Andrea Patiño Vázquez - Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO
UD8 (Tema 12)
O RELEVO TERRESTRE
comezar
Índice
1. o relevo
2. A acción modeladora dos ríos e do xeo
3. O relevo das rexións áridas
4. O relevo estrutural
5. O relevo granítico
6. O relevo volcánico
7. o relevo cárstico
8. OS mapas TOPOGRÁFICOS
Non confundimos...
O relevo (conxunto dos accidentes xeográficos da superficie terrestre) coa paisaxe.
Na paisaxe intervén a valoración estética do observador, polo que inclúe as formas do relevo, a amplitude do terreo, o tipo de vexetación, a fauna, o voo das aves, o ruído dos ríos, o tempo meteorolóxico, a presenza humana... Así, unha paisaxe debe contar coa presenza dun suxeito observador e dun obxecto observado. Diferéncianse dous tipos:
- Paisaxes naturais: espazos, superficies, territorios xeográficos ou tamén ambientes que non foron intervidos, alterados, modificados ou transformados pola acción humana; por exemplo, a praia de As Catedrais.
- Paisaxes culturais: espazos que a UNESCO determinou que merecen estar incluídos na lista de Patrimonio da Humanidade e defíneos como "bens culturais que representan as obras combinadas da natureza e a humanidade". Por exemplo: arrozais en socalcos de Ifugao ou a Ribeira Sacra.
1. O relevo
O relevo é o conxunto de accidentes modelados na superficie terrestre como montañas, vales, canóns, simas, acantilados ou chairas. O seu modelado débese á actuación conxunta da enerxía interna da Terra, a gravidade e os axentes xeolóxicos externos: a auga de escorras (torrentes, ríos, etc.), o xeo, o mar, o vento e os seres vivos.
1.1 Factores que condicionan o relevo
- Tipo de rochas: a súa composisición, dureza, solubilidade, permeabilidade, cohesión, fracturación, etc., inflúen na forma de alterarse e erosionarse.
- Disposición espacial: segundo as forzas tectónicas que os afectasen poden ser horizontais, inclinados ou pregados, e compórtanse de diferente maneira ante a erosión.
- Acción antrópica ou humana: modifica o relevo da Terra construíndo portos e espigóns, que poden cambiar a dinámica litoral; encoros, que modifican o caudal dos ríos; coa explotación de xacementos minerais e rochas en minas e canteiras, ou alterando a cuberta vexetal por corta de bosques ou incendios.
1.2 O ciclo xeolóxico
O ciclo xeolóxico é o conxunto de procesos que se producen, tanto na superficie como no interior da Terra e que, simultaneamente, producen a destrución e reconstrución do relevo. Integra tres procesos:
- Oroxénese, formación de novas cadeas montañosas.
- Gliptoxénese, destrución do relevo, debida á acción dos axentes xeolóxicos externos.
- Litoxénese, formación de novos materiais a partir dos xa existentes (rocas sedimentarias e metamórficas) e doutros que se incorporan desde o interior (rocas magmáticas).
1.4 Os procesos xeolóxicos externos
Son os que teñen lugar na superficie terrestre:
- Comeza a acción. Altera e disgrega as rochas en grans e fragmentos que son trnasportados polos distintos axentes xeolóxicos externos, ou caen por gravidade.
- Erosión:
- A forza do axente, e a acción abrasiva dos materiais que transporta erosionan o terreo e, á súa vez, estes van desgastándose.
- Transporte:
- Os materiais previamente meteorizados e erosionados desprázanse pola superficie terrestre, ata depositarse cando a forza do axente que os transporta cesa.
- Sedimentación:
- A medida que os materiais van chegando ás cuncas sedimentarias, acumúlanse en capas superpostas.
1.3 Formas do relevo
- Cordilleiras:
- Cadeas de montañas aliñadas, con cumes de considerable altura, que se forman cando os sedimentos mariños son pregados e elevados por compresión das placas litosféricas.
