Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Funcións sintácticas na cláusula

alicia.vazquez

Created on September 14, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Learning Unit

Akihabara Learning Unit

Genial learning unit

History Learning Unit

Primary Unit Plan

Vibrant Learning Unit

Art learning unit

Transcript

as funcións sintácticasna cláusula

vémolas polo miúdo

Prof. Alicia Vázquez

ÍNDICE

O suxeito e o predicado

Os compl. cicunstanciais

O CD e o CI

O suplemento

O atributo e o predicativo

Quiz

Prof. Alicia Vázquez

O suxeito e o predicado

O suxeito indica quen realiza a acción expresada polo verbo, non necesariamente ten que ser sempre unha persoa, imos velo no exemplo proposto, e debemos diferencialo sempre, o suxeito gramatical, do suxeito lóxico.

Poñamos un exemplo, “A Brais tocoulle a lotería”: o suxeito gramatical é “a lotería” e o suxeito lóxico “ A Brais”.

O predicado é o verbo –principal- que dá sentido á cláusula. En canto á forma podemos falar de verbos e tamén de perífrases verbais.Exemplo: A cadela dorme e o can está bailando.

O suxeito e o predicado sempre teñen que concordar en número e persoa.

A cadela dorme e o can está bailando. predicado predicado

Prof. Alicia Vázquez

O suxeito e o predicado

O suxeito pode ser un substantivo, unha frasenominal, unha frase substantiva, ou mesmo un pronome. Vexámolo nuns exemplos: Ricardo é loiro; o rapaz é ben habelencioso; son suficientes pequenos xestos; el dorme comigo; E ollo! tamén sería suxeito andar unha hora ao día é moi saudable.

Poñamos un exemplo, “A Brais tocoulle a lotería”: o suxeito gramatical é “a lotería” e o suxeito lóxico “ A Brais”.

O predicado é o verbo –principal- que dá sentido á cláusula. En canto á forma podemos falar de verbos e tamén de perífrases verbais.Exemplo: A cadela dorme e o can está bailando.

A cadela dorme e o can está bailando. predicado predicado

Prof. Alicia Vázquez

Prof. Alicia Vázquez

O CD

Sempre é substituíble polo pronome átono “O”, “A”, “OS”, “AS”, para identificalo recorre ao seguinte método: pasar a secuencia a voz pasiva, onde o CD será sempre o SUXEITO PACENTE, e o suxeito da activa na pasiva será o C. AXENTE. Exemplos: María comeu mazás > María comeunas > As mazás foron comidas por María.

Quen pode desenvolver a función de CD? Pois un substantivo, unha frase nominal, unha frase substantiva, un pronome persoal átono ou outro tipo de pronomes como por exemplo os pronomes indefinidos ou os demsotrativos.Exemplos: Sara comeu mazás; Brais mercou os grelos; Xoana leuno no xornal; xa lle dixen iso á túa nai; eu xa sabía algo.

E tamén sería CD: creo que sabes a resposta.

O CD se é de persoa poderá levar a preposición “a", co cal debemos de ter moito coidado xa que con frecuencia tenderemos a confundilo co CI. Exemplo: Vexo a María > Véxoa.

Prof. Alicia Vázquez

o ci

Sempre é substituíble polo pronome átono “LLE”, LLES”. En ocasións pode aparecer duplicado na cláusula (Díxolle iso a Luís) O CI sempre será unha F.PREP pois vai introducido sempre pola preposición “a” ou “para”. E lembra que se detras da preposición vai un artigo determinado, aparecerá na cláusula coa forma contracta, ao, á, aos, ás.Vexamos un exemplo: mercoulles unhas larpeiradas aos/para os cativos.

O complemento indirecto é o destinatario da acción expresada polo verbo. Faleille sempre me remitirá a un el ou a unha ela. Por iso tendemos a especificalo reduplicando o CI na cláusula.

o atributo

Xeralmente é desenvolvido por un adxectivo, un substantivo, aínda que algunha vez pode ser que apareza na función de atributo un adverbio (el é así), ou unha F.PREP (el é de Lugo = el é lugués) O atributo só pode aparecer cos verbos copulativos (ser, estar, parecer) e ten que concordar sempre en xénero, número e persoa co suxeito. Exemplos: Eles son moi traballadores; ela está un pouco cansa; parece mentira a súa actitude..

