Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
AS FAMILIAS NO CRA DE CULLEREDO 21-22
PEPATECA
Created on October 2, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Transcript
AS FAMILIAS NA BIBLIOTECA DO CRA DE CULLEREDO
CURSO 2021-22
ESCOLA DE NAIS E PAIS
PRÉSTAMO ADULTOS
Iníciase o préstamo de adultos no CRA de Cullleredo. Ofrecémosvos 24 fondos nun catálogo, para que disfrutedes de contidos pensados para os adultos das casas e satisfacer a toda a familia.
Abrimos de novo o espazo de intercambio de coñecemento e interacción da nosa comunidade educativa, sobre aspectos que consideramos de gran interese. Este ano haberá 8 obradoiros e serán presenciais.
+info
+info
CATÁLOGO DO
PRÉSTAMO ADULTOS
PROPOSTA DE LIBROS
PETICIÓN DE FONDOS
Volver
PROPOSTA DE LIBROS
Volver
Cómo educar con firmeza y cariño
Cociñando con bolboretas no bandullo
Ciencia para niños
150 actividades para hacer sin pantallas
Manualidades para niños
El origen de las especies
El cerebro del niño
Desde entonces hasta ahora
11
Tranquilos y atentos como una rana
Creo en ti
12
10
Respira como un oso
Neurociencia para niños
14
Vivir sin plástico
16
Culleredo
15
Plasticus Maritimus
13
Vitamina N
Talleres de arte con Hervé Tullet
19
20
Un mar de plásticos
18
Juguemos a hacer yoga
17
Robots
22
Taller de reciclaje
24
Basurarte
23
Educar en valores
21
Respira
150 Actividades para hacer sin pantallas
Autora: Asia Citro Editorial: Juventud Resumo: Son máis de 150 actividades pensadas para desenvolver a creatividade e a habilidade n@s nen@s, sen ningunha pantalla á vista e cun presuposto axustado.
Volver
Ciencia para niños
Autora: Liz Lee Heinecke Editorial: Paramon Resumo: Os 52 experimentos non requiren equipamento especializado nin produtos químicos perigosos; emprégase leite, papel de aluminio, deterxente... para introducir os principios fundamentais da física, química e bioloxía.
Volver
Cociñando con bolboretas no bandullo
Autora: Diana Fernández Gómez Editorial: Xerais Resumo: Neste libro, cada receita garda unha historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita diversión.
Volver
Cómo educar con firmeza y cariño
Autora: Jane Nelsen Editorial: Medici S.L. Resumo: Unha guía para axudar ás nenas e aos nenos a ter autodisciplina, ser responsables, colaborar e saber resolver os seus problemas.
Volver
Desde entonces hasta ahora
Autores: Catherine Barr e Steve Williams Editorial: SM Resumo: Un primeiro libro sobre a evolución da vida do noso planeta, con brillantes explicacións e ilustracións para nenas e nenos.
Volver
El cerebro del niño
Autores: Catherine Barr e Steve Williams Editorial: SM Resumo: Grazas á lectura deste libro, familias e educadores, terán ao seu alcance pautas claras para entender e manexar os distintos conflitos propios das nenas e nenos en función de cada idade, así como ferramentas para resolvelos e axudar ás familias a progresar.
Volver
El origen de las especies
Autora: Sabina Radeva Editorial: Harperkids Resumo: Nesta marabillosa adaptación do célebre libro de Charles Darwin descubriredes a revolucionaria teoría que cambiou o mundo para sempre: a Evolución.
Volver
Manualidades para niños
Autora: Martha Steward Editorial: Juventud Resumo: Neste libro atoparedes 175 proxectos e actividades pensadas para que disfrutedes en familia. Poderedes crear xoguetes, experimentos sinxelos e agasallos.
Volver
Neurociencia para niños
Autor: Eric H. Chudler Editorial: Paramon Resumo: A neurociencia é unha disciplina científica en expansión; ofrécenos a oportunidade de aprender sobre nós mesmos, os demais e cómo podemos comunicarnos mellor, motivarnos e inspirarnos.
Volver
10
Respira como un oso
Autora: Kira Willey Editorial: Sirio Resumo: Descubride con estes animais do bosque 30 prácticas de respiración e movemento coas que adentrarse en mindfulness, con grandes efectos positivos.
Volver
11
Tranquilos y atentos como una rana
Autora: Eline Snel Editorial: Kairós Resumo: Cómo axudar a calmar e relaxar ás nenas e nenos? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz. Este libro ofrécenos historias e exercicios simples e breves para practicar a diario. Contén CD.
Volver
12
Creo en ti
Autora: Anna Morató García Editorial: Beascoa Resumo: Unha ferramenta que servirá para que creamos en nós mesmos, afrontando e resolvendo moitas situacións ao longo da vida.
Volver
13
Vitamina N
Autor: Richard Louv Editorial: Kalandraka Resumo: As probas indican que as experiencias en espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axuda a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica.
Volver
14
Vivir sin plástico
Autores: Patricia Reina e Fernando Gómez Editorial: Zenith Resumo: Repasa a historia do plástico e o perigo, que o seu consumo desmesurado supón, para o medioambiente. Vivir sen plástico pode parecer imposible de boas a primeiras, pero non o é... o primeiro paso é propoñérnolo. Animádesvos?
Volver
15
Plasticus maritimus
Autora: Ana Pêgo Editorial: Kalandraka Resumo: Este libro contén información sobre a relación entre o plástico e os océanos. Inclúe tamén unha guía para preparar saídas á praia e motivar ao lector para facer ese cambio.