- A acción erosiva da auga e do xeo escava sucos que, co tempo, formarán vales e delimitarán montañas.
- A acción continuada dos axentes xeolóxicos externos termina erosionando o relevo, ata formar unha superficie plana denominada penechaira.
- Mesetas:
- Son formas chairas situadas a diferentes alturas sobre o nivel do mar.
- Poden orixinarse por tres procesos xeolóxicos diferentes: debido a forzas tectónicas, pola erosión de superficies elevadas ou por volcáns (materiais máis resistentes á erosión que os circundantes, polo que quedan elevadas).
- Chairas:
- Extensións de terreo case horizontais ou con pequenas ondulacións situadas a pouca altura sobre o nivel do mar.
- Fórmanse pola acumulación de sedimentos ou pola acción erosiva dos ríos, vento ou glaciares.
- Son especialmente importantes para a humanidade xa que son excelentes zonas agrícolas e gandeiras.
Quen é quen?
2. A acción modeladora dos ríos e do xeo
2.1 A modelaxe dos ríos
Os ríos son cursos de auga con leito fixo e caudal permanente. O seu poder erosivo e de transporte depende da pendente e do caudal, que varía segundo as estacións e a pluviosidade. O seus efectos sobre a modelaxe do relevo dependen dos seus tramos:
- Curso alto: Máxima erosión debida á elevada pendente. A forza da auga e os materiais que transporta erosionan o fondo escavando un val en forma de V. Se as rochas do terreo que atravesa son duras, o leito é estreito, e pode formar gargantas e desfiladeiros.
- Curso medio: O leito é máis largo e o val máis amplo xa que o río discorre por zonas de menor pendente, levando máis caudal e máis carga de sedimentos. Cando a pendente é moi suave o río vaga e describe curvas, denominadas meandros, as cales teñen marcada erosión na parte cóncava, e sedimentación na parte convexa. Diferéncianse dous zonas dentro do leito:
- Canle de estiaxe: leito maior; énchese de auga durante as arroiadas.
- Leito de inundación ou veiga: o resto; só leva augas enxurradas; é unha zona de cultivo, xa que o terreo é moi fértil.
- Curso baixo: A pendente é mínima, polo que o río deposita gran parte da súa crga e discorre sobre os seus propios sedimentos. O val é moi largo e o río pode dividirse en varios brazos. Na desembocadura pode formar deltas (en mares tranquilos) ou esteiros (nas costas abertas, onde os materiais non sedimentan, pois son arrastrados polas correntes litorais).
Delta
Esteiro
Meandros
2.2 A modelaxe glaciar
Nas zonas frías da Terra, como os polos e as rexións situadas por encima do nivel das neves perpetuas, as baixas temperaturas fan que as precipitacións sexan en forma de neve. Ao non fundirse totalmente durante o verán, a neve vaise acumulando en capas que, ao compactar e cristalizar, se converten en xeo. Atendendo á área cuberta polo xeo, hai distintos tipos de glaciares:
- Casquetes polares: Grandes extensións de xeo situadas en zonas de climas moi extremos (Groenlandia e Antártida). Almacenan máis do 90% do xeo glaciar do planeta e constitúen a maior reserva de auga doce da Terra. O xeo desprázase de forma radial en todas as direccións e, cando chega ao mar, constitúe plataformas das que se desprenden enormes bloques de xeo, os icebergs.
- Glaciares alpinos ou de val: encóntranse en zonas situadas por encima do nivel das neves perpetuas e ao descender a zonas onde a temperatura é máis elevada, fúndese o xeo.
- Glaciares de circo: son glaciares que quedan reducidos ao circo debido á escasa achega de neve.
No relevo glaciar identificánse diferentes estruturas en función do proceso xeolóxico externo máis representativo:
- Erosión glaciar: Na cabeceira dos glaciares de val encóntrase o circo glaciar, que é unha depresión en forma de cubeta de paredes moi escarpadas; cando desaparece o xeo, énchense de auga e forman lagos. O xeo que sae do circo forma a lingua do glaciar, que descende cara ao val ou chega ata o mar. A forza do xeo e as rochas que transporta erosionan o terreo e escavan vales en forma de U, con paredes escarpadas e fondo plano ao desaparecer o xeo, deixa estrías lonxitudinais no fondo e nas paredes do val.
