Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
BACK TO SCHOOL - year 5 - Primary
rosafersa
Created on July 23, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Genial Calendar 2026
View
School Calendar 2026
View
January Higher Education Academic Calendar
View
School Year Calendar January
View
Academic Calendar January
View
Choice Board Flipcards
View
Comic Flipcards
Transcript
SCHOOL YEAR 2025-2026
YEAR 5 Primary
COMO TRABALLAMOS NA AULA
Describiremos persoas, animais e lugares, expresaremos gustos, sentimentos e habilidades, realizaremos proxectos, aprenderemos xogos e ditos populares, escribiremos cartas, invitacións, poemas, receitas...
METODOLOXÍA
Seguiremos os principios da LOMLOE, polo que traballaremos as destrezas orais e escritas (SPEAKING, LISTENING, READING, WRITING), potenciando a competencia dixital co uso das TICs.
Colaboraremos coa radio escolar (podcasts) e co PDI do centro; contaremos cun club de lectura e asistiremos a charlas e obradoiros con falantes nativos.
Propiciaremos situacións de aprendizaxe baseadas na vida cotiá, nas que o alumno/a sexa o centro e traballe de xeito activo, colaborativo e autónomo. Trataremos o erro como sinal de progreso e respectaremos os diferentes ritmos de aprendizaxe.
Celebraremos conmemoracións e tradicións anglosaxonas e participaremos en varias campañas británicas: Xmas Jumper Day, Red Nose Day, Postcrossing...
COMO TRABALLAMOS NA AULA
e-DIXGAL
En E-DIXGAL teremos o libro de texto e outros recursos didácticos (vídeos, xogos interactivos...), que serven de reforzo e ampliación.
Traballaremos coa plataforma E-DIXGAL da Xunta de Galicia, que é un entorno virtual de aprendizaxe, polo que non precisaremos libro de texto impreso.
Os alumnos/as enviarán e entregarán añgunhas tarefas a través desta plataforma e, ademais, poderán preguntar dúbidas.
MATERIAL DO ALUMNO
FICHAS
MATERIAL
Este curso, no canto de fichas impresas, utilizaremos un caderno dixital interactivo: LIVEWORKSHEETS - con fichas online por temas - con audios - con autocorrección - con posibilidade de repetición Deste xeito, o alumno/a é consciente do seu progreso e pode reforzar os seus puntos febles. Precisa usuario e contrasinal, que lles serán facilitados na aula.
- Ordenador - Auriculares pequenos - Caderno grande raiado - Libro de lectura (biblioteca de aula): - "Football crazy" - MacMillan - "Elephants" - MacMillan - "London"-MacMillan
AVALIACIÓN
AVALIACIÓN
PRODUCIÓNS (50%): - caderno - deberes - fichas LW - proxectos - libros de lectura
A avaliación será global, continua, individualizada e por competencias. Así, utilizaremos unha gran variedade de instrumentos e formatos, adaptados ás necesidades dos nenos/as, e contempla moitos aspectos, non só os exames:
PROBAS ORAIS (25%): - speaking tests - listening comprehension tests - presentacións orais - lectura en voz alta
ACTITUDE : - participación - atención - esforzo - interese - uso do inglés na aula - traballo en equipo
PROBAS ESCRITAS (25%): - mini tests - grammar and vocabulary tests - reading comprehension tests - writing tests
BLOGUE DE AULA
BLOGUE DE AULA
ROSENGLISH: http://rosenglish.blogspot.com
Recolle todas as actividades que se desenvolven cada día na aula, os deberes, os materiais e recursos precisos, así como as datas de exames. Todo aparece explicado detalladamente, paso por paso.
No caso de faltar a clase, poderedes seguir o que fixemos na aula a través da entrada do blog correspondente a ese día, así como consultar os deberes.
Ademais, todas as actividades complementarias que fagamos, aparecerán publicadas aquí: podcasts de radio, proxectos, PDI, fotos, charlas, presentacións ...
Tan só tedes que clicar na pestana correspondente: YEAR 5.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
READING CLUB:Durante as clases, leremos 3 libros adaptados ao nivel dos alumnos/as, 1 por trimestre. Tamén funcionará un club de lectura voluntario en horario extraescolar, BookLand, que se reúne mensualmente: o 1º venres de mes, de 16 a 17h.
CHARLAS E OBRADOIROS:Visita de falantes nativos, que nos explicarán aspectos culturais dos seus países de orixe.
RADIO ESCOLAR:Participaremos con gravacións de podcasts e un programa de radio en inglés "The Book Nook".
PROXECTOS:Daremos o noso toque "British" ao PDI do centro, e realizaremos proxectos propios: My hometown, Say and play, Chit-chat, Live it up...
ACTIVIDADES CURSO PASADO
CONTACTO
CONTACTO
- Mensaxería Abalar- Mensaxería e-Dixgal - A través to titor/a