Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ENGLISH IN SUMMER - YEAR 6
rosafersa
Created on June 13, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
Transcript
ENGLISH IN SUMMER - YEAR 6
How to reinforce your English during the summer holidays
ÍNDICE
LiveWorksheets
Summer books
Introduction
Blog
e-Dixgal
Magazines
Songs
Films - TV
Readings
Travelling
12
SummerCamps
11
10
Penpals
Conclusion
14
Enjoy
15
Web pages
13
1. INTRODUCTION
Durante o verán, é aconsellable que sigas en contacto coa lingua inglesa para reforzar o aprendido.. E podes facelo de xeito ameno e divertido. Velaquí tes algunha suxestións:
2. LIVEWORKSHEETS
- Dispos de varios cadernos con fichas en LiveWorksheets. Podes volver a facer todas as que queiras. Lembra entrar co teu usuario e contrasinal, a mesma que usaches durante o curso.
3. SUMMER BOOKS
- Existen moitos libros de vacacións á venda no mercado.
- Escolle calquera que sexa de 6º de Primaria, pero procura que teña audios (listenings) e exercicios interactivos.
4. E- DIXGAL
- Tamén podes entrar en e-Dixgal e completar as actividades propostas en cada tema.
- Podes acceder desde AQUÍ.
5. BLOG: rosenglish.blogspot.com
- No blogue de aula hai multitude de actividades, xogos, vídeos, historias, ..., que fomos facendo durante o curso. Anímate a repetilos!
- Podes acceder desde aquí.
6. MAGAZINES
- Existe unha revista feita específicamente para estudantes de inglés, pero só se consegue por suscripción ou na biblioteca municipal.
- Ten 2 versións:
7. READINGS
- Dispós de máis títulos da colección de MacMillan Children´s Readers para 6º de Primaria, á parte dos que lemos este curso. Podes velos aquí.
- Tamén podes ler e-readers nesta páxina de Black Cat. Busca os títulos de nivel A1 ou A2. Moi recomendable "The new Atlantis". Clica aquí.
8. FILMS AND TV
- Tamén é aconsellable que vexas películas, debuxos e series da televisión en versión orixinal. Simplemente cambia as opcións de idioma da túa TV.
- Outra opción é sintonizar a BBC inglesa ou a CNN americana.
- Tamén podes ver as películas que teñas en DVD, pero en inglés.
9. SONGS
- Aprender as letras das cancións de moda en inglés é outra maneira divertida de aprender: intenta entender o que di buscando no dicionario as palabras que non coñezas, e canta e volve a cantar ata que a aprendas toda.
- Podes facer unha proba con 3 cancións que hai nesta páxina.
10. PENPALS
- Apréndese moito escribindo a outros rapaces/as de distintas partes do mundo en inglés (penpals).
- Podes atopar páxinas en internet para atopar penfriends.
11. SUMMER CAMPS
- Aproveitade a oferta de campamentos en inglés: xogades, divertídevos e aprendedes inglés.
- Tamén hai cursos no estranxeiro!
12. TRAVELLING
- E se podes ir de vacacións a un país de fala inglesa… moito mellor!
- Aquí tes un enlace a FAMILY TRAVELLER, que recomenda lugares para visitar no Reino Unido.
- INMERSIÓN TOTAL!!!
13. WEB PAGES
- Hai moitas páxinas en Internet para practicar inglés.
- As máis recomendables son as do Bristish Council, ás que podedes acceder desde aquí:
13. WEB PAGES
- Hai moitas páxinas en Internet para practicar inglés.
- As máis recomendables son as do Bristish Council, ás que podedes acceder desde aquí:
14. CONCLUSION
Lembra que a compra de calquera dos títulos aquí recomendados é totalmente voluntaria e que o que traballamos durante este ano na clase é suficiente para que empeces o curso vindeiro cun bo nivel. Sen embargo, é aconsellable que sigas en contacto coa lingua inglesa, xa que é un idioma moi diferente ao noso.
Tampouco esquezas que o verán é tempo de relaxación e disfrute, así que… divírtete moito!!! See you soon!!! HAPPY SUMMER!!!
It is not goodbye, it´s see you later!!!