Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TDA-TDAH

Nós Oposicións

Created on November 5, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Terrazzo Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Modern Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

Transcript

O TDA e o TDAH

Coñecer un pouco máis

indicadores

medidas para a inclusión

liña metodolóxica

o tda e o tdah

indicadores inatención

orientacións para o alumnado

comportamentos observables no tdah

indicadores hiperactividade

protocolo da consellería

orientacións para o centro educativo

tratamento do tdah na infancia e na adolescencia

indicadores escolares

orientacións para o equipo docente

orientacións para a familia

efectos da medicación

indicadores socioemocionais

Coñecer un pouco máis

TDA e TDAH

É o trastono do neurodesenvolvemento máis frecuente na infancia. Descoñécense con exactitude as súas causas xenéticas, debido a gran variabilidade nos diagnósticos e a súa interacción con factores ambientais. O factor común entre o TDA e o TDAH é a impulsividade.

que é?

O TDAH defínese como un patrón de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza na idade infantil e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes. Maniféstase en tódos os ámbitos (familiar, escolar...).

como se define?

diferenzas nenas/nenos

  • O subtipo hiperactivo, o menos frecuente, afecta por igual a nenos e a nenas.
  • Despois da pubertade, a diferenza entre sexos desaparece.
  • As diferenzas dos subtipos entre nenas e nenos pode explicar o maior diagnóstico en nenos (a hiperactividade é máis visible e disruptiva).

Nenas

  • Aféctalles máis o subtipo inatento.
Nenos:
  • Máis frecuente o subtipo combinado.

requisitos para o diagnóstico

  • Os síntomas non se explican mellor por outro trastorno mental (do estado de ánimo, de ansiedade, trastorno da personalidade, intoxicación...).
  • Síntomas antes dos 12 anos de idade.
  • Síntomas en dous ou máis contextos (casa, colexio, traballo, amizades, familiares, outras actividades).
  • Os síntomas claramente interfiren co funcionamento social. académico e/ou laboral, ou reducen a súa calidade.

tipos

Subtipo combinado:

  • Cumpre criterios de inatención e de hiperactividade-impulsividade.
  • Tempo mínimo: 6 meses.

Subtipo inatento:

  • Cumpre criterios de inatención.
  • Tempo mínimo: 6 meses.

Subtipo hiperactivo:

  • Cumpre criterios de hiperactividade-impulsividade.
  • Tempo mínimo: 6 meses.

Coñecer un pouco máis

Comportamentos observables no TDAH

  • Dificultade para manter a atención e a concentración nas tarefas.
  • Falta de perseverancia durante a realización das tarefas.
  • Desorganización.

desatención

  • Exceso de mobilidade e inquietude constante.
  • En adolescentes e adultos, inquietude interna.

hiperactividade

  • Actuacións sen pensar nas consecuencias.
  • Procura da recompensa inmediata e dificultade para agardar recompensas demoradas.
  • Máis notorio en actividades monótonas e pouco motivadoras e cando os beneficios non se obteñen inmediatamente.

impulsividade

Coñecer un pouco máis

Tratamento do TDAH en nenas, nenos e adolescentes

Diagnóstico

TDAH leve

TDAH moderado/grave

Tratamento multimodal

Intervención psicolóxica. Intervencións escolares. Estratexias coas familias.

Exame físico

Atomoxetina

Metilfenidato

Non

Si

Eficaces?

Apto/a para medicación?

Si

Efectos secundarios?

Non

Non

Non

Si

Eficaz?

Eficaz?

Si

Efectos secundarios?

Non

Si

Seguimento interdisciplinar

Seguimento interdisciplinar

Si

Coñecer un pouco máis

Efectos secundarios da medicación

como actúa

Daytrana Equasym Medikinet

como actúa

Atamax Strattera Dezaprex

Non estimulante. Inhibe a recaptación de noradrenalina Efectos non inmediatos

Estimulante. Inhipe a recaptación de dopamina. Bloquea o transportador de norepinefrina. Ten efectos nos sistemas dopaminérxicos e noradrenérxicos.

