Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

A PREHISTORIA [1º ESO, GALEGO]

Mateo Martínez Torres

Created on January 14, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Genial Storytale Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

Tema 4A PREHISTORIA

COMEZAR

ÍNDICE

1. Orixe e evolución do ser humano

2. Os cazadores paleolíticos

3. Os primeiros agricultores

4. Os construtores de megálitos

5. A idade do ferro na Península Ibérica

6. A cultura castrexa

Liña temporal: Prehistoria e Historia

Primeiros Australopithecus

2.000.000 anos

PALEOLÍTICO

Aparición da agricultura e gandeiría

PREHISTORIA

10.000 a.C.

Invención da escritura

NEOLÍTICO

3000 a.C.

Idade Antiga

HISTORIA

Idade Contemporánea

Idade Media

Idade Moderna

2024 - presente

1492

476 d.C.

1789

Caída do Imperio Romano

Descubrimento de América

Revolución Francesa

1. Orixe e evolución do ser humano

A orixe dos homínidos

Índice

A orixe dos homínidos

Os primates xurdiron hai aproximadamente 200 millóns de anos. Deles separáronse hai 2 millóns de anos os homínidos. Os primeiros homínidos foron os Australopithecus, dos cales descende o homo, xénero ao que pertencemos os seres humanos.

A expansión dos homínidos

Os primeiros homínidos xurdiron en África, continente do que tiveron que desprazarse por un cambio climático. Foron poboando as diferentes partes do mundo e, debido ás distintas circunstancias dos lugares, evolucionando en novas especies.

Mapa

Elementos chave da evolución

Índice

Capacidade craneal

Polgar opoñible

Charles Darwin

Bipedismo

No seu libro, A orixe das especies (1859), Darwin foi o primeiro en afirmar que os animais evolucionan. Os seres humanos procedemos dos homínidos.

O dedo polgar permitiu suxeitar obxectos, facilitando a vida e aumentando as posibilidades de supervivencia.

Ao camiñar erguido sobre as dúas pernas, os brazos quedaban libres. Así podían ser empregados para fabricar ferramentas.

Foi aumentando, facilitando que se desenvolvese a capacidade de pensar, falar, crear ferramentas, etc.

a evolución do rostro humano

Índice

Que é o creacionismo?

Índice

Ciencia e relixión

Chamamos creacionismo a aquela postura que, negando as evidencias científicas, considera que o ser humano foi creado por Deus. É un argumento sen probas, só a fe, que cuestiona todos os descubrimentos realizados pola ciencia incluída a teoría da evolución de Darwin.

Caricatura burlándose de Charles Darwin (1871)

o eixe cronolóxico da prehistoria

Índice

Primeiras manifestacións artísticas

Sedentarización

30.000 a.c.

As persoas aprenderon a traballar e fundir metais

Revolución Neolítica

Paleolítico

Edad de los metales

Idade dos Metais

Neolítico

Paleolítico

5.000 a.c.

2.000.000 a.C.

10.000 a.c.

3.500 a.c.

Domesticación do lume

Aparición da agricultura e da gandaría

A humanidade é nómada

Aparición da escritura

200.000 a.c.

Cazadores e recolectores

Fabricación de ferramentas

2. Os cazadores paleolíticos

¿Que é o Paleolítico?

Índice

O Paleolítico é a etapa máis longa da humanidade (2.000.000 - 10.000 a.C.). Literalmente, Paleolítico significa pedra (lítico) antiga (paleo). Durante o Paleolítico conviviron ao mesmo tempo numerosas especies humanas coma o Homo Habilis, o Homo Erectus, o Homo Neanderthal e, por suposto, o Homo Sapiens.

Primeiras ferramentas

Nómades

Cazadores e recolectores

A súa alimentación baseábase na caza, a pesca e a recolección de alimentos. Este tipo de economía chámase depredadora.

Paleolítico significa pedra antiga porque foi nesta etapa cando xurdiron as primeiras ferramentas en pedra. Utilizábase a técnica do lascado.

Como as primeiras persoas non son capaces de domesticar animais nin cultivar, deben desprazarse polo territorio na procura de alimento.

A fabricación de ferramentas

Índice

Os bifaces e a técnica do lascado

Datamos o inicio do Paleolítico hai 2.000.000 de anos. Un aspecto fundamental que diferencia ás xentes do paleolítico dos seus predecesores é a fabricación de ferramentas.

As primeiras ferramentas eran bifaces de pedra (machadas, coitelos, puntas de freca) elaborados mediante a técnica do lascado: golpear a rocha polos seus bordos para elaborar un gume cortante. As lascas restantes podían servir de puntas de frecha.