- Transporte glaciar: O glaciar transporta materiais de diferentes tamaños dentro, sobre e debaixo da masa de xeo: as morenas.
- Sedimentación glaciar: Cando o xeo dos glaciares de val se funde, os materiais transportados deposítanse e, co paso do tempo, consolídanse, formando unhas rochas chamadas tillitas. Tamén os icebergs van cargados de sedimentos e, ao fundirse, estes caen sobre o fondo mariño. As tillitas son a proba actual de que certos lugares da Terra estiveron, antano, cubertos por unha masa de xeo.
circo glaciar
vals en u
lingua glaciar
3. O relevo das rexións áridas
A acción xeolóxica do vento denomínase acción eólica, e ten a súa máxima efectividade nas rexións áridas, desérticas e subdesérticas, onde as precipitacións son moi escasas. A diferenza de temperatura entre o día e a noite é moi acusada, o que favorece a meteorización física, e a ausencia de vexetación permite que as partículas finas sexan transportadas a grandes distancias. Identificánse diferentes estruturas en función do proceso xeolóxico externo máis representativo:
- A acción erosiva do vento débese á súa forza e ás partículas sólidas que leva en suspensión. Pode producirse de dúas maneiras:
- A deflación, que é o efecto de varredura das partículas sólidas soltas do solo formando pequenas depresións denominadas superficies de deflación.
- A corrasión, que consiste no desgaste producido polo vento e a carga de area que transporta ao impactar sobre materiais compactados. Nas rochas duras pulimenta a súa superficie e en rochas máis brandas produce erosión alveolar.
Rochas en forma de cogumelo
- O transporte depende directamente do peso das partículas transportadas e da forza do vento. Pode realizarse por reptación, saltación e suspensión.
- A sedimentación prodúcese ao diminuír a velocidade do vento e perder enerxía, de xeito que as partículas van depositándose en función do seu tamaño, de máis grosas a máis finas.
- A area acumúlase orixinando dunas, que teñen diferentes formas e tamaño dependendo da cantidade de area dispoñible e dos ventos dominantes. Poden ser rizadas; dunas lonxitudinais, que forman extensas cristas de areas paralelas orixinadas por ventos procedentes de dúas direccións; dunas transversais producidas por ventos perpendiculares a elas; parabólicas; en estrela, que permanecen fixas durante moito tempo e serven de referencia nos desertos; barxáns, etc.
- O loess son acumulacións de po moi fino transportado polo vento e depositado en rexións húmidas que poden estar situadas a moitos quilómetros de distancia da súa orixe, e constitúen solos moi fértiles. Algúns exemplos atópanse en Sudamérica, Argentina, China, ao norte do Sáhara...
- O pavimento desértico ou reg é un deserto de pedras orixinado por deflación en áreas con cantos soltos de diferentes tamaños. O vento varre a area e os cantos quedan encaixados cubrindo toda a superficie.
O loess de China...
Ao oeste de 北京 Běijīng hai depósitos de loess, os máis grandes do planeta, tan grosos que formaron unha meseta de ata 400 metros de espesor. O 黄河 Huánghé, río Amarelo, atravesa esta meseta e desde alí colle sedimentos que lle dan a súa característica cor amarela. Procedente da montaña, o po posúe unha gran cantidade de minerais que, xunto coa auga dos ríos e algo de materia orgánica, son un solo ideal para o cultivo. Durante séculos, a civilización chinesa utilizou estas terras para o cultivo, permitindo o desenvolvemento dun gran e próspero imperio cunha poboación xigantesca. A meseta de Loess ocupa uns 365.000 quilómetros cadrados de superficie. Ao norte da meseta de Loess atópase o xigantesco deserto de Gobi, que proporciona o fino sedimento que forma a meseta.
