Curso 2021/2022
protocolo covid educación física
Índice
información xeral
traslados
horarios de ef
grupos colaborativos
contidos e tipos de xogos
vestimenta e neceser
instalacións e Materiais
hixiene de mans
uso da máscara
uso dos aseos
10
información xeral
Segundo o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2021/2022 (Versión do 6/07/2021), para a área de Educación Física (punto 16.5): · O uso da máscara será obrigatorio, agás que se realice no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros. Coidarase especialmente do seu uso nos ximnasios ou polideportivos pechados con ventilación reducida.· Cando se compartan materiais procurarase a súa limpeza e desinfección despois do seu uso ou a realización de hixiene de mans.
HORARIOS DE EF
Os grupos de educación infantil terán 1 sesión semanal de psicomotricidade. O alumnado de primaria, 2 sesións semanais de educación física, pero realizaranse o mesmo día para reducir número de traslados, contacto coa mestra especialista e facilitar a desinfección de material utilizado, e así minimizar os posibles riscos.
vestimenta
Para as clases de EF sempre traeremos roupa deportiva: chándal, mallas, leggings..., zapatillas de deporte e calcetíns. Este curso incorporaremos tamén a máscara.
neceser
Traeremos tamén un neceser ou riñonera (de tamaño suficiente para que colla todo o material) onde meteremos: unha botella de auga (a maiores da que utilizamos na aula), a funda da máscara que estamos a utilizar, unha máscara de reposto (coa funda correspondente), xel hidroalcohólico (śo para o alumnado de primaria), calcetíns antideslizantes (só para o alumnado de infantil) e un paquete de panos desbotables. Todo virá identificado co nome.
Este curso non se utilizarán os vestiarios, e non realizaremos cambios de camisetas nin duchas.
HIXIENE DE MANS
O lavado de mans é fundamental para evitar o contaxio, e debe durar entre 30 e 40 segundos. Tamén se pode usar o xel hidroalcohólico en caso necesario. Lavaremos as mans antes de comezar a sesión, nos baños do patio interior. Colocarémonos nas liñas marcadas e iremos entrando dous en cada baño, deixando sempre o lavabo do medio libre (só utilizaremos os dos extremos). Seguiremos as instruccións marcadas para o lavado de mans e ao rematar regresaremos ao noso sitio. Durante a sesión, se utilizamos algún material, desinfectaremos as mans con xel hidroalcohólico. Se estamos no pavillón usaremos os dispensadores de xel que hai instalados, e se estamos no exterior, usaremos o noso xel que teremos no neceser. Ao rematar a sesión volveremos a lavar as mans, de novo nos baños do patio interior e seguindo os pasos indicados anteriormente.
USO DA MÁSCARA
Uso obrigatorio da máscara para todo o alumnado de 1º a 6º de primaria, tanto nos traslados como nas actividades que non permitan un control da distancia de seguridade. Uso recomendable da máscara para o alumnado de infantil nos traslados e na realización de actividades nas que non se cumpra a distancia de seguridade, sobre todo nos espazos interiores. A máscara debe cubrir a boca, nariz e bico. É importante que se axuste á cara. Evitaremos tocala mentres a levamos posta, e para quitala farémolo polas gomas, sin tocar a parte frontal e gardarémola na súa funda. No caso de que se humedeza ou deteriore polo uso substituirémola por unha nova, e desbotaremos a usada nunha papeleira con tapa e pedal.
traslados
A mestra de EF recollerá ao alumnado na súa aula; a saída será ordenada e continua, de un en un, e gardando a distancia de seguridade. A circulación polos corredores e escaleiras será a establecida no Plan de adaptación á situación COVID-19, polo noso centro para cada aula. Ao rematar a sesión, a mestra acompañará de novo ao alumnado á súa clase, ou á fila do comedor, de ser o caso.
grupos colaborativos DE TRABALLO
GRUPO AZUL
GRUPO AMARELO
GRUPO VERDE
GRUPO VERMELLO
O alumnado do grupo estable de convivencia (grupo clase) organizarase, preferentemente, á súa vez en "grupos colaborativos de traballo", que serán dun máximo de 5 alumnos/as e que poderán realizar actividades en grupo se así se require, xogando entre sí, sen necesidade de ter que garantir a distancia de seguridade (sempre con máscara). Estes grupos terán que manter a distancia de alomenos 1,5 m. con respecto aos outros grupos colaborativos da clase. A formación destes grupos respectarase en todas as áreas e noutros momentos de convivencia como por exemplo, no comedor.
CONTIDOS E TIPOS DE XOGOS
Poderemos traballar todos os contidos como ata o de agora, só temos que cambiar a forma de xogar
- Priorizaremos os xogos individuais, respectando a distancia mínima de seguridade.
- Poderemos organizar actividades por parellas ou tríos (preferentemente que pertenzan ao mesmo grupo colaborativo), ou en pequeno grupo (grupos colaborativos de traballo, máximo 5 nenos/as).
- Moderarase a intensidade das actividades.
bloque 3
bloque 1
bloque 5
Actividade física e saúde
Contidos comúns
Habilidades motrices
bloque 6
bloque 4
bloque 2
Actividades físicas artístico expresivas
Os xogos e as activ. deportivas
O corpo: imaxe e percepción
INSTALACIÓNS E MATERIAIS
INSTALACIÓNSMinimizarase o uso do ximnasio para o alumnado de primaria, priorizando a realización da sesión ao aire libre ou no pavillón, de ser o caso. Poderemos utilizar tamén outras zonas da nosa contorna, fóra do recinto escolar (para iso precisamos as autorizacións asinadas pola familia). No pavillón haberá marcado un espacio para cada neno/a, cumprindo coa distancia de seguridade, para escoitar as explicacións e para deixar o seu neceser; se a sesión se realiza ao aire libre indicarase tamén ese espazo de seguridade. Nas sesións de psicomotricidade (Ed. Infantil) poderemos usar o ximnasio, sempre tendo en conta as medidas de hixiene e desinfección do material
MATERIAISPriorizaranse as actividades sen material ou aquelas actividades con materiais de uso individual. Cando se comparta material, antes do seu uso, desinfectaremos as mans con xel hidroalcohólico, evitaremos tocarnos a cara e ao rematar deixaremos o material no lugar establecido, desinfectando de novo as mans Ese material será desinfectado ou posto en corentena posteriormente.
uso dos aseos
Só iremos ao baño por necesidade fundamental, para evitar o cruce con outras clases.Sempre se pedirá permiso á mestra e irase de un en un.
Que baño utilizo?
Utilizaremos os baños do patio interior (só serán usados polos grupos que teñen EF ese día e coa previa desinfección por parte do persoal de limpeza)
Antes de usar o baño...
Desinfectamos as mans antes de ir ao baño co xel hidroalcohólico e ao rematar lavamos ben as mans con auga e xabón.
este protocolo poderá ir variando ao longo do curso, segundo as necesidades que podan ir xurdindo e/ou novas instrucións da consellería
Se non te atopas ben, quédate na casa!!
MoitasGRAzAS!
Cristina Rodríguez Novo Mestra de Ed. Física
Protocolo COVID EF 21-22
Cris Rodriguez
Created on September 8, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Blackboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Historical Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Memories Presentation
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Chalkboard Presentation
Explore all templates
Transcript