Want to make creations as awesome as this one?

Actividades a redor do relato A bomba da felicidade, de Carlos Casares

Transcript

A bomba da felicidade

1. Suliña de cor verde tres inventos de Leoncio e de azul a última cousa que inventou. 2. Escribe V ou F. O último invento pensouno unha noite de verán mirando as estrelas. A xente enterouse dese invento ao chegar á casa do traballo. Na tarefa de botar a bomba, Leoncio foi axudado por unha ave. Era unha bomba inmensa da que salan músicos, rosquiñas. Nun principio a xente do lugar estaba perplexa. 3. Que consecuencias tivo a bomba? 4. Que inventarías ti para que a xente se sentira feliz? Describe o invento e as súas consecuencias.

A bomba da felicidade O Leoncio ten dúas manías: os discursos e os inventos. Sobre todo os inventos. Ata o de agora leva inventado un idioma para falar cos paxaros e as formigas e que se chama o "papapío", un canón que dispara caramelos, unha alfombra voadora e non sei que máis. Pero o domingo pasado, ao sair da misa, anunciou o seu último invento: a bomba da felicidade. -Que será iso da bomba da felicidade? -preguntábase a xente. Pois segundo o Leoncio, a bomba inventouna unha noite que durmiu nun portal pasando moito frío. Para botala terase que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba. Cando suba ben alto, tenlle que decir ao paxaro en idioma papapío: -“Paspallís pío pian pian” -que quere decir: “prepárate que imos botar a bomba”. Entón o paxaro respóndelle: -“Raspapín pau” -que quere decir: “estou preparado”. Cando diga isto, o Leoncio abre a man dereita e deixa caer a bomba que é moi pequeniña. No lugar onde estoupa, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobles, muiñeiras e demais. Chove roscos, rosquiñas e globos de cores. E, por se fora pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sinte unha gran felicidade. A galiña azul. Carlos Casares

A galiña azulCarlos CasaresPublicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do “papaio”, unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, “non é unha galiña como é debido”. (Información recollida da editorial Galaxia)

Este texto forma parte da obra A galiña azul, de Carlos Casares.