A fabricación de ferramentas

Índice

Fragmento de 2001: unha odisea no espazo (1968), dirixida por Stanley Kubrick.

A PROCURA DO ALIMENTO

Índice

A primeira necesidade das persoas é alimentarse. No Paleolítico, o modo máis simple de facelo era ser un depredador: buscar e coller alimento sen preocuparse de repoñelo. A obtención do alimento podía facerse de varias formas.

Caza e pesca

Recolección de froitos

Os humanos do Paleolítico explotaban as posibilidades do terreo. Pero cando o alimento escaseaba debían trasladarse a outra zona. É dicir, eran nómades. Non se establecían definitivamente nun lugar, senón unicamente durante o tempo no que neste houbese suficiente alimento para vivir.

protexerse, organizarse e sobrevivir

Índice

A organización en torno a un clan

As persoas do Paleolítico comprenderon que para sobrevivir debían organizarse. Isto explica a aparición dos clans, grupos organizados nos que un individuo exerce a xefatura. Os membros dun clan organizábanse como unha gran familia, tanto na caza como na defensa do colectivo. Ao mesmo tempo, colaboraron para protexerse das inclemencias do tempo en covas naturais ou sinxelas chozas elaboradas con pólas de árbores e troncos.

A domesticación do lume

O descubrimento do lume e, sobre todo, a súa domesticación hai uns 200.000 anos permitiu aos seres humanos do Paleolítico protexerse contra animais, quentarse e cociñar.

O PALEOLÍTICO HOXE EN DÍA

Índice

Cazadores-recolectores no século XXI

Ademais da interpretación dos restos materiais, a arqueoloxía e a antropoloxía establecen comparacións con grupos humanos actuais que, como no Paleolítico, seguen vivindo da caza e da pesca hoxe en día.

Herdanzas xenéticas dos neandertais

Algunhas investigacións explican que algúns dos nosos rasgos físicos actuais son resultado dunha simbiose entre os sapiens e os neandertais.

Encántanos o azucre

As civilizacións humanas evolucionan máis rápido que os nosos corpos. Na actualidade, o corpo humano aínda conserva algúns instintos paleolíticos. A necesidade de graxas que actúen como reserva explica que nos encante unha fonte fundamental para o seu aumento: o azucre.

A arte do paleolítico

Índice

As primeiras manifestacións artísticas da humanidade apareceron hai aproximadamente 30.000 anos. Son representacións da natureza, do mundo que rodeaba ás xentes do Paleolítico. Podemos distinguir tres categorías dentro da arte paleolítica: 1. rupestre ou parietal; 2. moble e 3. tumbas

Pintura rupestre ou parietal

Arte moble

Tumbas

Nas paredes das covas, os humanos do Paleolítico realizaron pinturas e relevos. É moi probable que estas pinturas formasen parte de rituais relixiosos.

Con arte moble referímonos a aqueles obxectos artísticos que poden ser transportados polo ser humano. Por exemplo, as venus paleolíticas.

As tumbas proporcionan información sobre as relixións e crenzas das persoas do Paleolítico.

A pintura rupestre

Índice

As pinturas rupestres realizábanse nas paredes das covas habitadas por xentes do Paleolítico, por iso tamén se denominan pinturas parietais. Os materiais empregados para pintalas son o carbón (negro), ferro ou sangue (vermello) e terra (ocre) entre outros. A pintura era unha actividade desenvolvida por homes e mulleres.

Consérvanse pinturas rupestres e diversos puntos do noso planeta. Na zona francocantábrica de Europa (suroeste de Francia, Euskadi, Cantabria e Asturias), consérvanse numerosas covas con representacións realistas de animais.

Estas pinturas e relevos seguramente son algo máis que pura decoración. É probable que actuasen como santuarios relixiosos ou alegorías da caza dos animais representados.

A sala dos bisontes da Cova de Altamira (Cantabria). Esta cova foi habitada en dúas épocas (a primeira hai 20.000 anos e a segunda hai 18.000). En toda a cova, incluso nas zonas máis profundas, hai restos de arte rupestre.

A sala dos leóns na cova de Chauvet (Francia). Nela represéntanse presas (rinocerontes) e depredadores (leóns), transmitindo unha marabillosa sensación de movemento.

a arte moble

Índice

En numerosos xacementos do Paleolítico atopáronse instrumentos de óso ou marfil. Estas pertencen á chamada arte moble, que agrupa a todas aquelas pezas que poden ser transportadas polo ser humano. Neste tipo de obras abondan as decoracións sinxelas. A maioría perderon a cor e moi probalemente terían funcións rituais.