4. O relevo estrutural
O relevo estrutural é o que se xera nas rocas que foron deformadas polas forzas tectónicas que actuaron nunha rexión; distínguense os primitivos ou directos (resultado unicamente das forzas endóxenas, como un volcán) e os derivados (remodelados polos axentes xeolóxicos externos). A composición das rochas e a súa disposición espacial inflúen na súa evolución. destacándose o relevo nas formacións de rochas sedimentarias e o relevo pregado:
4.1 O relevo en formacións sedimentarias
4.1.1 Formacións horizontais: relevo tabular
Páramos ou mesas
As series non sufriron deformacións tectónicas. A modelaxe resultante débese a que os materiais que as forman teñen diferente dureza e, polo tanto, distinta resistencia á erosión, o que se denomina erosión diferencial. Orixínanse relevos illados nos que o estrato superior está constituído
por unha rocha dura, como as calcarias, que protexe toda a formación da
erosión, e estratos de rochas máis brandas e menos resistentes, como margas ou arxilas, na parte inferior. Segundo o seu tamaño, denomínanse: páramos (mesas ou moas), cerros testemuños ou outeiros.
Cerro testigo
4.1.2 Formacións subhorizontais: as costas
Orixínase en formacións sedimentarias lixeiramente inclinadas, nas que hai alternancia de materiais de diferente dureza. Na súa estrutura diferénciase un estrato suavemente inclinado, formado por unha rocha dura e resistente á erosión, o dorso da costa; e unha zona con moita pendente, a fronte da costa, debido a que está tallada en rocha dura, por debaixo da cal se encontran os materiais máis brandos.
4.1.3 Estratos verticais: hog-back
Prodúcese en series sedimentarias nas que os estratos están verticais ou subverticais. Se a serie está formada por estratos de diferente composición, ao ser afectada pola erosión, orixínase unha crista longa e estreita ou unha serie de outeiros cunha crista estreita e pendentes empinadas, coa mesma inclinación en ambos flancos.
4.2 O relevo pregado
Atópanse en zonas onde as rochas foron sometidas a forzas compresivas, como ocorre nas cordilleiras. Os pregamentos (ondulacións do terreo) son a máxima expresión deste relevo, poden ter distintas formas e tamaños. diferenciamos dous tipos:
- Anticlinais: pregamentos cóncavos cara a abaixo, cos materiais máis antigos no núcleo.
- Sinclinais: pregamentos cóncavos cara a arriba, cos materiais máis modernos no núcleo.
Existen dous relevos pregados moi característicos:
- Xurásico: característico de cordilleiras mozas, como os Pirineos. Nestas zonas as rochas sedimentarias foron pregadas e se orixinou unha sucesión de anticlinais e sinclinais. Se a erosión non foi moi intensa, os relevos son conformes (os anticlinais coinciden coas áreas elevadas e os sinclinais cos vales); se a erosión foi moi intensa, orixínanse relevos invertidos (os sinclinais quedan elevados e créanse sinclinais colgados)
- Apalachense: característico de sistemas montañosos moi antigos (hercinianos), como os Apalaches. Despois de elevarse, foron moi erosionados; posteriormente sufriron un rexuvenecemento, seguido dunha nova erosión, que deixou ao descuberto unha alternancia de cristas paralelas e estreitas.
Relevo pregado apalachense
Relevo pregado xurásico
Sinclinal colgado
5. O relevo granítico
É o relevo modelado sobre granitos e outras rochas plutónicas como as sienitas, todas moi resistentes á erosión. Forman grandes masas rochosas e presentan numerosas fracturas (chamadas diáclases) que facilitan a súa alteración e determinan as formas de relevo resultantes. Destácanse diferentes elementos:
Berrocais: grandes formacións de granito nas que aparecen laxas, bloques e bolos, ás veces de grandes dimensións. Orixínanse cando os plutóns graníticos están atravesados por tres sistemas de diáclases, verticais, horizontais e oblicuas, que favorecen a meteorización e alteración do granito. É frecuente ver neles pedras cabaleiras (rochas apoiadas unhas sobre outras que dan sensación de inestabilidade) e domos (masas rochosas en forma de campá e paredes lisas).
