Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

BIBLIO Mª SARMIENTO

iesmasaxh

Created on June 7, 2021

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Memories Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Historical Presentation

Transcript

A BIBLIOTECA DO IES Mª SARMIENTO 2020- 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

INICIO DE CURSO

HORA DE LER

DÍA DA PAZ

ALUMNADO COLABORADOR

GUÍA DE LINGUAXE INCLUSIVA

ÍNDICE

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E TERROR

CLUBS DE LECTURA

PODCAST LGTB

ACTIVIDADES FEITAS O CURSO ESCOLAR 2020- 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CHARLAS E VIDEOFALADOIROS

ENQUISAS E RESULTADOS

DÍA DA MULLER

DÍA DA POESÍA

CONTACTA CON NÓS

DÍA DO LIBRO

benvida

PROTOCOLO DE ACCESO Á BIBLIOTECA

Este ano a situación sanitaria obrigounos a realizar un protocolo de acceso á biblioteca, limitar a capacidade máxima e apertura só nos recreos para empréstitos.

benvida

adecuación do espazo

Puxemos un abecedario para poder buscar mellor os libros de narrativa

E unha caixa na que facer as devolucións dos libros e que estes puideran gardar a corentena.

E TAMÉN CREAMOS CENTROS DE INTERESE

A hora de ler

Facemos a hora de ler tódalas semanas de novembro ata xuño e empregamos as bibliotecas de aula ou traemos os nosos libros favoritos.

E ca calor, aproveitamos para ler no patio!

Este ano foron moitos @s alumn@s que colaboraron ca biblioteca!

E outrxs tantxs que nos botaron unha man e que non aparecen aquí nas fotos...

Mil grazas a todxs!

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E DE TERROR

CON MOTIVO DO SAMAÍN

Co motivo do Samaín, ademais dunha exposición temática de libros de medo e de terror seleccionada polo alumnado voluntario, fixemos este concurso. Foi unha iniciativa de moi boa acollida como demostran as enquisas realizadas a fin de curso.

Outro xurado, constituído por docentes e alumnxs colaboradores, escolleu os mellores ao seu criterio. Houbo dos premios, polo tanto: de profes e alumnxs e o premio do público.

Recibimos un total de 100 relatos, sobre todo concentrados en 1º e 2º da ESO. A continuación publicáronse no Instagram e no blog da biblioteca, xunto co Formulario de Google para a votación popular.

O alumnado colaborador fixo as entregas de premios polas clases. Pódense ver a publicación do Instagram e as fotografías do momento de entrega de premios

Día contra a violencia de xénero

25 de novembro 2020

Na loita contra a violencia de xénero propuxemos desde a biblioteca o envío de fotos no Instagram con fotos e mensaxes de rexeitamento á violencia. Aquí algúns dos enviados.

Día da muller: 8 M

Fixemos un concurso de cartaces o 8 M e ese día entregamos os premios no recreo, ademais de ler un manifesto. Os cartaces pendurámolos polos corredores. Ademais, os 1º da ESO limos toda a mañá "Todos teríamos que ser feministas" de Chimamanda Ngozie Adichie no salón de actos.

Día da muller: 8 M

Día da muller: 8 M

Vídeo do 8M

Realizado polxs alumnxs de Valores Éticos en 1ºESO C, ca profesora Alicia Yáñez.

Gravamos cun Chroma e aprendimos a montar as imaxes e o vídeo. Para o fondo, aproveitamos os cartaces seleccionados no concurso do día da Muller no que participaron os alumnos e alumnas da ESO.

DÍA DA POESÍA

Aquí algúns dos poemas que compuxemos ca Dadallada de Aldaolado

O club Las Grandiosas Tigresas Barbudas (LGTB) coñece a...

... o club de 1º de Bacharelato e comparten os seus poemas preferidos

E aquí as lecturas dos clubs de lectura no parque... foi un día fermosísimo cheo de poesía

DÍA DO LIBRO

Para festexar o DÍA DO LIBRO fixemos o xogo do amig@ invisible.

Participamos os clubs de lectura LGTB e o de 1º da ESO.

Os profes tamén nos animamos a agasallar as nosas lecturas favoritas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADICADAS A XELA ARIAS

O profesor Primitivo Marcos fixo este xenial retrato de Xela Arias.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

RECITAMOS A XELA ARIAS NO RECREO E COLGAMOS CARTACES NOS CORREDORES

BEA RÚA 4º ESO D

LOGO CONTRA A VIOLENCIA

MARINA GÓMEZ 2ºC

TESHOME HERMIDA 4º ESO A

Clubs de lectura

Aquí un resumo do que fixemos nos clubs de lectura. Clica nas imaxes para ter máis información.... Animámosvos que vos apuntedes para o ano!

LGTBi+Las Grandiosas Tigresas Barbudas

Club de lectura de profes

FP BásicaAdministrativo

1º ESO

FP Básica Mantemento de Vehículos

Reforzo e PMAR

1º Bac

Clica aquí para escoitar o podcast

Charlas e videofaladoiros

Charlas con Cándido Paniagua, Natalia Carou e Primitivo Marcos

Videofaladoiros con Manel Cráneo e Caré Santos

Clica aquí para ver os resultados das enquisas deste ano

¡GraZas!

@bibliomasa