Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A función de nutrición

rosafielpaz

Created on December 30, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Visual Presentation

Terrazzo Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

City Presentation

News Presentation

Transcript

deSEÑO UNIVERSAL PARA a APRENDIZAxE

#AulaDesigual_DUA

ciencias da natureza

A función de nutrición

Autores:

Ramón Costas e Rosa Fiel

Empezar

Índice

10. Metacognición planificadora

1. Presentación: A función de nutrición

2. Aparato dixestivo

11. Actividades: Liveworksheets

12. Que tes que facer agora?

3. Enfermidades do aparato dixestivo

13. Metacognición operativa

4. Aparato respiratorio

5. Hixiene da respiración

14. Que nivel escollo?

15. Como expreso o aprendido?

6. Aparato circulatorio

16. Metacognición reguladora

7. Como manter un corazón san

8. Aparato excretor

9. Coidados do aparato excretor

a función de nutrición

Que vou aprender?

Audio de presentación

Que prazos teño?

Vídeos introdución Función de nutrición

Que metas me marco?

Resumen visual

INFORMACIÓN ORIXINAL

SEguinte: A. dixestivo

Volver

Volver

Na función de nutrición interveñen catro aparatos:

APARATO EXCRETOR

APARATO CIRCULATORIO

APARATO DIXESTIVO

APARATO RESPIRATORIO

Son para alimentarnos, respirar, transportar e expulsar substancias.

Volver

Na función de nutrición interveñen catro aparatos:

Volver

Que vou aprender?

Volver

info didáctica

Que prazos teño?

Volver

Que metas me marco?

Resumen visual

Rúbrica

Volver

Que metas me marco?

Función de nutrición

Nivel

Moi ben15 puntos

Estuda máis5 puntos

Xenial20 puntos

Empezando10 puntos

Órganos e aparatosIdentifica

Rúbrica

ProcesosDixestión, respiración circulación, excreción

Esquemas

Coidados

Exposición oral

Volver

INFORMACIÓN ORIXINAL

Opción vídeo

Resumo Visual

o aparato Dixestivo

SEguinte: enfermidades

Volver

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

Volver

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo é o conxunto de órganos e condutos do noso corpo que realiza a dixestión.

A dixestión é o proceso que nos permite extraer os nutrientes dos alimentos.

Os nutrientes son as substancias nutritivas que obtemos dos alimentos.

O aparato dixestivo está formado polo tubo dixestivo e dous órganos: o fígado e o páncreas.

O fígado e o páncreas fabrican zumes dixestivos.

O tubo dixestivo

O tubo dixestivo é a parte do corpo humano na que se produce a dixestión.

O tubo dixestivo está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.

Volver

Boca.

    • Os dentes trituran os alimentos.
    • A lingua móveos.
    • A saliva móllaos. Fórmase o bolo alimentario.

    • O bolo alimentario pasa á farinxe.
    • O bolo alimentario baixa polo esófago.
    • Pasa ao estómago.

Estómago.

    • O bolo mestúrase cos zumes gástricos. Fórmase o quimo.
    • O quimo da voltas e voltas tres horas.
    • Pasa ao intestino delgado.

Intestino delgado.

    • O fígado solta a bile, que rompe as graxas.
    • O páncreas solta o zume pancreático.
    • Mestúrase todo. Fórmase o quilo. No quilo están os nutrientes.
    • Os nutrientes atravesan as paredes do intestino polas velosidades.
    • Os nutrientes pasan ao sangue.

Intestino groso.

    • Chegan os restos dos alimentos que non foron absorvidos.
    • O intestino groso absorbe a auga dos alimentos ou a que bebemos.
    • Os restos convértense en feces.
    • As feces saen polo ano.

Volver

O aparato dixestivo é o conxunto de órganos e condutos do noso corpo que realiza a dixestión.

A dixestión extrae os nutrientes dos alimentos.

O aparato dixestivo está formado polo tubo dixestivo e dous órganos: o fígado e o páncreas.

O fígado e o páncreas fabrican zumes dixestivos.

O tubo dixestivo

O tubo dixestivo é unha parte do corpo humano.

No tubo dixestivo prodúcese a dixestión dos alimentos.

O tubo dixestivo está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.

Fases da dixestión

Boca

  • Os dentes trituran os alimentos. A lingua móveos. A salíva móllaos. Fórmase o bolo alimentario.

