REVISTA MENSUAL HORTOCOLIÑA
MAIO-XUÑO 21
+i
QUITA CENORIAS
Os nenos e nenas de 3 anos, teñen unha gran creatividade, para mostra mirade este xogo de mesa, que inventaron despois de ler a Horta de Simón
INVESTIGANDO NA HORTA En infantil antes de ir a plantar fan toda unha investigación dos produtos: cando se planta e se recolle, ... ata buscaron refráns. Moi bo traballo profes e nen@s!
O novo rocodromo do cole
Todos os nenos e nenas do cole estabamos desexando que se estreara o noso rocodromo, o día 10 de xuño. Cando xa estaba rematado, todos queríamos que tocara o timbre de educación física para probalo. Nel están os nomes das parroquias e os ríos do concello de Oroso. Por exemplo: Vilacide, Senra, Oroso, río Tambre..... É moi bonito e tamén divertido.
XOGOS POPULARES
Do Luns 14 ao Venres 18 celebramos a semana dos xogos populares no colexio, todos os alumnos puideron asistir ao salón de actos para divertirse e probar xogos novos, como: mourón das ras, solitario celta, taboleiro do gato, xogo dos castelos, labirinto cooperativo, mourón da cruz, argolas no tallo, colgadoiros de ferraduras...
XORNADA DE CONVIVENCIA CO CRA
O pasado mércores recibimos no colexio as familias e alumnado do CRA de Oroso, que se incorporarán ao centro no vindeiro curso. Primeiro xuntáronse todos no salón de actos cos nosos compañeiros de 4º de Primaria. Despois o alumnado de sexto agasallounos cun par de representacións: “A horta de Simón” e “Maruxa”. Por último fixeron unha visita polo centro, e no comedor esperáballes unha merendiña. Foi unha xornada moi agarimosa!
Obradoiros de Galiciencia
Os días 28 e 29 de Maio, os rapaces de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de participar nos obradoiros de Galiciencia: `CSI´ e `Helicóptero a Marte´.
No taller do CSI convertémonos en uns verdadeiros policías científicos investigando a desaparición dunha torta.
Para facer o taller o primeiro foi montar unha escena do crime, e logo investigamos: buscamos pegadas dactilares, analizamos sangue,...
O día seguinte participamos no taller `Helicóptero a Marte´, que está inspirado na misión Mars 2020.
Nesta fantástica actividade explicáronnos que as veces os enxeñeiros inspíranse na natureza para facer máquinas, e por iso nos propuxeron que compararamos o robot Ingenuity coas sementes (helicópteros) das árbores.
A seguinte e última proposta que nos fixo Galiciencia neste taller foi facer un helicóptero con diferentes materiais como papel, cartolina, ...
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Luns 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no que este ano dedicóuselle a Xela Arias. Para conmemorar este día no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizamos un videoclip coa canción “Meu mundo é” de Paco Nogueiras na que participamos todos os cursos do colexio. A cada clase tocoulle interpretar con xestos ou con bailes un parágrafo da canción. Encantounos a tod@s!
Cores para a esclerose
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) organizou un concurso de debuxo para conmemorar o Día Mundial contra a Esclerose Múltiple. Entre todos/as participantes dúas alumnas do noso colexio quedaron finalistas neste concurso: - Alicia Fernández Fuentes (4ºC). - María Colinas Bello (6ºA). Os debuxos de Alicia e de María formarán parte do calendario que promoverá a ACEM no vindeiro curso. Foi Raquel, a nosa xefa de estudos, quen lles fixo entrega do diploma por quedar finalistas. Felicidades!!!
Charla con Ledicia Costas
O día 29 de Maio, os nenos e nenas de 5º e de 6º de primaria tivemos unha charla con Ledicia Costas. Fixémoslle moitas preguntas interesantes. Así puidemos coñecer máis a Ledicia Costas, contounos que empezara a escribir cando era nova. Escribiu moitos contos uns deles foron A señorita Bubble, Esmeraldina, Escarlatina...Pasamos un anaco súper divertido e interesante.
A elaboración do pan
Ian, un neno de 2ºA fixo un traballo sobre o pan e a súa elaboración. Na imaxe explica moi ben a súa elaboración. 1º Recollemos o trigo. 2º Transformamos o trigo. 3º Xa temos a fariña. 4º Seguimos a receita. 5º Deixamos repousar a masa e a metemos no forno. 6º ¡Xa temos o pan! Ian é moi creativo e completou a información cunhas imaxes para facelo máis entretido e máis bonito.
