Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

QUOKKA MOKA

atincela20

Created on July 22, 2021

Proposta didáctica realizada en torno ao libro "Quokka Moka" de Iria Misa e ilustrado por Víctor Rivas

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Genial Storytale Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

CEIP DE ATÍN-CELA

quokka moka

Autora: María Solar Ilustrador: Víctor Rivas

start

CEIP DE ATÍN-CELA

índice

Introdución

Capítulo 1

Capítulos 8 e 9

Ficha técnica

Capítulos 2 e 3

Capítulo 10 e 11

A autora

Capítulo 12 e 13

Capítulos 4 e 5

O ilustrador

Capítulos 6 e 7

Capítulo 14

Recompensas

CEIP DE ATÍN-CELA

Introdución

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar.

+ ler máis

ficha técnica

Empezaremos coñecendo os datos básicos do libro. Para iso, deberás picar en + ler máis e posteriormente cumprimentar a túa propia ficha técnica. Serás quen de topar todos os datos?

+ ler máis

a autora

CEIP DE ATÍN-CELA

Libros

Biografía

+ info

o ilustrador

CEIP DE ATÍN-CELA

Libros

Biografía

Ilustracións

Blog

recompensas classdojo

Coa lectura deste marabilloso libro e a realización das actividades, conseguirás puntos que poderás canxear por fantásticos premios. A medida que vaias gañando puntos irás cambiando de personaxe e obterás vales para canxear polos teus premios. Pica nas imaxes para obter máis información.

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULO 1

Actividade 1

Que é un quokka?

rOCO MORREU DE AMOR

Deberás averiguar as características fundamentais deste animal: - Onde habita? - Como é físicamente? - Está en perigo de extinción? - Cal é a orixe do seu nome? Le a información que atoparás nos botóns interactivos, e escribe un texto no teu caderno de como mínimo 10 liñas. Non esquezas debuxar un quokka.

KAHOOT

+ Info

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 2 e 3

Actividade 2

As lontras

  • lonTRAS E TOUPAS AMOLADAS
  • O DÍA QUE QUOKKA MOKA EXTINGUIU A SÚA ESPECIE.

"Quokka Moka sempre bebía bastante auga nun regato antes de saír, para chegar as lontras coa vexiga ben chea"

Que son as lontras? Cal é a relación que ten Moka coas lontras? Escribe un texto de como mínimo dez liñas, no que contestes a estas cuestións.

KAHOOT

+ Info

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 4 e 5

Actividade 3

  • As únicas superviventes
  • a historia do universo e do antiuniverso

O Antiuniverso

"A historia do Mundo Coñecido e do Descoñecido"

A avoa contoulle a Quokka Moka, unha fermosa historia sobre o Universo e o Antiuniverso. Conta no teu caderno esta historia, de forma resumida e utilizando as túas palabras. Non esquezas explicar porque Moka debía ir ao Antiuniverso. Atoparás toda a información, que precisas, no capítulo 5 (páxinas 43 a 53).

KAHOOT

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 6 e 7

Actividade 4

  • O REGRESO DE ROCO
  • O MUNDO DO REVÉS

O espírito de Roco

"Se fago o que teño que facer, non serei pantasma, se non o consigo, sereino para sempre"

- Que tiña que facer Roco para non converterse nunha pantasma? - Por que a avoa cría que nunca o ía conseguir? - Quen cría Roco que era o culpable da súa morte? Responde no teu caderno a estas preguntas. Máis información, no capítulo 6 (páxinas 55 a 60).

KAHOOT

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 8 e 9

Actividade 5

  • O REvés só é revés se hai dereito
  • O quokkos

Os wombat

"Un quokko parecido aos wombat"

- Que son os wombat? - Que teñen en común cos canguros e os quokkas? - Onde viven? - Como son os seus excrementos? Por que teñen esa forma? Responde no teu caderno a estas preguntas.

KAHOOT

+ Info

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 10 e 11

Actividade 6

  • O accidentado encontro con quokko moko
  • O destino de moka

Quokko Moko

"Aí está -dixo a avoa-. É Quokko Moko -e chamouno-: Quokkoooo... Mokooooo..."

Describe no teu caderno como foi o encontro entre Moka e Moko. -Que lle pasou a Quokko Moko cando lle berrou a avoa? - Que fixeron Moka e a avoa para axudar a Moko? (Ver capítulo 10, páx. 97 a 104)

KAHOOT

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 12 e 13

Actividade 7

  • a hipótese de roco
  • chegou o día

A hipótese de Roco

"Roco relatoulle a Moka que desde a chegada ao Antiuniverso viña detectando certas anormalidades"

- En que consistían esas anormalidades das que falaba Roco? Explica a súa teoría no teu caderno. (Ver capítulo 12, páx. 115 a 125)

KAHOOT

CEIP DE ATÍN-CELA

CAPÍTULOS 14

Actividade 8

  • tres meses despois

The Truman show

A película "El show de Truman", ten algúns puntos en común co libro que acabas de ler. Debes visualizala con moita atención e despois escribir no teu caderno sobre os parecidos entre o conto e o film.

CEIP DE ATÍN-CELA

Por ler o libro e facer as actividades.

GRAZAS!