A orixe da árbore de Nadal
Aulas Galegas
Created on December 14, 2021
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
SLYCE DECK
Personalized
LET’S GO TO LONDON!
Personalized
ENERGY KEY ACHIEVEMENTS
Personalized
HUMAN AND SOCIAL DEVELOPMENT KEY
Personalized
CULTURAL HERITAGE AND ART KEY ACHIEVEMENTS
Personalized
DOWNFALLL OF ARAB RULE IN AL-ANDALUS
Personalized
ABOUT THE EEA GRANTS AND NORWAY
Personalized
Transcript
1
2
3
ORIXE DA ÁRBORE DE NADAL Na antigüidade os xermanos estaban convencidos de que tanto a terra coma os astros, pendían dunha ÁRBORE XIGANTESCA: O DIVINO ILDRASIL, A ÁRBORE DO UNIVERSO Esta árbore tiña as raíces no inferno e a súa copa no ceo. Para celebrar o solsticio de inverno (que se dá nesta época no hemisferio norte) decoraban un carballo con fachos e bailaban ao seu redor. Ao redor do ano 740 D.C. , San Bonifacio (o evanxilizador de Alemania e Inglaterra) derribou ese carballo, que representaba ao deus Odín, e no seu lugar plantou un piñeiro, como símbolo de amor eterno a Deus. Este piñeiro foi adornado con mazás (que para os cristiáns representan as tentacións) e candeas (que simbolizan a luz do mundo e a graza divina). Ao ser unha árbore perenne era para eles símbolo da vida eterna, e a súa forma de triángulo representaba a Santísima Trinidade. Na Idade Media, este costume estendeuse por todo o vello mundo, e coa conquista, pasou tamén a América. A primeira árbore de Nadal decorada como a coñecemos hoxe en día, apareceu por primeira vez en 1605 en Alemaña; empregouse para ambientar esta festividade nunha época de extremo frío. A partir de aí comezou a súa difusión. En España chegou cara ao 1870. http://aauladebere.blogspot.com/2016/12/orixe-da-arbore-de-nadal.html
A ÁRBORE DE NADAL A súa orixe remóntase á época dos celtas, onde era considerado un elemento sagrado da natureza. Sábese do uso da árbore, adornada e venerada polos druídas de centro-europa. Estes pobos celebraban o aniversario do nacemento de Frey, deus do Sol, adornando unha árbore perenne, coincidindo preto da data do Nadal cristián. A árbore tiña o nome de Divino Idrasil (Árbore do Universo), en cuxa copa atopábase o ceo; mentres que nas raíces profundas atopábase o inferno. Cando se inicia a evanxelización cristiá destrúense todos os rito pagáns e a árbore é substituída por un piñeiro adornado con mazás e candeas. Sen embargo, é difícil saber con exactitude cando comezaron a utilizarse os adornos de Nadal. O dato que máis se acerca á actualidade rexístrase na Alemaña do século XVII. En 1605, unha árbore foi decorada para ambientar o frío do Nadal; costume que se difundiu rapidamente por toda Europa. O costume de adornar a árbore de Nadal nos fogares españois foi traída no ano 1870 por unha muller de orixe ruso clamada Sofía Troubetzkoy, que despois de enviuvar do duque de Morny, irmán de Napoleón Bonaparte, casou en segundas nupcias cun aristócrata español “o Gran Duque de Sesto”, amigo da familia dos Borbóns. Colocou no seu pazo de Madrid, edificio que actualmente ocupa o Banco de España, no Paseo do Prado, unha grande árbore de Nadal con adornos, causando a admiración de toda a nobreza española. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/book/export/html/303
A ORIXE CELTA DO NADAL O 21 de decembro, chega o solsticio do inverno, celebrábase a antiga festa do "Alban Arthuan". O cristianismo marcou o día 25 de Nadal para lembra-lo nacemento de Xesucristo, coindicindo coas celebracións profanas. A rápida propagación da cristiandade pola Europa durante o primeiro milenio débese a incorporación de ritos, crenzas, costumes e xeitos doutras relixións e culturas, como tamén fixeran os romanos na súa conquista. Un dos antigos festivais celtas do lume era o "Alban Arthuan". Era duante a noite que ía do 21 ao 22 de decembro (según o xeito que tiñan os druidas para medi-lo tempo), e coincidía co solsticio de inverno. A lumeira de Arthur (Alban Arthuan), facía referenza as lendas artúricas que afirmaban que o mítico rei naceu no solsticio de inverno. O Alban Arthuan marcaba a celebración do día máis curto do ano e do renacemento do sol. Dicíase tamén que era tempo de fertilidade, como eran tamén o Samaín ou a festa de Beltane. Nos celtas existía o costume chamado "As candeas de Nadal". É unha tradición que consiste en manter unha vela acesa na honra a deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno, usando os restos da candea do ano anterior. Ésta debía arder durante 12 horas para que trouxera sorte na casa. Así coma o denominado "Cepo ou Rachón de Nadal", unha costume moi arraixada nas provincias de Lugo e Pontevedra, pero nembargantes, na miña casa facíase, e nacín na Costa da Morte. O "Rachón de Nadal" (unha das tradicións máis antigas), consistía nunha cepa grande de madeira boa, xeralmente de carballo, que se botaba a arder na lareira para que ardese toda a noite. Este cepo de Nadal non era un simple anaco de madeira, senón