Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O COÑECEMENTO E O PROBLEMA DA VERDADE

Ana López Sampedro

Created on November 16, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Math Lesson Plan

Primary Unit Plan 2

Animated Chalkboard Learning Unit

Business Learning Unit

Corporate Signature Learning Unit

Code Training Unit

History Unit plan

Transcript

O COÑECEMENTO E O PROBLEMA DA VERDADE

INTRODUCIÓN

Nesta unidade estudiaremos cómo se produce o proceso do coñecemento do mundo, para despois abarcar a cuestión de cómo podemos garantir a verdade deses descubrimentos sobre o mundo.Se pinchas na frecha, accederás a unha guía-resumo do tema.

TEXTOS

Índice

(Primeiro: 8 primeiras páxinas dos apuntamentos)

A experiencia sensible

Páxs. 6 a 16

A Racionalidade

Pás. 17 a 21

Introdución

Páxs. 1 a 4

Orixe do cto.

Páxs. 28 e ss.

A Verdade

Páxs. 18 a 28

Actitudes ante o cto.

Páxs. 29

A RAZÓN

  • A Razón Teórica busca coñecer o mundo
  • A Filosofía teórica divídese en Lóxica, Antropoloxía filosófica, Gnoseoloxía, Epistemoloxía e Metafísica ( Ontoloxía: estuda os seres, o que todos os seres teñen en común e a Teodicea: que trata de xustificar racionalmente a Deus.
  • A Razón Práctica busca saber como debemos actuar
  • A Filosofía práctica divídese en Ética, Filosofía Política e Estética; tamén incluiremos aquí a Filosofía social.

ACTIVIDADE

Realiza en grupo unha lista de 10 preguntas filosóficas. Outro grupo contestará que razón (teórica ou práctica) e que especialidade da filosofía se encarga de contestala.

Coñecemos a realidade tal como é?

Introduce a túa reflexión directamente no padlet. Lembrade identificarvos debidamente.

Play

Como andades de atención?

Tras ver o vídeo o comentaremos entre todos

E se non percibimos a realidade como é ...?De feito, a imaxe que temos da realidade está mediada -depende- dos nosos sentidos... Que pasaría se os nosos sentidos fosen distintos?

Como perciben as abellas?

01

Gatos e cans

Serpes (calor)

Crustáceos (luz polarizada)

Aves (máis cores incluíndo ultravioleta)

Que reflexión facedes respecto a que os animais perciban a realidade dun modo distinto ao noso?

Os filósofos estudaron o coñecemento intentado esclarecer se coñecemos a realidade tal como é

COMO PENSAMOS E COÑECEMOS?

Existen dúas fases no proceso de coñecemento: Coñecemento sensible (SENSIBILIDADE)) e Coñecemento intelectual (RACIONALIDADE). A SENSIBILIDADE ten 2 momentos: - Sensación: Recibimos información a través dos sentidos - Percepción: Interpretamos, na cortiza cerebral, esa información. A racionalidade constrúe 3 tipos de elementos: CONCEPTOS XUÍZOS RAZOAMENTOS

Textos e cuestións

Enlace

Ver

O COÑECEMENTO SENSIBLE

  • Que lei da forma consideras máis sorprendente?
  • Buscade un exemplo sacado da vida cotiá de cada unha das leis da Gestalt
  • Pincha nos iconos e realiza as tarefas que se indican:

O coñecemento intelixible: a RACIONALIDADE

A razón traballa con 3 tipos de elementos que ela mesma constrúe: conceptos, xuízos e argumentos.

Repasa aquí algúns tipos de argumentos

Actividade para o caderno de clase:Qué é un concepto? Define e pon exemplos.Que é un xuízo? (Definición e exemplos)Que é un razoamento?Define e pon exemplos

CONTESTA: Que papel xogan a memoria, a imaxinación e a intelixencia no coñecemento?

TEXTOS E CUESTIÓNS Despois de escoitar atentamente o vídeo (só ata o minuto 8:26) -e de ler a parte correspondente dos apuntamentos- le os textos que encontraras pinchando nesta folla e contesta tódalas cuestións.

CONTESTA: Que é a abstracción e para que serve?

Razoamento indutivo e dedutivo

ACTIVIDADE

Concurso de razoamentos!

Completa o razoamento no teu caderno, sinala que tipo de argumento é, separa os xuízos que o compoñen e fai unha lista cos conceptos. Inventade un argumento e facede o mesmo.

