Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

21 Días co Galego e Máis

M.COMPOSTELA

Created on June 11, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Dossier

Essential Business Proposal

Essential One Pager

Akihabara Dossier

Akihabara Marketing Proposal

Akihabara One Pager

Vertical Genial One Pager

Transcript

PIE

2020-2021

colexio "A Inmaculada"-Lugo

21 Días co Galego e Máis

PIE

índice

Justificación

Objetivos

Equipo docente

Planificación

Áreas implicadas

10

Bibliografía/Webgrafía

Evaluación

Difusión

Vídeo

Galería de fotos

Colegio:

21 Días co Galego e Máis

PIE

Equipo docente coordinador

Nuria Felpeto GonzálezXXEE Secundaria (Coordinadora "Contigo")

Marcos Rodríguez Vázquez

Manuel Barreiro Díaz (Coordinador "21 Días co Galego e Máis")

Marcos Machado Regueira

Director

XXEE Primaria

Miguel Basanta Bal

Miguel Basanta Bal

Paula Prado Gesto

Yésica Pico Castosa(Coordinadora "Equipo de Solidariedade")

Natalia Rodríguez Ulla(Coordinadora "Equipo Biblioteca")

Coordinador "Equipo EAL"

Coordinador "Equipo TIC"

Coordinadora "Equipo de comunicación"

Colexio "A Inmaculada" Lugo

21 Días co Galego e Máis

PIE

Profesorado participanteAPS-Primaria

Susana Casanova Pin

Alejandro Rodríguez Díaz

Miguel Basanta Bal

Yésica Pico Castosa

Sarai Ferreira Couto

Ciencias Sociais Ciencias Naturais Lingua Galega e Literatura 6º PRIMARIA

Ciencias SociaisCiencias Naturais Lingua Galega e Literatura 6º PRIMARIA

Ciencias da NaturezaLingua Galega e Literatura Plástica 3º PRIMARIA

Ciencias Sociais Lingua Galega e Literatura 4º PRIMARIA

Ciencias SociaisLingua Galega e Literatura 4º PRIMARIA

Colexio "A Inmaculada" Lugo

21 Días co Galego e Máis

PIE

Equipos docentes relevantes

Manuel Barreiro Díaz (Coordinador Equipo EDL)

Yésica Pico Castosa(Membro Equipo EDL Infantil)

Pilar Tosar(Membro Equipo EDL Primara)

Nuria Felpeto González(Membro Equipo EDL ESO)

Lucía Díaz Blanco

Natalaia Rodríguez Ulla(Coordinadora "Equipo Biblioteca")

Susana Casanova Pin

(Membro Equipo de Biblioteca)

(Membro Equipo de Biblioteca)

Colexio "A Inmaculada" Lugo

21 Días co Galego e Máis

PIE

Profesorado participante APS-Secundaria

Manuel Barreiro Díaz

Marta López Mazoy

Anabel Saulo Vila

Silvia Fernández Abad

Lingua Galega ESO..

Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO

Lingua Galega 1º ESO

Lingua Galega ESO

Juncal Carreira López

Miguel Ángel Fernández García

Ruth Núñez Ares

Cristina Díaz Valdés

Xeografía e Historia 3º ESO

Plástia 3º ESO

Música 3º ESO

Paisaxe e Sostenibilidade2º ESO

Colexio "A Inmaculada" Lugo

21 Días co Galego e Máis

PIE

Profesorado participante APS-Secundaria

Alejandro Pérez Rodríguez

Cristina Pena Fernández

Nuria Felpeto González

Economia4º ESO

Cultura Científica4º ESO

Bioloxía e Xeoloxía4º ESO

Belén de Vivero Díaz

Lingua Inglesa ESO

Colexio "A Inmaculada"-Lugo

21 Días co Galego e Máis

PIE

Profesorado participante Actividades non curriculares

Paula Prado Gesto

PPatricia Rivera Lorenzo

Natalia Rodríguez Ulla

Colexio "A Inmaculada"-Lugo

PIE

Xustificación

O Colexio Maristas A Inmaculada foi escollido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, como centro pioneiro do ensino concertado para realizar a actividade "21 días co galego e máis". Ademais, na etapa de primaria, foi centro experimental de toda a CCAA. A actividade temporalízase desde o 22 de febreiro ata o 16 de marzo. Os cursos implicados son 3º, 5º e 6º de primaria e toda a secundaria. Xunto co noso centro, participan outros nove da CCAA. Tendo especial relevancia o IES Perdouro de Burela co que se establecen vínculos de colaboración intercolexial. A actividade ten uns obxectivos comúns para todos os participantes, que se comentarán no seguinte apartado, e unhas canles de difusión e publicidade propias. Este é un punto forte porque, ademais das canles de difusión propias do colexio, o centro puido aproveitarse das institucionais para acadar unhas cotas publicitarias a nivel galego que doutra forma non tería conseguido.

