa chea de letras, sílabas ou palabras. Un xogador irá sacando de unha en unha as letras e as irá dicindo en voz alta aos demais participantes. Cada xogador terá que recoñecer e identificar a letra mencionada no seu tableiro e si a temos poñémoslle un tapón encima. Gaña o xogador que complete o seu tableiro.

Grazas!