A materia prima
Os nenos e nenas de 2ªA fixeron traballos sobre a materia prima son super chulos e divertidos ,con eles aprenderon moito , nesta clase non é só aprender tamén é divertirse Os iogures de Rita
1º : Poñemos un pouco de iogur en cada bote. 2º : Enchemos o bote de leite. 3º : Remexemos con coidado. 4º : Deixamos repousar os iogures 12 minutos.
5º : Despois métense na neveira e xa estan listos para comer. O ciclo da ovella : Candela fixo un traballo sobre o ciclo da ovella .Nel puxo :Como materia prima temos a ovella . 1º :A ovella quítaselle a la , despois a la levase a unha fabrica .2º: Transformase en roupa .Pero a ovella tamén da alimentos :1º: Sácaselle a leite .2º: E esa leite transformase noutros lácteos.
Os nenos de 3ºA estiveron investigando sobre as datas de caducidade e consumo preferente dos alimentos.Cantas cousas aprenderon!!!
As datas de consumo dos alimentos con 3ºA
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
A nosa lingua está de festa e no colexio levamos a cabo un montón de actividades durante todo o mes de maio:
1º, 2º e 3º aprenderon con Catoxo dunha maneira moi divertida moitas cousas sobre Xela. Encantoulles!
Fixemos un concurso de caricaturas de Xela e decoramos marcapáxinas . A gañadora da caricatura foi Adriana de 6º C, co seu debuxo elaboramos unha chapa que repartimos a toda a comunidade escolar. Parabéns Adriana!
Xela Arias,
Infantil tivo o privilexio de ter con eles a Pedro Brandariz con “Senlleiras”. Contoulles que ata agora só foron 5 as mulleres homenaxeadas no Día da Letras Galegas:Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e Mª Victoria Moreno e Xela Arias.
O alumnado de 4º participou nun obradoiro sobre Xela, que nos ofreceu a Asociación de escritores en Lingua Galega e con Andrea como guía convertíronse en poetas
5º e 6º gozou dun obradoiro organizado por Xandobela: Quen dis que é?
O NOSO HORTO
Como chegou o verán plantamos no patio unhas flores moi bonitas e coloridas estivémolas regando e coidando moito. Nesta imaxe que vedes aquí están as compañeiras de 5ºB regándoas.
Estes días estivemos plantando moitas verduras , froitase plantas aromáticas no horto. Algunhas delas son: leitugas,tomates,cenorias,ourego, xeranios, e amorodos. Todos os días imos ao horto a regar e plantar . Sempre que imos pasámolo moi ben e tamén traballamos moito.
REGUEIFANDO DE CORRELINGUA
Esta vila de Sigüeirochámanlle a dos seis ríoséche terra de troiteirose tamén de moitos fríosEsta vilaé unha vila de interéscrúzaa a ponte romanatamén o Camiño Inglés.O Día das Letras Galegashomenaxeamos a Xelamestra e tamén escritoranon hai outra coma ela
Este ano, o alumnado de sexto de primaria participou no “Regueifando de Correlingua”. O reto era facer tres coplas, que se unirán ás doutros centros, para facer unha regueifa colectiva que percorre o noso país de lado a lado. A experiencia foi moi divertida, e penso que algúns membros do alumnado de sexto teñen talento para ser regueifeiros. No lado dereito está a nosa regueifa completa.
Roteiro polo Camiño Inglés
O luns día 21 de xuño os alumnos de 5º e 6º de primaria faremos un anaco do Camiño Inglés. Este percorrido será dende Baxoia ata Sigüeiro. Durante o camiño poderemos ver a Milagreira Fonte da Santiña, un reloxo de sol que hai na antiga reitoral de Deixebre, a Ponte Ulloa no Carboeiro... Para facer esta excursión levaranos un autobús ata o punto de saída e volveremos camiñando. Estes días todos/as estamos cos dedos cruzados para que non nos chova o día da camiñata e poder disfrutala.
PRESENTACIÓN PERIÓDICO
Hortocoliña
Created on June 17, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Higher Education Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Harmony Higher Education Thesis
View
Vaporwave presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Modern Zen Presentation
Explore all templates
Transcript
REVISTA MENSUAL HORTOCOLIÑA
MAIO-XUÑO 21
+i
QUITA CENORIAS
Os nenos e nenas de 3 anos, teñen unha gran creatividade, para mostra mirade este xogo de mesa, que inventaron despois de ler a Horta de Simón
INVESTIGANDO NA HORTA En infantil antes de ir a plantar fan toda unha investigación dos produtos: cando se planta e se recolle, ... ata buscaron refráns. Moi bo traballo profes e nen@s!
