Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

OBRADOIRO ORNITOLOXÍA

ceipvirxedocamino

Created on November 1, 2021

SAÍDA Á CONTORNA PRÓXIMA

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

Ornitoloxía

OBRADOIRO

SAÍDA Á CONTORNA NATURAL

O saber non ocupa lugar...

  • Cales son as aves que podemos observar na nosa contorna?
  • Cales son as características propias dunha ave?
  • Por que son tan importantes as aves no noso ecosistema?
  • A ornitoloxía é a ciencia que estudia as aves.
  • Hai que ser coñecedores do hábitat e das características do ecosistema.
  • Identificar os diferentes tipos de aves e coñecer a súa morfoloxía.

guías e bibliografía

a importancia da lectura

Xa sabemos o necesario que é ler. Porque é fonte de pracer, pero por suposto de sabedoría e de información. Nos libros e guías podemos atopar aquelo que precisamos para aprender e complementar á observación directa e inderecta de todo o que nos rodea. E así poñer en marcha os mecanismos de acción.

Na procura das aves

redes especiais para a captura

Estas só deben ser empregadas por persoal autorizado para poder levar a cabo a captura de aves co obxectivo de observar, tomar datos, anelar e rexistrar

Normas con sentidiño común

aS AVES SON NECESARIAS

  • Nunca debemos poñer redes en árbores e lugares nas que poidan quedar atrapadas as aves.
  • Non se deben cazar e capturar aves pola nosa conta.
  • O estudo e rexistro de datos debe ser levado a cabo por persoal especialista e autorizado.

A observación

e identificación

É necesario observar e identificar a especie, e comprobar o seu estado de saúde. O tamaño e a súa madurez tamén son relevantes.Grazas a súa plumaxe podemos averiguar por exemplo si se trata dun macho ou dunha femia, e a súa idade aproximada.

Toma de datos

peso lixeiro

Para proceder a pesar ao paxaro, podemos empregar tubos realizados en cartón, cunha base escura, e colocalos cabeza abaixo. deste xeito permanecen inmóbiles e non sufren excesivo estrés. Para tomar este dato, empréganse pesos especiais.

Medidas

Con regras apropiadas debemos medir o paxaro, tanto do corpo...

...como das ás, do pico e das patas.

E anotar todas as medidas, nunha folla de datos para o seu rexistro

Anelamento

cal é a razón?

Unha vez tomados e rexistrados os datos pertientes procédese ao anelamento da ave. O cal se realiza con ferramentas e útiles axeitados ás patas dos paxaros. O anelamento é, en efecto, unha ferramenta fundamental para os científicos, en particular para coñecer a biografía, a dinámica poboacional ou a migratología das aves.

Seres vivos libres

con sumo coidado

Capturar unha ave para a súa observación, identificación e rexitro é unha tarefa que require de moita sensibilidade e destreza. Son seres vivos delicados, e por iso debemos procurar tratalos con sumo coidado e respecto.

+info

"Un paxaro pousado nunha árbore nunca ten medo de que a pola rompa, porque a súa confianza non está na pola, senón nas súas propias ás"

Dr. Camilo Cruz

Posta en liberdade

Unha vez realizado o estudo e rexistro da ave,

debemos procurar evitar causarlle excesivo estrés,

e realizar a súa solta de xeito relaxado dende a nosa propia man.

agarre firme pero sen asfixia nin presión.

colocación co lomo tumbado sobre a palma da man.

movemento suave e lixeiro da man para que a ave xire e lance a voar.

Imaxes evocadoras

VÍDEO

A fermosura das aves é sempre causa dunha sensación de equilibrio, sosego e liberdade...Por iso alumnado desfrutou moito con esta actividade, aprendendo conceptos, contidos e actitudes positivas e fundamentais para a conservación da natureza.

silencia o son de fondo para escoitar o do vídeo

Álbum

Equipo

goyo e alberto

Especialista en ornitoloxía e axente forestal, acompañaron, guiaron e ilustraron a todo o alumando e profesorado do noso centro nesta estupenda actividade ao aire libre.

+info

¡Grazas!