Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Mergúllate nos libros! - Decembro 2021

bibliotecaepb

Created on December 14, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Microsite

Essential Microsite

Essential CV

Practical Microsite

Akihabara Resume

Tourism Guide Microsite

Online Product Catalog

Transcript

MERGÚLLATE NOS LIBROS!

Imaxe: © @mgseoane

PRELECTORES

PRIMEIROS LECTORES

LECTORES AUTÓNOMOS

LECTORES EXPERTOS

ADULTOS

CORES NO MAR

Os pinceis con cores primarias teñen unha importante tarefa. Os animais mariños necesitan unha nova capa de pintura! Que sucede cando dous cepillos chocan repentinamente entre si? O libro ilustrado de Jenni Erkintalo Cores no mar é un libro marabilloso sobre o descubrimento das cores e a diversidade. Fonte: Hércules Edicións

Autora: Jenni Erkintalo Editorial: Hércules Edicións

ABEZOOOCEANO

Un abecedario con 29 poemas de animais mariños cos que os nenos/as descubrirán o mundo das letras e familiarizaranse coa poesía.Fonte: SM

Autor: Carlos Reviejo Ilustrador: Javier Aramburu Editorial: SM

O PIRATA VALENTE

Que ocorre cando un intrépido pirata sobe ao pau maior do seu navío e, en pleno fragor da aventura, a súa nai chama por el para ir tomar a merenda? Fantasía e humor, en clave rimada para os máis cativos da casa.Fonte: Kalandraka

Autor: Ricardo Alcántara Ilustrador: Gusti Editorial: Kalandraka

EN EL CIELO

No ceo, o mundo transfórmase: sae o sol, zumba un vespón, , brilla o arco da vella, caza o morcego... E no mar? Ocorren outros fenómenos marabillosos: flota unha medusa, esperta un volcán, brilla un coral, xoga unha balea... Un conto sinxelo, unha ladaíña de descubrimentos, personaxes e accións que os nenos/as poderán recitar en voz alta, e incluso ampliar con outros achados preto da súa realidade. Fonte: Libros del zorro rojo

Autora: Giovanna Zoboli Ilustrador: Philip Giordano Editorial: Libros del zorro rojo

LITTLE FISH AND FRIENDS

Little Fish introduces all his sea friends, which we can touch and feel with our fingers.

Autora: Lucy Cousins Editorial: Candlewick

O GRAN LIBRO DAS NOSAS COUSAS

Algunha vez te paraches a observar o mundo que te rodea? Está cheo de cousas marabillosas, algunhas naturais, outras fabricadas polo ser humano, pero todas elas únicas e moi valiosas. Este libro é unha viaxe ilustrada polas cousas do día a día, desde os pequenos insectos do xardín ata os xigantescos cachalotes do noso fondo mariño. Fonte: Cumio

Autora: Blanca Millán Editorial: Cumio

BUENAS NOCHES OCEANO

Das boas noites ás pequenas criaturas que se agachan baixo o mar. Nada entre alfombras de coral, mergúllate nas profundidades do océano, descobre ás criaturas mariñas máis espectaculares... e, acompaña aos peixes a descansar cando cae a noite! Fonte: Timun Mas

Autora: Carmen Saldaña Editorial: Timun Mas

HOORAY FOR FISH

Paddle along with Little Fish on an underwater tour of friends spotty and stripy, happy and gripy, hairy and scary, even curly whirly and twisty twirly.

Autora: Lucy Cousins Editorial: Walker Books

AS CICATRICES DO CANGAREXO

Saír sen danos dunha liorta co capitán Cancro non é cousa doada. Cando menos levarás de recordo algunha cicatriz revirada e, de seguro, unha historia que contar. Como a que a avoa de Nico e Bruno lles lembra aos seus netos, onde relata a batalla que os pais dos nenos tiveron que librar contra tan temido personaxe. Unha historia con monstros arrepiantes e valentes piratas; loitas con feridas abertas e moitos aloumiños para pechalas. Fonte: Xerais

Autora: Irene Gasalla Ilustradora: Irene Sanjuán Editorial: Xerais

LA VIDA SECRETA DE LOS OCEANOS

Nada con medusas, descubre o misterioso fondo mariño e coñece os incribles unicornios mariños. Quenllas, baleas, tartarugas ou extrañas criaturas das profundidades nadan a través das páxinas deste precioso libro que combina magníficas ilustracións e fotografías. Unha fascinante viaxe submarina que mostra os océanos, que plantas e animais viven neles e como podemos axudalos. Fonte: Penguin Books

Autora: Jess French Editorial: DK

HELLO LIGHTHOUSE

This is a fabulous book which tells the story of a lighthouse and his last keeper, a man who gets married, has a baby and gets sick there. As time goes by, the lighthouse is automated, so what will happen with the family?

