Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
O Meaño que queremos (PDI)
cgsumay
Created on September 7, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
PDI 2021-22
O Meaño que queremos
PRODUTO FINAL
- Páxina web
- Distintos apartados: deporte, cultura, historia, servizos, natureza, urbanismo e turismo.
- Cada sección achega un vídeo / presentación / folleto co que ofrece o concello e o que queremos que haxa a maiores.
- É sostible o concello?
- Intervencións na contorna: dinamización do Museo das Telleiras e voluntariado social.
- Envío ao Concello das propostas de mellora.
DEPORTE
- EF: relación dos espazos deportivos existentes e co que os adolescentes queren e non hai (pista de skate, por exemplo).
- EF/LINGUAS: Traballo/exposición/charla sobre deportistas de Meaño (ex alumnas xogadoras do Asmubal).
CULTURA
- LINGUAS: traballo sobre persoeiros recoñecidos pola súa arte (literatura -Herminia Fariña-, pintura, música...). Toponimia.
- MÚSICA: a historia da Banda de Meaño (recoñecementos, músicos,...). Microconcertos.
- Contacto con Asocciacións culturais:
- Asociación Árgoma Cultural (Avelino Tourís): revitalizar o patrimonio cultural; memoria histórica; teatro, danza e música; andainas e concursos de fotografía e exposicións.
- Asociación folclórica Penaguda: (Antonio Prieto, Vanesa Soutullo, María Serantes) defensa do patrimonio (cruceiros, xacementos arqueolóxicos, petróglifos, muíños) e de ben inmateriais (bailes, melodías tradicionais, contos, lendas, xogos populares, toponimia)
CULTURA Axenda 20-30
- 11.4 Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo
- Facer unha listaxe co patrimonio material e inmaterial da contorna (telleiras, castros, pazos, cruceiros, muíños, bateas; contos, refráns,...
HISTORIA
- HISTORIA: relación de obras arquitectónicas (pazos, cruceiros,...) Asociación Árgoma.
- Liña temporal / vídeo /xogos sobre a historia do concello e da zona e sobre os oficios tradicionais.
- Colaborar e dinamizar o Museo das Telleiras elaborando textos; homenaxe ao profesor José Manuel Hermida (coleccionista de niños de paxaros); propoñéndolles obradoiros de cerámica, pintado de tellas, identificación/observación de aves,...
SERVIZOS
- Sanidade: hai centro médico e farmacias? Hai pediatra? Fan gardas de noite e na fin de semana? Clínicas privadas e hospitais, están preto?
- Transporte: Está ben comunicado o concello? Que medios de transporte temos? A onde nos levan? Cantos taxis hai? Están adaptados? Hai espazo seguro para ir en biblicleta?
- VALORES ÉTICOS: voluntariado: sería interesante "obrigar" a participar en voluntariado social, poñéndonos en contacto co concello e participar na recollida, almacenamento e reparto de alimentos, por exemplo.
SERVIZOS Axenda 20-30
11.1 De aquí a 2030, asegurar o acceso de todas as persoas a vivendas e servizos básicos adecuados, seguros e accesibles e mellorar os barrios marxinais.
- Facer unha relación de casas e pisos deshabitados; valorar o prezo da vivenda; cuestionarse se é ético manter pisos só para o verán con prezos abusivos ou bnb.
- Hai unha doada asistencia sanitaria? (médicos, farmacias, fisioterapia,...). Que porcentaxe de vacinados hai no concello?
- Hai saneamento: rede de sumidoiros en todas as parroquias do concello? E auga potable? Recollida do lixo?
- Hai conexión a internet?
- Que produtos locais podo mercar?
- Que servizos ofrece o concello para mellorar a vida da cidadanía.