Farinxe e esófago

  • O bolo alimentario pasa á farinxe. Despois baixa polo esófago.

Estómago

  • O bolo alimentario mestúrase cos zumes gástricos. Fórmase o quimo.
  • O quimo da voltas e voltas tres ou catro horas.

3- 4

Intestino delgado e groso

  • O fígado solta bile. O páncreas solta zume pancreático. Fórmase o quilo.
  • Os nutrientes pasan ao sangue. As feces pasan ao intestino groso. Saen polo ano.

Volver

INFORMACIÓN ORIXINAL

Opción vídeo

Resumo Visual

enfermidades do aparato dixestivo

dixestiv

SEguinte: A respiratorio

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Enfermidades do aparato dixestivo

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Enfermidades do aparato dixestivo

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Enfermidades do aparato dixestivo

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Enfermidades do aparato dixestivo

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

Enfermidades do aparato dixestivo

A carie

A carie é unha enfermidade do aparato dixestivo que destrúe o dente.

A carie está producida por bacterias que viven na boca.

As bacterias aliméntanse dos restos de comida e producen ácidos.

Os ácidos danan o dente.

Prevención da carie

  • Cepillar os dentes despois de cada comida.
  • Visitar o dentista unha vez ao ano.
  • Tomar poucos alimentos doces e gomas de mascar porque teñen azucre. As bacterias usan o azucre para producir ácidos.

Enfermidades do aparato dixestivo

A diarrea

A diarrea é unha enfermidade do aparato dixestivo.

A diarrea consiste en expulsar feces líquidas moitas veces.

Na diarrea o intestino delgado e o groso non absorben o contido dos alimentos.

Na diarrea pérdese moita auga, sales minerais e nutrientes.

Para curar a diarrea debemos tomar alimentos suaves como o arroz e as patacas e beber moita auga.

Enfermidades do aparato dixestivo

O estrinximento

O estrinximento é unha enfermidade do aparato dixestivo.

O estrinximento consiste na dificultade para expulsar as feces.

As feces están duras no intestino groso porque teñen pouca fibra e pouca auga.

Prevención do estrinximento

Hai que tomar alimentos con moita fibra como cereais integrais, froitas e verduras.

Hai que beber moita auga.

Hai que facer exercicio regularmente.

Enfermidades do aparato dixestivo

Gastroenterite

A gastroenterite é unha enfermidade do aparato dixestivo.

A gastroenterite é a inflamación do estómago e os intestinos.

A gastroenterite está producida por tomar alimentos contaminados por virus ou bacterias.

A gastroenterite provoca dor de barriga, diarrea, vómitos, febre, dor de cabeza e debilidade muscular.

Prevención da gastroenterite

Comer carne e peixe con bo aspecto e con bo cheiro.

Poñer o leite, queixo e iogures na nevera.

Non comer alimentos caducados.

Limpar ben con auga as froitas e verduras antes de tomalas.

Non comer ovos rotos.

Gardar os ovos nun lugar frío e seco.

Lavar ben as mans antes de comer.

Enfermidades do aparato dixestivo

Intolerancia á lactosa

A lactosa é o hidrato de carbono que hai no leite.

Algunhas persoas non poden tomar lactosa. A lactosa provócalles dor abdominal, náuseas, diarrea e gases.

As persoas intolerantes á lactosa poden tomar leite, iogur e queixos sen lactosa.

Intolerancia ao glute

O glute é a proteína que hai no trigo e noutros cereais.

As persoas celíacas non poden tomar glute. O glute provócalles dor abdominal, vómitos, diarrea e perda de peso.

Volver

Enfermidades do aparato dixestivo

A carie

A carie é unha enfermidade do aparato dixestivo que destrúe o dente.

A carie está producida por bacterias que viven na boca.

As bacterias aliméntanse dos restos de comida e producen ácidos.

Os ácidos danan o dente.

Prevención da carie

  • Visitar o dentista unha vez ao ano.
  • Cepillar os dentes despois de cada comida.
  • Tomar poucos alimentos doces e gomas de mascar porque teñen azucre. As bacterias usan o azucre para producir ácidos.

Enfermidades do aparato dixestivo

A diarrea

A diarrea é unha enfermidade do aparato dixestivo.

A diarrea consiste en expulsar feces líquidas moitas veces.