Agullas graníticas ou cristóns: relevo moi escarpado que se orixina cando as formacións graníticas están fracturadas por sistemas de diáclases verticais.
Os montes illa ou inselberg: son cerros illados que emerxen nunha chaira ao ter sido erosionada a superficie que os rodeaba. Adoitan estar formados por rochas magmáticas, aínda que poden estar constituídos por rochas metamórficas ou sedimentarias, xa que o termo fai referencia ao seu relevo e situación, e non ao tipo de rocha que os compón.
6. O relevo volcánico
Un volcán é o resultado visible na superficie terrestre dun longo proceso xeolóxico, polo cal aflora material rochoso fundido (magma) e gases do interior da Terra dunha maneira máis ou menos violenta. A sucesiva acumulación deste material nos arredores da zona de emisión forma un relevo, que xeralmente adopta unha forma cónica que se denomina edificio volcánico.O volcán pode lanzar:
- Lava: material fluído e quente non explosivo, a cal se desliza pola acción da gravidade polas pendentes do edificio volcánico podendo cubrir grandes extensións nas proximidades do volcán.
- Fragmentos de lava de diversos tamaños de forma violenta, estes denomínanse piroclastos (bombas volcánicas, lapilli, cinza...)
- Unha grosa columna de material ascendente (gases principalmente).
Gases e piroclásticos
cráter
cono volcánico
lava
cheminea
cámara magmática
lava endurecida
3.1 Coadas de lava
A lava forma coadas máis ou menos fluídas dependendo da súa composición. Distinguimos dous tipos de lavas:
As lavas básicas, pahoehoe: moi fluídas, xeran longos ríos de lava que presentan engurras estiradas no sentido do movemento, polo que se denominan lavas encordoadas.
As lavas ácidas, aa, son viscosas e móvense lentamente sobre o terreo; producen coadas de bloques abruptos que, nas Illas Canarias, se denominan malpaís.
3.2 Outras formas do relevo volcánico
Os pitóns: fórmanse ao solidificarse a lava na cheminea dun volcán, quedan ao descuberto ao erosionarse o material que os rodeaba (o material do cono volcánico).
Tubos volcánicos: fórmanse cando a lava arrefría moi rapidamente e endurece no exterior, pero no interior segue fluíndo (Jameos del agua, Lanzarote).
7. O relevo cárstico
A súa acción erosiva consiste na disolución das rochas solubles do subsolo, principalmente calcarias e xesos.Lembramos o proceso de carbonatación...
- As augas infíltranse nos terreos.
- Cando levan en disolución CO2 teñen carácter ácido e poden disolver algúns minerais como os da calcaria ou dolomía, formadas por CaCO3, ou o xeso, formado por sulfato de calcio, orixinando modelaxe cárstica.
- Formas exocársticas (modelaxe superficial): dolinas (depresións no terreo), lapiaces (acanaladuras) e lenares (pequenos ocos).
- Formas endocársticas (modelaxe subterránea): covas, galerías e simas (buratos verticais que conectan co exterior). Ademáis nas cavidades onde pinga a auga deposítase o carbonato de calcio que leva disolto, orixinando estalactitas, que se forman no teito, e estalagmitas, que medran dende o chan.
lapiaces
lenar
dolina
sima
estalactitas
estalagmitas
galería
covas
Condutos horizontais
8. Os mapas topográficos
Materiais
- Papel milimetrado
- Regra/Escuadra/Cartabón
- Lapis
- Bolígrafo
- Mapa topofráfico
Actividade avaliable na aula
- Un mapa topográfico é a representación do relevo dunha rexión contemplado dende unha perspectiva aérea. Un perfil topográfico é a proxección sobre un plano vertical da liña que se obtería ao percorrer o terreo segundo unha traxectoria entre dous puntos.