SERVIZOS Axenda 20-30
11.2. De aquí a 2030, proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros (1), alcanzables, accesibles e sostibles para todos e mellorar a seguridade viaria, en particular mediante a ampliación do transporte público, prestando especial atención ás necesidades das persoas en situación de vulnerabilidade, as mulleres, os nenos1, as persoas con discapacidade (2) e as persoas de idade (3).(1) Revisar que medios de transporte público pasan pola zona. A que distancia está o transporte público máis próximo? É viable ir aos sitios andando (supermercado, médico,...)? Destacar o papel das escolas e o IES da contorna. Pode vir andando ou en bici o alumnado á escola? (2) Revisar co concello a mobilidade das rúas e edificios públicos (3) Saber dos centros da contorna (residencias, centros de día, actividades, espazos públicos...)
NATUREZA
CCNN: recoñecemento a José Manuel Hermida "o rei dos niños", coleccionista de niños de paxaros (ler entrevista en http://poloventanuco.blogspot.com/2013/06/).
- Planificación de rutas de sendeirismo.
NATUREZA Axenda 20-30
11.4 Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo
- A migración de aves de paso, mareas, complexo intermareal Umia-O Grove..) e implicar ao concello na súa conservación
- Blog: http://entreelaguayelaire.blogspot.com/p/sobre-mi_45.html (posible charla no IES da biodiversidade no Umia)
- Calcular a porcentaxe de produtos reciclados; ver se os contedores son suficientes; barallar a colocación doutros máis específicos (compostaxe,...) para o cal cómpre falar co concello. Como é a calidade do aire na zona? (os ventos mareiros,...)
URBANISMO
- MATEMÁTICAS: a vivenda: porcentaxe de pisos en alugueiro. Valoración dos prezos. Son sostibles as vivendas da contorna? Teñen paneis solares, composteiras?
- IGUALDADE: Accesibilidade para persoas con minusvalías.
- PLÁSTICA: Arquitectura histórica (Pazo de Lis) e de deseño. A arquitectura familiar (hórreos) e o feísmo arquitectónico.
URBANISMO Axenda 20-30
11.7 De aquí a 2030, proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos1 seguros, inclusivos e accesibles, en particular para as mulleres e os nenos, as persoas de idade e as persoas con discapacidade.
- Facer unha recompilación de espazos públicos seguros e accesibles (dando parte ao concello daqueles que non o sexan e propoñer melloras), rutas da policía local... Pódese dar un paseo pola noite de forma tranquila e segura coa familia?
- Relación das vilas próximas con Meaño (traballo, estudos, economía, turismo...).
TURISMO
- ORATORIA: vídeos de benvida ao concello.
- LINGUAS: investigación de onde veñen os noso turistas? Por que veñen? Como queremos que sexa o turista que nos visita? (ver o folleto do concello e comparar para melloralo). Os sinais que indican como chegar aos ditintos puntos están ben situados?
- CCSS / TECNOLOXÍA: o viño e as adegas. Como se elabora o viño. Comparación de antes e agora. Rutas de adegas.
- FOTOGRAFÍA: fotos que ilustren as zonas a destacar.
DEPARTAMENTOS
OBXECTIVOS Obxectivos realistas, mellor poucos pero seguros.
PREPARACIÓN DE ACTIVIDADES Incluílas na programación relacionándoas cos estándares pero, sobre todo, por mor do COVID, coas competencias.
PROXECTO INTERDISCIPLINAR Colaborar ou participar en proxectos doutros departamentos e colgalos en Drive.
PRODUTO FINAL Proxecto(s) que contribúa(n) ao produto final xeral.
DIFUSIÓN DO PDI ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA
Entre o profesorado
Entre o alumnado
Entre a comunidade educativa
- No claustro
- Na reunión de Coordinación de Proxectos
- Nas axendas
- Nas titorías
- Nas distintas clases
- Nas redes sociais
- Nas reunións coas familias (inicio de curso)
- No Consello Escolar
- Na páxina web do centro
DIFUSIÓN DO PDI ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA
Cartelería
Biblioteca/Aula de proxectos
Centro
- Crear un cartel co tema do PDI (feito polo alumnado a poder ser).
- Colocar infografías e carteis dos distintos traballos do alumnado.
- Exposicións, en distintas zonas do centro, dos traballos xerados nos distintos proxectos.
- Achega de todo o material preciso.
- Radio, croma,...