Na diarrea os nutrientes e a auga dos alimentos non pasan ao sangue no intestino delgado e no groso.

Na diarrea pérdese moita auga, sales minerais e nutrientes.

Para curar a diarrea debemos tomar alimentos suaves como o arroz e as patacas e beber moita auga.

Enfermidades do aparato dixestivo

O estrinximento

O estrinximento é unha enfermidade do aparato dixestivo.

O estrinximento consiste na dificultade para expulsar as feces.

As feces están duras no intestino groso porque teñen pouca fibra e pouca auga.

Prevención do estrinximento

  • Hai que tomar alimentos con moita fibra como cereais integrais, froitas e verduras.
  • Hai que beber moita auga.
  • Hai que facer exercicio regularmente.

Enfermidades do aparato dixestivo

Gastroenterite

A gastroenterite é unha enfermidade do aparato dixestivo: é a inflamación do estómago e os intestinos.

A gastroenterite está producida por tomar alimentos contaminados por virus ou bacterias.

A gastroenterite provoca dor de barriga, diarrea, vómitos, febre, dor de cabeza e debilidade muscular.

Prevención da gastroenterite

Limpar ben con auga as froitas e verduras antes de tomalas.

Lavar ben as mans antes de comer.

Non comer alimentos caducados.

Poñer o leite, queixo e iogures na nevera.

Gardar os ovos nun lugar frío e seco.

Non comer ovos rotos.

Comer carne e peixe con bo aspecto e con bo cheiro.

Enfermidades do aparato dixestivo

Intolerancia á lactosa

A lactosa é o hidrato de carbono que ten o leite.

Algunhas persoas non poden tomar lactosa. Poden tomar iogur e queixos e leite sen lactosa. A lactosa provócalles dor abdominal, náuseas, diarrea e gases.

Intolerancia ao glute

O glute é a proteína que ten o trigo e outros cereais.

As persoas celíacas non poden tomar glute. O glute provócalles dor abdominal, vómitos, diarrea e perda de peso.

Volver

Opción vídeos

INFORMACIÓN ORIXINAL

Resumo Visual

aparato respiratorio

Volver A índice

SEguinte: hixiene da r

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

O aparato respiratorio

Que é o aparato respiratorio?

O aparato respiratorio é a parte do corpo que realiza a respiración.

O aparto respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns.

Para respirar introducimos no noso corpo osíxeno do aire e expulsamos dióxido de carbono.

As vías respiratorias

As vías respiratorias son os condutos que comunican o nariz e a boca cos pulmóns.

As vías respiratorias están formadas polas fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios.

A traquea é un tubo polo que pasa o aire, comeza na larinxe e divídese no bronquio dereito e no bronquio esquerdo.

Cada bronquio leva o aire ao seu pulmón.

Os pulmóns

Os pulmóns son dous órganos grandes e moi esponxosos protexidos pola caixa torácica.

O osíxeno pasa dos pulmóns ao sangue.

O dióxido de carbono do sangue pasa aos pulmóns.

Os pulmóns expulsan o dióxido de carbono ao exterior polas vías respiratorias.

Como respiramos

A respiración prodúcese en dúas fases: a inspiración e a expiración.

Inspiración

A inspiración consiste en tomar aire polo nariz ou a boca, grazas ao diafragma.

Cando o diafragma baixa, os pulmóns teñen máis espazo e poden encherse de aire.

Expiración

A expiración consiste en expulsar aire polo nariz ou a boca, grazas ao diafragma.

Cando o diafragma sobe, os pulmóns encóllense e expulsan o aire.

Regras para respirar mellor

  • Inspirar polo nariz e expirar pola boca varias veces con certa intensidade.
  • Ventilar o cuarto cada día.
  • Evitar lugares con fume de tabaco.
  • Pasear polos parques ou facer saídas ao campo para respirar aire limpo.
  • Evitar os cambios bruscos de temperatura para non arrefriarnos.
  • Practicar exercicio físico 30 minutos cada día.

Volver

O aparato respiratorio

O aparato respiratorio é a parte do corpo que realiza a respiración.

O aparato respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns.

Para respirar introducimos osíxeno do aire e expulsamos dióxido de carbono.

As vías respiratorias son os condutos que comunican o nariz e a boca cos pulmóns.

As vías respiratorias están formadas polas fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios. Levan o osíxeno aos pulmóns.