Concerta Focalín Ritalín

Medicebrán Rubifén

efectos secundarios

efectos secundarios

Atomoxetina

Baixada do apetito. Descenso de peso. Somnolencia. Cefalea. Labilidade emocional. Arritmias, taquicardias ou hipertensión arterial. Dolor abdominal, náuseas e vómitos. Dispepsia (ardor de estómago).

Baixada de apetito. Descenso de peso. Insomnio de conciliación. Cefalea. Irritabilidade e nerviosismo Agresividade ou axitación. Labilidade emocional. Dolor abdominal, náuseas, vómitos. Dispepsia (ardor de estómago)..

Metilfenidato

Indicadores TDA e TDAH

Indicadores inatención

  • Falta de atención ós detalles. Erros por descoido.
  • Dificultade para manter a atención en tarefas ou actividades lúdicas.
  • Non parece escoitar cando se lle fala directamente, a súa mente parece estar noutro lugar.
  • Non acostuma seguir instrucións e non remata as tarefas, encargos ou traballos.
  • Ten dificultade para organizar as tarefas escolares e outras actividades.
  • Evita, desgústase ou resístese a facer tarefas que requiran de atención continuada.
  • A menudo extravía obxectos importantes.
  • É habitual que se distraia por estímulos irrelevantes ou cos seus propios pensamentos.
  • Adoita amosar descoido nas actividades diarias (esquece o que se lle pide).

Indicadores TDA e TDAH

Indicadores hiperactividade

  • Móvese a miúdo, repica os dedos/mans/pes, imita sons, retórcese no asento.
  • Acostuma erguerse cando non é propio facelo.
  • Corre, salta en situacións que non o requiren.
  • Dá a sensación de ter nerviosismo, inquietude.
  • Ten dificultades para xogar de forma tranquila.
  • Fala en exceso e en ocasións con temas que non veñen a conto.
  • Anticipa as respostas antes de rematar a pregunta.
  • Ten dificultades para esperar a súa quenda.
  • É habitual que interrompa as demais persoas.

Indicadores TDA e TDAH

Indicadores escolares

  • Precisa supervisión individual para comezar facer as tarefas e para manter o traballo.
  • Precisa instrucións individuais, non é quen de atender ás xerais dadas ó grupo.
  • Ten un ritmo lento de traballo, con constantes interrupcións.
  • Os resultados do seu traballo non adoitan ser de gran calidade (desordeados, con moitos erros...)
  • Non teñen un bo rendemento nos exames.
  • Temos a impresión de que o seu rendemento está por baixo do que podería ser.
  • Con frecuencia cóstalle respectar as normas, manexándose ruidosamente e distorsionando a marcha grupal.
  • Hai maior risco de absentismo e de abandono escolar temperá.

Indicadores TDA e TDAH

Indicadores socioemocionais

  • Ten problemas para facer e, sobre todo, para conservar amizades.
  • Sofre o rexeitamento ou o illamento polos seus compañeiros e compañeiras.
  • Non parece prestar atención ós desexos e sentimentos das demais persoas.
  • Frústrase con moita facilidade.
  • "Mete a pata" frecuentemente nas súas relacións sociais.
  • Cambia moito de estado de ánimo, desmoralízase moi rápidamente.
  • Cóstalle respectar as regras nos xogos.
  • Enfádase e testarea con moita frecuencia.
  • Baixa autoestima, inseguridade e dependencia excesiva das persoas adultas.
  • Amosa estados emocionais extremos, pouco adaptados ó ambiente real.
  • Responde moito mellor cando a recompensa é inmediata.
  • Ten dificultade para calmarse e controlarse cando está alterado/a emocionalmente.
  • Parece que sempre está metido/a en tódolos problemas (discusións, pelexas...).
  • Ten desinterese, desmotivación polos logros escolares.
  • Vive no presente, ignorando as consecuencias futuras dos seus comportamentos.