21 Días co Galego e mais

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

Contextualizada a actividade, cómpre agora xustificar o Proxecto de Aprendizaxe e Servizo elaborado polo centro para os "21 Días co Galego e Máis". O enfoque que se lle dá á APS para esta actividade é exclusivo de "A Inmaculada", polo tanto, vese que é un Proxecto de Innovación Educativa. Toda a APS xira en torno ao fomento e ao emprego oral da lingua galega que implica a profesorado, alumnado, PAS e familias. Nela participan 19 profesores, 364 alumnos e 10 materias distintas. O día 21 de outubro o profesorado recibe unha formación online por parte dos organizadores da actividade. A partir deste momento comeza o deseño da APS para tela disposta para o 22 de febreiro Niveis de actuación: A nivel de centro, realízase un vídeo no que se destacan aspectos fortes do noso colexio: "Contigo" e a "Solidariedade" A nivel de biblioteca, nace a sección de divulgación "Letras novas lucenses en directo" na que se prentende dar a coñecer a obra dos escritores lucenses máis novos. Contamos con autores que cultiven os tres xéneros literarios. Nesta primeira edcción colaboraron Antía Yáñez, Luís Valle, Rubén Pérez e Olga Novo. Destes catro realízase un vídeo de divulgación

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

Contextualizada a actividade, cómpre agora xustificar o Proxecto de Aprendizaxe e Servizo elaborado polo centro para os "21 Días co Galego e Máis". O enfoque que se lle dá á APS para esta actividade é exclusivo de "A Inmaculada", polo tanto, vese que é un Proxecto de Innovación Educativa. Toda a APS xira en torno ao fomento e ao emprego oral da lingua galega que implica a profesorado, alumnado, PAS e familias. Nela participan 19 profesores, 364 alumnos e 10 materias distintas. O día 21 de outubro o profesorado recibe unha formación online por parte dos organizadores da actividade. A partir deste momento comeza o deseño da APS para tela disposta para o 22 de febreiro Niveis de actuación: A nivel de centro, realízase un vídeo no que se destacan aspectos fortes do noso colexio: "Contigo" e a "Solidariedade" A nivel de biblioteca, nace a sección de divulgación "Letras novas lucenses en directo" na que se prentende dar a coñecer a obra dos escritores lucenses máis novos. Contamos con autores que cultiven os tres xéneros literarios. Nesta primeira edcción colaboraron Antía Yáñez, Luís Valle, Rubén Pérez e Olga Novo. Destes catro realízase un vídeo de divulgación

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

A nivel de ANPA, grávase un vídeo no que as familias da asociación animan ao resto a empregar a Lingua Galega nos fogares, creando espazos de uso complementarios aos do centro. A nivel de profesorado, deseñánse tarefas para potenciar o emprego da Lingua Galega na aula, nas materias que teñen esta como lingua vehicular. Ademais, a materia de Lingua Inglesa vai empregar o galego como lingua de referencia. Tamén houbo profesores, que imparten materias que teñen como lingua vehicular o castelán, que se involucraron emrpregando o galego nos recreos e nos espazos extracurriculares. A nivel de PAS, algúns traballadores do centro tamén empregaron a Lingua Galega nestas datas nas súas relacións administrativas e de servizo. A nivel do alumnado, amais de realizar as tarefas deseñadas para as materias, fixeron tres reflexións guiadas e gravadas (ao inicio, no medio e ao final) nas que expuxeron: expectativas, inquedanzas, compromisos, valoracións... Os que o desexaron tamén crearon espazos de uso nos momentos de lecer, cos amigos, e no ámbito familiar.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