Os pulmóns son dous órganos grandes e moi esponxosos protexidos pola caixa torácica.

O osíxeno, dos pulmóns pasa ao sangue.

O dióxido de carbono do sangue pasa aos pulmóns.

Os pulmóns expulsan o dióxido de carbono polas vías respiratorias ao exterior.

Como respiramos

A respiración prodúcese en dúas fases: a inspiración e a expiración.

Inspiración

A inspiración consiste en tomar aire polo nariz ou a boca, grazas ao diafragma.

Cando o diafragma baixa, os pulmóns teñen máis espazo e poden encherse de aire.

Expiración

A expiración consiste en expulsar aire polo nariz ou a boca, grazas ao diafragma.

Cando o diafragma sobe, os pulmóns encóllense e expulsan o aire.

Regras para respirar mellor

  • Inspirar polo nariz e expirar pola boca varias veces con certa intensidade.
  • Ventilar o cuarto cada día.
  • Evitar lugares con fume de tabaco.
  • Pasear polos parques ou facer saídas ao campo para respirar aire limpo.
  • Evitar os cambios bruscos de temperatura para non arrefriarnos.

Volver

  • Practicar exercicio físico 30 min cada día.

Opción vídeo

INFORMACIÓN ORIXINAL

Resumo Visual

hixiene da respiración

Volver A respiratorio

SEguinte: A. circulatorio

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

Volver

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

A hixiene da respiración

O aire que respiramos ten que chegar aos pulmóns limpo.

Ventila os cuartos

Abre a ventá dos cuartos uns minutos cada día para que entre aire limpo.

Evita a contaminación

O aire da cidade e os dos tubos de escape é prexudicial.

No campo hai aire limpo. Pasea polo campo ou por zonas verdes.

Fai exercicio físico

O exercicio físico aumenta a capacidade pulmonar.

Camiña, corre, nada, anda en bicicleta varias veces por semana para ter boa saúde.

Outros hábitos saudables

  • Inspira polo nariz e non pola boca para que non seque a gorxa.
  • Non cambies bruscamente de temperatura para que non te arrefríes.
  • Visita ao médico (pneumólogo) cando teñas dificultade para respirar.

Non fumar, o tabaco é moi prexudicial

O fume do tabaco é un contaminante moi dañino.

O fume do tabaco ten gases tóxicos como o monóxido de carbono.

O fume do tabaco ten alcatrán. O alcatrán produce cancro.

O fume do tabaco prexudica ao fumador e aos que están arredor, fumadores pasivos.

O tabaco ten nicotina. A nicotina é unha droga. A nicotina produce adición. É moi difícil deixar de fumar.

O fume do tabaco prexudica ao fumador e as persoas que están arredor, fumadores pasivos.

Volver

O tabaco ten nicotina. A nicotina é unha droga. A nicotina produce adición. É moi difícil deixar de fumar.

INFORMACIÓN ORIXINAL

Opción vídeo

Resumo Visual

O APARATO CIRCULATORIO

SEguinte: corazón san

Volver índice

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

O aparato circulatorio

O aparato circulatorio é a parte do corpo humano que realiza a circulación do sangue.

O aparato circulatorio está formado polo corazón e os vasos sanguíneos que transportan o sangue polo corpo.

O corazón

O corazón é un músculo que se enche de sangue. Ten catro cavidades: dúas aurículas e dous ventrículos.

O corazón impulsa o sangue por todo o corpo. Está protexido pola caixa torácica.

Os vasos sanguíneos

Os vasos sanguíneos son os condutos polos que circula o sangue. Hai tres tipos.

  • As arterias. Saen do corazón e levan o sangue aos órganos do corpo.
  • As veas. Recollen o sangue dos órganos do corpo e lévano ao corazón.
  • Os capilares. Son ramificacións das arterias e as veas que se distribúen por todo o corpo.

O sangue

O sangue é un líquido espeso de cor vermella

O sangue transporta nutrientes do aparato dixestivo e osíxeno dos pulmóns e lévaos ás células e aos órganos do corpo.

Tamén recolle dióxido de carbono e substancias de refugallo das células e lévaos aos pulmóns (CO2) e ao aparato excretor.

O latexo do corazón

O corazón é un músculo oco, que se enche de sangue.