Medidas para a inclusión

Liña metodolóxica

  • Coordinación entre todos os axentes que participan no proceso educativo.
  • Uso dunha metodoloxía multisensorial (uso das vías visuais, auditivas, táctiles, manuais e orais).
  • Partir da curiosidade e das emocións para acadar a aprendizaxe.
  • Deseño de diferentes camiños para alcanzar a aprendizaxe.
  • Identificación das fortalezas do alumno/a para acadar o seu desenvolvemento competencial.
  • Respectar e dar valor a toda manifestación das diferenzas individuais no grupo.
  • Utilizar métodos de traballo colaborativos, onde cada alumna/o teña aspectos a aportar.
  • Preparar materiais pensando na diversidade do alumnado.
  • Fomentar a aprendizaxe con actividades da vida real do alumnado.
  • Prestar permanente e preferentemente atención ao desenvolvemento emocional do alumnado

Medidas para a inclusión

Orientacións para o alumnado

O autocoñecemento é a peza clave.

  • Coñecemento da natureza da súa dificultade específica e das súas repercusións.
  • Descubrimento e reforzamento das súas potencialidades.
  • Recoñecemento das medidas que se poñen ó seu dispor.
  • Establecemento de metas realistas e alcanzables.
  • Adquisición de estratexias para a autorregulación emocional e para a relaxación.
  • Coñecemento e uso de rutinas para aumentar a súa autonomía responsable.
  • Coñecemento do seu ritmo de aprendizaxe e do proceso que segue para aprender.
  • Planificación do seu horario de traballo, tendo en conta tempos e preferencias.
  • Uso de axenda.
  • Estudo en lugar sen distraccións e cómodo.
  • Técnicas de estudo (esquemas, imaxes, mapas conceptuais...)
  • Adestramento en técnicas para a mellora da memoria (mnemotécnicas propias).
  • Adestramento en autoinstruccións para a realización das tarefas.

Medidas para a inclusión

Orientacións para o centro educativo

  • As normas do centro deben trasladarse ó alumnado de forma clara, precisa e en positivo (dicindo o que debe facer).
  • As sanción por "esquecer o material", "interromper na clase", "non traer as tarefas" deben ter un marcado carácter recuperador, máis que sancionador.
  • Incorporar, na medida do posible, ó alumnado con TDAH á formación de alumnado mediador ou axudante.
  • Implementar estruturas na aula de axuda entre iguais.
  • Suxerir ás familias de alumnado con TDAH que participen nas escolas de familias.
  • Nomear a un titor/a persoal para o alumno/a con TDAH, co obxectivo de de seguir o seu progreso e para participar nas decisións relativas á convivencia e á inclusión do alumno/a no centro.
  • Establecer un protocolo para a recollida de información do profesorado para o seguimento dos logros acadados.

Medidas para a inclusión

Orientacións para o equipo docente (1/3). Coidado emocional

  • Harmonizar normas claras e coherentes coa empatía e o reforzo positivo.
  • Ignorar, se é posible, as chamadas de atención, ofrecéndolle cercanía e apoio cando está realizando as tarefas.
  • Utilizar a axenda para a comunicación coa familia dos aspectos positivos observados.
  • Ofrecerlle experiencias para o éxito, reforzando cada pequeno logro.
  • Permitirlle momentos para o descanso.
  • Pactar de forma privada xestos non verbais para chamadas de atención.
  • Anticiparse a situación se prevemos que pode darnos problemas.
  • Realizar entrevistas individuais para interesarnos por como se sente.
  • Favorecer as boas relacións na clase, educando ó grupo para que ignore na medida do posible os comportamentos disruptivos.
  • Distinguir entre persoa e comportamento: non é despistado/a, está despistado/a.