- Pasos para obtelo:
- Eliximos o percorrido sobre o mapa e establecemos a dirección en que imos realizar o perfil.
- Marcamos sobre o percorrido os puntos de inicio (A) e fin (B) e comprobamos a altitude das curvas de nivel que se cortan no traxecto.
- Nun papel milimetrado debuxamos a escala vertical que debe conter todos os valores das curvas de nivel cortadas pola traxectoria do perfil. A escala que utilizaremos será a do mapa:
Ex: 1:50.000 (1cm = 500m; 0,2cm = 100m)
- Colocamos o papel milimetrado sobre a traxectoria sinalada no mapa.
- Marcamos sobre el os extremos A e B do perfil, e marcamos tamén todas as curvas de nivel que o tocan.
- Proxectamos cada curva ata a súa altitude correspondente obtendo unha serie de puntos.
- Finalmente, unimos os puntos, sen facer liñas rectas para darlle un aspecto máis realista.
6.1 Cálculo de distancias
Nos mapas topográficos pódese calcular a distancia entre dous puntos:
- Se os puntos están situados á mesma altura, é dicir, sobre a mesma curva de nivel, mídese a distancia entre eles cunha regra e multiplícase pola escala do mapa.
- Se os puntos están situados a diferente altitude, tense en conta a distancia horizontal calculada no mapa e a diferenza de cota. Para calculala aplícase o teorema de Pitágoras (como indica a figura).
Titorial mapa topográfico
TI PODES!
4ºESO: O relevo terrestre
Andrea Patiño Vázque
Created on November 8, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Winter Presentation
View
Hanukkah Presentation
Explore all templates
Transcript
Andrea Patiño Vázquez - Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO
UD8 (Tema 12)
O RELEVO TERRESTRE
comezar
Índice
1. o relevo
2. A acción modeladora dos ríos e do xeo
3. O relevo das rexións áridas
4. O relevo estrutural
5. O relevo granítico
6. O relevo volcánico
7. o relevo cárstico
8. OS mapas TOPOGRÁFICOS
Non confundimos...
O relevo (conxunto dos accidentes xeográficos da superficie terrestre) coa paisaxe.
Na paisaxe intervén a valoración estética do observador, polo que inclúe as formas do relevo, a amplitude do terreo, o tipo de vexetación, a fauna, o voo das aves, o ruído dos ríos, o tempo meteorolóxico, a presenza humana... Así, unha paisaxe debe contar coa presenza dun suxeito observador e dun obxecto observado. Diferéncianse dous tipos:
1. O relevo
O relevo é o conxunto de accidentes modelados na superficie terrestre como montañas, vales, canóns, simas, acantilados ou chairas. O seu modelado débese á actuación conxunta da enerxía interna da Terra, a gravidade e os axentes xeolóxicos externos: a auga de escorras (torrentes, ríos, etc.), o xeo, o mar, o vento e os seres vivos.
1.1 Factores que condicionan o relevo
1.2 O ciclo xeolóxico
O ciclo xeolóxico é o conxunto de procesos que se producen, tanto na superficie como no interior da Terra e que, simultaneamente, producen a destrución e reconstrución do relevo. Integra tres procesos:
1.4 Os procesos xeolóxicos externos
Son os que teñen lugar na superficie terrestre:
1.3 Formas do relevo
Quen é quen?