Home-León de Ulm

Bastón de mando

Os bastóns de mando son pezas interpretadas como unha posible distinción social por quen exercese a autoridade no clan.

O home-león de Ulm (Alemaña) é unha das primeiras representacións de arte moble paleolítica. A súa mistura entre animal e persoa indica que podería representar a unha divindade prehistórica.

Bisonte laméndose o lombo

Esta representación dun bisonte atopado na cova de La Madeleine (Francia) é moi realista. Plasma unha imaxe da vida cotiá das xentes do paleolítico

As venus paleolíticas

Índice

As venus paleolíticas son figuras de pequeno tamaño talladas en pedra. Son denominadas venus porque representan mulleres femininas espidas. Destacan os atributos sexuais (xenitais, senos), mentres que o rostro, o brazo e as pernas quedan nun segundo plano. Poderían ser tallas simbólicas da fertilidade, e polo tanto da vida, ou representacións da nai protectora do clan.

A Venus de Willendorf é a venus paleolítica máis coñecida. Recibe este nome porque foi atopada nun xacemento preto de Willendorf (Austria). Os seus senos prominentes e a ausencia de rostro poderían representar unha deusa da fertilidade. Non obstante, a antropóloga Mariana Gvozdover expón que poderían representar a "mulleres vistas por si mesmas". Segundo ela, estaríamos mirando a estas venus dende o ángulo incorrecto.

As tumbas

Índice

As tumbas proporcionan información sobre as posibles crenzas do Paleolítica. O feito de que o cadaver estea colocado en posición fetal (encollido) e rodeado de pezas que lle pertenceron en vida, pode indicar que crían na vida despois da morte. Este é un indicio claro de relixiosidade.

¿Como se comenta unha pintura rupestre?

Para comentar unha pintura rupestre debemos responder ás seguintes preguntas: 1. É unha pintura realista ou abstracta? 2. Está solta ou forma parte dunha composición ou grupo? 3. Que cores emprega? 4. Cal sería o seu obxectivo? 5. Finalmente, trátase dunha pintura paleolítica ou neolítica?

Racha tópicos

1. Describe a actitude das mulleres nas láminas. ¿Que personaxes son protagonistas?¿Que papel ocupan as mulleres en cada imaxe? ¿Que tópicos transmiten?

3. Os primeiros agricultores

¿Que é o neolítico?

Índice

A aparición da agricultura e da gandaría en torno ao 10.000 a.C. supuxo un cambio radical para a humanidade. Esta etapa coñécese como Neolítico (10.000 a.C. - 5.000 a.C.). Literalmente, neolítico significa neo (nova) lítico (pedra); é dicir, un novo tipo de ferramentas que xa non son lascadas, senón pulidas. O Neolítico foi unha auténtica revolución.

Ferramentas pulidas

Sedentarios

Agricultores e gandeiros

A aparición da agricultura e da gandaría permitiu á humanidade deixar de ser exclusivamente depredadora.

Neolítico significa pedra nova. As ferramentas neolíticas son realizadas mediante unha ténica novidosa: o pulido.

Ao non depender exclusivamente da recolección e da caza, os seres humanos deixan de ser nómades e convértense en sedentarios. Aparecen así as primeiras cidades.

¿Onde e cando se iniciou o neolítico?

Índice

O Neolítico non comezou nunha única zona, senón que varias actuaron como focos difusores

¿por que se iniciou o neolítico?

Índice

É difícil explicar por que se sucedeu a revolución neolítica, xa que descoñecemos as razóns exactas polas que se orixinaron os cambios no modo de obter os alimentos. Existen 2 teorías fundamentais:

Presión demográfica

Cambio climático

A primeira das teorías para explicar a revolución neolítica culpa ao cambio climático que tivo lugar nas zonas habitadas por grupos de cazadores e recolectores. Esta teoría foi formulada polo arqueólogo Gordon Childe. Opinaba que a diminución das chuvias provocou que moitas zonas do planeta se convertisen en desertos, polo que os grupos humanos tiveron que desprazarse ás beiras dos grandes ríos (Tigris, Éufrates, Nilo, Huang He, Indo). Nestos lugares, as persoas domesticaron aos primeiros animais e comezaron a observar o ciclo vexetativo das plantas, aprendendo finalmente a cultivalas.

A segunda teoría defende que os cambios estiveron estimulados pola necesidade de abastecer a unha poboación cada vez máis numerosa. É dicir, a presión demográfica obrigou a buscar solución para poder alimentar a unha poboación crecente.