- Lugar de traballo.
1ª FASE: SENSIBILIZACIÓN
- Charlas de persoas especialistas (sobre a historia do concello, algunha actividade económica -Anxo Angueira-, o valor ecolóxico da zona -Seobirdlife, colectivo ecoloxista do Salnés-; coñecedores da contorna -Tino Hermida "Polo ventanuco"-...), asociacións culturais ou familias. PREVISTAS: toponimia (novembro)
- Visitas a lugares, museos (Pazo de Lis, Museo das Telleiras), exposicións, etc. relevantes. [Asociación Árgoma Cultural fai rutas polo concello; tamén Piragüilla fai a ruta da auga e a pedra desde 9 euros alumno, nós podémola facer da balde e estaría ben a inicios do outono]
1º trimestre
Concretar datas
- Obradoiros de cerámica, ornitolóxicos... (Concello)
- Actividades, concursos,... atraentes para o alumnado.
- Intervencións no centro: carteis, infografías,...
2ª FASE: INVESTIGACIÓN (alumnado e profesorado)
- Competencia AMI (alfabetización mediática e informacional)
- Básica para a elaboración de traballos (por exemplo, algún aspecto da historia de Meaño, personaxes destacados, o clima da zona, a toponimia,...):
Todo o curso
- Alfabetización múltiple
- Música, vídeo, pintura,... (por exemplo, a lectura de mapas e gráficos, as cores da zona,...)
3ª FASE: RECOMPILACIÓN E DIVULGACIÓN
Cólgase o material xerado nas carpetas correspondentes de Drive
Divúlganse os traballos concretos a través de:
- páxina web do centro e do blog de biblioteca
- revista escolar
- redes sociais
- radio escolar
- paneis nos corredores do centro
2º e 3º trimestres
Creación da páxina web sobre Meaño.
DEPARTAMENTOS DE LINGUAS
DEBATES E ARGUMENTACIÓNS A vivenda e os alugueiros no Concello. Toponimia. Usar a radio escolar e o croma
CONSTELACIÓNS LECTORAS Podemos poñer libros de lectura obrigatoria aqueles que acheguen unha idea de sostibilidade ou ambientados nesta zona.
TEXTOS Elaboración de textos (fichas) sobre aspectos traballados noutras materias (historia da zona, aves,...). Enquisas,
CREACIÓN De poemas, contos, minirrelatos, diarios... centrados no concello
OUTROS RETOS E ACTIVIDADES
Convocar un concurso de fotografía.
Localizar un lugar de Meaño a través dunha foto.
Inventariar xogos populares.
Organizar un acto festivo para o final de curso con músicos, asociacións e personaxes da zona.
Organizar unha viaxe polo Concello ou a contorna.
Identificar aves que pasan aquí o inverno.
RECURSOS
- Axenda 20-30 da ONU: https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/2015/09/la-asamblea-general-adopta-la-agenda-2030-para-el-desarrollo-sostenible/
- Obxectivo 11 da axenda 20-30: https://www.agenda2030.gob.es/objetivos/objetivo11.htm
- O obxectivo 11 na infancia: https://www.unicef.org/es/unicef-y-los-objetivos-de-desarrollo-sostenible#sdg11
- Como traballar os obxectivos da axenda 20-30: https://thinkoeducation.com/blog/como-trabajar-en-clases-los-objetivos-de-desarrollo-sostenible/Gobernos locais pola sostibilidade: https://iclei.org/
- Concello de Meaño: http://www.concellodemeano.com/ga/inicio
RECURSOS
- Biodiversidade no Umia: http://entreelaguayelaire.blogspot.com/p/sobre-mi_45.html
- Club de balonmán Asmubal: https://es-la.facebook.com/balonmanoasmubal/
- Polo ventanuco: http://poloventanuco.blogspot.com/
- Bumm (Banda Unión Musical Meaño): https://bumm.gal/videos/
- Asociación Cultural Árgoma: http://asociacion-cultural-argoma.blogspot.com/
- Asociación Folclórica Panguda: https://es-es.facebook.com/culturalpenaguda/