Recapitulemos que elementos poden desenvolver a función de atributo:un substantivo, unha frase nominal, unha frase substantiva; tamén un adxectivo e unha frase adxectiva; mesmo podería darse o caso de que desenvolvese esta función unha frase preposicicional ou un adverbio, tal e como acontece nos seguintes exemplos: Nós somo do Deportivo = Nós somos deportivistas; ela é así = ela é simpática.

Prof. Alicia Vázquez

o predicativo

É un adxectivo ou un substantivo que concorda necesariamente en xénero e número ben co suxeito ben co CD, xa que me aporta máis información el. Exemplo: a botella quedou baleira. O adxectivo baleira aporta información sobre o suxeito co cal concorda en xénero e nº. Outra alternativa para identificalo é cambialo de xénero ou de número, como acontece por exemplo en: as botellas quedaron baleiras e os cadernos permaneceron gardados no armario. Vexamos agora un exemplo dun predicativo que concorde co CD: a clase elixiu a Martiño delegado, onde a Martiño é o CD e delegado é o predicativo, xa que nos aporta máis información, neste caso sobre Martiño.

Prof. Alicia Vázquez

os complementos circunstanciais

Os Complementos circunstanciais (CCM, CCL,CCT, CCF...) son sempre adverbios ou F.Prep que modifican por regra xeral ao verbo, pois contribúen a ubicar , a localizar temporalmente, a indicar o xeito en que se fai a acción indicada polo verbo. Os complementos circunstanciais máis empregados son os seguintes:

Vímola onte.Verémonos o xoves. Quedamos pola mañá na rúa. Cando saiba algo, chámote.

Farémolo así.Faino de xeito manual. Quedamos falando tranquilamente na rúa. Fixen o biscoito como me dixeras ti.

Vémola aí.Están ao lado do teu coche. Deixeino onde me dixeras.

Prof. Alicia Vázquez

o suplemento

Sempre é unha frase preposicional e aparece en estruturas nas que o verbo rexe preposición cun significado pleno. Algúns exemplos de verbos que rexen suplemento poderían ser: falar de, tratar de, confiar en , pensar en, desconfiar de, crer en, saber de… Tamén todos os verbos pronominais que levan preposción como por exemplo: namorarse de, esquecerse de, lembrarse de, alimentarse de, transformarse en, convencerse de, dedicarse a, etc.

Falamos dos problemas das redes sociais; dedícase á fontanería; esquecinme da data do teu aniversario; trataremos de solucionar a avaría; as peixes aliméntanse de plancto; o sapo transformouse nun fermoso príncipe; lémbrate de traerme o libro, por favor!; convéncete de que é así.Como podes observar nalgúns exemplos, un suplemento pode introducir unha clásusula complexa substantiva.

Prof. Alicia Vázquez

Cláusula

Cláusula

Lembra, meu!

ATO

SUX

PRED

O atributo só acompaña os verbos copulativos, que son ser, estar e parecer.

Prof. Alicia Vázquez

Prof. Alicia Vázquez

QUIZ

As funcións sintácticas

EMPEZAR

Prof. Alicia Vázquez

Pregunta 1 de 5

Un predicativo concorda sempre en xénero e número ...

Ben co suxeito ou ben co CD

Co suxeito

Co CD

CORRECTO!

Prof. Alicia Vázquez

Prof. Alicia Vázquez

Pregunta 2 de 5

Sempre concordan en xénero e número co suxeito

O atributo e o predicativo

O suplemento

O CCM

CORRECTO!

SEGUINTE

Prof. Alicia Vázquez

Prof. Alicia Vázquez

Pregunta 3 de 5

É substituíble polos pronomes persoais átonos de tercerira persoa: "o", "a", "os", "as"...

O CD

O CI

O atributo

CORRECTO!

SEGUINTE

Prof. Alicia Vázquez

Prof. Alicia Vázquez

Pregunta 4 de 5

Unha frase preposicional pode desenvolver a función de...

Suplemento e complemento circunstancial

Complemento circunstancial

CI, suplemento e complemento circunstancial

Prof. Alicia Vázquez

CORRECTO!

DERRADEIRA!

Prof. Alicia Vázquez

Pregunta 5 de 5

É substituíble polos pronomes persoais átonos de tercerira persoa "lle" e "lles"...

O CD

O CI

O suplemento

CORRECTO!

RESULTADOS

Prof. Alicia Vázquez

0 ACERTOS

1-2 ACERTOS

3-4 ACERTOS

5 ACERTOS

RESULTADOS

Prof. Alicia Vázquez