As consecuencias da revolución neolítica

Índice

Os cambios producidos polo paso de recoller -economía depredadora- a producir -economía produtora- alimentos orixinaron unha serie de transformacións na humanidade:

Aumento de alimentos

A maior produción e o seu control por parte dos novos agricultores orixinou o aumento do número de alimentos.

Crecemento da poboación

Grazas á dispoñibilidade de maior cantidade de alimentos, o número de persoas no mundo aumentou.

Novas técnicas e novas ferramentas

A nova técnica do pulido permitiu obter ferramentas máis apropiadas para as novas necesidades: - Sachos e aixadas para cavar a terra. - Fouces para a sega. - Mazas para a malla. Estas novas ferramentas permitiron a construción de vivendas e as obras colectivas dos poboados (murallas, canais de rego, etc.)

As consecuencias da revolución neolítica

Índice

Sedentarización

Ao non depender da recolección e da caza, os seres humanos deixaron de ser nómades para ser sedentarios. Comezaron a construir as primeiras vivendas estables e duradeiras. Os poboados darán lugar ás primeiras aldeas, e estas ás primeiras cidades.

Xericó (Palestina)

Catal Huyuk (Anatolia)

Un dos asentamentos máis antigos foi Xericó, no litoral oriental do Mar Mediterráneo, en Palestina. Remóntase ao 10.000 a.C., onde xa contaba con aproximadamente 2.000 habitantes. Os seres humanos de Xericó vivían en casas de adobe circulares e protexidos por unha potente muralla.

Probablemente, o asentamento neolítico máis coñecido sexa Catal Huyuk, na península de Anatolia. Grazas aos traballos arqueolóxicos, pódense reconstruir as vivendas e o seu aspecto xeral. A súa construción remóntase ao 7.000 a.C. e chegou a acoller ata 6.000 habitantes.

Recreación do interior dunha casa den Catal Huyuk. A entrada facíase por aberturas nos tellados, que eran planos, polo que se podía andar sen problema por riba deles. Este modo de construir facilitaba a defensa da cidade, pois o exterior da cidade era unha parede continúa que actuaba como unha muralla.

As consecuencias da revolución neolítica

Índice

Novas actividades

O aumento da poboación, a sedentarización e a aparición de novas técnicas e ferramentas favoreceu a proliferación de novas actividades económicas:

Fabricación de cerámica

Elaboración de tecidos

Ao aumentar o número de alimentos producidos, foi necesario dispor de recipientes para almacenar as colleitas. Para este fin xurdiron as primeiras pezas de cerámica, así como cestas e recipientes de madeira.

A elaboración de tecidos está relacionada co cultivo de plantas como o liño ou o algodón. As novas pezas téxtiles substituiron as peles animais.

Intercambios comerciais

O aumento da produción de alimentos e outros bens favoreceu a aparición dos primeiros intercambios comerciais, inicialmente en forma de troco, entre individuos e comunidades próximas.

Navegación

Relacionada coa actividade comercial, a navegación iniciou o seu percorrido a través de barcas de madeira e coiro por ríos e costas.

As consecuencias da revolución neolítica

Índice

Novas formas de organización social

Rei

Os clanes do Paleolítico derivaron en novos métodos para organizar a sociedade causados pola sedentarización. A necesidade de organizar o traballo agrícola, a produción artesanal ou a defensa da comunidade provocou a especialización de tarefas das persoas: Encargados do goberno: monarcas. Encargados da relixión: sacerdotes. Encargados da defensa: gardas e soldados. Encargados da produción: artesáns, comerciantes, agricultores e gandeiros. A especialización do traballo tamén provocou o inicio das desigualdades sociais e a diferenza entre persoas enriquecidas e persoas pobres.

Sacerdotes

Gardas e soldados

Artesáns e comerciantes

Agricultores e gandeiros

As consecuencias da revolución neolítica

Índice

Novas crenzas

A sedentarización e a economía de produción orixinaron novas crenzas e formas de relixiosidade:

Deusas nai e deuses protectores

Tumbas e máscaras mortuorias

A maioría dos cultos neolíticos consideraban que os mortos permanecían cos vivos, por iso eran enterrados no interior das casas ou en recintos específicos. Podían ser inhumados -metidos na terra-, incinerados ou, como ocorreu en Xericó, enxesados.

O culto ás forzas da natureza está relacionado co desexo de boas colleitas. Por iso xurdieron figuras simbólicas relacionadas coa chuvia, o Sol, os ríos ou a Terra. Doutra banda, os ritos de fecundidade, simbolizados nas figuras da deusa-nai, buscaban a proteción da natureza para que as colleitas e animais producisen en abundancia.