Autora: Sophie Blackall Editorial: Orchard Books

O ACUARIO

Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos.Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda… Fonte: Hércules Edicións

Autor: Joao P. Mésseder Ilustradora: Clara Fernandes Editorial: Hércules Edicións

TARDE EN EL ACUARIO

As criaturas que habitan en océanos, mares e ríos protagonizan estes versos acuáticos, cheos de ritmo, humor e espírito lúdico. Fonte: Kalandraka

Autor: Nono Granero Ilustradora: Carmen F. Agudo Editorial: Kalandraka

MARUXAINA

É verán e fai sol. Vas coa túa familia á praia e, procurando cunchas, chegas ata unha gruta onde atopas un peite de ouro. Ao pasalo polo teu pelo comeza unha tempestade. Unha onda arrástrache e cando tratas de voltar á beira descobres que, no lugar de pernas, tes unha cola de peixe. Eres unha serea! Que farás agora? Fonte: Bolanda

Autor: Jacobo Paz Ilustradora: Olaya Naveira Editorial: Bolanda

MISTER SEAHORSE

When Mrs. Seahorse lays her eggs, she does it on Mr. Seahorse's belly! She knows he will take good care of them. While he swims waiting for the eggs to hatch, he meets other underwater fathers caring for their babies.

Autor: Eric Carle Editorial: World of Erci Carle

HOGAR

"Aproximadamente 8 millóns de pezas de plástico rematan nos nosos océanos cada día"Unha tartaruga invítanos a coñecer o seu fogar nas profundidades do mar e o impacto que está tendo o plástico nos nosos océanos. O único xeito de acabar coa contaminación por plásticos é que todos nos impliquemos.Hogar é unha historia sobre o impacto que ten nas tartarugas os centenares de residuos e refugallos de plástico que acabamos lanzando ao mar. Fonte: Vegueta

Autora: Victoria Furze Editorial: Vegueta

PLASTICUS MARITIMUS

Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta 'especie' merece ter os días contados Fonte: Kalandraka

Autoras: Ana Pêgo e Isabel Minhós Ilustrador: Bernardo Carvalho Editorial: Kalandraka

EL ACUARIO DE LA TIERRA

Explora 15 ecosistemas acuáticos diferentes e descubre a incrible fauna que os habita neste libro ilustrado de gran tamaño. Desde os viveiros de algas mariñas ata o mar aberto, desde as fumarolas das profundidades mariñas ata os arrecifes de coral tropicais... Fonte: HarperCollins

Autor: Alexander Kaufman Ilustrador: Mariana Rodrigues Editorial: HarperCollins

VERSOS E VICEVERSOS

Un diálogo poético a dúas voces (e un pincel). Versos do norte e versos do sur que van e veñen como as ondas do mar, que testemuña o seu intercambio literario e lingüístico. Fonte: Kalandraka

Autores: Juan C. Martín e Antonio Gª Teijeiro Ilustrador: Juan Ramón Alonso Editorial: Kalandraka

BAHIA ACUICORNIO

Cando Lana regresa ao seu pobo costeiro natal xunto ao seu pai para axudar a limpar os danos causados pola última gran tormenta, dase conta do moito que botou de menos o océano, e tamén a forte e tranquilizadora presenza da súa tía Mae. Alí, na praia, Lana descubrirá unha colonia de acuicornios, unhas pequenas criaturas máxicas que viven no arrecife de coral... Fonte: La cúpula

Autora: Katie O'Neill Editorial: Brúfalo - La Cúpula

WHALE IN A FISHBOWL

Wednesday is a whale who lives in a fishbowl in the middle of a city; it's the only home she's ever known. Cars whizz around her and people hurry past. But if she leaps high enough out of her bowl, Wednesday can see it: a calm bit of blue off in the distance. When a girl tells Wednesday "You belong in the sea," the whale starts to wonder, what is the sea?

Autor: Troy Howell Ilustrador: Richard Jones Editorial: Schwartz & Wade

ATLAS DE SIRENAS

En todo o mundo existen historias, lendas e testemuñas da existencia de sereas. Estes seres máxicos e fascinantes coñécense desde hai miles de anos e casi todas as culturas teñen historias sobre eles. Con este libro descubrirás sereas de todos os continentes. Fonte: SM

Autora: Ana Claybourne Ilustrador: Miren Asiain LoraEditorial: SM

THE SEASHORE

The tide is out; let's explore! Look for colourful shells, dig in the sand, and peep under stones. Discover where crabs and shrimps hide and find oysters, mussels, and starfish.