A VERDADE

Criterios

Estados da verdade ou graos de coñecemento

Teorías da verdade

Introducción aquí

Escribe un título

Esto es un párrafo de texto listo para escribir un subtítulo genial

Sentidos ou criterios de verdade

Unha afirmación acéptase como verdadeira por proceder de alguén a quen se lle concede crédito polo seu coñecemento nunha materia.

Autoridade.

Tómase por verdadeiro aquilo que ao longo do tempo aceptouse como tal e goza dun apoio popular ou institucional.

Tradición.

Pensamos que un enunciado será verdadeiro algo se coincide coa realidade empírica. O problema é buscar adecucación entre o que se di e o que é.

Correspondencicia.

Consiste en comprobar que non hai contradición entre os enunciados dun mesmo sistema e que estes derivan necesariamente dos axiomas ou principios establecidos.

Coherencia lóxica.

Utilidade.

Un enunciado será verdadeiro cando sexa beneficioso e útil.

Evidencia.

É evidente o que se nos presenta como intuitivamente verdadeiro, indiscutible (A=A, por exemplo)

Escoita o vídeo dende o minuto 19:36 (La VERDAD) e realiza as actividades ás que podes acceder no seguinte enlace:

Buscade -mellor en grupo-un exemplo cotiá de cada criterio de verdade.

Coidado!!Algúns deses criterios de verdade poden levarnos facilmente a falacias...

falamos tamén da verdade en 2 sentidos distintos:

  • a verdade ontolóxica: Falamos de verdade ontolóxica cando nos referimos a que algo é real. Exemplo: cando digo "o meu anel é de verdadeiro ouro" quero dicir que é dese metal e non doutro: é realmente de ouro.
  • a verdade epistemolóxica: é o sentido que utilizamos cando queremos indicar que o que dicimos é tal como é a realidade (se corresponde coa realidade). exemplo: "a testemuña dixo a verdade no xuízo" quere dicir que o que dixo se corresponde co que realmene sucedeu.

Sentidos da verdade actividades para o caderno de clase

1. A María preguntáronlle uns turistas pola dirección do concesionario da Ford. Indicoulles, moi convencida, que estaba xunto a casa do Concello, pero o caso é que non está aí... Dixo a verdade? Mentíu? É posible dicir algo falso e non mentir? Por que? 2. María cre que Antón non está na clase porque preferíu irse a montar en moto cuns amigos maiores. Pasan lista e, cando nomean a Antón, ela di: Non viu porque está enfermo. Durante o recreo recibe unha mensaxe de Antón dicíndolle que se tivo que quedar na casa porque tiña fiebre... Dixo a verdade? Mentíu? É posible dicir algo verdadeiro e mentir? Por que? 3. Cando dicimos "Este billete é falso", que sentido da verdade estamos usando? 4. Escribe 3 frases nas que sen utilice a verdade en sentido ontolóxico e 3 en sentido epistemolóxico.

Teorías da verdade

Despois de estudar as distintas teorías da verdade...

Actividades:

1. O autor do cadro que tes á dereita pintou unha pipa, porén escribe debaixo "Isto non é unha pipa"É UNHA PIPA? QUE CONCEPTO DE VERDADE TEN O PINTOR? 2. Neste fragmento de "Matrix" utilízase a palabra "verdade" en dúas ocasións. Encóntraas. Escribe as frases. Di como se entende a verdade en cada unha delas. Como se chaman eses tipos de verdade?

EsCOITAR

ACTITUDES ANTE O COÑECEMENTO

  • DOGMATISMO
  • ESCEPTICISMO
  • CRITICISMO
  • RELATIVISMO
  • PERSPECTIVISMO

tarefa EN GRUPO

ORIXE DO COÑECEMENTO: A SÍNTESE KANTIANA

Comentario de textoPincha no cadro e contesta as cuestións no teu caderno.

Texto e cuestións

O problema da desinformación e a posverdade

Le o artigo deo catedrático de Filosofía da Universidade de Granada Juan Antonio Nicolás, pinchando na imaxe

Actividade:

Realiza unha síntese do artigo que deixe moi claro:

  • A definición de posverdade
  • As consecuencias da posverdade
  • A túa postura sobre este tema/problema: ten solución...?

Textos e cuestións

Bo traballo. Lección aprendida!!