O sangue entra nas aurículas a través das veas. Cando as aurículas se contraen, o sangue pasa aos ventrículos. Cando os ventrículos se contraen impulsan o sangue cara as arterias

O latexo é o ciclo de contracción do corazón.

Volver

O aparato circulatorio

O aparato circulatorio é a parte do corpo humano que realiza a circulación do sangue.

O aparato circulatorio está formado polo corazón e os vasos sanguíneos. O corazón e os vasos sanguíneos transportan o sangue polo corpo.

Os vasos sanguíneos

Os vasos sanguíneos son os condutos polos que circula o sangue. Hai 3 tipos.

  • As arterias. Saen do corazón e levan o sangue aos órganos do corpo.
  • As veas. Recollen o sangue dos órganos do corpo e lévano ao corazón.
  • Os capilares. Son ramificacións das arterias e as veas que se distribúen por todo o corpo.

O corazón

O corazón é un músculo que se enche de sangue. Ten 4 cavidades: 2 aurículas e 2 ventrículos.

O corazón impulsa o sangue por todo o corpo. Está protexido pola caixa torácica.

O latexo do corazón

O corazón é un músculo oco, que se enche de sangue.

O sangue entra nas aurículas a través das veas. Cando as aurículas se contraen, o sangue pasa aos ventrículos. Cando os ventrículos se contraen impulsan o sangue cara as arterias.

Volver

O latexo é o ciclo de contracción do corazón.

O sangue

O sangue é un líquido espeso de cor vermella

O sangue transporta nutrientes do aparato dixestivo e osíxeno dos pulmóns e lévaos ás células dos órganos do corpo.

Tamén recolle dióxido de carbono e substancias de refugallo das células e lévaos aos pulmóns e ao aparato excretor.

Glóbulos vermellos

Plasma

Glóbulos brancos

Plaquetas

INFORMACIÓN ORIXINAL

Opción vídeo

Resumo Visual

COMO MANTER UN CORAZÓN SAN

Volver AP circulatorio

SEguinte Ap excretor:

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

Volver

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Como manter un corazón san?

Para ter un corazón san e forte debes seguir estes hábitos.

Ter unha dieta saudable.

Come de todo.

Os mellores alimentos para o corazón son as verduras e froitas de cor vermella: cereixas, amorodos, sandía, remolacha, pementos, ravos e tomates .

Xestionar as emocións.

O medo e as preocupacións provocan que o corazón latexe máis rápido do normal.

Temos que saber controlar as emocións e volver á calma.

Volver

Facer exercicio físico

Fai algún deporte mantendo o equilibrio entre a enerxía que gastas e o que comes.

Como manter un corazón san?

Para ter un corazón san e forte debes seguir estes hábitos.

Ter unha dieta saudable.

Os mellores alimentos para o corazón son as verduras e froitas de cor vermella: cereixas, amorodos, sandía, remolacha, pementos, ravos e tomates .

Come de todo.

Xestionar as emocións.

O medo e as preocupacións provocan que o corazón latexe máis rápido do normal.

Temos que saber controlar as emocións e volver á calma.

Facer exercicio físico

Fai algún deporte

Volver

INFORMACIÓN ORIXINAL

Opción vídeo

Resumo Visual

o APARATO EXCRETOR

SEguinte: coidados excre

Volver AP circular

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

O aparato excretor

O aparato excretor é a parte do corpo que se encarga de expulsar as substancias de refugallo.

O aparato excretor está formado polo aparato urinario e a pel.

O aparato urinario

O aparato urinario está formado polos riles, os uréteres, a vexiga e a uretra.

Os riles

Os riles son dous órganos en forma de xudía Os riles filtran o sangue e e reteñen as substancias de refugallo.

As substancias de refugallo mestúranse con auga e un pouco sal e forman os ouriños.

Os uréteres, a vexiga e a uretra

Os uréteres son uns tubos que saen de cada ril. Os ouriños van polos uréteres ata chegar á vexiga.

A vexiga é un órgano musculoso baleiro. Os ouriños almacénanse na vexiga.

A uretra é un tubo que vai dende a vexiga ata o exterior do corpo.Os ouriños saen pola uretra.

A pel

A pel limpa o sangue. A pel expulsa a suor.

A suor é un líquido con moita auga, sal e substancias de refugallo.

O aparato excretor

O aparato excretor

é a parte do corpo que se encarga de expulsar as substancias de refugallo.

O aparato excretor está formado polo aparato urinario e a pel.