que os carbóns que facía non se guindaban, gardábanse nun curruncho da casa por teren propiedades, digamos que máxicas, distintas, esenciais, místicas...o cepo que sobraba sen ser consumido polas ascuas, tamén se gardaba, e nas noites de treboada collíase da borralla dito cepo e botábase de novo a lareira para que botase ascuas novas e espantase os tronos. En zonas é moi común chamarlle "Tizón de Nadal", de feito Ramón Otero Pedraio era así como o denominaba. En sitios, as ascuas do lume facíanse nas lareiras das casas, queimando toxo, leña miúda e raspallos que logo eran benditas en "Sábado Santo" no adro da igrexa. Gardábanse todo o ano porque traía sorte na casa e volvíanse acender na noite de Nadal, aínda recordo de pequena os tizóns pola casa gardados nunha bolsa. A carón do lume cantábanse panxoliñas, contábanse contos da Santa Compaña, dos mouros, serpes, encantos, difuntos, vivencias...xa que se pensaba que as ánimas estaban arredor do lume acompañando aos moradores vivos da casa. A decoración da árbore de Nadal tamén era unha costume pagán, poñíanse decoracións de moitas cores pendurando da árbore, que normalmente era un piñeiro, as decoracións adoitaban ser adornos que simbolizaban os diferentes obxetos estelares que tiñan relevancia para os celtas, a lúa, as estrelas, o sol, pero tamén para representa-las almas dos que morreran no anterior ano. A práctica de facer agasallos non é máis ca unha evolución pagán de pendurar cousas na árbore como ofrecemento aos deuses celtas. Hai tradicións actuais, coma o Santa Claus, que teñen orixes celtas, os "elfos" son a actualización das fadas na natureza celta. Ata non fai moitos anos, nas aldeas e vilas galegas cantábanse os cantos propios para cada día da festa: os nadais, panxoliñas, cantos de nacemento, as xaneiras, aninovos, os manueis, fin de anos, aninovos, os Reis, aguinaldos, a noite de Reis... Cada parroquia galega rexíase por protocolos propios, pois no que unha cantaban os Reis, a outra incidía máis nos manueis, pero sempre complementaban os cantos con ofrendas ou procesións, pero de maneira popular, xuntanza, ledicia...tanto que había manadiñas que percorrían lugares e recantos cantando panxoliñas para xuntar diñeiro e organiza-las festas do patrón noutras épocas do ano. Nos séculos XVII e XVIII interpretábanse cantos de Nadal galego nos templos de Castela e Portugal pola influencia relixiosa de Santiago. Era costume tamén, que na Noiteboa, despóis de comer, a mesa quedase sen recoller, porque o que sobraba era para as ánimas dos defuntos da familia, outra cousa tamén que na miña casa (Costa da Morte) facíase, dicíannos..."Non recollades a mesa, deixádea como está, pois de noite veñen as almiñas a comelo que sobrou".Xa que logo, o disgusto de miña avoa era tal se tratásenos de recoller a mesa. A día de hoxe aínda o facemos, ano tras ano. E moito coidado tamén con varrer a cociña, xa que se cría que entraban as meigas esa noite. Tampouco se varría se caía algo, había que deixa-la tal e como estaba, xa se faría para o día seguinte. O Nadal galego tradicional forma parte da tradición cristiá que desde a antigüidade vense semellando as doutras terras de Europa. É un ciclo que comeza coa Noiteboa para continuar cos Santos Inocentes e o Aninovo, rematando no día de Reis. Todas estas celebracións foron cristianizadas pola igrexa a partir do século IV, un tempo relixioso que asignou estas datas para celebrar certos feitos de transcendencia relixiosa. Igual a máis ancestral pódese relacionar o Nadal cun tempo agrario, lixado ao ciclo productivo anual, un ciclo sinalado dende a Idade Media con datas que coincidían cos ritmos da potencia solar, chamado "solsticio de inverno", no rural, nestas épocas xa había sementeiras feitas e en espera da colleita, nas casas concentrábase o esforzo nos traballos artesanais dentro da casa, como ben podía ser a matanza do porco. Asimesmo, pódese ver como no rural galego era moi usual a invocación dos antepasados xa mortos, por iso existía a crenza de que na Noiteboa viñan as ánimas dos familiares falecidos a comer e quentarse na lareira, a impregnarse co calor do fogar dos parentes vivos. Estas son algunhas das costumes que por tempos de Nadal, ou ben se seguen practicándose, ou ben quedan no recordo, ou non se usan e haberá xente que nin sequera ten escoitado falar disto. Por iso, cando un avó, un maior morre, non so morre un corpo de carne e oso, cando un avó morre váise con él unha parte da representación dun pobo, un anaco de cultura inmaterial, a alma dun lugar, morren costumes ancestrais, cancións, tradicións, mitos, valores, crenzas, língua, etc... Persoas que representan uns pilares fundamentais nos sistemas sociais, relacións familiares, expresións simbólicas que nos ensinan, tradicións perdidas, polo tanto, vai morrendo pasiño a pasiño unha parte moi grande da nosa cultura popular. Carme Toba Trillo Patrimonio Cultural Galego