Medidas para a inclusión

Orientacións para o equipo docente (2/3). Aula e tarefas

  • Colocación cercana e de fácil acceso e ó carón de compañeiros/as con perfil axudante.
  • Asegurarnos de que enriba da mesa só teña o material preciso, que deberá recoller cando remate.
  • Alternar teoría e práctica.
  • Explicar de forma clara e sinxela o tema, cambiando a entoación, xesticulando, dramatizando... sen vergoña, captando a atención.
  • Segmentar as actividades longas e limitar o seu número.
  • Supervisar o proceso de execución, reforzando positivamente e reconducindo a atención ó relevante.
  • Utilizar apoios visuais nas explicacións orais.
  • Combinar actividades estimulantes con outras menos motivadoras, variando os exercicios, para que non se aburra.
  • Seleccionar as tarefas máis importantes que leva para a casa, asegurándonos de que entende o que debe facer.
  • O alumnado con TDAH ten capacidade limitada na súa memoria de traballo e escasa duración temporal. Debemos asegurar a atención, ofrecer frases curtas e claras, manter o contacto visual, permanecer cerca, focalizar a atención no importante.
  • Para as explicacións, a idea clave debe dicirse ó principio de forma clara.
  • Debemos promover o uso da axenda, como medio de comunicación coa familia e para o apoio nas estratexias executivas.
  • Podemos negociar o tempo de atención, reforzando o esforzo realizado e presentándolles tarefas interesantes e nas que poida ter éxito.
  • Debemos reforzar positivamente os comportamento adaptados, ignorando as chamadas de atención que non son moi molestas e ofrecéndolles a atención no momento que deixa ese comportamento disruptivo.
  • Podemos ensinarlle estratexias distintas para resolver un mesmo problema.
  • Levar a cabo técnicas de modificación de conduta, priorizando os reforzos e utilizando unha linguaxe positiva: "Cando remates esta tarefa terás unha menos para facer na casa" é distinto a "Se non rematas a tarefa vas levala de deberes".

Medidas para a inclusión

Orientacións para o equipo docente (3/3). Avaliación

Adaptacións metodolóxicas

  • Utilizar distintas formas e instrumentos de avaliación.
  • Deseñar exames curtos, con preguntas breves, cerradas, claras e con vocabulario sinxelo.
  • Apoiar mentres están respondendo, asegurándonos de que mantén a atención e sabe o que debe facer.
  • Complementar de forma oral os seus exames escritos.
  • Pactar a forma en que se lle presentan os exames, interesándonos pola facilidade/dificultade dos cambios feitos.
  • Deixarlle máis tempo para facer os exames.
  • Presentar o texto escrito salientando (mediante negriña) as partes máis importantes.
  • Deixar espazo entre as preguntas e supervisar a súa comprensión e execución.
  • Posibilitar a recuperación dos exames suspensos polo alumnado que o desexe.
  • Pedir que se revisen exames/traballos, antes de entregalos, escribindo a cualificación que esperan acadar nunha das marxes e ofrecendo puntuación extra para quen acerte con certo marxe pactado de erro.

Adaptacións que afectan ós contidos das preguntas

  • Preguntas de V/F ou tipo test.
  • Unir definicións con conceptos.
  • Actividades para colocar cada termo no seu lugar.
Outras adaptacións
  • Penalizar os despistes de forma xusta e ponderada.
  • Deixa a "pregunta comodín", coa que o alumno/a poida dicir o que sabe sobre ese tema.

Medidas para a inclusión

Orientacións para a familia

  • Unificar criterios educativos entre adultos. Actuar sempre do mesmo xeito.
  • Servir de coordinación entre os centros educativos e os servizos de saúde.
  • Educar na casa con base á disciplina positiva: Normas e límites claros e deixar que as consecuencias actúen sobre os comportamentos adaptados e desadaptados.
  • As normas e instrucións deben darse de forma clara e concisa e sempre en positivo, dicindo o que debe facer.
  • Débense deixar actuar ás consecuencias, para promover a autonomía responsable.
  • Coidar a linguaxe, cambiar "es" por "estás", a nosa filla, o noso fillo, encántanos, é o seu comportamento o que está sendo inapropiado para o logro no que está facendo.
  • Debemos valorar o esforzo, sobre todo cando chega cunha cualificación que lle causa malestar.
  • Debemos inscribilo/a en actividades nas que destaque e nunca poñer un castigo relacionada con elas.
  • Entender que é a súa diversidade o que fai que teña despistes, que ás veces sexa impertinente, que lle custe manter a atención na tarefa e prestar a axuda para superar, paseniño, estas dificultades.
  • Establecer tempos na casa para a comunicación e o diálogo.
  • Ensaiar en situacións de agardar a quenda, de participación en conversas, de seguimento de instrucións...
  • Participar nas escolas de familia para adquirir estratexias de disciplina positiva no ámbito familiar.