A nivel administrativo que foramos seleccionados permitiunos poder difundir moito mellor o proxecto e a APS nos medios de comunicación locais, autonómicos e nas RRSS. Disto falaremos no apartado difusión. "Os 21 Días co Galego e Máis" deseñados desde o centro, é unha APS, porque nela o alumnado comparte saberes (a lingua galega) e sensibiliza á poboación a que empregue dita lingua. Como xa se indicou, o alumnado compartiu experiencias de uso da lingua galega, non só na aula, senón tamén en contextos de ocio colexial e extraescolar. As/os alumnas/os foron axentes dinamizadores non só nos espazos colexiais, tamén nos extracolexiais, nas súas relacións sociais e familiares. Cómpre engadir que houbo tarefas de alumnos da ESO que serviron de referencia para o alumando de Primaria. Tómese como exemplo "21 rimas en galego" ou "fabulando". Os audios creados por estes alumnos foron escoitados en 5º de Primaria para facer outras tarefas semellantes. Non foi posible realizar o Servizo de forma presencial pola situación do COVID 19, pero si foron útiles as publicacións feitas nas RRSS para executalo. Outra xustificación para consideralo unha APS é que, grazas ás RRSS, os outros centros participantes e seguidores puideron ser coñecedores das nosas tarefas coas que sensibilizabamos ao emprego da lingua, coas que compartiamos saberes e manifestacións artísticas.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

En conclusión é unha APS que anima á participación cidadá, que apoia a formación do alumnado e doutros sectores da sociedade e incluso promove o intercambio xeneracional de experiencias, sendo os avós e os pais transmisores dun patrimonio inmaterial como é unha lingua. GIER tamén ten cabida nesta APS. Segundo o Marco de Espiritualidade, os tres primeiros obxectivos cúmprense aquí: 1.‐ Promover que los niños y jóvenes de nuestros colegios desarrollen sus capacidades en plenitud y crezcan integralmente como personas. 2.‐ Crear ambientes escolares y extraescolares que favorezcan el crecimiento del ser, el desarrollo pleno de la persona y la maduración en todas las dimensiones. 3.‐Ayudar al desarrollo de capacidades y habilidades para la conexión con el mundo interior: escucha, silencio, contemplación, presencia, consciencia, oración… As experiencias de dito Marco que están presentes en moitas das tarefas deseñadas son as seguintes: a visualización, o diálogo, as creacións e manifestacións artísticas, o deleite musical, o exercicio da solidariedade e a relectura de experiencias.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

Do mesmo xeito, segundo o citado Marco, as materias implicadas nesta APS, de Lingua e Literatura, de Música, de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, de Ciencias Sociais, de Ciencias Naturais, e de Educación Plástica contribúen ao desenvolvemento da competencia espiritual. Non se cita aquí como contribúe cada materia, porque sería moi extenso. Na bibliografía xa se enlaza o Marco de Espirtualidade. Só se pretende recordar a vinculación dunha lingua coa espiritualidade a través desta cita: "Desde el aprendizaje de una lengua determinada se adquieren habilidades y destrezas para la convivencia, el respeto y el entendimiento entre las personas, todos ellos valores evangélicos" (páx. 69). A conciencia eco-social traballouse en dúas momentos cos alumnos de 2º da ESO. Na tarefa "fabulando" a partir dos animais e dos paxaros na obra de os soños na gaiola de Manuel María, a partir deles crearon fábulas onde puideron manifestar o sentimento de coidar a fauna. E na tarefa "A lingua das árbores". Esta actividade permitiu poñerlles nome e identificar as principais especies de árbores da nosa contorna. Tamén serviu para coñecer e valorar o papel das árbores da cidade. Recoñecemos as árbores autóctonas e o problema das especies invasoras.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Xustificación

Tamén se traballou na tarefa de 6º de Primaria "Animais en perigo de extinción". Con esta tarefa o alumnado puido ser consciente de uq animais están a piques de desaparecer do noso planeta e das medidas que se deben tomar para protexelos. En definitiva, estamos ante unha APS moi ampla que ten como elemento vinculante valorar e potenciar o emprego da Lingua Galega, na que está implicada boa parte da comunidade educativa marista de Lugo e que presta un servizo de retroalimentación á mesma comunidade e a todo o sector educativo e social da CCAA galega.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

PIE

Objetivos

Esta APS ten 4 grandes obxectivos comúns. Logo cada tarefa ten os seus específicos. que se concretan nos estándares de aprendizaxe

Aumentar e perfeccionar o emprego oral da lingua galega.