O novo rocodromo do cole
Todos os nenos e nenas do cole estabamos desexando que se estreara o noso rocodromo, o día 10 de xuño. Cando xa estaba rematado, todos queríamos que tocara o timbre de educación física para probalo. Nel están os nomes das parroquias e os ríos do concello de Oroso. Por exemplo: Vilacide, Senra, Oroso, río Tambre..... É moi bonito e tamén divertido.
XOGOS POPULARES
Do Luns 14 ao Venres 18 celebramos a semana dos xogos populares no colexio, todos os alumnos puideron asistir ao salón de actos para divertirse e probar xogos novos, como: mourón das ras, solitario celta, taboleiro do gato, xogo dos castelos, labirinto cooperativo, mourón da cruz, argolas no tallo, colgadoiros de ferraduras...
XORNADA DE CONVIVENCIA CO CRA
O pasado mércores recibimos no colexio as familias e alumnado do CRA de Oroso, que se incorporarán ao centro no vindeiro curso. Primeiro xuntáronse todos no salón de actos cos nosos compañeiros de 4º de Primaria. Despois o alumnado de sexto agasallounos cun par de representacións: “A horta de Simón” e “Maruxa”. Por último fixeron unha visita polo centro, e no comedor esperáballes unha merendiña. Foi unha xornada moi agarimosa!
Obradoiros de Galiciencia
Os días 28 e 29 de Maio, os rapaces de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de participar nos obradoiros de Galiciencia: `CSI´ e `Helicóptero a Marte´. No taller do CSI convertémonos en uns verdadeiros policías científicos investigando a desaparición dunha torta. Para facer o taller o primeiro foi montar unha escena do crime, e logo investigamos: buscamos pegadas dactilares, analizamos sangue,... O día seguinte participamos no taller `Helicóptero a Marte´, que está inspirado na misión Mars 2020. Nesta fantástica actividade explicáronnos que as veces os enxeñeiros inspíranse na natureza para facer máquinas, e por iso nos propuxeron que compararamos o robot Ingenuity coas sementes (helicópteros) das árbores. A seguinte e última proposta que nos fixo Galiciencia neste taller foi facer un helicóptero con diferentes materiais como papel, cartolina, ...
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Luns 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no que este ano dedicóuselle a Xela Arias. Para conmemorar este día no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realizamos un videoclip coa canción “Meu mundo é” de Paco Nogueiras na que participamos todos os cursos do colexio. A cada clase tocoulle interpretar con xestos ou con bailes un parágrafo da canción. Encantounos a tod@s!
Cores para a esclerose
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) organizou un concurso de debuxo para conmemorar o Día Mundial contra a Esclerose Múltiple. Entre todos/as participantes dúas alumnas do noso colexio quedaron finalistas neste concurso: - Alicia Fernández Fuentes (4ºC). - María Colinas Bello (6ºA). Os debuxos de Alicia e de María formarán parte do calendario que promoverá a ACEM no vindeiro curso. Foi Raquel, a nosa xefa de estudos, quen lles fixo entrega do diploma por quedar finalistas. Felicidades!!!
Charla con Ledicia Costas
O día 29 de Maio, os nenos e nenas de 5º e de 6º de primaria tivemos unha charla con Ledicia Costas. Fixémoslle moitas preguntas interesantes. Así puidemos coñecer máis a Ledicia Costas, contounos que empezara a escribir cando era nova. Escribiu moitos contos uns deles foron A señorita Bubble, Esmeraldina, Escarlatina...Pasamos un anaco súper divertido e interesante.
A elaboración do pan
Ian, un neno de 2ºA fixo un traballo sobre o pan e a súa elaboración. Na imaxe explica moi ben a súa elaboración. 1º Recollemos o trigo. 2º Transformamos o trigo. 3º Xa temos a fariña. 4º Seguimos a receita. 5º Deixamos repousar a masa e a metemos no forno. 6º ¡Xa temos o pan! Ian é moi creativo e completou a información cunhas imaxes para facelo máis entretido e máis bonito.
A materia prima
Os nenos e nenas de 2ªA fixeron traballos sobre a materia prima son super chulos e divertidos ,con eles aprenderon moito , nesta clase non é só aprender tamén é divertirse Os iogures de Rita 1º : Poñemos un pouco de iogur en cada bote. 2º : Enchemos o bote de leite. 3º : Remexemos con coidado. 4º : Deixamos repousar os iogures 12 minutos.