As consecuencias da revolución neolítica

Índice

Novas formas expresivas

A estética da pintura cambia por completo con respecto ao Paleolítico. As representacións realistas do paleolítico deron paso a figuras humanas e animais moi esquemáticas e abstractas, transformando as figuras en liñas que hoxe resultan difíciles de interpretar.

¿Como se comenta unha pintura rupestre?

Para comentar unha pintura rupestre debemos responder ás seguintes preguntas: 1. É unha pintura realista ou abstracta? 2. Está solta ou forma parte dunha composición ou grupo? 3. Que cores emprega? 4. Cal sería o seu obxectivo? 5. Finalmente, trátase dunha pintura paleolítica ou neolítica?

1. Elabora un breve comentario sobre estas dúas pinturas rupestres. Recorda seguir as pautas vistas na clase.

Lámina 2

Lámina 1

4. Os construtores de megálitos

O FENÓMENO MEGALÍTICO

Índice

Durante máis de 2.000 anos, na fachada atlántica de Europa construíronse unha serie de monumentos formados por enormes pedras. Megálito significa, literalmente grande (mega) pedra (lito).

Os megálitos

Os megálitos son construcións realizadas con grandes bloques de pedra con finalidade funeraria ou relacionadas con cultos e rituais. Foron realizadas na Europa neolítica entre o 4.000 e o 2.000 a.C.

Non se trata dunha cultura ou civilización, senón dun rasgo que compartiron diversas culturas en diferentes épocas. Aínda que existen dúbidas sobre o significado destes monumentos, parece claro que os megálitos desempeñaron unha función social relacionada co culto aos antepasados e facer visible o control do territorio.

Tipos de megálitos

Índice

Cromlech

Dolmen

Menhir

Tamén chamado círculo lítico. Son pedrafitas dispostas formando un círculo. Poden alcanzar grandes dimensións e estar acompañados de foxos e terrapléns. Os máis significativos están no Reino Unido, destacando os de Wilshire e Stonehenge.

Tamén chamado anta. Son os monumentos megalíticos máis numerosos e presentan moitos tipos de formas e tamaños. Son tumbas colectivas nas que se depositaban os cadáveres. Poden estar illados ou formar parte de necrópoles e contar con gravados e pinturas no seu interior.

Tamén chamada pedrafita. Trátase dunha única e gran pedra chantada no chan verticalmente. Poden estar illadas ou agrupadas e dispostas en liña: aliñamentos. Son moi frecuentes na zona da bretaña francesa, onde se poden contemplar máis de 3.000 dispostas en ringleiras paralelas. O máis destacado é o Aliñamento de Carnac.

Aliñamento de Carnac

Pedrafita ou menhir

O círculo lítico de Stonehenge (Reino Unido)

Stonehenge en 3D

Dolmen de Axeitos (Ribeira, A Coruña)

Os megálitos galegos

Índice

No actual territorio galego son aínda visibles numerosos sepulcros megalíticos. Presentan características similares aos do resto de Europa e os seus construtores foron tamén, probablemente, os introdutores da agricultura e da gandeiría na zona.

Antas ou dolmens

As chamadas antas ou dolmens están formadas por unha cámara de grandes pedras e planta poligonal, cuberta por unha gran pedra.

Parte do monumento queda protexido por unha morea de terra (mámoa). Poden conservar pinturas ou gravados no interior. Nalgúns destes sepulcros atopáronse restos cerámicos, colares e instrumentos de pedra pulida.

Os petróglifos galegos

Índice

Os petróglifos -que en grego significa pedra debuxada- son gravados realizados en penedos graníticos con múltiples motivos iconográficos e constitúen un dos trazos máis característicos da prehistoria galega. A súa cronoloxía é dubidosa, así como o seu significado.

Os petróglifos de Campo Lameiro

A zona de maior concentración de petróglifos é o val do río Lérez, nos concellos pontevedreses de Campo Lameiro e Cotobade. Non obstante, son comúns en toda a zona das Rías Baixas. Os temas representados poden agruparse en dous grandes conxuntos: 1. Naturalistas: cervos, cabalos, figuras humanas, etc. 2. Simbólicos: figuras xeométricas, labirintos, puntos, etc. En canto ao seu significado, é posible que se trate dun mundo relixioso mais, polo de agora, non somos quén de coñecer o que saber o que pretende representar.

Petróglifo do parque arqueolóxico de Campo Lameiro (Pontevedra)