2. A acción modeladora dos ríos e do xeo
2.1 A modelaxe dos ríos
Os ríos son cursos de auga con leito fixo e caudal permanente. O seu poder erosivo e de transporte depende da pendente e do caudal, que varía segundo as estacións e a pluviosidade. O seus efectos sobre a modelaxe do relevo dependen dos seus tramos:
Delta
Esteiro
Meandros
2.2 A modelaxe glaciar
Nas zonas frías da Terra, como os polos e as rexións situadas por encima do nivel das neves perpetuas, as baixas temperaturas fan que as precipitacións sexan en forma de neve. Ao non fundirse totalmente durante o verán, a neve vaise acumulando en capas que, ao compactar e cristalizar, se converten en xeo. Atendendo á área cuberta polo xeo, hai distintos tipos de glaciares:
No relevo glaciar identificánse diferentes estruturas en función do proceso xeolóxico externo máis representativo:
circo glaciar
vals en u
lingua glaciar
3. O relevo das rexións áridas
A acción xeolóxica do vento denomínase acción eólica, e ten a súa máxima efectividade nas rexións áridas, desérticas e subdesérticas, onde as precipitacións son moi escasas. A diferenza de temperatura entre o día e a noite é moi acusada, o que favorece a meteorización física, e a ausencia de vexetación permite que as partículas finas sexan transportadas a grandes distancias. Identificánse diferentes estruturas en función do proceso xeolóxico externo máis representativo:
Rochas en forma de cogumelo
O loess de China...
Ao oeste de 北京 Běijīng hai depósitos de loess, os máis grandes do planeta, tan grosos que formaron unha meseta de ata 400 metros de espesor. O 黄河 Huánghé, río Amarelo, atravesa esta meseta e desde alí colle sedimentos que lle dan a súa característica cor amarela. Procedente da montaña, o po posúe unha gran cantidade de minerais que, xunto coa auga dos ríos e algo de materia orgánica, son un solo ideal para o cultivo. Durante séculos, a civilización chinesa utilizou estas terras para o cultivo, permitindo o desenvolvemento dun gran e próspero imperio cunha poboación xigantesca. A meseta de Loess ocupa uns 365.000 quilómetros cadrados de superficie. Ao norte da meseta de Loess atópase o xigantesco deserto de Gobi, que proporciona o fino sedimento que forma a meseta.
4. O relevo estrutural
O relevo estrutural é o que se xera nas rocas que foron deformadas polas forzas tectónicas que actuaron nunha rexión; distínguense os primitivos ou directos (resultado unicamente das forzas endóxenas, como un volcán) e os derivados (remodelados polos axentes xeolóxicos externos). A composición das rochas e a súa disposición espacial inflúen na súa evolución. destacándose o relevo nas formacións de rochas sedimentarias e o relevo pregado:
4.1 O relevo en formacións sedimentarias
4.1.1 Formacións horizontais: relevo tabular
Páramos ou mesas
As series non sufriron deformacións tectónicas. A modelaxe resultante débese a que os materiais que as forman teñen diferente dureza e, polo tanto, distinta resistencia á erosión, o que se denomina erosión diferencial. Orixínanse relevos illados nos que o estrato superior está constituído
por unha rocha dura, como as calcarias, que protexe toda a formación da
erosión, e estratos de rochas máis brandas e menos resistentes, como margas ou arxilas, na parte inferior. Segundo o seu tamaño, denomínanse: páramos (mesas ou moas), cerros testemuños ou outeiros.
Cerro testigo
4.1.2 Formacións subhorizontais: as costas
Orixínase en formacións sedimentarias lixeiramente inclinadas, nas que hai alternancia de materiais de diferente dureza. Na súa estrutura diferénciase un estrato suavemente inclinado, formado por unha rocha dura e resistente á erosión, o dorso da costa; e unha zona con moita pendente, a fronte da costa, debido a que está tallada en rocha dura, por debaixo da cal se encontran os materiais máis brandos.
4.1.3 Estratos verticais: hog-back
Prodúcese en series sedimentarias nas que os estratos están verticais ou subverticais. Se a serie está formada por estratos de diferente composición, ao ser afectada pola erosión, orixínase unha crista longa e estreita ou unha serie de outeiros cunha crista estreita e pendentes empinadas, coa mesma inclinación en ambos flancos.