Realizar un estudo sociolingüístico.

21 Días co Galego e Máis

Reflexionar sobre a relación persoal de cada un co galego,

Achegarse á cultura galega actual

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

Áreas implicadas ESO

PIE

21 Días co Galego e Máis

Xeografía e Historia

Bioloxía e Xeoloxía

Lingua Galega e Literatura

Marta López (1º ESO) Anabel Saulo (!º, 2º, 3º ESO) Manuel Barreiro (!º, 2º, 3º, 4º ESO)

Silvia Fernández (1º ESO)Nuria Felpeto (4º ESO)

Juncal Carreira (2º ESO)

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Áreas implicadas ESO

21 Días co Galego e Máis

Música

Paisaxe e sustentabilidade

Plástica

Cristina Díaz (3º ESO)

Ruth Núñez (3º ESO)

Miguel Ángel Fernández (2º ESO)

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Áreas implicadas ESO

21 Días co Galego e Máis

Economía

Lingua Inglesa

Cultura Científica

Belén de Vivero (1º, 2º, 3º, 4º ESO)

Alejandro Pérez (4º ESO)

Cristina Pena (4º ESO)

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Áreas implicadas Primaria

21 Días co Galego e Máis

Lingua Galega

Ciencias Naturais

Sarai Ferreira (3º P)Miguel Basanta (5º P) Alejandro Rodríguez (5º P)Susana Casanova (6º P) Yésica Pico (6ª P)

Sarai Ferreira (3º P)Susana Casanova (6º P) Yésica Pico (6ª P)

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Áreas implicadas Primaria

21 Días co Galego e Máis

Ciencias Sociais

Plástica

Miguel Basanta (5º P) Alejandro Rodríguez (5º P)Susana Casanova (6º P) Yésica Pico (6ª P)

Sarai Ferreira (3º P)

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

Planificación / Programación

21 Días co Galego e Máis

Enlace al canvas de planificación del proyecto

PIE

Avaliación do proxecto

A avaliación do proxecto é bastante satisfactoria. Tanto o alumnado, nas súas reflexións, como o profesorado, nas súas achegas valórana positivamente. A media nunha escala de 1 a 10 está sobre o 8. En canto á presenza do centro nos medios de comunicación, esta foi moi salientable. Estivemos presentes no programa de "Galicia por diante" da RTVG en dúas ocasións, no de "Hoy por hoy Lugo da Cadena Ser e en "Proxecto Neo" radio escolar do IES Perdouro de Burela nunha ocasión. Estas intervencións foron moi valoradas polo alumando participante, así como o feito de escoitar as intervencións dos outros centros participantes nos 21 Días. A colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua co resto dos equipos do centro é outro aspecto a destacar moi positivamente. Da interacción co Equipo da Biblioteca saíu a iniciativa "Letras novas lucenses en directo" que queremos darlle continuidade. Da coordinación co Equipo de Comunicación sae a difusión de toda a APS nas RRSS e de todas as actividades que a acompañaron. Para elo, decidiuse crear unha canle para a publicación das tarefas de comunicación oral tanto en Youtube como en Ivoox chamada "IApprendoParolando". Esta inciativa tamén a queremos continuar.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Avaliación do proxecto

A coordinación co Equipo TIC á hora de realizar as videoconferencias cos integrantes de #Dígochoeu, e os actos de inauguración e clausura, tanto oficiais como colexiais foi fundamental. Todo isto se desenvolveu por Meet ou polas plataformas propias da administración. Cómpre destacar que nas actividades desenvolvidas por Meet a comunicación foi moi boa, mentres que cando dependemos da xestión da administración tivemos problemas.A coordinación co Equipo EAL e Equipo TIC para ver o material que se poderia precisar para desenvolver toda a actividade tamén foi esencial. Para elo precisouse mercar un altofalante móbil, tres móbiles para axilizar as gravacións de vídeo e audio, e trípodes. Esta colaboración foi esencial e moi positiva.. A cooperación coa coordinadora de Contigo e co Equipo de Solidariedade para deseñar o vídeo de centro e a súa produción tamén foi excelente. Era a imaxe que queriamos proxectar do centro e fíxose unha valoración moi positiva.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Avaliación do proxecto

