Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Mestre Mateo

asun.apuntes

Created on November 13, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Learning Unit

Akihabara Learning Unit

Genial learning unit

History Learning Unit

Primary Unit Plan

Vibrant Learning Unit

Art learning unit

Transcript

UN MARCO PARA O APÓSTOLO

Escultura, pintura e arquitectura na escenografía sacra do proxecto mateano, unitario arquitectónica e simbolicamente

A obra do Mestre Mateo na Catedral compostelán

Os derradeiros tramos das navese e da tribuna

Escultura pétrea de Santiago para a capela maior

Cimacio no que se lee o nome GUDESTEO -tesoreiro da Cat. no 1168- marca onde comeza a obra de Mateo

Enmascarado coa reforma barroca

Ocupaba os catro primeiros tramos, desde o cruceiro, da nave central Desmantelado a principios do XVII, algunhas pezas serviron como material para a gran escalinata e outras pasaron a ornamentar diferentes lugares ou servir de recheo

O coro pétreo

Pezas in situ, pezas noutros lugares e pezas no Museo

Desde primeiros do s.XX comezouse a recuperación para levar a cabo unha reconstrucción parcial

Vista interior

Vista exterior

A fachada occidental

Inclúe un conxunto de espazos e obras

  • Cripta para salvar o desnivel (popularmente Catedral Vella)
  • Nártex
    • Contrafachada
    • Pórtico da Gloria
  • Tribuna superior
    • Torres lateriais
    • Portada exterior

Na Idade Media a fachada oeste denominábase Portal da Trinidade ou do Santo Peregrino, por situarse preto da porta da muralla, tamén chamada da Trinidade. Orientada cara á Fisterra, era a vía dos que continuaban a peregrinación.

Extramauros, nada máis atravesar a muralla, había dúas capelas: a da Trinidade e a das Angustías xunto dun ceminterio de peregrinos.

Sobre parte da muralla e das cárceres, o arcebispo Raxoi encargou a Lucas Caaveiro o proxecto de edificación dun Seminario que ocuparías os terreos dos antigos cárceres e un treito da muralla.

Nos planos do proxecto aínda figuran as capelas e o cemiterio

Na actualidade

Nas claves das bóvedas, anxos portando o Sol e a Lúa. Símbolo da bóveda celeste cos astros que iluminan o mundo terreal

CRIPTA (o mundo terreal)

Planta de cruz latina. O piar central con oito columnas adosadas con capiteis vexetais xera un deambulatorio (nel apoia o parteluz do Pórtico). Bóvedas de crucería

Pequena ábsida con arcos laterais en mitra

Portada do acceso primitivo

Constituía un vestíbulo, aberto e luminoso, sen a función do nártex paleocristiano e bizantino como lugar reservado aos catecúmenos.É a antesala do final dos tempos que precede ao reino dos ceos e onde Santiago espera os fieis

NÁRTEX

Definido pola contraportada da fachada exterior, o Pórtico da Gloria

Carente de cerres, a catedral permancía sempre aberta permitindo que a parte central do Pórtico da Gloria se vexa desde o exterior e que reciba luz directa Segue a mesma estrutura que o Pórtico: tres arcadas sobre dous niveis de soportes.

FACHADA EXTERIOR

A principios do XVI engadíronse portas, o que modificou toda a fachada mateana

Este debuxo do coengo Vega e Verdugo de mediados do XVII mostra os cambios

  • Conserva o antigo rosetón, as cornixas e as doelas dos arcos laterais
  • Elimínase o gran arco central
  • As estatuas columnas desapareceron, dúas delas (David e Salomón) reubicaronse no alto da escalinata

Algúns fragmentos recuperados, uns tiñan sido utilizados como material de recheo no claustro, outros foron gardadas nos almacéns

O segundo nivel contaba con estatuas-columna cuxas figuras adoitan interpretarse como a casa de Xudá, ancestros de Cristo. As esculturas foron retiradas e diseminadas Hoxe moitas foron recuperadas

Enoc

Elías

Isaac

Abraham

TRIBUNA ( o mundo celestial)

Na clave da bóveda, o Agnus Dei

E a cidade non necesita nin de sol nin de lúa que resplandezan nela porque a Gloria de Deus a ilumina e o Cordeiro é a súa fonte de luz. Apocalipse 21:23

Nas ménsulas do arranque dos nervos da bóveda, anxos turiferarios descalzos e con cartelas.

Arcada central: doelas e clave con anxos portando o sol e a lúa

Estiveron nos xardíns de Fonseca Pasaron a propiedade do conde de Ximonde (abaixo, apoiadas a carón da porta no Pazo Ximonde) quen as vendeu ao Concello de Santiago O Concello dóaas á familia Franco que as ubica primeiro no Pazo de Meirás e logo na Casa Cornide. Finalmente, os herdeiros, volveronas a Meirás para colocalas na capela

As dúas figuras no Colexio de San Clemente, anos 20

Pasaron á propiedade do conde de Ximonde que as vendería, nos anos 50, ao Museo de Pontevedra

Empregada como material construtivo dunha vivenda particular, foi achada nos anos 80 ao facerse refor mas na vivenda

Descuberta no 2016 enterrada nun cuarto nos cimentos da torre Posiblemente corresponda ao profeta Malaquías