Autora: Elisabeth Cohat Ilustrador: Pierre de Hugo Editorial: Moonlight

PIPPI NOS MARES DO SUR

Novas e abraiantes aventuras agardan a Pippi e os seus inseparables amigos na illa de Korakora, onde Efraim Mediaslongas é un poderoso rei. No colofón da famosa triloxía de Astrid Lindgren, máis humor, extravagancias e divertidas ocorrencias. Fonte: Kalandraka

Autora: Astrid Lindgren Ilustradora: Ingrid Vang Nyman Editorial: Kalandraka

OCEANARIUM

Didáctico, ameno e apaixoante. É un libro que permitirá a pequenos e maiores explorar as profundidades do mundo mariño e aprender todos os seus secretos ocultos grazas ás ilustracións. Máis de duascentas criaturas, desde o plancton microscópico ata o animal máis grande que vivira xamais na Terra. Fonte: Impedimenta

Autores: Teagan White e Loveday Trinick Editorial: Impedimenta

O LIBRO DOS OCEANOS

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation. Fonte: Catroventos

Autora: Esther Gonstalla Editorial: Catroventos

LENA, THEO Y EL MAR

Ás veces Lena pode ser realmente desagradable! Por que o fai todo sempre tan difícil? Iso é o que Theo, o seu mellor amigo, se pregunta. este ano vai a ser especial, teñen unha nova amiga, Birgitte, unha nena que vén de Países Baixos... Fonte: Nórdica Libros

Autora: Maria Parr Ilustradora: Zuzanna Celej Editorial: Nórdica

MICROALGAS

As microalgas existen desde fai 1500 millóns de anos. Coa axuda destes pequenos seres podemos salvar o planeta de ameazas como o cambio climático, a contaminación ou a desnutrición global. Pero as microalgas teñen os seus propios problemas. E se non, que llo digan a Spirulina. Non é fácil atopar o teu lugar neste mundo cando es diferente, verdade? Fonte: Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Autora: Xulia Pisón Editorial: UDC

THE SEA

This stunning book will take you on a watery journey through different marine habitats that we know about, exploring the seas and oceans that cover our planet and discovering the amazing animals that populate our waters.

Autora: Miranda Krestovnikoff Ilustradora: Jill Calder Editorial: Bloomsbury

UN RATO DIXOLLE A LUA

Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Un rato díxolle á lúa espreme eses 25 anos de poesía infantil. Musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade. Fonte: Xerais

Autor: Antonio Gª Teijeiro Ilustrador: Xosé Cobas Editorial: Xerais

THE LIGHTHOUSE GHOST

Megan and Alex live in Caravel Cove, but one day something terrible happens: hundreds of dead fish are on the beach! No one knows why. Strange things are happening at the old house. The two kids and their friend Steve start to investigate and the truth is shocking! A fascinating adventure book who will make us think about how to keep our seas clean and free of pollution.

Autora: Gina D.B. Clemen Editorial: Black Cat

SUNAKAY

O mar convertido nun inmenso vertedoiro sen rastro de vida submarina. Dúas irmás sobreviven nunha illa de plástico, entre o lixo. Un pequeno accidente cambiará as cousas. Unha forza atávica está a piques de emerxer. Fonte: Flamboyant

Autora: Meritxell Martí Ilustrador: Xavier Salomó Editorial: Flamboyant

ATLAS DE LOS GRANDES VIAJEROS Y EXPLORADORES

Ata hai uns poucos séculos, para descubrir como era o mundo no que viviamos, tiñamos que poñernos en marcha. Montar nun burro ou nun camelo, navegar ou camiñar... Deixabamos as nosas casas e nos encamiñabamos cara o descoñecido, e volviamos con extraordinarios descubrimentos sobre outros lugares. Fonte: Fulgencio Pimentel

Autora: Isabel Minhós Ilustradora: Bernardo P. Carvalho Editorial: Fulgencio Pimentel

LA CITA Y OTROS CUENTOS DE TERROR

Dez extraordinarios contos de terror escollidos e prologados por Care Santos. "De modo que aquí o teñen. Un convite á sorpresa, á admiración." Fonte: Nórdica

Autora: Emilia Pardo Bazán Ilustradora: Elena FerrándizEditorial: Nórdica

EMILIA PARDO BAZÁN Y LA MODA

É Emilia Pardo Bazán unha experta en moda? Rotundamente si. A autora coñece o sistema da moda e exhibe a súa erudición sobre o armazón industrial, artesanal, económico e comercial do mundo fashion nos seus relatos e na súa correspondencia privada. Fonte: Hércules Edicións

Autora: Blanca P. RodríguezEditorial: Hércules Edicións

Boa travesía!

Imaxe: © @mgseoane