Xa no aspecto curricular, a coordinación cos XXEE da ESO e de Primaria, así como cos distintos profesores das materias tamén foi un punto forte. Recollo algunhas das achegas positivas feitas polos profesores respecto da APS: "Os rapaces puxeron en valor o bo facer da Ciencia en Galicia e fixeron un esforzo por empregar o Galego cando na maioría dos casos non é a súa lingua habitual" (Silvia Ferreira) "Xa que esta materia se imparte en galego de xeito habitual, o proxecto “21 días” permitiu tomar consciencia do emprego da lingua galega, que é un patrimonio do que gozamos". (Juncal Carreira.) "Interese por mostrar dun xeito creativo e visual a vida dos artistas. Resultados moi satisfactorios." (Ruth Núñez) "Implicación e motivación do alumnado no traballo. Creatividade dalgúns alumnos e alumnas á hora de facer a montaxe do vídeo.I nterese pola achega de informaciónd e fontes fiables". (Nuria Felpeto e Cristina Pena)

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Avaliación do proxecto

"Implicación e motivación ao tratarse de un traballo coas redes sociais que eles usan diariamente" (Alejandro Pérez) "A creatividade dos nenos e nenas" (Sarai Ferreira). "Interese que mostraron os alumnos na búsqueda de información e de recursos tecnolóxicos na gravación dos seus proxectos.". (Susana Casanova e Yesica Pico) Como podemos observar, ao tratarse de actividades distintas, que tiveron unha gran repercusión nas RRSS e para as cales o alumnado precisa de soporte TIC, fixo que a motivación aumentase considerablemente. Tamén se observou que había maior entusiasmo no alumnado máis novo. Estámonos a referir ao de primaria. Os da ESO, sobre todo os de 3º e 4º, debido á adolescencia, estiveron algo menos implicados. Outro aspecto positivo foi que o alumnado de 6º de P puido asistir online á inauguración oficial, na que espuxeron as súas espectativas do proxecto, e os de 5º, á clausura, na que se fixo unha valoración do mesmo

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Avaliación do proxecto

En ditos actos estiveron presentes a coordinadora dos 21 Días, Pilar Ponte; o presidente da RAG, Víctor Freixanes e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Isto foi un incentivo forte de motivación para estes cursos. Outro factor que subía a autoestima do alumando era a participación nos vídeos de centro e da biblioteca, así como nas diferentes intervencións nas canles de radio. Por todo isto, valórase positivamente a participación nesta actividade e o deseño da APS. Pódese escoitar unha avaliación do proxecto feita por un alumno no enlace da última das tarefas da progamación titulada “Gravacións valoración 21 Días” En canto ás ferramentas de avaliación auténtica feita ao alumnado enlázase aquí un arquivo no que se recollen varias rúbricas empregadas nas distintas tarefas.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Avaliación do proxecto

Propostas de mellora.

Ao ser unha APS ampla que abrangue a moito alumnado e profesorado e dada a situación sanitaria na que nos atopamos, tamén ten varios puntos de mellora:Realizar os actos de inauguración e clausura en formato presencial, non online. Realizar o proxecto, pero non concentralo en 21 días. Isto fixo que se condensarán moitas tarefas en pouco tempo e supuxo certos agobios á hora de corrixir e incluso para o alumnado. A maioría do alumnado manifesta que non lle importaría alargar o proxecto. Limitar o proxecto máis ao curricular e non tanto á difusión nos medios. Isto é importante, pero supuxo unha sobrecarga de traballo que ou se xestiona doutra forma ou parece inasumible. Realizar as tarefas en cooperativo. Se as condicións sanitarias o permiten, o proxecto gañará moito en interacción. pois a lingua aprendese en cooperación con outros axentes e neste aspecto o traballo cooperativo é fundamental. Vincular as actividades curriculares con actividades complementarias no exterior ou con outros colexios.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

Avaliación do proxecto

Propostas de mellora.