4.2 O relevo pregado
Atópanse en zonas onde as rochas foron sometidas a forzas compresivas, como ocorre nas cordilleiras. Os pregamentos (ondulacións do terreo) son a máxima expresión deste relevo, poden ter distintas formas e tamaños. diferenciamos dous tipos:
- Anticlinais: pregamentos cóncavos cara a abaixo, cos materiais máis antigos no núcleo.
- Sinclinais: pregamentos cóncavos cara a arriba, cos materiais máis modernos no núcleo.
Existen dous relevos pregados moi característicos:Relevo pregado apalachense
Relevo pregado xurásico
Sinclinal colgado
5. O relevo granítico
É o relevo modelado sobre granitos e outras rochas plutónicas como as sienitas, todas moi resistentes á erosión. Forman grandes masas rochosas e presentan numerosas fracturas (chamadas diáclases) que facilitan a súa alteración e determinan as formas de relevo resultantes. Destácanse diferentes elementos:
Berrocais: grandes formacións de granito nas que aparecen laxas, bloques e bolos, ás veces de grandes dimensións. Orixínanse cando os plutóns graníticos están atravesados por tres sistemas de diáclases, verticais, horizontais e oblicuas, que favorecen a meteorización e alteración do granito. É frecuente ver neles pedras cabaleiras (rochas apoiadas unhas sobre outras que dan sensación de inestabilidade) e domos (masas rochosas en forma de campá e paredes lisas).
Agullas graníticas ou cristóns: relevo moi escarpado que se orixina cando as formacións graníticas están fracturadas por sistemas de diáclases verticais.
Os montes illa ou inselberg: son cerros illados que emerxen nunha chaira ao ter sido erosionada a superficie que os rodeaba. Adoitan estar formados por rochas magmáticas, aínda que poden estar constituídos por rochas metamórficas ou sedimentarias, xa que o termo fai referencia ao seu relevo e situación, e non ao tipo de rocha que os compón.
6. O relevo volcánico
Un volcán é o resultado visible na superficie terrestre dun longo proceso xeolóxico, polo cal aflora material rochoso fundido (magma) e gases do interior da Terra dunha maneira máis ou menos violenta. A sucesiva acumulación deste material nos arredores da zona de emisión forma un relevo, que xeralmente adopta unha forma cónica que se denomina edificio volcánico.O volcán pode lanzar:
Gases e piroclásticos
cráter
cono volcánico
lava
cheminea
cámara magmática
lava endurecida
3.1 Coadas de lava
A lava forma coadas máis ou menos fluídas dependendo da súa composición. Distinguimos dous tipos de lavas:
As lavas básicas, pahoehoe: moi fluídas, xeran longos ríos de lava que presentan engurras estiradas no sentido do movemento, polo que se denominan lavas encordoadas.
As lavas ácidas, aa, son viscosas e móvense lentamente sobre o terreo; producen coadas de bloques abruptos que, nas Illas Canarias, se denominan malpaís.
3.2 Outras formas do relevo volcánico
Os pitóns: fórmanse ao solidificarse a lava na cheminea dun volcán, quedan ao descuberto ao erosionarse o material que os rodeaba (o material do cono volcánico).
Tubos volcánicos: fórmanse cando a lava arrefría moi rapidamente e endurece no exterior, pero no interior segue fluíndo (Jameos del agua, Lanzarote).
7. O relevo cárstico
A súa acción erosiva consiste na disolución das rochas solubles do subsolo, principalmente calcarias e xesos.Lembramos o proceso de carbonatación...
lapiaces
lenar
dolina
sima
estalactitas
estalagmitas
galería
covas
Condutos horizontais
8. Os mapas topográficos
Materiais
Actividade avaliable na aula
- Nun papel milimetrado debuxamos a escala vertical que debe conter todos os valores das curvas de nivel cortadas pola traxectoria do perfil. A escala que utilizaremos será a do mapa:
Ex: 1:50.000 (1cm = 500m; 0,2cm = 100m)6.1 Cálculo de distancias
Nos mapas topográficos pódese calcular a distancia entre dous puntos:
Titorial mapa topográfico
TI PODES!