O aparato urinario

está formado polos riles, os uréteres, a vexiga e a uretra.

son dous órganos en forma de xudía e filtran o sangue e e reteñen as substancias de refugallo.

Os riles

As substancias de refugallo mestúranse con auga e un pouco sal e forman os ouriños.

Os uréteres, a vexiga e a uretra

Os uréteres son uns tubos que saen de cada ril. Os ouriños van polos uréteres ata chegar á vexiga.

A vexiga é un órgano musculoso baleiro. Os ouriños almacénanse na vexiga.

A uretra é un tubo que vai dende a vexiga ata o exterior do corpo. Os ouriños saen pola uretra.

A pel

A pel limpa o sangue. A pel expulsa a suor.

A suor é un líquido con moita auga, sal e substancias de refugallo.

A diálise

A algunhas persoas non lles funcionan ben os riles.

Esas persoas necesitan axuda dunha máquina de diálise.

A máquina de diálise limpa o sangue de substancias de refugallo.

A primeira máquina de diálise inventouse en 1943.

Volver

Opción vídeo

INFORMACIÓN ORIXINAL

Resumo Visual

HÁBITOS PARA COIDAR O APARATO EXCRETOR

SEguinte: índice

Volver A excretor

Opción Audio

Lectura Facilitada ou Linguaxe Clara

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Volver

C Sociais Vivens Vives 9788468271088

Hábitos para coidar o aparto excretor.

Para coidar o aparato excretor segue estar normas.

Ter unha alimentación sa

Toma pouca carne e poucos alimentos picantes.

A carne e os alimentos picantes teñen substancias prexudiciais. Os riles traballan moito para limpar o sangue.

Beber moita auga

Beber auga axuda aos riles a limpar o sangue.

Bebe 2 litros de auga cada día.

Toma poucas bebidas gasosas ou azucradas.

Ducharse cada día

Limpa a pel. A suor sairá sen cheiro.

Volver

Non reter os ouriños

Non reteñas os ouriños máis de 2 ou 3 horas.

folla METACOGNITIVA

SEguinte

A miña axenda de reflexión

Volver

18

FEBREiRO

A miña axenda de reflexión

info didáctica

info didáctica

info didáctica

info didáctica

info didáctica

EXPRESIÓN DA APRENDIZAXE

eXercicios a realizar

Que tipo de axuda necesitas? Aquí tes o dicionario

Liveworksheet Aparato respiratorio

Liveworkshhet aparato dixestivo-I

Exposición oral sobre unha enfermidade.

Pasos que teño que seguir

Liveworksheet: Aparato circulatorio

Liveworksheet Aparato excretor

Liveworkshhet aparato dixestivo-II

Axuda para organizarme

Aparato excretor

Algún exemplo para empezar

Volver índice

SEguinte expresión

Resumo Visual

Volver índice

QuE tes que facer agora?

SEguinte metacognición

Portfolio Personalizado

COmo queres expresarte?

eSCOLLE O nivel de dificultadE

Podes escoller máis dunha actividade

traballa cos teus compañeiros/AS

Axuda e axudaranche

folla METACOGNITIVA

SEGuinte

A miña axenda de reflexión

Volver índice

18

FEBREiRO

A miña axenda de reflexión

info didáctica

info didáctica

info didáctica

info didáctica

info didáctica

Escolle de entre estas alternativas o nivel no que te atopas. O máis difícil é o nivel 5.

Pódoche axudar?

Fai click sobre min

Recorda

Act. 1

Explica

Act. 2

Aplica

Act. 3

Analiza / opina

Act. 4

Inventa

Act. 5

Volver índice

info didáctica

seguinte

Volver índice

Seguinte

PensamientoVisual

PORTFOLIO

Agora poderás escoller unha destas formas para que expreses o que aprendeches. Escolle a que mellor se axuste aos teus gustos e preferencias.

info didáctica

folla METACOGNITIVA

SEguinte

A miña axenda de reflexión

Volver índice

25

FEBREiRO

A miña axenda de reflexión

info didáctica

info didáctica

info didáctica

info didáctica

info didáctica

GraZas

Autor pictogramas:Sergio Palao Procedencia:http://arasaac.org Licencia: CC (BY-NC SA) Autores da información orixinal: Editoril Santillana. Adaptación: Ramón Costas e Rosa Fiel.