Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A CANTIGA DE AMIGO

perezparente

Created on November 20, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

a cantiga de amigo

3º da ESO en Lingua Galega, coa profesora Tania Vázquez

A Idade Media é un período do que se fan eco na actualidade diferentes novelas, series televisivas, películas, concertos, videoxogos, exposicións, recreacións históricas etc. Con todo, existe aínda un gran descoñecemento desta época, que está marcada por consideracións imprecisas que se transmitiron popularmente e que asentaron na conciencia colectiva da sociedade. Co fin de loitar contra o esquecemento e os prexuízos, os alumnos de Lingua Galega e Literatura de 3º ESO viaxaron da man da literatura a este período histórico e fixéronse eco do legado dos trobadores e xograres que compuxeron cantigas de amigo co fin de volverlles dar voz ás amigas que protagonizaron 445 composicións dun corpus que ascende a case 1700 composicións profanas. Deixámosvos algúns exemplos desta actividade:

Iria Fernández Giráldez, 3º A

Ai, meu querido,meu querido amor, eu contigo bailo ao son desta canción. Bailamos baixo a alba que ilumina esta mañá. Pola noite danzaremos ao son desta canción. Meu querido amor, quizais mañá non te lembres, pero bailaremos no solpor ao son desta canción.

Vin esta mañáao cervo peregrino que tarareaba ao noso ritmoao son desta canción. Quizais mañá non te lembres, pero vinte partir, entón fortemente sentín ao son desta canción. Vin ao cervo peregrino que pola mañá marchou, agora estou sen amor ao son desta canción.

Dende que te fixeron partir, xa non podo durmir. Onde estará o meu amado? Dende o día que zarpaches, as noites amargáchesme. Onde estará o meu amado? Xa non podo durmir leda, o meu home cando chega? Onde estará o meu amado? As noites fóchesme roubar, ai, meu home, cando vas atracar? Onde estará o meu amado?

Os raios do sol van saír,ai, meu amigo, cando nos volveremos ver? A luz do sol vai vir ai, meu amado, cando nos volveremos ver? Ai, meu amigo, o sol sepáranos outra vez, cando nos volveremos ver? Ai, meu amado, o sol o noso inimigo é. Cando nos volveremos ver?

Álvaro Machado Puga, 3ºA

Jeremy Rodríguez Prado, 3º A

Idaira Carrera Rivera, 3º A

Fermosa irmá miña,ven mirar as augas comigo do mar de Vigo. Fermosa amiga miña, ven mirar as ondas comigo do mar de Vigo. Ven mirar as augas comigo onde coñecín o meu amigo do mar de Vigo. Ven mirar as ondas comigo onde coñecín o meu amado do mar de Vigo.

Flores do meu fogar, que o meu amigo non marche xa; porque a miña ledicia con el vai voar.Por favor, non o deixedes marchar. Flores do meu fogar, que o meu amigo espere un pouco máis, porque, cando xa non o vexa, eu vou chorar. Por favor, non o deixedes marchar. Porque a miña ledicia con el vai voar. O sol está no ceo e el botou a camiñar; por favor, non o deixedes marchar. Porque, cando xa non o vexa, eu vou chorar, o sol está no ceo e el segue a camiñar. Por favor, non o deixedes marchar.

Érika Mariño Álvarez, 3º B

Meu mar, véñoche contarque me acabo de namorar. Ao meu amigo sempre vou amar! Ondas do mar, escoitádeme falar: o meu corazón acaba de roubar. Ao meu amigo sempre vou amar! Que acábome de namorar do rapaz que coñecín no mar. Ao meu amigo sempre vou amar! O meu corazón acaba de roubar un rapaz que nunca vou *olvidar. Ao meu amigo sempre vou amar!

Noa Rodríguez Blanco, 3º B

O día da festa chegou,co meu amigo quedei, amigas, que ben o pasei! Cando me veña buscar, correndo sairei. Amigas, que ben o pasei! O meu amigo virá, esperando estarei. Amigas, que ben o pasei! Moi cedo chegou, co meu amigo falarei, amigas, que ben o pasei!

Jorge da Cañiza(Jorge Bravo Pérez, 3º B)

Daniela Carrera Rivas, 3º B

Polo que eu sempre suspiro sempre foi un pobre coitado. Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo!Dille que veña con moito coidadose te cruzas co meu amado. Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo! Sempre foi un pobre coitado ese home tan esfarrapado. Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo! Se te cruzas co meu amado, dille que non sexa un pesado. Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo!

Ondas do río Miño,onde deixastes ao meu cariño? Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo! Ondas do río escarchado, onde deixaches ao meu amado? Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo! Onde deixaches ao meu cariño polo que sempre suspiro? Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo! Onde deixaches ao meu amado? Dille que veña con moito coidado. Ai, pobre de min, se nacera noutro tempo!

Todo o día estiven polos prados adiante. Oh, Sol! Sabes onde está? Camiñei todo o día ata que alí o atopei. Oh, Sol! Sabes onde está? Polos prados adiante coa miña irmá camiñaba. Oh, Sol! Sabes onde está? Ata que alí o atopei e a miña irmá tamén. Oh, Sol! Sabes onde está?

Hoxe saín camiñarbuscando o meu amigo. Oh, Sol! Sabes onde está? Hoxe saín andar en busca do meu amado. Oh, Sol! Sabes onde está? Buscando o meu amigo todo o día estiven. Oh, Sol! Sabes onde está? En busca do meu amado camiñei todo o día. Oh, Sol! Sabes onde está?

África Vázquez Ferreiro, 3º C