Volver
16
Culleredo
Autores: Carlos Pereira e Xurxo Lobato Editorial: Deputación Provincial da Coruña Resumo: Neste libro podemos coñecer a vida de Culleredo. Profunda labor de investigación que descobre múltiples encantos e anécdotas que agocha cada recuncho do municipio.
Volver
17
Robots
Autora: Jenny Fretland Van Voorst Editorial: Monsa Kids Resumo: Descobre o emocionante mundo dos Robots. Desde as primeiras ferramentas creadas polos nosos antepasados, ata ao desenvolvemento da Intelixencia Artificial. Queredes saber máis?
Volver
18
Juguemos a hacer YOGA
Autores: Lorena V. Pajalunga e Anna Láng Editorial: VV Kids Resumo: Este libro, creado en colaboración coa Associazione Italiana Yoga per Bambini (AIYB), explica paso a paso 20 posturas inspiradas polos animais máis queridos.
Volver
19
Talleres de arte con Hervé Tullet
Autora: Hervé Tullet Editorial: Phaidon Resumo: Os talleres de Tullet constitúen unha guía para que os adultos dirixan estimulantes actividades artísticas concebidas para nenas e nenos de todas as idades.
Volver
20
Un mar de plásticos
Autores: Kirsti Blom e Geir Wing Gabrielsen Editorial: Takatuka Resumo: Este libro explica cómo o océano estase a converter nun vertedoiro. A boa nova é que todas as persoas podemos axudar para afrontar o problema dos residuos plásticos no mar.
Volver
21
Respira
Autora: Inés Castel-Branco Editorial: Pequeño Fragmenta Resumo: Un libro recompilatorio de exercicios ilustrados que poden axudar aos máis pequenos a tomar conciencia da súa respiración.
Volver
22
Taller de reciclaje
Autores: Marie-Laure Pham-Bouwens e Steffie Brocoli Editorial: MTM Resumo: Oito talleres creativos para fabricar bonitos obxectos a partir de material de refugallo.
Volver
23
Educar en valores
Autores: Anna Mas Estruch Editorial: Grijalbo Resumo: Un libro con propostas prácticas, consellos innovadores e recursos creativos cos que acompañar ás nenas e nenos, mentres entenden e incorporan os principais valores sociais.
Volver
24
Basurarte
Autora: Gusti Editorial: Oceano Travesia Resumo: Este libro axúdanos a enfrontar o problema do lixo e, sobre todo, invítanos a converter moitas das cousas que desbotamos en obxectos divertidos, bonitos e agradables.
Volver
PETICIÓN DE FONDOS
Gústanche algúns dos fondos propostos e queres disfrutalos na túa casa durante 18 días? É doado, prestade atención:
Cubre o formulario Rechea cos teus datos e elixe 3 libros dos ofertados nesta presentación... Dalle a enviar!
Na biblioteca ordearemos as vosas peticións. Ao longo do curso, recibiredes o fondo na vosa aula nunha bolsa de tea e cun marcapáxinas recordándovos a data de entrega.
Recordade devolvelo aos 18 días... os libros teñen que estar na escola para que outra familia os disfrute!!
Volver
ESCOLA DE NAIS E PAIS
QUE É A ESCOLA DE NAIS E PAIS?
COMO FUNCIONA E QUE OFERTA?
TEÑO INTERESE, COMO ME INSCRIBO?
Volver
ESCOLA DE NAIS E PAIS
QUE É A ESCOLA DE NAIS E PAIS?
A Escola de Nais e Pais do CRA de Culleredo nace coa necesidade de crear un espazo de intercambio de coñecemento e interacción da comunidade educativa, sobre aspectos que nós consideramos de gran interese para compartir.
Volver
ESCOLA DE NAIS E PAIS
Volver
COMO FUNCIONA E QUE OFERTA?
O funcionamento será de xeito presencial neste curso, en principio na sede do CRA, na escola de A Choeira. Un luns ao mes, cunha duración aproximada de 60 minutos, de 18 a 19 horas.
diversidAde, Diferencia, uNidade
(Marga e Juan)
A BIBLIOTECA DO CRA
(Lore e Iván)
14/02
18/10
Un obradoiro lúdico no que reflexionaremos sobre a diversidade e cómo afrontala en familia.
Obradoiro RECOMENDADO para as familias novas no centro: recursos, funcionamento, metodoloxía, actividades e papel das familias.
15/11
TEATRO EN FAMILIA
(Vero)
NUTRICIÓN SAUDABLE
(Rocío e Gonzalo)
14/03
Un obradoiro de xogos e actividades teatrais como recurso educativo.
Un obradoiro sobre alimentación familiar e cociña saudable.
XOGOS E AGARIMOS
(Guada)
XOGOS DE TABOLEIRO III
(Iván)
04/04
12/12
Un obradoiro de xogos tradicionais de colo e aloumiños na lingua materna.
Un obradoiro de recomendacións para xogar en familia.
BIBLIOTECA CREATIVA
(Raquel)
CON BOA LETRA
(Lucía e Sheila)
02/05
17/01
Un obradoiro para descubrir as diferentes linguaxes presentes na biblioteca, mediante o xogo, a investigación e o traballo colaborativo.
Un obradoiro de consellos para apoiar a iniciación á lectoescritura dende casa.
ESCOLA DE NAIS E PAIS
TEÑO INTERESE, COMO ME INSCRIBO?
Cubre o formulario Rechea cos teus datos e elixe os obradoiros nos que estás interesad@ en participar de xeito presencial... Dalle a enviar!
Recibiredes un CORREO de confirmación da vosa petición.
O día do obradoiro enviarémosvos un ABALAR MÓBIL recordatorio. Aprenderemos moito en equipo!!
Volver