Ter máis tempo para poder practicar as exposicións orais e así mellorar a corrección no emprego da lingua e a comunicación non verbal e xestual. Inentar traer un escritor lucense para compartir unha experiencia co alumnado. Mellorar a motivación que se pode facer cara ó alumnado para que sexa consciente e aproveite os espazos de uso creados para practicar a Lingua Galega.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

GALERÍA DE FOTOS

21 Días co Galego e Máis

Escribindo o poema "Que quero ser..." 2º ESO

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

GALERÍA DE FOTOS

21 Días co Galego e Máis

Entrevista dunha alumna a unha empresaria de Lugo 3º ESO

Redactando as preguntas dunha entrevista 3º ESO

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

GALERÍA DE FOTOS

21 Días co Galego e Máis

Alumna realizando recensión de Os dous de sempre 3º ESO

Videopoema de Os soños na gaiola 2º ESO

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

GALERÍA DE FOTOS

21 Días co Galego e Máis

Tarefa "Demóstrocho eu" 4º ESO

Tarefa "Arte galega nun minuto" 3º ESO

Tarefa "O animal imaxinario" 3º P

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

GALERÍA DE FOTOS

21 Días co Galego e Máis

Actuación musical "Acto de clausura"

Investigando "animais en perigo de extinción" 6º P

Conta o teu conto" 5º P

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

DIFUSIÓN

Como xa indicamos na xustificación que foramos seleccionados pola administración para participar nos 21 Días permitiunos poder difundir moito mellor o proxecto e a APS nos medios de comunicación locais, autonómicos e nas RRSS. Tivemos acceso a actos que doutra forma non sería posible. Asistimos aos actos de inauguración e clausura oficiais a nivel galego. Só acudimos dous centros a cada acto e o noso colexio estivo nos dous. A administración estaba interesada nas nosas actividades e nas nosas valoracións por ser centro experimental en primaria. Tivemos dúas intervencións no programa "Galicia por diante" da RTVG. Asistimos a unha videoconferencia para todo o alumnado cos integrantes do programa da RTVG "Dígocho eu". A nivel local intervimos no programa "Hoy por hoy Lugo" da cadena Ser e na canle de radio escolar "Proxecto Neo" do IES Perdouro de Burela. Estaba proxectado asistir a unha videoconferencia co foro económico Peinador, pero foi suspendida por causas de saúde. Ademais disto, moitas actuacións e varias tarefas da APS foron foron publicadas no blogue dos 21 Días co Galego e Máis e nas súas RRSS. Os centros participantes tamén rechiaban e compartían as nosas publicacións e nós as deles.

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

DIFUSIÓN

Desde o centro, o Equipo de Comunicación tamén deu difusión de todas as actividades e tarefas a través das redes sociais Twitter, Facebook, Instagram, Youtube e Ivoox. Acompañounos neste labor o Equipo da Biblioteca publicando algunhas actividades en TikTok. Como este é unha APS que ten como obxectivo potenciar a lingua oral, a maioría das evidencias están recollidas en audio ou en vídeo. Nas tarefas da APS xa se enlazou a difusión de cada unha delas, polo tanto agora enlazamos o resto da difusión que foi relevante. Como este espazo é limitado, insertouse aquí debaixo unha imaxe que nos leva a un arquivo no que se clasifican os enlaces á difusión das actividades máis salientables dos 21 Días co Galego e Máis

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

DIFUSIÓN

A continuación insértanse algunhas imaxes a modo de exemplo, pero non son o máis salientable da APS. Como xa se comentou, o destacable son os audios e o vídeos

21 Días co Galego e Máis

Intervención en Radio Lugo

Colexios participantes

Colexio "A Inmaculada" Lugo

DIFUSIÓN

21 Días co Galego e Máis

Acto de inauguración oficial.. O presidente da RAG en pantalla

Gravación do vídeo para anunciar a nosa participación

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

DIFUSIÓN

21 Días co Galego e Máis

Anunciando o inicio

Profesores animando o día da inauguración

Videoconferencia cos integrantes de Dígocho eu

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

DIFUSIÓN

21 Días co Galego e Máis

Intervención en Proxecto Neo

Intervención en Galicia por diante na RTVG

Chío sobre a participación da ANPA

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

Vídeo

PIE

21 Días co Galego e Máis

Colexio: "A Inmaculada" Lugo

PIE

BIBLIOGRAFÍA / WEBGRAFÍA

21 Días co Galego e Máis

  • 21 Días co Galego e Máis (15 de xuño de 2021) https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/
  • 21 Días co Galego e Máis (15 de xuño de 2021). Recursos. https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/recursos/
  • Marco de espiritualidad Provincia Marista Compostela (15 de xuño de 2021) https://mc011.intranet.lciberica.es/gier/Documentos/GIER%20Marco%20de%20Espiritualidad.pdf

Colexio: "A Inmaculada" Lugo