As perífrases verbais galegas
Imos velas!
Definición
Exemplos temporais
As temporais
As modais
Exemplos modais
As aspectuais
Exemplos aspectuais
A pasiva
Gamificación
Definición
A perífrase verbal está formada por un verbo auxiliar e un verbo auxiliado que é o que porta o significado léxico. Ex. Vou ir ao cine. Distinguimos catro tipos de perífrases verbais en galego: as temporais, as modais, as aspectuais e a pasiva. O criterio que temos en conta para a súa clasificación está baseado en cando e como se desenvolve a acción expresada.
Indican o momento no que se desenvolve a acción, que pode ser agora mesmo, por tanto expresa un valor de "inminencia" ou nun tempo posterior, polo que posúe un valor de "futuridade". As perífrase verbais temporais son: IR + INF; ESTAR A/PARA + INF; HABER + INF* repara nesta última no seguinte: se a acción verbal está en pasado indicará acción a piques de suceder pero que non aconteceu. Ex. Houben caer ao río. A acción sitúase no pasado e indica que non caín ao río, pero que case caio. Tamén temos que salientar que QUERER + INF con verbos meteorolóxicos é perífrase, porén no resto dos casos non o é. Vexamos un exemplo: Parece que quere chover vs. Parece que quere mercar un móbil. No primeiro caso é perífrase no segundo non o é.
A perífrase temporal
- Vou ir á feira mañá. (Valor futuridade) - Imos falar co teu titor agora mesmo. (Valor inminencia) - Arestora está para mudar o tempo (Valor inminencia). - Parece que quere nevar. - Hei ver ao teu pai pola tarde. Repara en que en todos estes casos a perífrase equivalería a unha acción que se desenvolverá nun futuro ben sexa este inmediato ou posterior. No caso de falar da perífrase verbal HABER + INF en pasado tería o matiz de acción a piques de suceder. Ex. Houben perder o décimo da lotería.
Exemplos de perífrases temporais
A PERÍFRASE MODAL
Presentan dous valores: obriga ou ben dúbida. As perífrases modais obrigativas son: TER + QUE + INF DEBER + INF HABER + QUE + INF Pola contra, as perífrases que expresan dúbida, probabilidade ou hipótese son: DEBER + DE + INF PODER + INF HABER + DE + INF
EXEMPLOS DE PERÍFRASES VERBAIS MODAIS
Co valor de obriga: Temos que falar co adestrador. Debes ser prudente cando conduzas. Hai que avisar a un doutor. Expresando o valor de dúbida, probabilidade ou hipótese son: Debemos de ser uns vinte na nosa clase. Podemos quedar ás cinco na praza. El ha de chegar tarde coma sempre.
a perífrase verbaL aspectuaL
Expresa o xeito no que se desenvolve a acción, indicando o inicio, o desenvolvemento, a repetición ou o remate da acción. As perífrases verbais incoativas sinalan o incio da acción: BOTAR(SE) + A + INF POÑER(SE) + A + INF COMEZAR/EMPEZAR + A + INF ROMPER + A + INF DAR + EN + INF
ExemploS de perífrasesverbais aspectuais incoativas
Botouse a chorar cando caeu ao chan. Púxose a chover cando saímos fóra do automóbil. Comezou a falar en voz alta e empezou a dicir esas mesmas palabras. Cando rompa a ferver a auga, bótaslle a pasta. Deu en falar con todo o mundo que pasaba ao seu carón.
a perífrase verbaL aspectuaL
As perífrases verbais imperfectivas indican o desenvolvemento da acción: ESTAR + A + INF/ ESTAR + XER ANDAR + A + INF/ ANDAN + INF IR + XER SEGUIR + XER VIR + XER LEVAR + XER SER + A + INF
ExemploS de perífrases verbais aspectuais imperfectivas
Está indo a un fisioterapeuta. Está a fritir unhas patacas. Sempre anda a argallar algunha cousa. Andan preguntando por ti polas clases. Imos indo paseniño. El segue insistindo no mesmo. Elas dúas veñen sendo curmás. Ambas as dúas levan traballando toda a semana nese proxecto. Moitos deles eran a falar dese mesmo tema.
a perífrase verbaL aspectuaL
As perífrases verbais perfectivas indican acción rematada: ACABAR + DE + INF DEIXAR(SE) + DE + INF VIR + DE + INF DAR + PART LEVAR + PART TER + PART IR + PART
EXEMPLOS DE perífrases verbaIS aspectuaIS PERFECTIVAS
Acaban de aterrar en Alvedro. Deixaron de fumar. Veñen de dar unha volta polo centro. Nunca dá rematado a tempo o traballo. Nós levamos traballado nese tema desde o ano pasado. Xa teño lido a novela. Xa vai impreso todo o traballo.
a perífrase verbaL aspectuaL
As perífrases verbais terminativas indican acción rematada nun momento anterior ao da fala: CHEGAR + A + INF ACABAR+ POR + INF VIR + A + INF
EXEMPLOS DE perífrase verbaIS aspectuaIS TERMINATIVAS
Chegamos a ser vinte persoas no xantar do Nadal. Acabou por deixar o seu mozo. Moitas desas persoas viñan a reunirse nese local.
a perífrases verbaL aspectuaL
As perífrases verbais reiterativas indican acción que se repite: VOLVER + INF LEVAR + PART TER + PART Repararías en que dúas delas se repiten pois poden ser tamén aspectuais perfectivas, a diferenza estriba no matiz, pois neste caso indicarán repetición da acción.
EXEMPLOS DE perífrases verbaIS aspectuaIS REITERATIVAS
Volveu chamar a Ricardo ao móbil outa vez. Xa leva traballado moitos anos nese mesmo asunto. Eles teñen visto esa serie moitas veces.
A perífrase verbal pasiva
Esta perífrase verbal só aparece coa voz pasiva, polo que lembra que terás un suxeito pacente, o verbo en ser en voz pasiva e un complemento axente. Vémolo no seguinte exemplo: A sentenza foi ditada pola nova xuíza.
As perífrases verbais
alicia.vazquez
Created on November 15, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
Explore all templates
Transcript