Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
2021-Concurso: Unha historia de Nadal
Manuel Padín Truitei
Created on December 20, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Concurso: Unha historia de Nadal (en banda deseñada)
CATEGORíAS
INFANTIL
PRIMARIA
4º, 5º e 6º de Infantil
O alumnado de Infantil deberá crear unha pequena historia de Nadal contada a través de, como mínimo, 3 viñetas. Poderán levar texto (opcional) e deberán incluír obrigatoriamente un título (en galego).
A historia presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
Alumnado de 1º a 6º de Primaria
O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria deberá crear unha historia de Nadal contada a través dunha banda deseñada que abarcará un mínimo de 6 viñetas e un máximo de 3 páxinas. O cómic estará escrito en lingua galega e deberá incluír obrigatoriamente un título.
O traballo presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
Presentación
Os cómics deberán vir escritos en galego e presentaranse en formato pdf (unha vez creada a banda deseñada, deberá escanearse e gardarse en pdf).
Ademais da orixinalidade da obra, para outorgar o premio terase moi en conta a boa presentación: marxes, limpeza, ortografía, caligrafía, coloreado...
Modo de entrega
Os traballos deberán escanearse para poder envialos en formato pdf ao correo da biblioteca:
biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com
Tamén poderán entregarse directamente á titora ou titor correspondente á volta das vacacións.
Data de entrega
A data límite de entrega será o mércores, 12 de xaneiro de 2022. En caso de que se retrase a volta ao cole por algunha razón, ampliarase este prazo ata o mesmo día de comezo das clases ou comunicarase unha nova data de entrega
Xurado e Premios
Todos os traballos presentados serán publicados no blog da Biblioteca. O Equipo de Biblioteca será o encargado de valoralos. Reunirase o martes, 18 de xaneiro, e escollerá en cada nivel un traballo gañador que recibirá como agasallo un libro.
Comunicación dos traballos premiados
O venres, 21 de xaneiro de 2022, comunicarase o resultado do xurado, os nomes do alumnado gañador e farase a entrega dos premios.
Animádevos a participar!
BO Nadal !!!
categorías